Demografía De Europa

Europa tiña no ano 2010 unha poboación duns 735 000 000 habitantes (o 11 % da poboación mundial), dos que 501 259 840 viven en países pertencentes á Unión Europea.

Existen diferenciais de poboación importante, por exemplo os 82 millóns de habitantes de Alemaña e os escasos 400.000 de Malta, ou 300.000 de Islandia.

Demografía De Europa
Densidade na UE.

Densidade

A densidade total de poboación é de 70 hab./km², se ben non é homoxénea; existen grandes baleiros demográficos no interior das penínsulas Ibérica e Helénica, ao mesmo tempo hai zonas como a dorsal europea (SE de Gran Bretaña ou NO de Italia) cuxas densidades superan a media de Europa.

Crecemento de poboación

Con respecto ao crecemento natural de Europa hai que salientar o escaso incremento, debido á baixa natalidade e mortalidade; sendo este ás veces negativo. As maiores taxas de crecemento danse en países como Irlanda e as máis baixas en países do sur como España. Aínda así estados como o español conseguen medrar grazas ao saldo migratorio.

Esperanza de vida

A esperanza de vida da Europa aproxímase aos 80 nos homes e elévase por enriba desta cifra nas mulleres, sendo unha das máis altas do planeta. A estrutura demográfica dá unha perspectiva de Europa como unha poboación envellecida.

O continente caracterízase por unha grande importancia do sector terciario o que nos leva a un proceso de urbanización importante no que máis do 77 % da poboación vive en cidades. Estes núcleos na súa maioría son de tamaño pequeno e medio. Pero tamén se dan casos de grandes aglomeracións urbanas coma a de Londres ou Madrid.

Estrutura da poboación segundo o sector económico

As actividades económicas deixan o seguinte panorama:

  • Un sector primario moi desenvolvido e con baixa participación da poboación (5,2 % da poboación activa e un 3 % do PIB). Esta media deixa lugar a diferenzas entre países (Reino Unido 0,95 % - Polonia 18,4 %). Existen medidas de regulamento para este sector dentro de institucións da Unión Europea; como a PAC (Política Agraria Común) e un importante número de retos de futuro mirando cara a un mundo globalizado e a ampliación da UE.
  • A industria ocupa en torno ao 25 % da poboación e contribúe ao PIB nun 30,6 %. As principais zonas industrias da Europa ocupan o sur de Inglaterra, un eixe que se forma en torno á Canle da Mancha, o val do Rin, a chaira do Po e diversas puntos illados como Lisboa, Madrid ou Atenas. Así e todo este sector tende a concentrarse en determinadas zonas deixando baleiros e rexións pouco desenvolvidas industrialmente (sur de España, Grecia, Portugal...) Cabe destacar que nestas zonas a UE trata de intervir. Esta intervención ven da man de reestruturar os sectores en crise, innovar en tecnoloxías promovendo o investimento, a I + D, garantir a libre competencia e evitar a deterioración medioambiental.
  • O sector terciario ou dos servizos ocupa case ao 63% da poboación e contribúe ao PIB cun 66,3 % do total. Cabe destacar a grande importancia do sistema de transporte e de telecomunicacións e do turismo así como o comercio interno e o internacional.

Tags:

Demografía De Europa DensidadeDemografía De Europa Crecemento de poboaciónDemografía De Europa Esperanza de vidaDemografía De Europa Estrutura da poboación segundo o sector económicoDemografía De EuropaAlemañaIslandiaUnión Europea

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Carlos CasaresAdolf HitlerPedro SánchezNovialDavid BustamanteJosé Galera MorenoColocación do pronome átono en galegoDiego Martínez PenasHLA-DMBorussia DortmundLista de estacións de tren de GaliciaCastro de Punta do BicoHindemburg Melão Jr.PripyatMarcos PereiroMads MikkelsenAna María Fernández MartínezUrueñaFrancisco PazosIrene FerrerasSydney SweeneyTeléfonoFelipe de Marichalar y BorbónManuel Vázquez OuteiriñoSobreiraSeverino Barros de LisRaquel AtanesXurxo ChirroA CañizaBibiana FernándezA ira dos mansosMónica García PérezBatalla de CacheirasRamón Alonso MartínezXapónAranoFrancisco FrancoMondraLista de ríos de GaliciaSunnismoBaby ReindeerEstadio Municipal de AnoetaSoledad PenaltaVimianzoPatricia Argerey VilarPilar AbellaPedro RieloGran Guerra IrmandiñaXabier FortesJulio Alén MontesReal Club Celta de VigoFalange EspañolaXosé Neira VilasBeatriz MatoGalipediaGoizuetaSistema solarJuana AcostaLuísa VillaltaCirco de los MuchachosCentauroEscudo de GaliciaPrimeira guerra mundialRosario FloresMaría Xosé QueizánO PorriñoSuso Díaz EstévezRevolución galega de 1846Tonhito de PoiLista de xentilicios de concellos galegosSemeAC-422Monforte de LemosBurgosAnxo Angueira🡆 More