Suliformes

Fregatidae Sulidae Phalacrocoracidae Anhingidae †Plotopteridae

Suliformes
Rango fósil: cretáceo tardío? - presente
Suliformes
Morus bassanus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Infraclase: Neognathae
Superorde: Aequornithes
Orde: Suliformes
Sharpe, 1891
Familias

A orde Suliformes (denominada "Phalacrocoraciformes" por Christidis & Boles 2008) é unha orde proposta polo IOC, que actualmente inclúe os corvos mariños, os mascatos e as Anhinga. Tendo en conta as evidencias recentes de que o grupo tradicional dos Pelecaniformes é polifilético, suxeriuse que o grupo sexa dividido para reflectir as súas verdadeiras relacións evolutivas.

Sistemática e evolución

Das familias que formaban antes parte de Pelecaniformes só permanecen nese grupo Pelecanidae, Balaenicipitidae, e Scopidae. A familia Phaethontidae foi separada e clasificada nunha orde propia, Phaethontiformes. As análises xenéticas parecen indicar que Pelecaniformes está en realidade estreitamente emparentado con Ardeidae e Threskiornithidae. En canto aos Suliformes, estes están distantemente relacionados cos actuais Pelecaniformes. Segundo Hackett et al. (2008), as mobellas, pingüíns, cegoñas, e tamén os Suliformes e Pelecaniformes, parece que evolucionaron todos dun antepasado común. Suxeriuse para eles un superorde, o das aves acuáticas superiores.

No traballo fundamental do ano 2008 Systematics and Taxonomy of Australian Birds (Sistemática e Taxonomía das Aves Australianas), os ornitólogos australianos Les Christidis e Walter E. Boles acuñaron o nome Phalacrocoraciformes para o grupo debido a que hai un número moito maior de especies de corvos mariños (Phalacrocoracidae) que de mascatos (Sulidae). Porén, esta denominación non foi adoptada polos demais ornitólogos.

En 1994, o ornitólogo norteamericano Walter J. Bock escribiu que o nome Suloidea fora utilizado de forma consistente como termo para unha superfamilia que contiña as dúas familias, e, por tanto, "Sulidae" e non "Phalacrocoracidae" debería de ter prioridade en calquera clasificación que contivese os dous xéneros.

En 2010, a American Ornithologists' Union (AOU) adoptou o termo Suliformes para o taxon. A esta seguiuna o International Ornithological Congress (IOC) en 2011.

En 1994, Martyn Kennedy e colegas construíron un conxunto de datos de comportamentos, e a árbore resultante que mostrabas un alto nivel de congruencia coas filoxenias existentes baseadas na xenética ou morfoloxía. Mostraba que os Anhinga eran un grupo irmán dos corvos mariños, mascatos, e pelicanos, despois estaban relacionados coas fragatas e finalmente cos faetóntidos como ramificacións temperáns progresivas.

Suliformes

Fregatidae

Sulidae

Anhingidae

Phalacrocoracidae

Cladograma baseado en Gibb, C.G. et al. (2013)

Especies

Suliformes 
Ósos do pé esquerdo de Fregata aquila mostrando o seu bordo pectinado na uña media, unha característica dos Suliformes.
Suliformes 
O corvo mariño Phalacrocorax niger.
  • Phalacrocoracidae
    • Phalacrocorax auritus
    • Phalacrocorax brasilianus (ou Phalacrocorax olivaceus)
    • Phalacrocorax sulcirostris
    • Phalacrocorax carbo
    • Phalacrocorax lucidus
    • Phalacrocorax fuscicollis
    • Phalacrocorax capensis
    • Phalacrocorax nigrogularis
    • Phalacrocorax neglectus
    • Phalacrocorax capillatus
    • Phalacrocorax penicillatus
    • Phalacrocorax perspicillatus - extinguido (c. 1850)
    • Phalacrocorax aristotelis
    • Phalacrocorax pelagicus
    • Phalacrocorax urile
    • Phalacrocorax magellanicus
    • Phalacrocorax bougainvillii
    • Phalacrocorax varius
    • Phalacrocorax fuscescens
    • Phalacrocorax carunculatus
    • Phalacrocorax chalconotus
    • Phalacrocorax onslowi
    • Phalacrocorax colensoi
    • Phalacrocorax campbelli
    • Phalacrocorax ranfurlyi
    • Phalacrocorax atriceps
      • Phalacrocorax atriceps albiventer
    • Phalacrocorax bransfieldensis
    • Phalacrocorax georgianus
    • Phalacrocorax nivalis
    • Phalacrocorax melanogenis
    • Phalacrocorax verrucosus
    • Phalacrocorax purpurascens
    • Phalacrocorax gaimardi
    • Phalacrocorax punctatus
    • Phalacrocorax featherstoni
    • Phalacrocorax melanoleucos
    • Phalacrocorax africanus
    • Phalacrocorax coronatus
    • Phalacrocorax niger
    • Phalacrocorax pygmaeus
    • Phalacrocorax harrisi
  • Anhingidae

Notas

Tags:

AnhingidaeFregatidaePhalacrocoracidaeSulidae

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Xabarín ClubGramática da lingua franca novaMandiocaArenqueHard GZPacto Molotov-RibbentropHenrique DacostaGlicerolMaría PitaHindemburg Melão Jr.AppleTalkCaralloMetabolismoCatedral de MilánSilvia SuperstarTerceira InternacionalFísica nuclearMiguel de MiguelVolta ao País Vasco 2018Fudbalski Klub Crvena ZvezdaSoberaníaCarrizo (paxaro)SevillaLisboaSionismoXogoSupremme de LuxeTamara CanosaSegar's RollSegunda República EspañolaChâmoa Gomes de PombeiroCatedral de Santiago de CompostelaOviedoLingua casteláAristocraciaPediastrumRequintaDiscoverer EnterprisePablo Picasso1401Leonardo DiCaprioXacioPedro SánchezDaniel de la SotaA.C. MilanVincent van GoghÁngel Alvariño SaavedraMarineda CityQEDPorto da LúaTartánEuropaMatriz (matemáticas)Manu ChaoGerardo Pardo de VeraFestival de Bandas de música Meaño'92 (Fonoteca 92)CaobaSexo analEva CárdenasCandela PeñaA CoruñaEliseo SeoanePaisaxe mineira de Cornualla e Devon oesteEzio Flavio BazzoBetaninaChris PrattFísicaGalicia estremeiraSri LankaMarta DarribaSílabaVigoGalería de imaxes de arañas de GaliciaAdolf HitlerGmailGarcía Pardiñas Vilar de Francos🡆 More