Crucifixión De Xesús

A crucifixión de Xesús é un feito narrado nos evanxeos, que relata a morte de Cristo no Gólgota de acordo coa fe cristiá.

A morte na cruz de Xesús, a quen os cristiáns consideran o Fillo de Deus e o Mesías, é o final da paixón de Cristo e constitúe unha das cernas do cristianismo por entender que mediante ela se logrou a salvación do pecado. A maioría dos cristiáns proclaman este sacrificio a través do pan e o viño da Eucaristía, como un recordo da Última Cea, e moitos tamén conmemoran o evento o Venres Santo de cada ano.

Crucifixión De Xesús
Cristo crucificado, Velázquez (1599-1660).

O relato evanxélico

Segundo os evanxeos logo de ser arrestado no horto das oliveiras en Xetsemaní, foi xulgado polo Sanedrín de Xerusalén e sentenciado polo procurador romano Pilato. Tras a ser flaxelado, foi levado polas rúas de Xerusalén ata o Gólgota, onde foi crucificado. O Evanxeo de Mateu relata estes acontecementos no capítulo 27, dos versículos 33 a 54, o de Marcos no capítulo 15 entre os versículos 22 e 39, o de Lucas no capítulo 23 nos versículos 27 a 48, e nos versículos 23 a 30 do capítulo 19 do Evanxeo de Xoán.

Foi espido e cravado na cruz, mentres os soldados romanos que controlaban a execución repartiron as súas roupas a sortes. Na cima da cruz había un letreiro que identificaba a causa da súa execución e que puña "rei dos xudeus". Durante o seu sufrimento foi vítima das burlas que cuestionaban a súa condición de mesías. Segundo Marcos e Mateu tamén os outros crucificados moqueábanse de Xesús, aínda que Lucas indica que un recoñeceuno como inocente e censurou a actitude dos compañeiros.

A mediodía, Xesús lamentouse berrando "meu Deus meu Deus, por que me abandonaches?", unha frase que se recita no salmo 22. Tras isto, segundo Mateu e Marcos, déronlle de beber mediante unha esponxa enchoupada en vinagre, aínda que outros continuaron as súas chanzas. Xoán indica que foi o propio Xesús quen dixo ter sede e que así lle deron o vinagre. Tamén Xoán, sinala que na súa agonía encomendou a un discípulo o coidado da súa nai, María.

Logo de beber, Xesús faleceu. Segundo Mateu e Marcos, foi tras dar un forte berro, e Lucas apunta que tamén dixo "Meu Pai! Nas túas mans entrego o meu espírito". O seu pasamento coincide cunha serie de feitos extraordinarios segundo estes evanxeos: o veo do Templo de Xerusalén rachou e, segundo Mateu, houbo un tremor de terra, mentres que Lucas apunta a un eclipse de Sol. Tras todo isto, un centurión romano presente recoñeceu a Xesús como inocente (Lucas) ou como fillo de Deus (Mateu e Marcos). Xoán non relata isto, senón que simplemente expirou tras inclinar a cabeza.

Noutras tradicións relixiosas

Nalgunhas tradicións relixiosas, Xesús non foi o crucificado, senón que outra persoa sería quen morreu na cruz. Especialmente, esa persoa identifícase con Simón de Cirene, un apóstolo ou Xudas Iscariote.

Para os docetistas fora Simón de Cirene quen morrera na cruz e non Xesús, tese que foi recollida por Basílides e os gnósticos mais atacada por Ireneo de Lión no século II. Segundo algúns estudosos, como Dominique Cerbelaud, o Evanxeo de Xoán, o último dos canónicos en ser escrito, omite a mención a Simón de Cirene no seu relato da crucifixión de Xesús para deslexitimar as correntes que xa asumían como certa a súa suplantación na cruz.

Dado que o Corán afirma que Xesús non foi crucificado (sura 4, versículo 157), senón que tivo a aparencia de selo, moitos esexetas intentaron identificar quen foi o crucificado. Deste xeito, na primeira literatura islámica sinalouse a Simón de Cirene, aínda que gañou popularidade un suposto décimo terceiro apóstolo chamado Serxio, segundo defendeu Tabari; e, sobre todo, Xudas Iscariote, tese defendida por Muqātil ibn Sulaymān, xa no século VIII, que deviría na dominante na tradición islámica.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Brown, Raymond E. (2006). La muerte del Mesías. Desde Getsemaní hasta el sepulcro. 2 volumes. Pamplona (Navarra): Editorial Verbo Divino. ISBN 84-8169-485-1. 
  • Wikenhauser, Alfred (1978). El Evangelio según san Juan. Barcelona: Editorial Herder. ISBN 84-254-0083-X. 

Outros artigos

Tags:

Crucifixión De Xesús O relato evanxélicoCrucifixión De Xesús Noutras tradicións relixiosasCrucifixión De Xesús NotasCrucifixión De Xesús Véxase taménCrucifixión De XesúsA Última CeaCristianismoCristoDeusEucaristíaEvanxeoGólgotaMesíasPaixón de CristoPecadoSalvaciónVenres SantoXesús de Nazaret

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Antón Villar PonteAires da miña terraMúsica tradicional galegaO Pino, O PinoDía de Castela e LeónPitbullRaffaella CarràXosé Cid CabidoGuerra do PeloponesoAves de rapinaConcello de CotobadeBorja VereaNava CastroParasitoManuel RivasJenna JamesonAristótelesShinovaMiguel HernándezGatoCerdedo-CotobadeEstadio Municipal de RiazorOs PinosGranma (iate)BechamelGarbiñe MuguruzaJosé Manuel LageGonzalo Fernández de CórdobaCascudaA Ponte do Porco, Miño, MiñoFelaciónAsunta Basterra PortoGalaicosOvidio RodeiroSanta CompañaFentoLila (planta)BristolPresidente de GabónGuepardoA ComarcaVerbos galegos ser, estar e irProvincias de EspañaXavier AlcaláBloque Nacionalista GalegoPraza da QuintanaAntón Riveiro CoelloLuís MenorLuís Pérez BarralReino de GaliciaHistoria de LimaDía do LibroKTanxugueirasIdade do CobreSistema operativoJosep CarrerasUniversidade de Santiago de CompostelaUrcoXosé Ramón Fernández-OxeaTuiRabirrubio tizónCarballoBandeira de GaliciaLondresManuel Veiga TaboadaNuno García PicoPortugalMaría VillamarínEspañaIdade MediaOtelo Saraiva de CarvalhoMaruca do MediterráneoOurenseEva GreenArnaldo Otegi🡆 More