Aeroporto De León

5°39′20″O / 42.588888888889, -5.6555555555556

O Aeroporto de León é un aeroporto xestionado por Aena, que está localizado entre os concellos de San Andrés del Rabanedo e Valverde de la Virgen, 6 km ao oeste da cidade de León. É o aeroporto situado a máis altitude na Península Ibérica (916,3 msnm).

Aeroporto de León
Aeropuerto de León

Aeroporto De León

IATA: LEN – ICAO: LELN
Sumario
Tipo público
Propietario/Operador AENA
Cidade/Illa León
Localización San Andrés del Rabanedo e Valverde de la Virgen
Elevación (msnm) 185 metros / 606 pés
Estatísticas (2016)
Pasaxeiros 36 554
Operacións 1 814

En 2007 rexistrou o seu récord con 161 705 pasaxeiros e 7 328 operacións. Nos últimos anos as súas conexións víronse reducidas e en 2016 só rexistrou 1 814 operacións, cun total de 36 554 pasaxeiros.

Historia

A orixe do aeroporto de León remóntase a 1920, cando mediante disposición ministerial aparece o futuro Aeródromo Militar de León. Non é ata 1924 cando comezan as obras co obxectivo de crear un aeroporto de escala para as aeronaves da ruta aérea Asturias-Madrid. En 1929 o aeroporto habilítase de forma provisional para prestar os seus primeiros servizos de navegación aérea comercial.

Esa primeira base aérea situábase aproximadamente no mesmo lugar que a actual: un páramo dende o que se divisa a capital leonesa, rodeado de terras de labranza a día de hoxe abandonadas. As obras de acondicionamento anteriormente descritas dotaron ao aeropuerto de catro hangares para o almacenamento e reparación de aeronaves, así como os servizos básicos de combustible, auga e teléfono. Unha manga de vento, un sinal no centro do campo e diversas axudas á navegación constituían o resto do complexo que por aquel entón era a sede do grupo 21 de recoñecemento da Escuadra número 1 do Parque Rexional do Noroeste.

Durante a guerra civil española o aeródromo de León converteuse en sede de numerosas unidades aéreas, o que sería clave para entender a súa historia, xa que tras a guerra foi catalogado dentro da “Clase A”, permitindo isto o seu crecemento durante a década dos 40. Neses anos realizáronse importantes melloras técnicas no aeródromo, como a colocación de balizamento nocturno, un radiogoniómetro e a implantación de instalacións de radio.

É nesa época cando se decide crear a Academia da Aviación, da cal saíron as primeiros promocións da Academia Xeral do Aire. Tras uns primeiros anos de funcionamento a Academia foi substituída pola Escola de aprendices, á que se lle uniu a de Especialistas do Exército do Aire, actual Academia Básica do Aire.

Apertura ao tráfico civil

En 1946 unha orde ministerial o aeródromo convértese na base aérea aberta ao tráfico civil Virgen del Camino (León). Nese momento disponse dun campo de voo cunha pista de aterraxe. As servidumes aeronáuticas publicáronse en 1967 e non se modificarían ata 1988. NO ano 1990 as administracións local e autonómica decidiron promover a consolidación dunha infraestrutura aeroportuaria moderna coa vista posta na futura explotación comercial do aeroporto. A Deputación Provincial solicitou ao Ministerio de Defensa a localización de instalacións civís dentro dos terreos do aeródromo, aceptándose dita solicitude en 1991.

Inicio das operacións comerciais

En 1994 comezou a historia da actividade comercial do aeroporto. Na primeira fase do aeroporto civil dotou ás instalacións dunha pista de voo, unha rúa de enlace e un estacionamento, que serían inaugurados en xullo de 1995. Dous anos despois iniciáronse as obras da segunda fase na cal se construíu unha terminal e un edificio de servizos. As obras remataron en xaneiro de 1999 O 2 de xuño dese mesmo ano un avión de Iberia con destino a Barcelona inaugurou oficialmente o aeroporto de León. Dende entón esta aeroliña, baixo o nome da súa filial Air Nostrum, seguiu mantendo voos regulares a Madrid e Barcelona.

Aeroliñas e destinos

Aeroliñas Destinos
Iberia
operado por Air Nostrum
Barcelona

Galería de imaxes

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Aeroporto De León HistoriaAeroporto De León Aeroliñas e destinosAeroporto De León Galería de imaxesAeroporto De León Véxase taménAeroporto De LeónCoordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Gran Guerra IrmandiñaPublicacións impresas da diáspora galegaAndrés PajaresEdward John SmithAna BotellaIasir ArafatJavier GutiérrezAlfredo Pérez RubalcabaVilanova de ArousaMarçal MolinéEduardo PondalThe OffspringRomárioJuan MagánNormandíaJosé Galera MorenoJuan CorralAntón FraguasLingua piemontesaPío BarojaBubelaIria Carreira PazosSonsoles EspinosaRevolución dos caraveisRío MiñoLibrary of Congress Control NumberAna Belén FortesReino de GaliciaTereixa NavazaCastro de Punta do BicoAC-413Manfred GnädingerFebreiroBulgariaMaría ReimóndezFernando GuillénLupus eritematoso sistémicoCataluñaMustafa Kemal AtatürkPanteón de Galegos IlustresContactorAntónio de Oliveira SalazarA EstradaBorussia DortmundMarco AurelioDecembroTuiMareas vivasLobernoAntonio Fernández PitaXabarín ClubLista de cidades de IsraelEva Iglesias MiguénsPazo BaiónAna María Fernández MartínezSusana FortesNapoleón I de FranciaLugoPablo PicassoElxokasXurxo GonzálezClint EastwoodRocco SiffrediBloque Nacionalista GalegoUnión Europea de RadiodifusiónAltriZeca AfonsoRelación sexual humanaMónica García PérezInglaterraManuel AntonioXurxo ChirroMartiño de Dumio🡆 More