Gradualismo Filético

O gradualismo filético é un modelo de evolución que teoriza que a maior parte da especiación é lenta, uniforme e gradual.

Cando ten lugar a evolución dese modo, débese xeralmente á constante e estable transformación dunha especie completa noutra nova (por medio dun proceso chamado anaxénese). Deste modo, non hai unha liña clara de demarcación entre unha especie ancestral e unha especie descendente, a menos que ocorra unha separación (cladoxénese). A teoría contrasta co equilibrio puntuado.

Gradualismo Filético
O gradualismo filético, arriba, consiste nun cambio evolutivo constante en pequenos pasos, en contraste co equilibrio puntuado
Gradualismo Filético
Aparentemente os cambios súpetos poden explicarse por macromutacións ou por episodios relativamente rápidos de evolución gradual, xa que 10000 anos apenas deixan restos no rexistro fósil.

Historia

A palabra filético deriva do grego φυλετικός phūletikos, que significa liña de descendencia. O gradualismo filético contrasta coa teoría do equilibrio puntuado, que propuxo que a maioría da evolución ocorre illada en raros episodios de rápida evolución, cando unha soa especie se divide en dúas especies distintas, seguida dun longo período de estase sen cambio. Estes modelos contrastan ambos coa evolución a ritmo variable ("variable speedism" na literatura inglesa), que mantén que diferentes especies evolucionan a distintas velocidades, e que non hai ningunha razón para acentuar unha velocidade de cambio sobre outra.

O biólogo evolutivo Richard Dawkins argumentou que o gradualismo a velocidade constante non está presente na literatura profesional, polo que o termo serve só como un subterfuxio para os partidarios do equilibrio puntuado. No seu libro The Blind Watchmaker (O reloxeiro cego), Dawkins sinala que o propio Charles Darwin non era un gradualista de velocidade constante, como suxerían Niles Eldredge e Stephen Jay Gould. Na primeira edición de A orixe das especies, Darwin afirmou que "especies de diferentes xéneros e clases non cambiaron á mesma velocidade, ou no mesmo grao. Nos estratos terciarios máis antigos aínda poden encontrarse unhas poucas cunchas en medio dunha multitude de formas extintas... A Lingula silúrica difire pero pouco das especies vivas deste xénero".

Lingula é un dos poucos braquiópodos que sobreviven hoxe pero que tamén se coñecen por fósiles de hai 500 millóns de anos. Na quinta edición de A orixe das especies, Darwin escribiu que "os períodos durante os cales as especies sufriron modificacións, aínda que longos se os medimos en anos, probablemente foron curtos en comparación cos períodos durante os cales manteñen a mesma forma".

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Gradualismo Filético HistoriaGradualismo Filético NotasGradualismo Filético Véxase taménGradualismo FiléticoAnaxéneseCladoxéneseEquilibrio puntuadoEspeciaciónEspecieEvolución

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

QuenyaMundial de Fútbol de 2006Linguas xermánicasADN polimeraseMarylandHuniRoko (actriz)Bilurico comúnNova OrleánsAirbus A220ClanLista de países por superficieO Canon da MedicinaIllas CookPlovdivElemento nuclear intercalado longoTeleósteosFosfatidiletanolaminaCastro de Punta do BicoYouTubePorto RicoXamaicaHonoluluGuamCanle (comunicación)Aglais urticaePoriADN BTetrabucleCelastrina argiolusÁcido undecanoicoSandra ÍnsuaPalenciaLecitinaGripeBisexualidadeMonterreiAnguíaGuerraTAG HeuerShinovaArolaSabuguido, Vilariño de ConsoApp Store (iOS)Callosobruchus chinensisLophiiformesSergio Pérez MendozaCélula intersticial de CajalÁcido graxo sintaseChamaeleo chamaeleonIntrónÁcido fosfatídicoTrondheimMacedaGran CanariaDinastía MingAntônio Carlos JobimCommelinidaeTurboventiladorEd O'BrienWilliam Smith (lexicógrafo)Benito KamelasPeixes serraPresidente de SomaliaCervo virxinianoPontevedraSueciaAWStatsEumetopias jubatusMilloProteína ATM🡆 More