Esquí De Fondo

O esquí de fondo, esquí nórdico ou esquí a campo travesa (en inglés cross-country skiing) comezou a ser empregado como medio para o desprazamento nos países nórdicos posto que a neve asolaga o territorio durante boa parte do ano.

Esquí De Fondo
Tres esquiadores de fondo en Sjusjøen, nas proximidades de Lillehammer, Noruega.

Anteriormente, só se coñecía o uso das raquetas de neve. É cos esquís que se incrementa a superficie de apoio, podendo así facer fronte aos maiores obstáculos á hora de camiñar sobre a neve, evitando afundirse nela, e propiciando o avance. Mantendo o principio de incrementar a superficie de apoio, os esquís conseguen ademais tirar proveito das características de deslizamento en superficies xeadas, dotándose para iso dunha sola absolutamente lisa e impermeable, que se ben precisa dunha man de cera conforme á temperatura e tipo de neve do día en cuestión. A súa forma alongada facilita a bipedestación e o uso de bastóns permite impulsar o avance mediante un elemento non deslizante.

Competicións

Esquí De Fondo 
Botas fixadas aos esquís.

Nas competicións, os fondistas deben realizar carreiras contra o reloxo de longas distancias que poden chegar a ser até de 150 km. As competicións poden ser estilo clásico ou libre. No clásico pásanse os esquís por dous carrís habilitados para o efecto; no libre vaise por camiños abertos, a ruta non está definida.

Tags:

Neve

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Vilagarcía de ArousaOurenseLista de episodios de Dragon Ball Z KaiChimpínBarbitúricosHuelvaCarlos X de FranciaBatalla de Medina de RiosecoO Ézaro, DumbríaPío XIIEstrella GaliciaBetanzosIgrexa de San Carlo alle Quattro FontaneDragon Ball ZEmilia Pardo BazánManu ChaoFudbalski Klub Crvena ZvezdaForo do bo burgo de Castro CaldelasPanteón de RomaBloque Nacionalista GalegoHolocaustoEva CárdenasDemocracia OurensanaAlfonso MolinaSantiago GenovésTerceira InternacionalPorto da LúaAntonio GramsciGalego-portuguésNós (revista)7 de febreiroMaribel VerdúXapónÁcido desoxirribonucleicoCallitriche hamulataPonferradaRocco SiffrediAristocraciaLSDSimón BolívarXoán Antón Pérez-LemaJosé Luis Iglesias LagoBucetaXosé Manuel PiñeiroRosa LuxemburgUS AirwaysCebadaDemocraciaCaliforniaNew DealCastro de Punta do BicoPacto Molotov-RibbentropMetabolismoNacionalsocialismoCallitriche stagnalisReconquista de VigoAnthony GiddensThe WireAgora RepúblicasSikhFútbol gaélicoFidel CastroCarqueixaLuísa VillaltaGrupo EroskiCulturaWilliam Marks SimpsonGrupo NósIndonesiaVilanova dos Infantes, CelanovaCatedral de Milán🡆 More