Wenceslao González Garra: Empresario e político galego

Wenceslao González Garra, nado en Vilagarcía de Arousa o 19 de xaneiro de 1888 e finado na mesma vila o 16 de setembro de 1965, foi un navieiro e político galego.

Infotaula de personaWenceslao González Garra
Wenceslao González Garra: Traxectoria, Recoñecementos, Vida persoal
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de xaneiro de 1888 Editar o valor em Wikidata
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de setembro de 1965 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria

Fillo de Wenceslao González Jimeno e Camila Garra Castellanzuelo. Propietario da navieira González Garra. Foi consignatario e dono do Salto Eléctrico do Tambre que adquiriu en 1918, e que foi xerme de Fenosa. Constituíu en 1918 a sociedade Fábricas Coruñesas de Gas y Electricidad xunto con Ricardo Rodríguez Pastor. Foi socio prioritario da Compañía General de los Ferrocarriles de Galicia constituída en 1920 e principal accionista da Compañía Minera de Linares en 1939. Encomendou ao seu amigo Antonio Palacios o proxecto de Ensanche de Vilagarcía de Arousa, cuxos planos se exhibiron na Casa do Concello. Formou parte dos consellos de administración de FENOSA e do Banco de Vigo.

Membro do Partido Conservador, foi elixido deputado polo distrito de Cambados nas eleccións de 1920 e volveu ser elixido deputado nas eleccións de 1923. Na República integrouse no Partido Radical, despois pasou a militar na CEDA e presentouse na candidatura de dereitas ás eleccións de febreiro de 1936. Amigo persoal do xeneral Emilio Mola, foi un dos empresarios que financiou a conspiración que deu lugar ao golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. En setembro de 1936 foi a Burgos e ao regreso trouxo a Consuelo Bascón, esposa de Mola, e a súa filla a pasar uns días en Vilagarcía. Tamén acompañou ao xeneral Cabanellas cando visitou Vilagarcía en outubro como inspector xeral do Exército. Acompañou a Francisco Franco na visita que este fixo a Vilagarcía en 1941.

Foi un gran amante do deporte da vela, gañador de trofeos patroneando os balandros de 6,5 metros Cisco e Folerpa.

Recoñecementos

  • Foi nomeado fillo predilecto de Vilagarcía de Arousa.
  • O 7 de setembro de 1953 foille imposta a Gran Cruz do Mérito Naval.

Vida persoal

Casou con Purificación Rasilla Salgado

Notas

.
  • El tesoro de la costa vilagarciana - Faro de Vigo. Consultado o 28 de agosto de 2012.
  • El Pueblo Gallego, 12-2-1936, p. 11.
  • El Diario de Pontevedra, 7-9-1936, p. 2.
  • El Pueblo Gallego, 24-10-1936, p. 11.
  • Ochenta años de regatas. Faro de Vigo. Consultado 28 de agosto de 2012
  • El blog de Arlillo Consultado o 28 de agosto de 2012.
  • Véxase tamén

    Bibliografía

    • Artiaga Rego, Aurora (2021). "Wenceslao González Garra e a trama civil do golpe de estado de 1936". Á volta do tempo. Estudos de Historia Contemporánea. Vigo: Xerais. pp. 15–54. ISBN 978-84-9121-983-5. 
    • Abuín Duro, Marcelino (2018). La primavera rota. Vilagarcía de Arousa, 1936-1941. Abegondo: Sociedad Bibliográfica de Galicia. pp. 126–129. ISBN 978-84-09-02453-7. 

    Ligazóns externas

    Tags:

    Wenceslao González Garra TraxectoriaWenceslao González Garra RecoñecementosWenceslao González Garra Vida persoalWenceslao González Garra NotasWenceslao González Garra Véxase taménWenceslao González Garra16 de setembro188819 de xaneiro1965Vilagarcía de Arousa

    🔥 Trending searches on Wiki Galego:

    Universidade de Roma La SapienzaEspañaPorto da LúaAntas de UllaLavandeira brancaJake GyllenhaalJackie ChanJosé Pablo del Bado RivasChorimaLista de episodios de SerramouraAtlético de RiveiraGrupo NósIndonesiaCatch Me If You CanTamara CanosaPío XIIColocación do pronome átono en galegoFlorencia PeñaMIllas CanariasToxo arnalÁngel LlanosRío UllaLiam NeesonToledoMecánica clásicaThe ArtistOcéano Índico1917BenidormAdrián CastiñeirasLisboaVox populiRosendo SalvadoPremios Mestre MateoRakel WinchesterDominio públicoDecímetroLingua romancheEstados Unidos de AméricaAnthony GiddensPosición do misioneiro invertidaA esmorgaMichelangelo AntonioniRexións de FranciaMasturbación coas mamasManuela ReyManuel AntonioAndorraMéxicoXoán Antón Pérez-LemaShirley ChisholmAmieiroKuala LumpurLista de deuses celtasSalamancaAgustín Reguera OcampoFragas do EumeFundación WikimediaLibertarioSantiago de CompostelaCarles PuigdemontNós (revista)LSDHTML5Châmoa Gomes de PombeiroSan Xosé de Ribarteme, As NevesGran Premio do Canadá de 2014Conil de la FronteraFunción trigonométricaFudbalski Klub Crvena ZvezdaXosé Manuel PiñeiroIbai LlanosAdolf HitlerSegunda República Española🡆 More