As Illas da Liña tamén chamadas Espóradas Ecuatoriais (en inglés, Line Islands) é un arquipélago de once illas situado ao norte das illas da Sociedade, ao sur das Hawai e ao oeste das illas Fénix.
Esténdense 2.410 km en dirección noroeste sueste cunha superficie de 680 km². A maioría pertencen á República de Kiribati, excepto tres que son posesións dos Estados Unidos.
O arquipélago está a lado e lado da liña do ecuador, de aquí o seu nome. Tamén se chamou Espóradas Ecuatoriais ou Espóradas da Polinesia Central para diferencialas das illas Espóradas de Grecia, que quere dicir «dispersas».
Os restos arqueolóxicos indican que algunhas illas foron habitadas por polinesios. Pero cando chegaron os europeos, estaban deshabitadas. Foron descubertas por diversos europeos, e redescubertas e rebautizadas diversas veces durante o século XIX. En 1888 foron anexionadas polo Reino Unido, incorporadas na colonia das illas Gilbert e Ellice desde o 1916.
Hoxe en día viven un total de 9.100 habitantes, a maioría na illa Kiritimati, orixinarios das illas Gilbert. A actividade principal é a exportación de copra.
As Illas da Liña están no fuso horario coa última hora do planeta: UTC 14. Xa que logo, é o primeiro lugar do mundo en saudar cada novo día e cada novo ano. Ten a mesma hora que Hawai, pero un día antes, e ata está 24 horas por diante doutras illas de Oceanía.
Só tres illas están habitadas, cunha poboación total de 8.809 (segundo o censo de 2005), dos cales 5.115 están en Kiritimati, 2.539 en Tabuaeran, e 1.155 en Teraina. No ano 1900, a poboación total destes tres atois era aproximadamente 300.
De norte a sur son as seguintes:
Ademais das illas da república de Kiribati, xeograficamente o arquipélago inclúe as posesións norteamericanas de:
This article uses material from the Wikipedia Galego article Illas da Liña, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.