Castelo De Sant'angelo

12°27′59″L / 41.903064, 12.466355

O Mausoleo de Hadriano, máis coñecido como Castelo de Sant'Angelo (en italiano: Castel Sant'Angelo) é un edificio en forma de torre cilíndrica que se ergue no Parco Adriano, na cidade de Roma, a pouca distancia da Cidade do Vaticano. Nun principio foi encargado polo emperador romano Hadriano como un mausoleo para el e a súa familia. O edificio foi posteriormente empregado polos papas como fortaleza e castelo, e no presente é un museo. O castelo foi outrora o máis alto edificio de Roma.

Castelo De Sant'angelo
Castelo de Sant'Angelo dende a ponte. No máis alto do castelo hai unha estatua do arcanxo Miguel, que é quen lle dá o nome ó edificio.

Comezado polo emperador Hadriano no ano 135 para ser o seu mausoleo persoal e familiar, foi rematado por Antonino Pío en 139. O monumento, erguido con pedra de travertino, estaba engalanado no seu punto máis alto por unha cuadriga en bronce guiada polo emperador Hadriano. O edificio cambiou de uso moi axiña e converteuse nun edificio militar. Integrouse á Muralla Aureliana en 403.

Castelo De Sant'angelo
Mole Adrianorum: aproximación mediante simulación dixital da súa posible aparencia orixinal.

O actual nome do castelo data do ano 590, durante unha gran epidemia de peste que golpeou a cidade de Roma. O papa da época, Gregorio I, viu ó Arcanxo Miguel sobre o cumio do castelo que envainaba a súa espada significando a fin da epidemia. Para conmemorar a aparición, a estatua dun anxo coroa o edificio (primeiro unha estatua en mármore de Raffaello da Montelupo, e dende 1753 unha de bronce de Pierre van Verschaffelt sobre un debuxo de Bernini).

Castelo De Sant'angelo
San Miguel Arcanxo segundo a lenda da súa aparición.

Dende 1277, o castelo está conectado coa Cidade do Vaticano por un corredor fortificado, chamado Passetto, duns 800 metros de lonxitude. A fortaleza foi o refuxio do Papa Clemente VII durante o asedio e saqueo de Roma no ano 1527, que levaron a cabo as tropas do rei Carlos I de España, emperador Sacro Imperio Romano Xermánico.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Coordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Festival de Bandas de música Meaño'92 (Fonoteca 92)Aníbal MalvarTesalónicaÑIgrexa de San Carlo alle Quattro FontaneChantadaEstadio Municipal de Riazor2004Semana Santa de ViveiroEstado de emerxenciaA VeigaFlorencia PeñaJoe LiebermanMaldivasAmieiroVicente RiscoCarlos VII de FranciaGramática da lingua franca novaAna BucetaLista de concellos de Pontevedra.geAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoRaposo comúnEra visto!Rosalía (cantante)Galicia estremeiraTartánDecímetroAtlético de RiveiraLiberalIn My Head (canción de Jason Derulo)Charles PéguyRedondelaAdánPalas de ReiViggo MortensenDominio públicoGina RodriguezDaniel de la SotaEdiciones CardeñosoHolocaustoMacedonia do NorteSelena GomezThe ArtistMelatoninaPalauDeclaración BalfourJSONAWStatsSão PauloToni AcostaLista de nomes femininos en galegoOs ÁnxelesSloganSionismoBloque Nacionalista GalegoIndonesiaCharles MansonPasadena, CaliforniaManuscrito VoynichLatitudeLista de episodios de Sakura, cazadora de cartasGlenn Research CenterSusana PedreiraEsvásticaProciónidosd05oxParlamento de GaliciaRachel WeiszBeatriz SerénRosa LuxemburgAlfonso MolinaAnthony Giddens🡆 More