The Irishman (tamén titulado nas pantallas I Heard You Paint Houses) é un filme estadounidense de 2019 dirixido e producido por Martin Scorsese e escrito por Steven Zaillian, que está baseado no libro de 2004 I Heard You Paint Houses de Charles Brandt.
Está protagonizado por Robert De Niro, Al Pacino e Joe Pesci, xunto con Ray Romano, Bobby Cannavale, Anna Paquin, Stephen Graham, Stephanie Kurtzuba, Jesse Plemons e Harvey Keitel nos papeis secundarios. Conta a historia de Frank Sheeran (De Niro), un condutor de camións que se converte nun matón baixo as ordes de Russell Bufalino (Pesci) e a súa familia criminal, así como para o poderoso Jimmy Hoffa (Pacino).
The Irishman | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Irishman |
Director | Martin Scorsese |
Produtor |
|
Guión | Steven Zaillian |
Baseado en | I Heard You Paint Houses de Charles Brandt |
Intérpretes | |
Música | Robbie Robertson |
Fotografía | Rodrigo Prieto |
Montaxe | Thelma Schoonmaker |
Estudio |
|
Distribuidora | Netflix |
Estrea | Festival de Nova York: 27 de setembro de 2019 1 de novembro de 2019 |
Duración | 209 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Épico e crime |
Orzamento | 159 millóns de dólares |
Recadación | 7,5 millóns de dólares |
Na rede | |
https://www.netflix.com/it/title/80175798 | |
|
En setembro de 2014, despois de anos no limbo da fase de desenvolvemento, The Irishman foi anunciado como o próximo filme de Scorsese despois de Silence (2016). De Niro, que tamén serviu como produtor, e Pacino foron confirmados ese mes, así como Pesci, que saíu do seu retiro non oficial logo de ser preguntado numerosas veces para tomar o papel. A fotografía principal comezou en setembro de 2017 na cidade de Nova York, en Mineola e Williston Park de Long Island, e estendeuse até marzo de 2018. Cun orzamento de produción de 159 millóns de dólares e unha duración de 209 minutos, é o filme máis longo de Scorsese e está entre os seus máis custosos da súa carreira.
The Irishman estreouse na 57ª edición do Festival Internacional de Cinema de Nova York, e tivo unha estrea limitada nos cinemas dos Estados Unidos o 1 de novembro de 2019, seguida por unha estrea en streaming dixital en Netflix o 27 de novembro de 2019. Foi aclamado pola crítica, que louvou a dirección de Scorsese e as interpretacións de De Niro, Pacino e Pesci. O filme recibiu numerosos galardóns.
This article uses material from the Wikipedia Galego article The Irishman, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.