Granxa Escola Pedro Murias: Centro educativo en Vilaframil, Ribadeo

A Granxa Escola Pedro Murias foi un centro dedicado á experimentación e a difusión de técnicas agropecuarias de ensino agrícola situada na parroquia de Vilaframil (Ribadeo), nun terreo de 14 hectáreas.

Foi construído a comezos do século XX por Pedro Murias, indiano de Ribadeo establecido en Cuba, quen destinou boa parte dos seus bens á constitución da Fundación Agrícola Pedro Murias, que deu lugar á construción dunha granxa escola agrícola.

Granxa Escola Pedro Murias
Granxa Escola Pedro Murias: Centro educativo en Vilaframil, Ribadeo
Acceso ó edificio principal.
Tipogranxa escola
Nomeado en referencia aPedro Murias
EnVilaframil
PaísGalicia
43°32′33″N 7°04′59″O / 43.5424248, -7.0830621
editar datos en Wikidata ]

Historia

Granxa Escola Pedro Murias: Centro educativo en Vilaframil, Ribadeo 
Busto de Pedro Murias, monumento á entrada da granxa escola. A lenda di: "La Junta de Patronos de esta escuela reunida en la Habana en honra a la memoria de su fundador Don Pedro Murias y Rodríguez"

O obxectivo da Granxa Escola era a formación dos agricultores e o progreso da súa terra natal. Inicialmente estivo xestionada por unha fundación, que quedou constituída o 13 de xullo de 1913. O primeiro director da fundación foi Enrique Suárez Couto. En 1919 constituíuse a primeira Comisión Delegada do padroado na parroquia da Devesa. No 1922 comeza a funcionar unha escola primaria no seu interior, da man de Gregorio Sanz, que tamén quedaría como director á morte do anterior, ese mesmo ano.

A fundación de patrocinio foi dotada con varios edificios na Habana, así como con accións da Nueva Fábrica de Hielo y Cerveza de Puentes Grandes, máis a cantidade de dez mil pesos de ouro para a adquisición de terreos, edificios e mobiliario. Entre o persoal docente estivo Gregorio Sanz. A raíz da revolución cubana de 1959 a fundación tivo dificultades, e a granxa pechou en 1961.

Granxa Escola Pedro Murias: Centro educativo en Vilaframil, Ribadeo 
Placa de mármore descuberta na reinauguración da Granxa

O 24 de xuño de 1987 a Xunta de Galicia fíxose cargo do centro co Decreto 170/87, que declaraba de interese galego a Fundación Escuela Agrícola Pedro Murias, e a Consellería de Agricultura pasou a ser protectora da mesma. En 1991 a Xunta recuperou a granxa escola como centro de capacitación agrícola, e actualmente funciona como o Centro de formación e experimentación agroforestal Pedro Murias.

Notas

Tags:

CubaHectáreaPedro MuriasRibadeoVilaframil, Ribadeo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Biston betulariaEleccións municipais en Vilariño de ConsoGran Premio de España de 2013Roberto II de FranciaCangrexo comúnThe Chronicles of NarniaPediastrumQuenyaAntioquíaÁcido undecanoico1869ProcellariidaeCalvos de RandínCopia por contactoJan Baptista van HelmontLingua malékuCúpulaChamaeleo chamaeleonGran Premio de Australia de 2018Casa de PlantagenetReggio de CalabriaIllas SalomónEspecieSionismoHindemburg Melão Jr.Universidade de GranadaProvincias de EspañaDiteaCerebrósidoLingua zazakiÁlxebraEurocopa de FútbolÁcido nervónicoÁcido palmíticoBadalonaCommelinidaeOranjestad, ArubaCastrelo do ValA Dictionary of Greek and Roman AntiquitiesGallus gallus domesticusTAG HeuerKaren UhlenbeckBoborásMúsica das películas de Chano PiñeiroTinamidaeDía das Letras GalegasArtigo (gramática)Lista de concellos de OurensePigmento biolóxicoHistoriografíaCarballeda de ValdeorrasAnxo (cristianismo)BrecaBon JoviRibocimaAntilope cervicapraVisbyMosteiro de Santa María de OseiraReino UnidoDobre hélice de ácidos nucleicosBeadePlayoffs NBA 2021Arvicola amphibiusColesAlto do FioucoShinovaLisboaLocativoRaleigh, Carolina do NorteAtaque de denegación de servizoColectivizaciónUniversidade de WürzburgVíctor Duplá🡆 More