Batalla De Kosovo Polje

A Batalla de Kosovo Polje, tamén coñecida como Batalla de Kosovo (en serbio: Kosovska bitka; en cirílico: Косовска битка; en turco: Kosova Meydan Muharebesi) foi unha batalla librada en 1389, o día 15 de xuño, festividade de San Vito, entre o principado serbio rexido por Lazar Hrebeljanović e o exército invasor do Imperio Otomán, baixo a dirección do sultán Murad I.

Batalla De Kosovo Polje
Batalla de Kosovo Polje, óleo de Adam Stefanović, 1870.

A batalla tivo lugar no Campo dos merlos, a uns 5 km o noroeste da moderna Priština. Os relatos históricos fiábeis sobre a batalla son escasos; os máis críbels obtivéronse a través de comparacións críticas con batallas históricas contemporáneas (como as de Angora ou Nicópolis), que permitiron unha reconstrución fiábel.

A batalla finalizou con vitoria otomán, con grandes perdas en ambos os bandos.

A Batalla de Kosovo ten particular importancia no concepto serbio da historia, a tradición e a identidade nacional.

Batalla De Kosovo Polje
O knez (príncipe) Lazar Hrebeljanović.
Batalla De Kosovo Polje
Murad I, sultán do Imperio Otomán desde 1383 até a súa morte durante a batalla.

O exército de Murad comprendía entre 27 000 e 40 000 combatentes. Entre eles estaban incluídos de 2 000 a 5 000 xanízaros, 2 500 membros da garda de cabalería de Murad, 6 000 ispahís, 20 000 azaps e akincis e 8 000 dos seus vasalos de Germiyan, Saruhan, o Imperio bizantino, Bulgaria, os principados do sur de Serbia en Macedonia (as terras de Constantino Dragaš e o príncipe Marko) eAlbania.

O exército de Lazar estaba composto por de 12 000 e 33 000 soldados. Deles, entre 12 000 e 15 000 estaban baixo o mando de Lazar, entre 5 000 e 10 000 correspondían a Vuk Branković, un nobre serbio de Kosovo e xenro de Lazar, e un grupo menor ao nobre bosníaco Vlatko Vuković. O exército mixto de Vuković incluía un continxente de Cabaleiros Hospitalarios, a quen o cabaleiro croata Xoán de Palisna levara desde Vrana, en Dalmacia. Varios miles eran cabaleiros. Como aliados dos cristiáns ía tamén un número indeterminado de cabaleiros polacos e húngaros.

Maldición de Kosovo:
Batalla De Kosovo Polje
A inscrición da maldición de Lazar áchase no monumento de Gazimestan.

"Aquel que sexa serbio e serbio de nacemento,
E de sangue e antepasados serbios,
E non veña á Batalla de Kosovo,
Nunca terá os descendentes que desexe,
Nin fillos nin fillas!
Nada crecerá onde toquen as súas mans,
Nin viño escuro, nin trigo branco!
E será maldito polos séculos dos séculos!

A batalla de Kosovo considérase unha vitoria das forzas otománs. Debido á súa derrota, Serbia foi convertida nun Estado vasalo cuxos nobres debían pagar tributo e subministrar soldados aos otománs.

Por outra parte, como consecuencia da presión turca, algúns nobres serbios accederon a casar ás súas fillas con mandatarios turcos, incluída a filla do knez Lazar, que casou cunha filla do sultán Bayezid I.

A raíz destes matrimonios, Stefan Lazarević, o fillo e herdeiro de Lazar, converteuse nun fiel aliado de Beyazid, achegando forzas importantes para moitos dos seus futuros enfrontamientos militares, incluíndo a Batalla de Nicópolis, que marcou a última cruzada a grande escala na Idade Media.

Como compensación por esta alianza, Stefan recibiu do Sultán as posesións de Vuk Branković en Kosovo.

Finalmente, o Despotado de Serbia, único reduto que resistiu aos otománs despois da batalla, foi conquistado definitivamente por estes en 1459.

A batalla de Kosovo chegou a ser vista como un símbolo do patriotismo serbio e o desexo de independencia co auxe do nacionalismo baixo o dominio otomán. A súa importancia para o nacionalismo serbio recobrou prominencia durante a disolución de Iugoslavia e a guerra de Kosovo, sendo invocada por Slobodan Milošević en 1989 nun célebre discurso durante os actos de celebración do 600º aniversario da batalla.

Notas

Tags:

138915 de xuñoCirílicoImperio OtománLingua serbiaLingua turcaMurad ISan VitoSerbia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

ColumbiformesÁcido palmitoleicoCetoacidoseCloroformoDobre héliceCarboxiloDobre hélice de ácidos nucleicosSergio Pérez MendozaBloque Nacionalista GalegoPoriMarcello BertinettiMúsicaForróAd libitumSionismoLista de reis de BabiloniaProvincia de OurenseCristina TapiasCircuíto Ricardo TormoQuenyaSemana Santa de ViveiroIllas GalápagosRetrato de TenochtitlanXosé Antonio TouriñánGallus gallus domesticusAeroporto de Berlín-TegelLogaritmoMosteiro de Santa María de OseiraUniversidade de WürzburgSistema nervioso somáticoWikipediaMasideAeroporto de Beauvais-TilléThe Eyes of the DragonBatoideaAceite de palmaAglais urticaeRadiación adaptativaArmeniaHarry BelafonteLugoGran Premio de Australia de 2017North American Racing TeamÁlxebraDinastía MingForcareiVía da pentosa fosfatoPierre GaslyTrondheimÁcido graxo esencialMonterreiNicho ecolóxicoLingua birmanaAeroporto de Hangzhou-XiaoshanPedro RieloUniversidade de GranadaAeroporto de Reiquiavik-KeflavíkCoraciiformesSuorCobaiaRenacemento carolinxioCorpo cetónicoMaría I de InglaterraÁcido sapiénicoOranjestad, ArubaBalthasar GérardToni AcostaSelección de fútbol do UruguaiKagoshimaChadRetorno a Tagen AtaBeta-oxidaciónCorallium rubrumTlatoaniMelanie GriffithÁcido nonacosílico🡆 More