Glándula Hipófise

A hipófise ou glándula pituitaria (Aristóteles atribuíulle a función de secretar flegma, en latín pituita, de alí o nome pituitaria), é a glándula que controla as outras glándulas, entre elas a tiroide.

É unha glándula complexa que se aloxa nun espazo óseo chamado cadeira turca do óso esfenoide, situada na base do cranio, na fosa cerebral media, que conecta co hipotálamo a través do talo pituitario ou talo hipofisario. Ten un peso aproximado de 0,5 g.

Glándula Hipófise
Hipófise.

Consta de tres partes:

É importante saber que un tumor nos remanentes da bolsa de Rathke pode ocasionar un craneofarinxioma, o cal comprime á glándula hipófise.

Adenohipófise

A adenohipófise segrega moitas hormonas, das cales seis son relevantes para a función fisiolóxica adecuada do organismo. Son segregadas por 5 tipos de células diferentes, que son de orixe epitelial e, como moitas glándulas endócrinas, están organizadas en lagoas rodeadas de capilares sinusoides fenestrados ós que se verte a súa secreción hormonal. Os tipos de células clasificábanse antes de acordo á tinción, e eran acidófilas, basófilas e cromófobas (ou que non se tinguen), pero na actualidade cóntase con técnicas de inmunohistoquímica e puidéronse identificar 5 tipos celulares:

  • Células somatotropas, que secretan GH (acidófila).
  • Células lactotropas, que secretan PRL (acidófila).
  • Células corticotropas, que secretan ACTH (basófila).
  • Células gonadotrópicas, que secretan as gonadotropinas LH e FSH (basófila).
  • Células tirotropas, que secretan a TSH (basófila).

As células cromófobas son en realidade células desgastadas e poden ser calquera das cinco anteriores.

Hormonas da adenohipófise

As demais hormonas son hormonas tróficas que teñen o seu efecto nalgunhas glándulas endócrinas periféricas:

A LH e a FSH denomínanse gonadotropinas, xa que regulan a función das gónadas.

Neurohipófise

As células da neurohipófisis coñécense como pituicitos e non son máis que células gliais de sostén. Por tanto, a neurohipófise non é en realidade unha glándula secretora xa que se limita a almacenar os produtos de secreción do hipotálamo. En efecto, os axoplasmas das neuronas dos núcleos supraóptico e paraventricular do hipotálamo secretan a ADH e a oxitocina, que se almacenan nas vesículas dos axóns que del chegan á neurohipófise; as devanditas hormonas son secretadas polo estímulo de impulsos eléctricos por parte do hipotálamo.

Síndrome de Cushing

A comezos do século XX, o neurocirurxián Harvey Cushing (Estados Unidos, 1869-1939) comezou a estudar a glándula pituitaria, observando os efectos dun mal funcionamento. Descubriu que se era pouco ou demasiado activa podía alterar o metabolismo e o crecemento, e deulle o nome de síndrome de Cushing.

Esta enfermidade é provocada por un exceso de adrenocorticotropina (ACTH), provoca debilidade nos membros e fraxilidade dos ósos. Cushing describiu a pituitaria como "directora da orquestra endocrínica", pero hoxe sábese que o verdadeiro director é o hipotálamo.

O Cushing é unha síndrome que afecta a varios sistemas e órganos. Caracterízase por unha hipersecreción de cortisol (xeralmente debido a unha hiperplasia da hipófise). Os síntomas do Cushing son:

  • Cara redonda, rubicunda e conxestiva, o que se denomina "cara en lúa chea".
  • Acumulación de graxas no pescozo e caluga, o que se coñece como "pescozo de búfalo".
  • Obesidade central (abdome sobresaínte pero extremidades delgadas).
  • Estrías violáceas en abdome, coxas e mamas.
  • Dores de costas.
  • Amenorrea.
  • Aumento de vello en mulleres.

Poden aparecer outros síntomas secundarios: hipertensión, diabetes ou psicose.

Regulación hipotalámica

A hipófise e o hipotálamo están conectados por un sistema capilar denominado sistema portal, o cal provén da arteria carótide interna e do polígono de Willis e irriga primeiro ó hipotálamo formando o plexo capilar primario, que drena nos vasos porta hipofisiarios que á súa vez forman o plexo capilar hipofisiario.

A importancia deste sistema é que transporta as hormonas liberadoras ou hipofisiotrópicas que secreta o hipotálamo con fins reguladores da secreción adenohipofisiaria. Estas hormonas son:

A prolactina está regulada negativamente pola dopamina, un neurotransmisor.

Hai que ter en conta que a regulación da secreción das hormonas hipofisiarias realízase mediante un mecanismo de retroalimentación negativa que se establece entre o hipotálamo, a hipófise e os receptores específicos para cada hormona, localizados nos órganos diana.

O proceso realízase no momento en que o o sistema nervioso central recibe un estímulo: o hipotálamo recibe parte dese estímulo e actúa sobre a hipófise. Á súa vez, o hipotálamo secreta as respectivas hormonas na adenohipófise ou libera as da neurohipófise; estas incorpóranse á circulación, viaxan por medio do sangue e son captados por receptores específicos situados nos órganos diana. Un exemplo é a captación da TSH por parte dos lóbulos tiroides da glándula tiroide.

Nese momento o órgano diana, que é calquera das glándulas endócrinas comeza a segregar as súas propias hormonas, co que se envía un estímulo ao sistema nervioso, especificamente ao hipotálamo, ou directamente á hipófise co cal se contrarresta o estímulo inicial.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Guyton: Tratado de Fisiología Médica, undécima edición.
  • Harrison: Principios de Medicina Interna, décimo sexta edición.

Tags:

Glándula Hipófise AdenohipófiseGlándula Hipófise NeurohipófiseGlándula Hipófise Síndrome de CushingGlándula Hipófise Regulación hipotalámicaGlándula Hipófise Véxase taménGlándula HipófiseAristótelesCadeira turcaEsfenoideHipotálamoTiroide

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Pedro Campos CouceiroCamilo Díaz BaliñoUxío NovoneyraGoogleCoordenadas xeográficasCampo Labrado, Naraío, San SadurniñoMurosWikipediaDios ke te crewAndoriñaPeter PanFerrolLugares de Monforte de LemosCarlos III de EspañaBariSegunda guerra mundialJohnny DeppAvesSharon StoneKathleen FerrierVento feridoLugares de ChantadaNikolai GogolArxentinaBoiroÍñigo AlfonsoBurela, BurelaLois DiéguezCapela SistinaLista das aves de GaliciaOurenseCohesiónCabo VerdeMexillónDaniel DigesLa Libertad (Betanzos)Roko (actriz)Memorias dun neno labregoEstatuto de autonomía de Galicia de 1981KiribatiXusto López CarrilEsport 3Gumersindo Rico GonzálezAna SeijasEstripeiroFelaciónVeneciaCarballo comúnSerés, Serés, CastroverdeVilar de Infesta, RedondelaFriedrich NietzschePaulino PereiroRecuperación de informaciónIria MisaReino de GaliciaMarçal MolinéShinovaPonteareasWayback MachineRemolachaRevolución iranianaRefraneiro galego sobre o panFollas novasCarlos MoyáMeteoGaliciaLingua portuguesaMaría do Socorro Ortega RomeroEleccións ao Parlamento do País Vasco de 2024Estatuto de autonomía de Galicia de 1936Irene FerrerasRafael Rodríguez VillarinoMosGrupo NósAliados da segunda guerra mundial🡆 More