Lesma De Mar

Co nome vulgar de lesma de mar denomínase os moluscos gasterópodos da subclase dos heterobranquios, infraclase dos eutineuros e superorde dos nudipleuros.

Lesmas de mar
Nudibranquios
Nudibranchia
Lesma De Mar
Janolus fuscus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Metazoa
Filo: Mollusca
Clase: Gastropoda
Subclase: Heterobranchia
Infraclase: Euthyneura
Superorde: Nudipleura
Orde: Nudibranchia
Cuvier, 1817
Subordes
    Véxase o texto

Son gasterópodos mariños de corpo brando que perden as súas cunchas despois do seu estadio larvario. Destacan polas súas cores, a miúdo extraordinarias, e as súas formas rechamantes.

Actualmente recoñécense unhas 3 000 especies de nudibranquios.

Taxonomía

Descrición

A orde foi descrita en 1817 polo naturalista francés Georges Cuvier, na súa obra Mémoires pour servir à l'histoire et à l'anatomie des mollusques.

Etimoloxía

O nome científico Nudibranchia está formado pola unión dos elemento Nudi- e -branchia. O primeiro é o xenitivo (como manda a norma) do adxectivo latino nūdus, -a, -um, "espido", e o segundo deriva do substantivo do grego antigo βράγχια bránchia, "branquia". Literalmente, "os de branquias espidas".

Subordes

A orde comprende soamente dúas subordes:

  • Cladobranquios (Cladobranchia)
  • Dorídinos (Doridina)

Características

Caracterízanse por teren o corpo, de simetría bilateral, non segmentado, cunha cavidade ou celoma no seu interior onde se sitúan os órganos, unha cabeza diferenciada con órganos sensoriais e un musculoso na parte ventral, que serve de medio de locomoción.

Non teñen cuncha nin opérculo, e a súa variada e rechamante coloración alerta da súa gran toxicidade. Porén, algunas especies teñen o corpo transparente e a capacidade para emitiren luz.

As especies máis grandes poden alcanzar os 40 cm. Respiran por branquias que teñen distintas formas e localízanse en distintas zonas do corpo. Posúen dous órganos sensoriais, a xeito de cornos, moi coloreados, situados na cabeza, denominados rinóforos.

En Galicia

Os investigadores do Grupo do Estudo do Medio Mariño de Galicia (GEMM) crían que a lesma de mar que atoparan na ría de Arousa era unha especie xa descrita (Tritonia hombergii), que se pode encontrar en augas máis ao norte. Porén, decidiron estudala polo miúdo, e acabaron descubrindo que estaban ante unha nova especie de lesma de mar, non descrita até agora. E ademais trátase dunha das de maior tamaño do planeta entre os seus parentes da orde, con case 20 cm, polo que o GEMM cualificouaa como "xigante". É a Marionia gemmi, así bautizada na honra do GEMM, que ademais destaca pola súa capacidade para desprazarse nadando grazas ás contraccións que pode facer o seu corpo, un trazo que lle permite moverse pola columna de auga e arrastrarse coa corrente lonxe dos perigos potenciais.

Marionia gemmi é unha especie moi próxima a M. blainvillea, da que se diferencia polo seu maior tamaño (até 20 cm contra 6 cm) e a cor, basicamente crema con manchas vermellas e brancas dispersas. M. gemmi nunca ten as raias dorsais vermellas ou alaranxadas brillantes e as poucas raias transversais esbrancuxadas que ten M. blainvillea. Os seus rinóforos son totalmente beixes.

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Almón, B., Pérez, J. & Caballer, M. (2018): "Expect the unexpected: a new large species of Marionia (Heterobranchia: Nudibranchia: Tritoniidae) from western Europe". Invertebrate Systematics 32 (4): 892-908.
  • Coleman, Neville (2008): Nudibranchs Encyclopedia: Catalogue of Asia/Indo-Pacific Sea Slugs. Neville Coleman's Underwater Geographic. ISBN 0-9473-2541-7.
  • Thompson, T. E. (1976): Biology of opisthobranch molluscs Vol. 1. Ray Society, nº 151. ISBN 978-0-9038-7404-5.
  • Thompson, T. E., & G. H. Brown (1984): Biology of opisthobranch molluscs Vol. 2. Ray Society, nº 156. ISBN 978-0-9038-7418-2.

Outros artigos

Tags:

Lesma De Mar TaxonomíaLesma De Mar CaracterísticasLesma De Mar En GaliciaLesma De Mar GaleríaLesma De Mar NotasLesma De Mar Véxase taménLesma De MarClase (bioloxía)EutineurosGasterópodosHeterobranquiosMoluscosNudipleurosOrde (bioloxía)

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

GalipediaTemplo expiatorio da Sagrada FamiliaNúmero piAsalto do bou EvaDavid MellaProvincia da CoruñaHolocaustoGalaicosRede privada virtualMoscovaBala (grupo musical)EuropaJosé Luís Valladares FernándezLeitzaldeaNoelia ReyPosición aconchegadaRebel MoonAntónio de Oliveira SalazarLista de voces dos animaisRibeiraNoiaMario CaneiroJosé Luis Rodríguez ZapateroBucetaPeer-to-peerJacinto BenaventeInfinitivo conxugadoJesús Hidalgo BermejoLista de nomes masculinos en galegoDistritos de PortugalXogos floraisDepartamento de ApurímacAntón Villar PonteFederico García LorcaLabor Gallega (A Habana)Vangardas2003LandraCromosoma homólogoWayback MachineCoordenadas xeográficasMondoñedoGame Boy Advance SPProvincias de EspañaÁlvaro Porto DapenaEduardo IndaDeportivo da CoruñaBárbara ReyRoko (actriz)A gaita gallega (libro)Cristiano RonaldoPadrónDavid BeckhamEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Ángel CarracedoAC-312Literatura infantilPablo Iglesias TurriónVicepresidencia do Goberno de EspañaTeresa García-SabellJosé SaramagoÁcido dipicolínicoParafusoVoleibolAccidente de ChernóbilEleccións municipais en SadaTeoBibTeXFrancisco AsoreyHLA-DMSuízaDe NinghuresRevolución dos caraveisAntónio de SpínolaPaspallásLista de episodios de Doraemon🡆 More