Sholem Aleichem

Solomon Naumovich Rabinovich, máis coñecido polo sobrenome literario de Sholem Aleichem (Yiddish e hebreo: שלום־עליכם , ruso e ucraíno: Шо́лом-Але́йхем), nado en Pereiaslav o 2 de marzo de 1859 e finado en Nova York o 13 de maio de 1916, foi un escritor e dramaturgo en lingua yiddish, considerado un dos fundadores da literatura yiddish moderna.

Infotaula de personaSholem Aleichem
Sholem Aleichem
Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(yi) שלום עליכם Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ru) Шолом Нохумович Рабинович Editar o valor em Wikidata
18 de febreiro de 1859 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata
Pereiaslave (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte13 de maio de 1916 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Tuberculose Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaMount Carmel Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Ruso
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndramaturgo , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua rusa, Lingua yiddish e lingua hebrea Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
FillosSarah Solomonovna Rabinovich (en) Traducir, Marie Waife (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesBel Kaufman (en) Traducir (neta (pt) Traducir)
Ben Zion Goldberg (pt) Traducir (xenro) Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Sholem Aleichem Editar o valor em Wikidata

Páxina websholemaleichem.org Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0017833 IBDB: 8663
Musicbrainz: c8ce1df3-0ac9-4464-bd4b-6c18c1321e96 WikiTree: Rabinovich-44 Find a Grave: 16 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Solomon Naumovich (Sholom Nohumovich) Rabinovich (ruso: Соломо́н Нау́мович (Шо́лом Но́хумович) Рабино́вич) naceu en 1859 en Pereiaslav pero medrou no shtetl (pequena vila cunha poboación xudía importante) de Voronko, na gobernatura de Poltava do Imperio ruso: Соломо́н Нау́мович (Шо́лом Но́хумович) Рабино́вич (agora no distrito de Kíiv na Ucraína central). O seu pai, Menachem-Nukhem Rabinovich, era daquela un rico comerciante. Non obstante, un mal negocio deixou á familia na pobreza e Solomon Rabinovich medrou en difíciles circunstancias. Cando tiña 13 anos, a familia volveu a Pereiaslav, onde súa nai, Chaye-Esther, morreu nunha epidemia de cólera en 1872.

Educouse nun cheder ata 1876 cando pasou á escola rusa en Pereiaslav, na que se graduou en 1876 e despois pasou tres anos como titor da filla dun rico terratenente, Olga (Hodel) Loev (1865-1942) pero perdeu o traballo ao xurdir unha relación amorosa entre eles e negarse o pai a aceptar o casamento. Entre 1880 a 1883 foi rabino gobernamental en Lubny. O 12 de maio de 1883 casou con Olga, coa que tivo seis fillos, e nos máis tarde herdaron a propiedade do pai de Olga. En 1890, Sholem Aleichem perdeu a súa fortuna especulando na bolsa e fuxiu dos seus acredores, e foi súa nai quen finalmente pagou a súa débeda. En 1891 instalouse en Odesa e de 1893 a 1905 viviu en Kíiv.

Logo de presenciar os pogroms que se sucederon no sur do Imperio en 1905, Sholem Aleichem deixou Kíiv para establecerse en Nova York, onde chegou en 1906. A súa familia permaneceu en Xenebra, e el foi tamén en 1908. En xullo dese ano durante unha xira por Rusia, Sholem Aleichem esvaeceuse nun tren en Baranowicze, diagnosticáronlle unha recaída de tuberculose hemorráxica aguda e pasou dous meses no hospital da cidade. Máis tarde afirmou que foi o catalizador para escribir a súa autobiografía, Funem yarid. Durante os seguintes catro anos permaneceu impedido para realizar unha actividade normal e viviu en Alemaña de doazóns de amigos e admiradores. Ao comezo da primeira guerra mundial como cidadán ruso tivo que establecerse na neutral Dinamarca antes de volver a Nova York coa súa familia nese mesmo ano.

Carreira literaria

Sholem Aleichem 
Un volume relatos de Sholem Aleichem en Yiddish, co retrato e a sinatura do autor

Como os seus contemporáneos Mendele Mocher Sforim e I.L. Peretz Sholem comezou a escribir contos en hebreo e ruso. En 1883, cando tiña 24 anos, publicou o seu primeiro relato en Yiddish, Tsvey Shteyner, adoptando o pseudónimo de Sholem Aleichem, a versión yiddish da expresión hebrea shalom aleichem, que significa a "paz sexa contigo" e que se utiliza tipicamente como saúdo. Contra 1890 era xa unha figura central da literatura yiddish, e será sobre todo recoñecido polos seus relatos .

Ademais da produción literaria propia, Sholem Aleichem utilizou a súa fortuna persoal para animar a outros escritores yiddish. En 1888–89, publicou dous números dun almanaque, Di Yidishe Folksbibliotek que deu a coñecer novos escritores en yiddish. A súa obra máis coñecida, Tevye der milkhiker, que se convertería na base do musical Fiddler on the Roof publicouse por primeira volta en 1894. Nos anos seguintes, ademais de en yiddish, escribiu textos non literarios en ruso para un xornal de Odesa e para Voskhod, a principal publicación xudía de Rusia da época, así como en hebreo para Ha-melitz, e para unha antoloxía editada por YH Ravnitzky. Foi durante este período que Sholem Aleichem contraeu tuberculose.

En agosto de 1904, Sholem Aleichem editou Hilf: a Zaml-Bukh fir Literatur un Kunst ( Varsovia, 1904) e traduciu tres relatos presentados por Tolstoi para axudar as vítimas do progrom de Kishinev.

En 1907 estreou á vez en Nova York dúas pezas teatrais para os dous teatros yiddish, mais o seu fracaso comercial fixo que non puidera representar máis pezas nos Estados Unidos

Recepción crítica

Sholem Aleichem 
Estatua de Sholem Aleichem en Netanya (Israel), realizada por Lev Segal

As narracións de Sholem Aleichem caracterízanse pola naturalidade dos diálogos dos personaxes e a precisión das súas descricións da vida no shtetl As primeiras críticas centráronse na humor e gozo de vivir dos personaxes, interpretado como un xeito de superar as adversidades. As críticas posteriores viron un lado tráxico na súa escritura. Nos Estados Unidos denominárono o "Mark Twain xudeu" debido ao estilo de escritura similar dos dous autores e ao uso de sobrenomes literarios. Ambos os dous autores escribiron tanto para adultos como nenos, e realizaron amplas xiras por Europa e os Estados Unidos. Cando Twain soubo que Sholem rebicía o nome do Mark Twain xudeu, respondeu "por favor dicirlle que eu son o Sholem Aleichem americano."

Crenzas e activismo

Sholem Aleichem foi un apaixonado defensor do yiddish como lingua nacional xudía, e sentía que debía recibir o mesmo status e respecto ca outras linguas europeas modernas, ao longo de toda a súa vida mantivo o seu "yiddismo", ao tempo que tamén se dedicaba á causa do sionismo, que está presente en moitas das súas obras. En 1888 fíxose membro e Hovevei Zion e en 1907, foi un dos delegados norteamericanos do 8º Congreso Sionista da Haia

Sholem Aleichem tiña un temor mortal ao número 13. Os seus manuscritos nunca tiñan unha páxina 13; numerándo esas páxinas como 12a.

Morte

Sholem Aleichem 
Funeral de Sholem Aleichem o 15 de maio de 1916

Sholem Aleichem morreu en Nova York o 13 de maio de 1916 de tuberculose e diabetes, aos 57 amps, mentres traballaba na súa última novela, Motl peysi dem khazns, e recibiu sepultura no cemiterio de Old Mount Carmel en Queens Foi un dos enterros ao que acudiu máis xente na historia de Nova York, estimándose en 100.000 os asistentes.

Obra

  • Natascha, 1884 (novela)
  • Stempenju, 1888 (novela)
  • Reb Sender Blank un sajn filgeschezte familje, 1888
  • Josele Solovei 1889 (novela)
  • Schimele 1889
  • Tewje der milchiker, 1894
  • Moschiachs zajtn, 1898 (novela sionista)
  • Zesejt un zeschprejt, 1905 (drama)
  • Motl peysi dem khazns, 1907 (contos)
  • Blondzhende schtern, 1911 (novela)
  • Funem jarid, 1916 (novela autobiográfica)
  • Ketavim Ivriim, 1976 (recompilación dos seus escritos en hebreo)

Notas

Ligazóns externas

Tags:

Sholem Aleichem TraxectoriaSholem Aleichem Carreira literariaSholem Aleichem Recepción críticaSholem Aleichem Crenzas e activismoSholem Aleichem MorteSholem Aleichem NotasSholem Aleichem Ligazóns externasSholem Aleichem13 de maio185919162 de marzoLingua hebreaLingua rusaLingua ucraínaLingua yiddishNova York

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

AutoescolaRafael Rodríguez VillarinoGame BoyCaldas de ReisAustraliaHórreo galegoMarlon BrandoAlbert OehlenCésar Gil BernárdezFauna de GaliciaSalgueiroConxunción (gramática)Finding NemoJesús Vázquez AlmuíñaOs ÁnxelesBombardeo atómico de Hiroshima e NagasakiFoca monxeGuerra de Sucesión EspañolaTalía (musa)Xoanqui AmeixeirasZendayaReal Club Celta de VigoBelén do Campo PiñeiroAlmudena ChacónLituaniaCanle (comunicación)Tereixa NavazaLista de ósos do esqueleto humanoFesta da coca de RedondelaComarcas de GaliciaIdade MediaÁnxel CasalMiguel Ángel Zabalza BerazaIrene FerrerasJDodoBulgariaTomás Pérez VidalJosé Ortega y GassetXXX edición dos Premios GoyaDios ke te crewBreogánAsturiasPilar RojoJude BellinghamIberia Líneas Aéreas de EspañaMarie CurieLugares do SaviñaoUniversidade de Santiago de CompostelaCouto MixtoMeg RyanMarta DoviroAlgodónIsabel PantojaSurribasÁcido alfa-cetoglutáricoEuropaNacho CastañoJuan CorralIllas CanariasLa Libertad (Betanzos)MeritocraciaLiga ÁrabeOriginBenito KamelasCoordenadas xeográficasMéxicoJoselu MatoRamón PiñeiroEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Montse DopicoDavid BeckhamBenigno Gómez TadínFachada do ObradoiroVilalba, Vilalba, Vilalba🡆 More