Os Gaiteiros De Soutelo

Os Gaiteiros de Soutelo foi un grupo musical de Soutelo de Montes activo entre 1919 e 1936, dos primeiros cuartetos de gaitas, que supuxeron unha revolución estética e musical.

Os gaiteiros de Soutelo
Os Gaiteiros De Soutelo
OrixeSoutelo de Montes, Galicia Galicia
Xénero(s)Música tradicional galega
MembrosAvelino Cachafeiro
Castor Cachafeiro
Bautista Cachafeiro
Fermín Cachafeiro
Na rede
Musicbrainz: c9bc8f14-e1d3-4b94-994c-ff41874c7518 Discogs: 4177565 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Os Gaiteiros De Soutelo 
Os gaiteiros de Soutelo cara a 1927.

O iniciador desta saga de músicos populares orixinarios de Soutelo de Montes foi o pai dos gaiteiros que, xunto aos seus fillos, adoitaba amenizar os días grandes das festas da época, xa que era un grupo infrecuentemente grande e que xa contaba cunha grande sona naquela Terra de Montes. Introducía outras novidades: incorporaba unha muller coma cantante, a irmá. A presenza dunha muller nos grupos musicais non era habitual aló polo 1925.

Os compoñentes eran Avelino Cachafeiro -director, compositor e a alma do grupo-, os seus irmáns Castor (gaita) e Bautista (voz e redobrante), o seu pai Fermín (bombo) e a súa tía Andrea, que algunhas veces se xuntaba a eles para tocar o pandeiro.

Cara a 1928 gravaron para a compañía Regal as seguintes pezas:

  • "Foliada de Barro de Areu". Solo de gaitas e canto.
  • "La Alfonsina". Muiñeira. Dúo de gaitas.
  • "Eicho de dar queridiña". Foliada. Dúo de gaitas.
  • "A volta da festa" (pasarrúas). Dúo de gaitas.
  • "Estróupeles-Tróupele". Muiñeira. Dúo de gaitas.
  • "Rianxeira". Foliada Rías Baixas. Dúo de gaitas.
  • "Fandango de Pontevedra". Dúo de gaitas.
  • "Muiñeira de Chantada". Solo de gaita por Avelino Cachafeiro
  • "Foliada de Luxán". Dúo de gaitas.
  • "Farruquiña, chaman á porta". Muiñeira. Dúo de gaitas.
  • "Foliada de Tenorio". Solo de gaita e canto.
  • "Alborada de Rosalía de Castro". Dúo de gaita por Avelino e Bautista Cachafeiro.

Un dos fitos máis importantes foi a súa presentación no Teatro Avenida de Buenos Aires o 28 de febreiro de 1930, onde actuaron con decorados deseñados por Camilo Díaz.

Os Gaiteiros de Soutelo percorreron toda Galiza, así como Buenos Aires, Montevideo e o Brasil, ata que o comezo da guerra civil española esfarelou o grupo: sorprendeunos tocando en Barcelona, en territorio republicano, mentres Galiza quedaba no nacional. A Cultural Obreira levounos a Madrid para dar ánimos ás tropas que alí loitaban, e cando se dirixían a Berlín para tocar nos Xogos Olímpicos, decidiron volver á casa por Lisboa. Así rematou o grupo.

Bautista morrera no 1933, Castor emigrou a Venezuela, onde ensinou a tocar na Escola de Gaitas da Irmandade Galega de Caracas e Avelino, cuxo único fillo morreu ao nacer, deixou de tocar a gaita.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

19191936Cuarteto de gaitasSoutelo de Montes, A Madanela de Montes, Forcarei

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

World Wide WebSylvester StalloneLuandaSimón BolívarDitaduraBen AffleckChile (pemento)As NevesComarcas de GaliciaPosicións sexuaisWiki CommonsQuim BarreirosEl tiempo entre costuras (serie de televisión)Finados en 2024Casa BaillyLionel MessiSydney SweeneyRiba-roja de TúriaIria SobradoNós (revista)Atol Bora BoraTorre EiffelVilariño de ConsoRastroAirbus A350Misa (música)Charles MansonManuela ReyAustraliaIndonesiaLingua latinaRobin WilliamsAliados da segunda guerra mundial1401Ángel LlanosPartido Popular de GaliciaPartido políticoOppenheimer (filme)García Pardiñas Vilar de FrancosMetabolismoSelección de fútbol do CamerúnPartido Comunista pola República GalegaChantadaLucía VeigaLista de episodios de Dragon Ball Z KaiAgustín Reguera OcampoElectronic Numerical Integrator And ComputerShakiraDragon Ball ZBreaking BadLista de episodios de SerramouraStephen HawkingGran Premio de Mónaco de 2014GaliciaHototogisuBetanzosCamilo José CelaFascismoAnggunMaribel VerdúEra visto!Napoleón I de FranciaYouTubeFunción trigonométricaIslamRoscón de CaldasCarlos VII de FranciaEstrella GaliciaArenqueNordés (vento)Bud SpencerNetflixFísica nuclear28 de marzoPío XIIReal Academia Galega🡆 More