David (en hebreo: דָּוִד Dāwîḏ; en árabe: داوُد Dāwūd; en siríaco: ܕܘܝܕ Dawid; en grego antigo: Δαυίδ; en latín: Davidus, David) foi, segundo os Libros de Samuel, o segundo rei do Reino de Israel (século X a.C.), e de acordo co Novo Testamento, devanceiro de Xesús.
A súa vida é datada de forma convencional entre c. -1040 e o -970, e o seu reinado sobre Xudá c. -1010 e o –970.
David | |
---|---|
Rei de Israel | |
Estatua do Rei David por Nicolas Cordier na Capela Borghese da Basílica de Santa María a Maior de Roma. | |
Reinado | c. -1010 a -1002 (só Xudá) c. -1002 a -970 (Israel) |
Nacemento | c. -1040 Belén, Xudá, Israel |
Falecemento | c. -970 (con 69 ou 70 anos) Xerusalén, Israel |
Sepultura | Cidade de David |
Predecesor | Saúl Ish-bosheth |
Sucesor | Salomón |
Consorte | Michal Ahinoam Abigail Maachah Haggith Abital Eglah Batxeba |
Descendencia | Amnón, Chileab, Abxalom, Adonías, Shephatiah, Ithream, Shammua, Shobab, Nathan, Salomón, Ibhar, Elishua, Nepheg, Japhia, Elishama, Eliada, Eliphalet, Tamar |
Casa real | Casa de David |
Proxenitores | Ixaí Nitzevet (Talmud) |
Na rede | |
Os Libros de Samuel, 1 Reis e 1 Crónicas son as únicas fontes de información sobre David do Antigo Testamento, malia que a Estela de Tel Dan (datada do c. -850 ou -835) contén a frase בית דוד (bytdwd), que se le como "Casa de David", polo que moitos estudosos confirman que pode ter existido unha dinastía real xudía do século -IX chamada Casa de David.
Descrito como un valoroso guerreiro de gran renome, está considerado ademais un poeta e músico que compuxo moitos dos salmos contidos no Libro de Salmos. O Rei David está amplamente considerado como un rei xusto e eficaz tanto no goberno como na batalla.
Segundo o cristianismo, David é unha salientada figura por pertencer o seu mesías Xesús de Nazaret á Casa de David. No islam, David é considerado un profeta.
David (דָּוִד, Dāwîḏ) ten o significado de "o amado" ou "o querido", e provén da raíz דּוֹד dôwd, que ten o significado etimolóxico de "ferver" pero que sobrevive na Biblia hebrea no senso figurado de "amar" e, especificamente un termo para un tío (irmán do pai).
Na tradición cristiá, o nome foi adoptado do siríaco: ܕܘܝܕ como Dawid, en grego como Δαυίδ, e en latín como Davidus ou David. No Corán escríbese داوُد, transliterado Dāwūd.
David foi adoptado como un nome cristián dende moi cedo, como David de Gales (século VI), David Saharuni (século VII) ou David I de Iberia (século IX).
Unha variante en galego é Davide.
Segundo a Biblia, foi unificador das doce tribos na etapa posterior ós xuíces. Unxido por Samuel por riba de Saúl, o primeiro e lexítimo rei. Conquistou a cidade de Xerusalén e instaurou alí a capital do reino. Tivo catro fillos: Amnón, Abxalom, Adonías e Salomón.
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: David |
Predecesor: Xaúl | SALOMÓN Rei de Israel 1010-970 a.E.C. | Sucesor: Salomón |
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
This article uses material from the Wikipedia Galego article David, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.