Rexións De Finlandia

Finlandia está dividida en 19 rexións, denominadas en lingua finesa maakunta e en sueco andskap.

As rexións están gobernadas por consellos rexionais, que serven como foros de cooperación para os concellos da rexión. As principais funcións das rexións son os plans rexionais e o desenvolvemento de empresas e da educación. Ademais, os servizos da sanidade pública adoitan organizarse en base ás rexións. Actualmente a única rexión na que se celebra unha elección popular para o cosello é Kainuu. Outros consellos rexionais son elixidos polos consellos municipais, enviando cada consello municipal representantes en proporción á súa poboación.

Ademais da cooperación intermunicipal, que é responsabilidade dos consellos rexionais, hai 15 Centros de Desenvolvemento Económico, Transporte e Medio Ambiente (en finés: elinkeino-, liikenne- ja ympäristökeskus, abreviado ely-keskus), que é responsable da administración local de traballo, agricultura, pesca, bosques e asuntos empresariais. Cada un deles é responsable dunha ou máis rexións de Finlandia, e inclúe oficinas do Ministerio de Traballo e Economía, Transporte e Comunicacións, e Medio Ambiente. As oficinas das Forzas Armadas Finlandesas son responsables dos preparativos de defensa e da administración do servizo militar obrigatorio na rexión.

Rexións

Rexións De Finlandia 

Rexións de Finlandia
(rexións históricas delimitadas en gris)

Escudo Rexión Nome en finés Nome en sueco Fundación Capital Poboación
(31/10/2018)
Superficie
(km²)
Densidade
de poboación
(hab/km²)
(2018)
Rexións De Finlandia  Åland Ahvenanmaa Åland 1922 Mariehamn 29 754 1 553,50 19,2
Rexións De Finlandia  Carelia do Sur Etelä-Karjala Södra Karelen 1991 Lappeenranta 129 048 5 327,04 24,2
Rexións De Finlandia  Ostrobotnia do Sur Etelä-Pohjanmaa Södra Österbotten 1994 Seinäjoki 189 953 13 444,01 14,1
Rexións De Finlandia  Savonia do Sur Etelä-Savo Södra Savolax 1991 Mikkeli 145 032 14 257,04 10,2
Rexións De Finlandia  Kainuu Kainuu Kajanaland 1991 Kajaani 73 284 21 500,20 3,6
Rexións De Finlandia  Tavastia Propia Kanta-Häme Egentliga Tavastland 1991 Hämeenlinna 171 677 5 198,69 33
Rexións De Finlandia  Ostrobotnia Central Keski-Pohjanmaa Mellersta Österbotten 1994 Kokkola 68 521 5 019,85 13,6
Rexións De Finlandia  Finlandia Central Keski-Suomi Mellersta Finland 1991 Jyväskylä 275 884 16 703,13 16,5
Rexións De Finlandia  Kymenlaakso Kymenlaakso Kymmenedalen 1993 Kouvola 173 816 5 148,87 33,8
Rexións De Finlandia  Laponia Lappi Lappland 1995 Rovaniemi 178 524 92 675,80 1,9
Rexións De Finlandia  Pirkanmaa Pirkanmaa Birkaland 1991 Tampere 515 234 12 586,61 40,9
Rexións De Finlandia  Ostrobotnia Pohjanmaa Österbotten 1994 Vaasa 180 873 7 754,13 23,3
Rexións De Finlandia  Carelia do Norte Pohjois-Karjala Norra Karelen 1993 Joensuu 162 485 17 761,07 9,1
Rexións De Finlandia  Ostrobotnia do Norte Pohjois-Pohjanmaa Norra Österbotten 1993 Oulu 412 018 35 513,30 11,2
Rexións De Finlandia  Savonia do Norte Pohjois-Savo Norra Savolax 1991 Kuopio 245 995 16 769,62 14,7
Rexións De Finlandia  Päijänne Tavastia Päijät-Häme Päijänne-Tavastland 1992 Lahti 200 751 5 123,73 39,2
Rexións De Finlandia  Satakunta Satakunta Satakunta Satakunda 1991 Pori 218 894 7 820,23 28
Rexións De Finlandia  Uusimaa Uusimaa Nyland 1993 Helsinqui 1 670 713 9 097,62 183,6
Rexións De Finlandia  Finlandia Propia Varsinais-Suomi Egentliga Finland 1993 Turku 479 077 10 664,07 44,9

Antigas rexións

Como no caso das federacións provinciais e as asociacións sub-rexionais antes de 1994, prodicíronse pequenas mudanzas dentro das provincias dende 1994, principalmente nos municipios individuais.

Dende 1994, tan só unha rexión desapareceu, cando a rexión de Uusimaa Oriental uniuse á de Uusimaa a principios de 2011.

Escudo Rexión Nome en finés Nome en sueco Fundación Disolución Capital Poboación
(2010)
Superficie
(km², 2010)
Densidade
de poboación
(hab/km²)
Rexións De Finlandia  Uusimaa Oriental Itä-Uusimaa Östra Nyland 1.3.1998 31.12.2010 Porvoo 94 174 2 701,84 34,9

Notas

    Referencias

Tags:

FinlandiaKainuuLingua finesaLingua sueca

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Concellos de GaliciaLuis ZaheraItalo SvevoC (linguaxe de programación)Lingua galegaAlberto Núñez FeijóoGustav KlimtReino de GaliciaDesaparición forzadaCambadosISO 3166-1BTS (grupo musical)MMitocondriaEva Iglesias MiguénsMieres, AsturiasBaltimorePablo Iglesias TurriónHuelvaXixónPartido Popular de GaliciaCreampieJuan TouzónAna DuatoCallitriche brutiaStephen KingTaj MahalArquitectura do RenacementoBorder CollieMetadonaGalicia estremeiraPaleolítico SuperiorEstatua de Che Guevara en OleirosCastelo de Viana do Bolo2024CDC42BarcoPontevedraPablo José Taboada CamoiraEnciclopediaQEDO PorriñoDistrito de Vila RealRoberto Tojeiro RodríguezBloc PartyYouTubeCicerónPatricia García GonzálezMucha e NuchaComuñón anglicanaTesouro de EberswaldeNeymarEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Rafael NadalGuarda, PortugalClara CampoamorAzuritaMundial de Fútbol de 2010 - Fase finalBob MarleyBitcoinMaría Teresa CamposRelación sexual humanaSemana Santa de ViveiroNoam ChomskyXesús Alonso MonteroPremio Nobel de Fisioloxía ou MedicinaFelaciónInés de CastroNegueira de MuñizRoko (actriz)TransistorXeorxia🡆 More