Jesús Maraña: Xornalista español

Jesús Maraña Marcos, nado en Sahagún (provincia de León) en 1961 é un xornalista, escritor e tertuliano español.

É director do xornal dixital Infolibre.

Infotaula de personaJesús Maraña
Jesús Maraña: Traxectoria, Obras, Notas
(2017) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1961 Editar o valor em Wikidata (62/63 anos)
Sahagún, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , Tertuliano radiotelevisivo , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsFelipe Sahagún (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm3145363 Twitter: jesusmarana Dialnet: 3480686 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Primeiros anos

Naceu na vila leonesa de Sahagún nunha familia de catro irmáns e tres irmás. Un dos seus irmáns é o xornalista especializado en relacións internacionais e profesor da Universidade Complutense, Felipe Sahagún. Jesús Maraña estudou o bacharelato no instituto de Villalón de Campos e con 16 anos saíu de León para facer o COU en Madrid. Dende entón levou a cabo unha extensa carreira profesional fóra da súa terra.

Carreira no xornalismo

Licenciado en ciencias da información pola Universidade Complutense de Madrid, iniciou a súa andaina profesional no diario Informaciones de Madrid. Na prensa pasou máis tarde a traballar como reporteiro no Diario Ya. Colaborou con Televisión Española no programa Si yo fuera presidente, e máis tarde no programa Hora Cero en Antena 3 con Jesús Hermida. Continuou a súa carreira en distintas revistas e semanarios dende 1985 no Grupo Zeta: foi redactor da revista Tiempo e cofundador da revista Tribuna en 1988.

O seu regreso ao xornalismo diario produciuse en 1995 no diario El Mundo como redactor xefe. En 1999 incorporouse a Interviú, sendo nomeado director da publicación. En novembro de 2001 participou na tertulia da emisora Onda Cero La brújula. En 2002 asumiu a dirección do conxunto das revistas do Grupo Zeta e dende 2005 fíxose cargo da dirección da revista Tiempo de Hoy. En 2005 empezou a participar nas tertulias políticas Madrid opina, de Telemadrid. Colaborou nos programas de RTVE Los desayunos de TVE, 59 segundos e En días como hoy en Radio Nacional de España. Tamén aparece de maneira habitual nos debates dos programas La Sexta noche e Al rojo vivo.

Dende 2007 até 2010 ocupou o cargo de subdirector no xornal Público, após a partida do seu anterior director, Félix Monteira, ao ser nomeado este secretario de Estado de Comunicación. Maraña foi director de Público até que deixou de publicarse o diario na súa edición en papel en 2012. En 2013 fundou o xornal en liña Infolibre, web da que é director.

Obras

  • 2015 – Conversaciones con Luis García Montero. Ediciones Turpial. ISBN: 9788495157836.
  • 2017 – Al fondo a la izquierda. Editorial Planeta. ISBN:9788408171157.

Notas

Tags:

Jesús Maraña TraxectoriaJesús Maraña ObrasJesús Maraña NotasJesús Maraña1961EscritorInfolibreProvincia de LeónSahagúnXornalista

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

PhoenicopteriformesPoriLazaCopa do SarÁcido graxo esencialCentrocampistaCervo virxinianoLinguas altaicasTransportador mitocondrialVästergötlandPadrendaHistoria da filosofía occidentalBatoideaEsteroideCorallium rubrumPárkinsonRakel WinchesterNoitevellaTartaruga xigante das GalápagosPragaNvidiaRenault na Fórmula 1Polpa dentariaDavid M. WalkerCirrio de chemineaLarry BirdViktoryja AzarankaStoffel VandoorneLexión EspañolaPosicións sexuaisAeroporto de Berlín-TegelRenacemento carolinxioNoruegaTaurotragus oryxHonda na Fórmula 1VacaShirley ChisholmGran Premio do Brasil de 2018Harry BelafonteQuenyaFonoteca 92DedativoActinopterygiiDécada de 1170Lingua malékuDinastía MingOcéanoNana MouschouriFasiánidosEscociaRick and MortyPiñorRibocimaPhilip GlassNeornithesLleidaAparello dixestivoCopia por contactoHindemburg Melão Jr.Inés ArrimadasKiribatiAvea comúnRoberto II de FranciaRubén CelaViroideInternational Statistical Classification of Diseases and Related Health ProblemsSan Martiño, FranciaMosteiro de Santa María de OseiraMediana (xeometría)DodecágonoElena RybakinaEmma StoneThe New York TimesEmpalme do ARNARN mensaxeiro🡆 More