Vietnam: País de Asia

Vietnam (en vietnamita: Việt Nam viət˨ næm˧), oficialmente República Socialista de Vietnam (en vietnamita Cộng hòa Xã hội chủ nghĩa Việt Nam (Công hoà xa hoi chu nghia Viêt Nam.oga listen)) é o país máis oriental da Península de Indochina, no sueste asiático. Cunha poboación estimada de 90 millóns de habitantes, é o décimo terceiro país máis poboado do mundo, e o oitavo de Asia. O nome Vietnam, que se traduce por "Viet do sur" (sinónimo do termo antigo Nam Viet), foi oficialmente adoptado en 1802 polo Emperador Gia Long, e foi recuperado de novo en 1945 coa fundación da República Democrática de Vietnam baixo Ho Chi Minh. O país limita con China ó norte, Laos ó noroeste, Camboxa ó suroeste e o mar da China Meridional ó leste. A capital é Hanoi dende a reunificación de Vietnam do Norte e do Sur en 1976.

Modelo:Xeografía políticaVietnam
Việt Nam (vi) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

HimnoTiến Quân Ca (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Lema«Độc lập – Tự do – Hạnh phúc»
«Independence – Freedom – Happiness»
«Независимост - свобода - щастие»
«Annibyniaeth – Rhyddid – Hapusrwydd» Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aNanyue Editar o valor em Wikidata
Localización
Vietnam: Historia, Política, Linguas
Vietnam: Historia, Política, Linguas Editar o valor em Wikidata
 16°N 108°L / 16, 108108°L / 16, 108
CapitalHanoi Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
An Giang (pt) Traducir
Ba Ria-Vung Tau (pt) Traducir
Bac Giang (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata../... 63+
Poboación
Poboación96.208.984 (2019) Editar o valor em Wikidata (290,06 hab./km²)
Lingua oficialLingua vietnamita Editar o valor em Wikidata
Relixiónbudismo, catolicismo, Protestantismo, Cao dai (pt) Traducir e Hòa Hảo Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie331.690 km² Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoFan Si Pan (pt) Traducir (3.143 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoMar da China Meridional (0 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Cronoloxía
1804 ↔ 14 de febreiro de 1839Nome
2 de setembro de 1945Declaração de independência (pt) Traducir
2 de xullo de 1976Unión política Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernoEstado unitario
unipartidismo
república Editar o valor em Wikidata
• Presidente (pt) Traducir Editar o valor em WikidataVõ Văn Thưởng (pt) Traducir (2023–2024) Editar o valor em Wikidata
Órgano executivoGovernment of Vietnam (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Lista (pt) Traducir Editar o valor em WikidataPhạm Minh Chính (2021–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoAssembleia Nacional do Vietnã (pt) Traducir , (Escano: 498) Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal366.137.590.718 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
MoedaDong vietnamita Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.vn Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+84 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia113, 115 e 114 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Código de paísVN Editar o valor em Wikidata

Sitio webvietnam.gov.vn Editar o valor em Wikidata

Vietnam foi parte da China Imperial por máis dun século, dende o -111 ata o 938. Os vietnamitas conseguiron a independencia despois de conseguir a vitoria na Batalla do río Bạch Đằng. Floreceron sucesivas dinastías reais, e a nación estendeuse xeograficamente e politicamente no sueste asiático, ata que a Península de Indochina foi colonizada polos franceses a mediados do século XIX. Despois da ocupación xaponesa na década de 1940, os vietnamitas loitaron contra o goberno francés na primeira guerra de Indochina, expulsándoos en 1954. Vietnam foi dividida politicamente en dous estados, Vietnam do Norte e do Sur. Os conflitos entre os dous intensificáronse, coa forte intervención dos Estados Unidos, na que se coñece como guerra de Vietnam. A guerra rematou coa vitoria norvietnamita en 1975.

Vietnam foi unificado baixo un goberno comunista pero permaneceu empobrecida e politicamente illada. En 1986, o goberno iniciou unha serie de reformas económicas e políticas que significaron para Vietnam o camiño da integración no mundo económico. No 2000, estableceu relacións diplomáticas con moitas nacións. Dende o 2000, o crecemento económico de Vietnam situouse entre os máis altos do mundo, e, no 2011, tivo os máis altos indicadores de crecemento entre as 11 meirandes economías. As reformas económicas deron como resultado a súa unión á Organización Mundial do Comercio no 2007.

Porén, malia os avances que experimentou nos últimos anos, o país aínda padece de altos niveis de desigualdade, disparidade de acceso á asistencia sanitaria, e falta de igualdade de xénero.

Historia

    Artigo principal: Historia de Vietnam.

Introdución

A maior parte da súa historia estivo gobernada por varias dinastías do Imperio Chinés e propias. Vietnam obtivo a súa independencia nos inicios do século X e a súa autonomía total un século despois. O período de goberno das dinastías nativas rematou a mediados do século XIX, cando o país foi colonizado por Francia. Durante a segunda guerra mundial, o Xapón ocupou Vietnam; pero respectou a autoridade francesa por ser o Goberno de Vichy colaboracionista coa súa aliada, a Alemaña nazi. Foi cara a fin deste conflito cando os xaponeses trataron de exterminar o poder francés por sospeitar dun apoio a unha invasión aliada. Nesta situación, Ho Chi Minh proclamou a República Democrática de Vietnam.

Ó rematar a guerra, Francia intentou restablecer o seu control; pero fallou e comezou a guerra de Indochina que finalmente perdeu. A Conferencia de Xenebra de 1954 dividiu o país en dous: Vietnam do Norte e Vietnam do Sur. Durante a guerra fría, o norte recibiu o apoio da República Popular da China e a Unión Soviética, mentres que o Sur obtivo o apoio dos Estados Unidos. Axiña as tensións levaron á guerra de Vietnam, que terminou coa retirada das tropas estadounidenses en marzo de 1973 e a toma de Saigón en abril de 1975. En 1976, Vietnam unificouse baixo o goberno de Vietnam do Norte e tomou o nome de República Socialista de Vietnam.

En 1978, Vietnam invadiu a Kampuchea Democrática de Pol Pot e precipitou a caída do seu réxime. Mantivo uns 100.000 soldados durante toda a década dos oitenta. A finais da década dos noventa, comezaron as negociacións para restabelecer relacións diplomáticas cos Estados Unidos e a comezos do século XXI, Vietnam comezou a recibir axuda estadounidense co que se considera superado o "Trauma Vietnam".

Era predinástica

Vietnam: Historia, Política, Linguas 
Un tambor de bronce Dong Song, feito arredor do -800 durante a Idade de Bronce. Museo Guimet, París.

De acordo coas lendas vietnamitas, membros de varias tribos naceron do matrimonio entre Lạc Long Quân (rei dragón) e Âu Cơ (deusa madriña), e a historia de Vietnam data de hai máis de 4.000 anos. Porén, as fontes fiables indican que os vietnamitas ou a historia do seu país data de hai uns 2.700 anos. No ano de -258, Thuc Phan fundou o reino Áu Lac (formado pola unión de Áu Viet e Lac Viet - Van Lang), no norte de Vietnam.

Moitos historiadores consideran que a civilización Dong Son é común a moitos pobos do Sueste asiático. No 208 a.C., a Dinastía Qin, chamada tamén "Triệu Đà", estableceu un estado coñecido como "Nam Việt", o cal estaba localizado ó sur da China e do Delta do río Vermello. O significado histórico da orixe de Nam Việt é motivo de controversias xa que para algúns estudosos o devantido territorio estaba baixo rexencia chinesa, mentres que para outros constitúe xa un período de independencia. Dende o -111 a.C. ata o século X Vietnam estivo baixo o mando de diferentes dinastías chinesas.

Era dinástica

Vietnam: Historia, Política, Linguas 
O templo da literatura en Hanoi, construído no século XI.

En 938, Ngô Quyền logrou derrotar ás forzas chinesas na Batalla do río Bạch Đằng e logrou a independencia despois dun milenio baixo control dos chineses. Denominada Đại Việt, a nación viviu a súa idade de ouro durante as Dinastías Lý e Trần. Durante o reinado desta última, Đại Việt puido defenderse de tres intentos de invasión dos mongois en 1257, 1284-85 e 1287-88. Despois da breve Dinastía Hồ, a independencia de Đại Việt foi brevemente interrrompida pola dinastía Ming da China, pero foi restaurada por Lê Lợi, o fundador da dinastía Lê.

Vietnam: Historia, Política, Linguas 
Mapa da expansión do pobo vietnamita cara ao sur, Nam Tien, dende 1069 a 1757.

No século XV, o feudalismo acadou o seu máximo esplendor, especialmente durante o reinado do Emperador Lê Thánh Tông. Entre os séculos XI e XVIII, os vietnamitas expandíronse ó sur nun proceso que chamaron nam tiến (expansión sur e que os levou a conquistar o Reino de Champa (o cal desapareceu definitivamente como estado) e parte do imperio Khmer (Kampuchea Krom).

A finais da dinastía Lê, Vietnam sufriu conflitos civís, primeiro co apoio que os chineses deron á Dinastía Mac, a cal desafiou o poder da dinastía Lê, e despois, coa derrota da dinastía Mac que supuxo o retorno da anterior. Daquela, o poder foi dividido entre os Señores Trịnh do norte e os Señores Nguyễn do sur, o que levou ó país a un novo conflito: a guerra civil Trịnh-Nguyễn que durou máis dun século. A guerra rematou cando os irmáns Tây Sơn derrotaron ós señores e estableceron unha nova dinastía. Porén, o seu goberno non durou e foron derrotados polos remanentes dos Señores Nguyễn coa axuda dos franceses, quen estableceron a Dinastía Nguyễn.

Dominio francés (1887 — 1954)

Vietnam: Historia, Política, Linguas 
Mapa da Indochina Francesa en 1913.

A independencia de Vietnam rematou a mediados do século XIX, cando o país foi colonizado polo Imperio francés. A administración francesa impuxo significativos cambios políticos e culturais na sociedade vietnamita. Impúxose un sistema de educación moderna occidental, o cristianismo, desenvolveuse o cultivo de tabaco, té e café. Os franceses ignoraron o clamor pola independencia e os dereitos civís, o que deu lugar ó xurdimento de movementos políticos nacionalistas e líderes como Phan Boi Chau, Phan Chu Trinh, o Emperador Ham Nghi e Ho Chi Minh. Os franceses mantiveron o dominio das súas colonias ata a segunda guerra mundial, cando os xaponeses invadiron a Península Indochina. Os recursos naturais de Vietnam foron explotados polo Xapón para as súas campañas militares en Myanmar, Malaisia e a India.

Nos últimos anos da guerra, o movemento nacionalista de Ho Chi Minh desafiou ós franceses. Despois da derrota do Xapón, as forzas nacionalistas de Indochina enfrontáronse a Francia no que se chamou a primeira guerra de Indochina (1945 - 1954). Os franceses foron derrotados e fixeron unha retirada das súas colonias. Porén, os países que combateran nesta primeira Guerra de Vietnam, dividiron o país polo paralelo 17 en Vietnam do Norte e Vietnam do Sur.

Política

Vietnam é unha república socialista. O dereito de voto é dado aos cidadáns de máis de 18 anos. O presidente é o xefe do estado, mentres que o primeiro ministro é o xefe do goberno. O presidente é nomeado polo parlamento. Nguyễn Phú Trọng é o presidente de Vietnam desde o ano 2016.

O sistema xudicial baséase sobre o dereito francés e sobre as teorías comunistas. O poder lexislativo é exercido por unha soa cámara composta de 450 asentos renovados cada 5 anos.

Vietnam é membro da ASEAN (Asociación das Nacións de Asia do sueste).

Linguas

Vietnam ten unha gran diversidade lingüística, pois conta con 55 linguas, repartidas en 6 a 7 grupos etnolingüísticos. A lingua oficial é o vietnamita, que se escribe con caracteres latinos. O vietnamita é unha das poucas linguas de Extremo Oriente que pasou dun sistema ideográfico (próximo á grafía chinesa) ao alfabeto latino. A utilización desta transcrición latina está en vigor no ensino dende 1918 e oficialízase a partir da independencia.

Provincias

Vietnam está dividido en 58 provincias (tinh) e 5 municipalidades controladas polo goberno central ao mesmo nivel que as provincias (thành phố trực thuộc trung ương).

As provincias divídense en distritos (huyện), cidades provinciais (thành phố trực thuộc tỉnh), e cidades (thị xã), que se subdividen en cidades (thị trấn) ou concellos (xã).

Vietnam: Historia, Política, Linguas 
Provincias de Vietnam
Vietnam: Historia, Política, Linguas 
Teito vietnamita.
Nome Capital Poboación
(1 Xul 2006)
Superficie
(1 Xan 2006)
Rexión
Bắc Ninh Bắc Ninh 1,009,800 823.1 km² Hà Nội Kinh-Dong Bang Song Hong
Hà Nam Phủ Lý 826,600 859.7 km² Hà Nội Kinh-Dong Bang Song Hong
Hải Dương Hải Dương 1,722,500 1,652.8 km² Hà Nội Kinh-Dong Bang Song Hong
Hưng Yên Hưng Yên 1,142,700 923.5 km² Hà Nội Kinh-Dong Bang Song Hong
Nam Định Nam Định 1,974,300 1,650.8 km² Hà Nội Kinh-Dong Bang Song Hong
Ninh Bình Ninh Bình 922,600 1,392.4 km² Hà Nội Kinh-Dong Bang Song Hong
Thái Bình Thái Bình 1,865,400 1,546.5 km² Hà Nội Kinh-Dong Bang Song Hong
Vĩnh Phúc Vĩnh Yên 1,180,400 1,373.2 km² Hà Nội Kinh-Dong Bang Song Hong
Hà Nội (concello) 5,760,200 3,119 km² Hà Nội Kinh-Dong Bang Song Hong
Hải Phòng (concello) 1,803,400 1,520.7 km² Hà Nội Kinh-Dong Bang Song Hong
Hà Tĩnh Hà Tĩnh 1,306,400 6,026.5 km² Bắc Trung Bộ
Nghệ An Vinh 3,064,300 16,498.5 km² Bắc Trung Bộ
Quảng Bình Đồng Hới 847,900 8,065.3 km² Bắc Trung Bộ
Quảng Trị Đông Hà 625,800 4,760.1 km² Bắc Trung Bộ
Thanh Hoá Thanh Hoá 3,680,400 11,136.3 km² Bắc Trung Bộ
Thừa Thiên-Huế Huế 1,143,500 5,065.3 km² Bắc Trung Bộ
Bắc Giang Bắc Giang 1,594,300 3,827.4 km² Dong Bac
Bắc Kạn Bắc Kạn 301,500 4,868.4 km² Dong Bac
Cao Bằng Cao Bằng 518,900 6,724.6 km² Dong Bac
Hà Giang Hà Giang 683,500 7,945.8 km² Dong Bac
Lạng Sơn Lạng Sơn 746,400 8,331.2 km² Dong Bac
Lào Cai Lào Cai 585,800 6,383.9 km² Dong Bac
Phú Thọ Việt Trì 1,336,600 3,528.4 km² Dong Bac
Quảng Ninh Hạ Long 1,091,300 6,099.0 km² Dong Bac
Thái Nguyên Thái Nguyên 1,127,200 3.546.6 km² Dong Bac
Tuyên Quang Tuyên Quang 723,300 5,870.4 km² Dong Bac
Yên Bái Yên Bái 740,700 6,899.5 km² Dong Bac
Điện Biên Điện Biên 459,100 9,562.5 km² Tây Bắc
Hoà Bình Hoà Bình 820,400 4,684.2 km² Tây Bắc
Lai Châu Lai Châu 319,900 9,112.3 km² Tây Bắc
Sơn La Sơn La 1,007,500 14,174.4 km² Tây Bắc
Daklak Buôn Ma Thuột 1,737,600 13,139.2 km² Tây Nguyên
Dak Nông Gia Nghĩa 407,300 6,516.9 km² Tây Nguyên
Gia Lai Pleiku 1,161,700 15,536.9 km² Tây Nguyên
Kontum Kontum 383,100 9,690.5 km² Tây Nguyên
Lâm Đồng Đà Lạt 1,179,200 9,776.1 km² Tây Nguyên
Bình Định Quy Nhơn 1,566,300 6,039.6 km² Nam Trung Bộ
Khánh Hòa Nha Trang 1,135,000 5,217.6 km² Nam Trung Bộ
Phú Yên Tuy Hòa 873,300 5,060.6 km² Nam Trung Bộ
Quảng Nam Tam Kỳ 1,472,700 10,438.3 km² Nam Trung Bộ
Quảng Ngãi Quảng Ngãi 1,295,600 5,152.7 km² Nam Trung Bộ
Đà Nẵng (concello) 788,500 1,257.3 km² Nam Trung Bộ
Bà Rịa-Vũng Tàu Vũng Tàu 926,300 1,989.6 km² Dong Nam Bo
Bình Dương Thủ Dầu Một 964,000 2,696.2 km² Dong Nam Bo
Bình Phước Đồng Xoài 809,500 6,883.4 km² Dong Nam Bo
Bình Thuận Phan Thiết 1,163,700 7,836.9 km² Dong Nam Bo
Đồng Nai Biên Hòa 2,214,800 5,903.9 km² Dong Nam Bo
Ninh Thuận Phan Rang-Tháp Chàm 567,900 3,363.1 km² Dong Nam Bo
Tây Ninh Tây Ninh 1,047,100 4,035.9 km² Dong Nam Bo
Cidade Ho Chi Minh (concello) 6,105,800 2,098.7 km² Dong Nam Bo
An Giang Long Xuyên 2,210,400 3,536.8 km² Tây Nam Bo Đồng Bằng Sông Cửu Long
Bạc Liêu Bạc Liêu 820,100 2,584.1 km² Tây Nam Bo Đồng Bằng Sông Cửu Long
Bến Tre Bến Tre 1,353,300 2,360.2 km² Tây Nam Bo Đồng Bằng Sông Cửu Long
Cà Mau Cà Mau 1,232,000 5,331.7 km² Tây Nam Bo Đồng Bằng Sông Cửu Long
Đồng Tháp Cao Lãnh 1,667,800 3,376.4 km² Tây Nam Bo Đồng Bằng Sông Cửu Long
Hậu Giang Vị Thanh 796,900 1,601.1 km² Tây Nam Bo Đồng Bằng Sông Cửu Long
Kiên Giang Rạch Giá 1,684,600 6,348.3 km² Tây Nam Bo Đồng Bằng Sông Cửu Long
Long An Tân An 1,423,100 4,493.8 km² Tây Nam Bo Đồng Bằng Sông Cửu Long
Sóc Trăng Sóc Trăng 1,276,200 3,312.3 km² Tây Nam Bo Đồng Bằng Sông Cửu Long
Tiền Giang Mỹ Tho 1,717,400 2,484.2 km² Tây Nam Bo Đồng Bằng Sông Cửu Long
Trà Vinh Trà Vinh 1,036,800 2,295.1 km² Tây Nam Bo Đồng Bằng Sông Cửu Long
Vĩnh Long Vĩnh Long 1,057,000 1,479.1 km² Tây Nam Bo Đồng Bằng Sông Cửu Long
Cần Thơ (concello) 1,139,900 1,401.6 km² Tây Nam Bo Đồng Bằng Sông Cửu Long
Vietnam: Historia, Política, Linguas 
Mapa do Vietnam.

Municipalidades

Can Tho, Da Nang, Haifong, Hanoi, Cidade Ho Chi Minh (antes chamada Saigon), Nha Trang.

Xeografía

Vietnam é un país do sueste de Asia. Rodeado polo golfo de Tailandia, o golfo de Tonkín, o mar da China, China, Laos e Camboxa. Ocupa unha superficie de 329.560 km², con 4.200 km² de augas territoriais.

No sur, o clima é tropical mentres que no norte é un clima de monzón. Ngoc Linh, con 3.143 m, é o punto cumio do país.

Economía

Demografía

No ano 2007, Vietnam tiña unha poboación de 85.262.000 habitantes. A esperanza de vida é de 71 anos. O 94.3% da poboación está alfabetizada. A media de fillos por muller é de 1,89.

A etnia Kihn representa o 87 por cento da poboación e é a principal habitante das cidades e das terras chairas, deixando ao resto dos grupos étnicos o predominio das áreas montañosas.

O 50 % da poboación é menor de 25 anos.

Vietnam: Historia, Política, Linguas 
Evolución da demografía entre 1961 e 2003 (cifra da FAO, 2005). Poboación en milleiros de habitantes.

Cultura

Festas

Festas
Data Nome galego Nome local Notas
1 de xaneiro Ano Novo solar Tết dương lịch
entre xaneiro e o comezo de febreiro Ano Novo Lunar Tết Nguyên Đán 4 días. Dura do último do ano precedente ao 3º día do ano seguinte segundo o calendario lunar
30 de abril Aniversario da liberación de Vietnam Sur Ngày giải phóng Caída de Saigon en 1975
1 de maio Xornada internacional do traballo Ngày Quốc tế Lao động
2 de setembro Festa nacional da República socialista de Vietnam Quốc khánh Discurso de Ho Chi Minh en 1945

Gastronomía

Vietnam: Historia, Política, Linguas 
Prato de canh chua

A cociña vietnamita caracterízase polo uso de salsas de peixe e o emprego de vexetais. Algúns dos pratos máis comúns son o "chả giò" (Roliño de primavera), "gỏi cuốn" (Rolo de verán), "phở" ou o "canh chua".

Patrimonio da Humanidade

Vietnam conta con oito lugares declarados Patrimonio da Humanidade, cinco culturais, dous naturais e un mixto:

  • Conxunto de monumentos de Huế
  • Baía de Hạ Long
  • Cidade antiga de Hội An
  • Santuario de Mỹ Sơn
  • Parque Nacional de Phong Nha-Ke Bang
  • Sector central da Cidadela Imperial de Thăng Long - Hanoi
  • Cidadela da Dinastía Hồ
  • Complexo paisaxístico de Tràng An

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Herring, George C. (2001). America's Longest War: The United States and Vietnam, 1950–1975 (4th edition).
  • Jahn, G.C. (2006). "The dream is not yet over". In Fredenburg P., Hill B. (eds.): Sharing rice for peace and prosperity in the Greater Mekong Subregion. Victoria, Australia: Sid Harta Publishers. p. 237–240.
  • Karrnow, Stanley (1997). Vietnam: A History (2nd edition). Penguin. ISBN 0-14-026547-3.
  • McMahon, Robert J. (1995). Major Problems in the History of the Vietnam War: Documents and Essays.
  • Tucker, Spencer (ed.) (1998). Encyclopedia of the Vietnam War. 3-volume reference set; also one-volume abridged edition (2001).

Ligazóns externas

Tags:

Vietnam HistoriaVietnam PolíticaVietnam LinguasVietnam ProvinciasVietnam XeografíaVietnam EconomíaVietnam DemografíaVietnam CulturaVietnam NotasVietnam Véxase taménVietnam

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Luísa Villalta6 de abrilO comparativo galegoTraxe galegoViggo MortensenXesús Fernández GonzálezRobert OppenheimerIsabel MorenoAs Pontes de García RodríguezGuarda, PortugalEstreleiraXXX edición dos Premios GoyaLandeteFederico García LorcaNicaraguaAlberto Núñez FeijóoRodrigo VázquezJ. R. R. TolkienMicciónOs PinosMimosaLingua portuguesaAndorraGalicia estremeiraSegunda guerra mundialLista de programas de Televisión EspañolaTransistorNoam ChomskyPachi VázquezCastro de Santa Trega20201808RenaultDonostiaGino BramieriMar CantábricoBloc PartyFútbolCampos de concentración franquistasArturo Fernández (xornalista)Biblioteca General SalvatTeobrominaRomán Rodríguez GonzálezColocación do pronome átono en galegoHorteláCanariasReal Club Celta de VigoProvincia de PontevedraMichael DouglasJulio Carballo EnríquezAveiroCatherine Zeta-JonesRock alternativoRoedoresKylian MbappéJean-Claude Van DammeRobert LewandowskiMucha e NuchaContactorAzuritaBarcoPonte das PíasWikipediaBruce WillisSleim AmmarRío EoReino de GaliciaPremio Nobel de FísicaAmérica LatinaLondresItalia🡆 More