Bioloxía Poboación

En bioloxía unha poboación é un conxunto de individuos da mesma especie que ocupan unha área concreta nun momento determinado.

As poboacións poden estudarse dende dous puntos de vista: a distribución no tempo e a distribución no espazo dos organismos.

Dinámica das poboacións

Estuda a distribución nos tempos a través dos seguintes parámetros:

  • natalidade. Relación entre o número de nacementos por unidade de tempo e o tamaño da poboación.
  • mortalidade. Relación entre o número de mortes por unidade de tempo e o tamaño da poboación.
  • inmigración. Relación entre o número de individuos procedentes doutras poboacións por unidade de tempo e o tamaño da poboación.
  • emigración. Relación entre o número de individuos que deixan a poboación por unidade de tempo e o tamaño da poboación.

Para calcular o tamaño dunha poboación emprégase a taxa de crecemento, que é a relación entre a variación do número de individuos e o colectivo inicial. A taxa de crecemento máxima ou teórica chámase potencial biótico.

Distribución espacial

Os organismos dunha poboación poden distribuírse no espazo de tres formas:

  • ao azar, por especies que non forman grupos, en ambientes uniformes
  • uniforme, en ambientes desfavorables onde se establecen relacións de competencia
  • en grupos ou agregados, porque representa unha vantaxe para a supervivencia nun medio heteroxéneo.

Véxase tamén

Outros artigos

  • Refuxio (poboación biolóxica)

Tags:

Bioloxía Poboación Dinámica das poboaciónsBioloxía Poboación Distribución espacialBioloxía Poboación Véxase taménBioloxía PoboaciónBioloxía

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Fianna FáilIgrexa católicaNacho VidalO hobbitMiguel Ángel Zabalza BerazaCapela SistinaÁngel Pardo PuzoSalgueiroSão PauloPortela da CandaMichelangelo AntonioniÁlex FidalgoChelsea ManningSegar's RollGran DepresiónPoloniaPortugalArvo PärtRobin WilliamsDeputación da CoruñaContactJSONLudwig van BeethovenJosé Antonio Primo de RiveraAntonio MachadoEstrasburgoSegunda guerra mundialJake GyllenhaalSergio DalmaNapoleón I de FranciaRegina García GarcíaVicente RiscoReino de GaliciaBadalonaOcéanoCulturaHoratio NelsonJosé María BesteiroLingua romancheCloroformoOs camiños da vidaSydney SweeneyPortadaJorge C. AlonsoBloque Nacionalista GalegoCaso Asunta BasterraIgrexa de San Carlo alle Quattro FontaneLareiraGerardo Pardo de VeraPaisaxe mineira de Cornualla e Devon oesteWikipediaPacto Molotov-RibbentropSegunda República EspañolaA CoruñaNewcastle upon TyneJosé Pérez-ArdáAgustín Reguera OcampoPremios Mestre MateoImperio RomanoIn My Head (canción de Jason Derulo)DemocraciaNós (revista)28 de marzoBud SpencerSanxenxoBidueiroHard GZCorea do Norte🡆 More