Movemento Social: Grupo non formal de individuos ou organizacións que busca o cambio social

Un movemento social é a agrupación informal de individuos ou organizacións dedicadas a cuestións político-sociais que ten como finalidade o cambio social.

Os movementos sociais como estruturas de cambio social teñen a súa orixe nas crises das organizacións de esquerda socialdemócrata e do socialismo real, principalmente partidos políticos e sindicatos. Xorden como modos de organización de colectivos, fundamentalmente marxinais, que loitan dentro dun campo político máis ou menos concreto. Algúns exemplos destes movementos son o movemento feminista, o movemento ecoloxista, o movemento obreiro, o movemento pacifista ou antimilitarista, ou, máis recente no seu nacemento, o movemento okupa e o movemento antiglobalización.

Movemento Social: Grupo non formal de individuos ou organizacións que busca o cambio social
Pirámide social.

A maior parte dos autores coinciden en sinalar que o termo apareceu en Alemaña na década de 1970 coa formación dos grupos de acción cívica (Bürgerinitiativen). Os movementos sociais rara vez conflúen nun partido político; o seu labor baséase en premer ó poder político mediante reivindicacións concretas ou en crear alternativas. Estas alternativas ou reivindicacións convértense na súa principal identidade, sen ter que chegar a plasmar un ideario completo.

Son o equivalente a acción afirmativa ou grupo de presión. Teñen un carácter de permanencia no tempo e cun número de persoas representativo, con relación ós que sofren ou ignoran o problema. O seu recordo histórico é moi antigo, por exemplo, os Comuneiros de Castela. Son algunhas veces o nacemento dunha idea con líderes carismáticos memorables, e a súa xénese pode derivar cara a un movemento ou iniciar unha revolta ou, máis contundentemente, unha revolución, como a Revolución Mexicana, e así mesmo eventual plataforma para un partido cara ao poder, opción que parece un rodeo innecesario.

É unha forma instantánea e continuada de inserirse no ámbito político, con inicialmente pouco esforzo organizativo, sen pertencer a el, pero si con forza de cambio político, como a restauración da democracia perdida en réximes autoritarios. A súa análise inclúe o seu obxectivo e o tipo de clientela, sendo interesante o desenvolvemento do seu proceso organizativo. O impacto na sociedade é desde soamente presencial, como unha forza de choque perturbadora, ou ata mesmo resultar moi definitorio, como grupos fortes de interese e presión contra o poder instituído. Deben coidar o seu progreso organizativo para ser eficaces e continuar perseverando e merecerse a honra de coartífices de eventos democráticos nas institucións ou outros máis modestos, como a información dos cidadáns.

Tags:

AnticapitalismoEcoloxismoFeminismoMovemento obreiroMovemento okupaPacifismoSocialdemócrata

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

La sociedad de la nieveAmado GarraCecilia RothBragaPíntega comúnAlfonso Basterra CamporroJavier ReyLand Rober Tunai ShowTaboadelaWikiquoteRocco SiffrediÁcido dipicolínicoEscudo de GaliciaMiguel Anxo BastosSuso Díaz Estévez24 de abrilWorld Wide WebSapoconcho comúnGatipedroBeyoncéTECOR societarioAturuxo (folclore)Eleccións municipais de 2015 en GaliciaBimba y LolaEsther F. CarrodeguasGalegoCadela de fradeA EstradaLeninAWStatsSelo postalRosp CorunnaOcéano ÍndicoKeanu ReevesFundación WikimediaÁlvaro MorataRoko (actriz)Premio Antón Losada DiéguezIt's Complicated (filme)Sin tetas no hay paraísoOs ÁnxelesRibeiraPosicións sexuaisAna RomaníInglourious BasterdsMatthew McConaugheySilvia SuperstarAnzobre, Armentón, ArteixoLista de nomes femininos en galegoDavid MellaVicente Criado GabeirasRastroAlfonso MolinaAntolín FaraldoTenda en liñaLogroñoTereixa NavazaLicenza de documentación libre de GNULista de voces dos animaisRonaldinhoElvis PresleyXosé Neira VilasPerífrases verbais galegasCastelo da PicoñaSerafín ZubiriEstadio Municipal de RiazorArmand DuplantisCirrioMaría JamardoPepo SuevosVerbos galegos ser, estar e ir🡆 More