Jules Verne: Escritor

Jules Gabriel Verne, tamén coñecido en galego como Xulio Verne, nado en Nantes o 8 de febreiro de 1828 e finado en Amiens o 24 de marzo de 1905, foi un escritor francés, pioneiro da literatura de ciencia ficción.

Infotaula de personaJules Verne
Jules Verne: Traxectoria, Galiza na obra de Jules Verne  Jules Verne en Galiza, Obras(1878) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Jules Gabriel Verne Editar o valor em Wikidata
8 de febreiro de 1828 Editar o valor em Wikidata
Nantes, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte24 de marzo de 1905 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Amiens, Francia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Diabetes mellitus Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCimetière de La Madeleine d'Amiens (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMaison de Jules Verne (en) Traducir (1882–1900)
Amiens (1871–1905)
París (1848–1871)
Nantes (1828–1848) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de París - dereito (1847–1848)
lycée Georges-Clemenceau (en) Traducir - Retórica, filosofía (1844–1846)
lycée Saint-Stanislas (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoDrama Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónnovelista , escritor , escritor de ciencia ficción , escritor de literatura infantil , dramaturgo , poeta , esperantista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1850 Editar o valor em Wikidata - 1905 Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticonovela de ciencia ficción
Influencias
LinguaLingua francesa e esperanto Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeHonorine du Fraysne de Viane (1857–valor descoñecido) Editar o valor em Wikidata
FillosMichel Verne Editar o valor em Wikidata
PaisPierre Gabriel Verne (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Sophie Allotte de La Fuye (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsPaul Verne (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Jules Verne: Traxectoria, Galiza na obra de Jules Verne  Jules Verne en Galiza, Obras Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0894523 Allocine: 36921 Rottentomatoes: celebrity/jules_verne Allmovie: p311510 TCM: 349950 Metacritic: person/jules-verne TV.com: people/jules-verne IBDB: 11208
Youtube: UCf-SAMXUtfIQOA3QFpgUrJA Galiciana: 34054 Bitraga: 252 Spotify: 1yMmXbw2JoJ0aFzp9UHHBq Musicbrainz: c547fc86-22c6-4056-ae83-ba976f510ec5 Songkick: 78940 Discogs: 615181 IMSLP: Category:Verne,_Jules WikiTree: Verne-6 Find a Grave: 2165 Editar o valor em Wikidata
Jules Verne: Traxectoria, Galiza na obra de Jules Verne  Jules Verne en Galiza, Obras
O faro da fin do mundo.

Traxectoria

Verne naceu en Nantes no seo dunha familia burguesa, era o máis vello dos cinco fillos do matrimonio formado por Pierre Verne, avogado, e Sophie. Viviu os seus primeiros anos nunha illa no río Loira. Vivir nun sitio illado axudouno a desenvolver a súa imaxinación e manter unha forte relación co seu irmán máis novo, Paul. Aos nove anos, foi co seu irmán ao liceo de Nantes. Logo de rematar os seus estudos no liceo, Verne marchou a París para estudar dereito. Arredor de 1848 en colaboración con Michel Carre, comeza a escribir libretos para operetas. Durante algúns anos dedicouse a escribir obras para o teatro, sen moito éxito e só consegue estrear sete das vinte e catro que escribiu, e tamén escribiu historias de viaxes para a revista Musée des Familles, nos que narra extravagantes viaxes e aventuras nos que achega detalles científicos e xeográficos para darlle verosimilitude.

Cando o pai de Verne descubriu que o seu fillo se dedicaba a escribir e non a estudar, deixou de mandarlle cartos, polo que se viu obrigado a vivir como corretor de bolsa, o cal odiaba, aínda que tivo un certo éxito nesta profesión. Nestes anos coñeceu a Alexandre Dumas e Victor Hugo, que lle deron algúns consellos de como escribir.

En 1857 casou con Honorine de Viane Morel, unha viúva con dúas fillas, e co seu apoio continuou a escribir, aínda que editores rexeitaron escrito tras escrito. En 1861 naceu o seu fillo Michel Jean Pierre Verne.

En 1863 a súa situación mellorou cando coñeceu a Pierre-Jules Hetzel, un dos máis importantes editores franceses do século XIX, coa axuda de Hetzel, Verne reescribiu a historia sobre unha exploración en globo en África e publicouno como Cinco semanas en globo, modificando o ton pesimista cara a outro caracterizado polo optimismo.

Verne converteuse en millonario e famoso. Antes de aparecer como libro as súas novelas aparecían por entregas na revista de Hetzel, Magazine d'Éducation et de Récréation. Entre as súas novelas máis coñecidas están Viaxe ao centro da Terra (Voyage au centre de la Terre) (1864), Da terra á lúa (De la Terre à la Lune) (1865) ou Vinte mil leguas baixo dos mares (Vingt mille lieues sous les mers) (1969).

En 1886 recibe un disparo nunha perna do seu sobriño Gaston, o que o deixa semiinválido. En 1887 tras a morte de Hetzel, Verne comezou a escribir obras máis escuras. En 1888 saíu elixido concelleiro de Amiens por unha lista radical, permanecendo durante 15 anos no posto. Entusiasta do esperanto, en 1903 presidiu o grupo esperantista da súa cidade.

Galiza na obra de Jules Verne / Jules Verne en Galiza

Vigo é un dos escenarios de Vinte mil leguas baixo dos mares. O capitán Nemo aprovisiónase co ouro do tesouro dos galeóns afundidos no estreito de Rande, na ría de Vigo. Ernest Bazin, un destacado inventor e aventureiro estivo durante dous anos en Galiza na procura do ouro dos galeóns de Rande, onde desenvolveu a maior operación de rescate de tesouros submarinos até esa data, estreando algúns adiantos a lámpada eléctrica para iluminar baixo o mar ou unha campá somerxible. A combinación de ambos permitiu realizar na Ría de Vigo as primeiras fotografías de arqueoloxía submarina da historia. A súa carreira científica provocaba daquela admiración en todo o mundo; na prensa francesa dábase conta dos seus avances, o que inspirou parte da novela de 20.000 leguas... de Verne.

Anos despois, o 21 de maio de 1884, Jules Verne recalou en Vigo por unha tormenta e quedou na cidade durante un tempo. Ledicia Costas escribiu Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta recreando esta visita.

Unha sala do Aquarium Finisterrae da Coruña está adicada ao Nautilus e á obra de Verne. En 2002 o Aquarium inaugurou unha exposición na que se vinculaba ao capitán Nemo cun coruñés do século XIX.

En Vigo inaugurouse unha estatua na honra de Verne, doada en 2005 pola Asociación de Mulleres Empresarias de Pontevedra e outra en Redondela, na praia de Cesantes.

En 2018 o Museo de Arte Contemporánea de Vigo expón a mostra Xulio Verne. Os límites da imaxinación.

Obras

Jules Verne: Traxectoria, Galiza na obra de Jules Verne  Jules Verne en Galiza, Obras 
A Verne na praia de Cesantes, Redondela (de Sergio Portela).
Jules Verne: Traxectoria, Galiza na obra de Jules Verne  Jules Verne en Galiza, Obras 
Vinte mil leguas baixo dos mares.
Jules Verne: Traxectoria, Galiza na obra de Jules Verne  Jules Verne en Galiza, Obras 
Monumento a Verne de José Molares en Vigo, doado en 2005 pola Asociación de Mulleres Empresarias de Pontevedra.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Tags:

Jules Verne TraxectoriaJules Verne Galiza na obra de en GalizaJules Verne ObrasJules Verne NotasJules Verne Véxase taménJules Verne

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Medalla da coroación de Eduardo VII do Reino UnidoBA GudiñaJosé Vázquez RodríguezO doutor Slump e AraleAna PeleteiroVox populiAmador Víctor GonzálezGoogleAntonio MachadoDavid RegadesRoko (actriz)Premio García BarrosPortadaA FonsagradaFuso horarioPneumáticoPaula AlvarellosAfonso I de PortugalClint EastwoodCarlos PortomeñeRaza ariaPontevedraCentro público integradoCastela e LeónCórdoba, EspañaRafael DiesteItxu DíazA memoria da choivaBoyanka Kostova (grupo musical)CarbohidratoCarro galegoIsraelJuan CaamañoXosé Manuel PiñeiroYeremay HernándezLuka ModrićGalería de imaxes de arañas de GaliciaCarlo AncelottiCaravaggioContido libreLeninSara García AlonsoEva MoredaEva MejutoCrime en CompostelaDarío Xohán CabanaPedro ChoscoGemeinsame NormdateiJuan Manuel LilloGrândola, Vila MorenaTonhito de PoiVerónica Martínez DelgadoVal do DubraCamelaNordés (vento)PO-244ÑO Castrillón, A CoruñaÁnxel CasalEduardo PondalPablo Diego DiosImperio BritánicoGatoUEFA Europa LeagueHospital CentralProvincias de AngolaSonia MarpezPepín García GarcíaMaría Xesús LorenzanaVladimir LosskyHannah ArendtEuropaHenrique López VeigaMarcos PereiroMazaricosAníbal MalvarCangasJude Bellingham🡆 More