António Egas Moniz: Médico psiquiatra e neurocirurxián, político e escritor portugués

António Caetano de Abreu Freire Egas Moniz, nado o 29 de novembro de 1874 na freguesía de Avanca, concello de Estarreja, distrito de Aveiro e finado o 13 de decembro de 1955 na freguesía de São Sebastião da Pedreira, Lisboa, foi un médico psiquiatra e neurocirurxián, ademais de investigador, profesor, político e escritor portugués.

Infotaula de personaAntónio Egas Moniz
António Egas Moniz: Traxectoria, Premio Nobel, Vida persoal
António Egas Moniz: Traxectoria, Premio Nobel, Vida persoal
Nome orixinalAntónio Caetano de Abreu Freire Egas Moniz
Biografía
Nacemento(pt) António Caetano de Abreu Freire de Resende Editar o valor em Wikidata
29 de novembro de 1874
Avanca, Estarreja, distrito de Aveiro, Reino de Portugal
Morte13 de decembro de 1955
São Sebastião da Pedreira, Lisboa, Portugal
Cargos
Embaixador
Ministro de Relacións Exteriores
Datos persoais
País de nacionalidadeportuguesa
Formación profesionalDoutor en Ciencias
EducaciónUniversidade de Coímbra
Coñecido porInventar a lobotomía prefrontal e a anxiografía cerebral
Actividade
Campo de traballoNeuroloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpsiquiatra, Wiki Galegoneurólogo
EmpregadorUniversidade de Coímbra (1902)
Universidade de Lisboa (1921-1944)
Membro de
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeElvira de Macedo Dias
PaisFernando de Pina Resende de Abreu Freire  e Maria do Rosário Oliveira de Almeida e Sousa
Premios
Membro da Académie Nationale de Médecine (Francia)
Premio Nobel de Medicina (1949)

WikiTree: Egas_Moniz-1 Find a Grave: 223959847 Editar o valor em Wikidata

Responsábel do desenvolvemento da anxiografía cerebral en 1927, un descubrimento que revolucionou a medicina e a neurocirurxía, permitindo o diagnóstico de tumores cerebrais e o diagnóstico e tratamento do aneurisma cerebral e a malformación arteriovenosa. Foi proposto tres veces para o Premio Nobel por este descubrimento (1928, 1929, 1930). Inventor do procedemento neurocirúrxico denominado lobotomía prefrontal, que permitiu a aparición da psicocirurxía; por este último descubrimento foi galardoado co Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1949, compartido co fisiólogo suízo Walter Rudolf Hess.

Foi embaixador, e ministro de Asuntos Estranxeiros de Portugal.

José Saramago, Carlos Filipe Ximenes Belo, José Ramos-Horta e António Egas Moniz son os únicos lusófonos que teñen premios Nobel.

Traxectoria

Naceu co nome de António Caetano de Abreu Freire no seo dunha familia aristocrática rural. Seu pai foi Fernando de Pina Resende de Abreu Freire, e a súa nai María do Rosário Oliveira de Almeida e Sousa. Seu tío e padriño, o sacerdote Caetano de Pina Resende Abreu Sá Freire, insistiría para que ao apelido se lle agregase Egas Moniz, en virtude de que a familia descendía en liña directa de Egas Moniz (1080-1146), o aio do rei Afonso I de Portugal (1109-1185).

O ductor António Egas Moniz, o inventor da lobotomía prefontal e da anxiografía, foi o primeiro presidente da Sociedade Española de Neurocirurxía, a segunda do mundo despois da estadounidense. Foi substituído no cargo polo doutor Juan José Barcia Goyanes.

Durante a súa prolífica carreira, Egas Moniz foi o responsábel de importantes avances na Medicina, como a invención da arteriografía e da anxiografía cerebral.

A partir do ano 1935 Egas Moniz enfocou os seus estudos no desenvolvemento de terapias contra enfermidades mentais como a esquizofrenia. Os seus estudos posibilitaron a invención da lobotomía prefrontal, dando así comezo á rama da psicocirurxía.

En 1938 (cando tiña 63 anos de idade) un paciente psiquiátrico ao que atendía disparoulle oito tiros, deixándoo paralítico o resto da súa vida. O paciente aduciu vagamente que o doutor non lle estaba dando os medicamentos adecuados para a súa enfermidade.

Premio Nobel

Aínda que nos anos 1930 se vía como candidato ao Premio Nobel pola súa invención da anxiografía, non foi até 1949 cando Egas Moniz recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (foi o primeiro portugués en ganar un Nobel) xunto co neurólogo suízo Walter Rudolf Hess por outra achega: "polo descubrimento do valor terapéutico da lobotomía en determinadas psicoses".

O Banco de Portugal conmemorou esta efeméride dedicándolle a emisión do billete de 10 000 escudos o 12 de xaneiro de 1989.

Vida persoal

En 1902 casou con Elvira de Macedo Dias.

António Egas Moniz: Traxectoria, Premio Nobel, Vida persoal 
Egas Moniz nun billete de 10 000 escudos


Predecesor:
Paul Hermann Müller
António Egas Moniz: Traxectoria, Premio Nobel, Vida persoal 
Premio Nobel de Medicina

1949
Sucesor:
Edward Calvin Kendall
Tadeus Reichstein
Philip Showalter Hench

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

António Egas Moniz TraxectoriaAntónio Egas Moniz Premio NobelAntónio Egas Moniz Vida persoalAntónio Egas Moniz NotasAntónio Egas Moniz Véxase taménAntónio Egas Moniz13 de decembro1874195529 de novembroDistrito de AveiroEscritorFreguesíaInvestigadorLisboaMédicoNeurocirurxiánPolíticoPortugalProfesorPsiquiatraSão Sebastião da Pedreira

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Ácido caprílicoTeixido, CedeiraLexión EspañolaCabo VerdeGetty Thesaurus of Geographic NamesAlto do FioucoAviónEstadio Municipal de RiazorViktoryja AzarankaJuan PardoBlastocistoMonforte de LemosGlándula suprarrenalArubaReal Academia GalegaCosta da MorteAprendizaxe en liñaAWStatsBerberechoRevolución Rusa de 1917MetabolismoKagoshimaErgocalciferolLista de nomes femininos en galegoTerreo (xeoloxía)ADN BMúsculo lisoÁlxebraSantiago de CompostelaEnciclopediaFroufe, O IrixoA MecaEmpalme do ARNAncaraPortadaBeta-oxidaciónVigoCallosobruchus chinensisMundial de Fútbol de 2006Gran Premio de Bahrain de 2018O Canon da MedicinaBostonAna de Gran BretañaColumbiformesIsambard Kingdom BrunelFosfatidiletanolaminaIllas CanariasAirbus A220Alexander MostovoiGaravanzoGrafenoRubén CelaAlbatros viaxeiroCharles LeclercLareiraPonte de RandeCaviarRepública Socialista Soviética de LituaniaIllas CookLugoCanle (comunicación)Ácido esteáricoCidade de MéxicoCúpulaColinesteraseRetrato de Adele Bloch-Bauer IIphigénie en Tauride (Gluck)Década de 1180Dous espíritosCelastrina argiolusGran Premio de Australia de 2017Jake GyllenhaalPCaso Asunta BasterraViroidePori🡆 More