Departamento De Cortés: Departamento de Honduras

Cortés é un dos 18 departamentos nos que se divide a República de Honduras, localizado na zona norte desta.

Este departamento ocupa o primeiro lugar no país en canto ao número de habitantes, e é tamén onde se concentra a maior parte da actividade industrial de país. Ten unha superficie de 3.954 km² e, no 2005, tiña unha poboación estimada de 1 365 497 habitantes. A capital departamental é San Pedro Sula.

Departamento De Cortés: Departamento de Honduras

O departamento recibiu este nome polo conquistador español Hernán Cortés, quen chegou a Honduras en 1525 e foi quen orixinalmente organizou a conquista da rexión.

Historia

O departamento de Cortés foi creado o 4 de xullo de 1893 polo presidente Domingo Vásquez. Este novo departamento naceu de partes do departamento de Santa Bárbara e Yoro.

Coa chegada dos españois, este territorio foi un dos primeiros sitios de Honduras en ser conquistado. En 1536 Pedro de Alvarado fundou a cidade de San Pedro de Puerto Caballos no val de Choloma. Esta cidade é actualmente a cabeceira departamental e a capital industrial e cidade máis grande de Honduras.

Antes fora fundada a cidade de Puerto Cortés baixo o nome de Puerto Caballos en 1524, por Hernán Cortés. Co paso do tempo, Puerto Cortés converteuse no porto máis importante de Honduras.

Economía

A economía de Cortés esta centrada principalmente en San Pedro Sula e Puerto Cortés, que son as dúas cidades máis importantes de Cortés, xa que Puerto Cortés ten o porto máis importante de Centroamérica e San Pedro Sula está considerada a "Capital Industrial" de Honduras e é nesta cidade onde se desenvolve a maior parte da economía do país .

A presenza de maquiladoras estimula unha migración interna cara ao departamento. Tamén esta migración interna está asociada a unha emigración cara México e Estados Unidos.

Municipalidades

Municipio Superficie Poboación Aldeas Casaríos Feira Patronal
San Pedro Sula 1,009.5 km² 1,300,000 hab. 69 130 29 de xuño
Puerto Cortés 391.2 km² 200,000 hab. 37 66 10-17 de agosto
Choloma 471.1 km² 260,000 hab. 45 114 11 de febreiro
La Lima 116 km² 60,000 hab. 26 76 30 de agosto
Omoa 382.8 km² 30,000 hab. 26 76 30 de marzo
San Manuel 138.8 km² 30,000 hab. 7 30 16-22 de setembro
San Antonio de Cortés 227.1 km² 20,000 hab. 15 66 13 de xuño
San Francisco de Yojoa 96.8 km² 25,000 hab. 10 15 4 de outubro
Potrerillos 88.3 km² 25,000 hab. 10 26 29 de setembro
Pimienta 61.0 km² 15,000 hab. 3 15 5 de agosto
Santa Cruz de Yojoa 725.6 km² 65,000 hab. 45 159 3 de marzo
Villanueva 361.8 km² 80,000 hab. 20 66 24 de agosto

Tags:

Honduras

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Río Mao, río SilConcello de CanedoPablo DíazReino de GaliciaNegra sombraThe SmithsOQueixoFelipe Senén LópezKurdistánPegada ecolóxicaAmanitaLaura FalcóFacultade de Socioloxía da Universidade da CoruñaSoajo1985ArandoSapoconcho comúnOríxenesGoretti SanmartínTropicosZEstrutura terciaria das proteínasMicciónColocación do pronome átono en galegoMario ObreroGmailPedro Barrié de la MazaLagarto arnalFabiola GarcíaAliados da segunda guerra mundialConcellos de GaliciaMadeiraProduto interior brutoDereitos humanosParadigmas dos verbos irregulares galegosMaría Antonieta de AustriaArtistaAthena 2Retour à SéoulCasa de AndradeThomas K. DeLoreyWikipediaManuel Miñones BarrosJosé Miñones BernárdezMaría KodamaNegreiraA borracheira na cultura popular galegaPicapeixeJoan de NovoaLista de monarcas de GaliciaFrancisco Castro Veloso1963IslandiaCopa España (fútbol)As aves na cultura popular galegaA fiestra valdeiraIdade MediaAlcaldes da CoruñaMarta Fernández-TapiasMono (animal)CalcioAnselmo López CarreiraMaioIllas BalearesApollo 11Fuxan os VentosAlba CidJaime AlguersuariChatGPTXornalismo1914Universidade de Santiago de CompostelaLingua casteláPioverdinaCoalición Popular🡆 More