Wuhan

Wuhan (chinés simplificado: 武汉市, chinés tradicional: 武漢市, pinyin: Wǔhàn shi) é a capital da provincia de Hubei, República Popular da China.

Situada na confluencia dos ríos Yangtzé e Han, ten 8.310.000 habitantes. Entre 1925 e 1930 Wuhan foi a capital do goberno nacionalista chinés de Wang Jingwei oposto a Chiang Kai-shek.

Modelo:Xeografía políticaWuhan
武汉 (zh) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata
 30°35′14″N 114°17′17″L / 30.5872, 114.2881114°17′17″L / 30.5872, 114.2881
EstadoRepública Popular da China
Provincias da República Popular da ChinaHubei Editar o valor em Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación12.326.518 (2020) Editar o valor em Wikidata (1.438,48 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie8.569,15 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Yangtzé Editar o valor em Wikidata
Altitude37 m Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Wuhan (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoZhou Xianwang (2018–2021)
Cheng Yongwen (en) Traducir (2021–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoWuhan Municipal people's Congress (en) Traducir , Editar o valor em Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal430000 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico027 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webwuhan.gov.cn Editar o valor em Wikidata

En realidade Wuhan é a unión de tres cidades Wuchang, Hanyang e Hankou.[Cómpre referencia] A Torre da Grúa Amarela, construída no ano 223, é un dos símbolos da cidade.[Cómpre referencia] Sufriu un incendio en 1884 e unha reconstrución completa en 1981.[Cómpre referencia]

Historia

Wuhan é o centro xeográfico da China histórica, a metade de camiño na ruta norte-sur entre Pequín e Cantón, xusto no cruzamento do río Yangtzé, a gran ruta fluvial leste-oeste entre Sichuan (Chongqing) e a costa (Shanghai).

Primitiva cidade

Así, dende o 1500 a.C., ao comezo da dinastía Shang, establécese un centro de trasporte fluvial chamado Panlong (no moderno suburbio de Huangpi, ao norte da cidade actual), a primeira cidade daquela dinastía na cunca do río Azul.

Pertencente ao estado de Chu por tanto tempo coma o da dinastía dos Zhou Orientais (770 a.C.-221 A.C.), a cultura Chu converteuse no fundamento da actual na rexión da capital. No século III a.C., durante o período dos Reinos combatentes, construíronse dúas fortalezas en dous promontorios a cada lado do Yangtze: o da beira esquerda (oeste) semella unha tartaruga (Guishan), e o da beira dereita (leste) unha serpe (Sheshan) bebendo na auga. Na protección deste vai nacer a cidade de Wuchang e na do primeiro a de Hanyang.

Wuchang e Hanyang

No final da dinastía dos Han Orientais (25-220 d.C) xurdiu ao norte do Outeiro da Tartaruga un activo porto chamado Queyue (antecedente de Hanyang). Foi fortificado con murallas no 206. Por esa época (208), a épica batalla dos Cantís Vermellos, augas arriba do río Azul, marcou o fin da dinastía Han e o comezo do período dos Tres Reinos. En 222 Sun Quan, rei de Wu, move a súa capital a Xiakou (a base do seu exército na campaña militar) renomeándoa Wuchang, construíndo fortes e pazos e, no 223, cercándoa cunha muralla.[Cómpre referencia] Nese ano erixe a famosa Torre da Grúa Amarela (unha ducia de veces reconstruída), que domina ata hoxe o gran río dende o Outeiro da Serpe. A vella Wuchang é unha cidade con estaleiros, metalurxia, cuñaxe de moeda e manufactura de porcelana branca. De calquera maneira, a partir do século IV, a capitalidade volta a Nanjing e as dúas cidades do curso medio teñen un lento desenvolvemento ata a época Tang (618-907) e Song (960-1279).

Foi despois que, durante a dinastía Sui, no 606, se fundase Hanyang, seica ó sur do Outeiro da Tartaruga e na beira norte do río Han, o maior afluente do Yangtze, que daquela alí desembocaba. O seu florecemento coma centro comercial e artesanal da rexión deu pulo ao enclave [1][Ligazón morta].

Na época da dinastía Yuan (1279-1368) Wuchang convértese en capital provincial do imperio e arrodéase de novas murallas [2][Ligazón morta] reforzando o carácter de centro administrativo que vai manter ata hoxe.

Hankou

En 1474 o río Han cambia de súpeto de curso cara ao norte. Os suburbios máis setentrionais de Hanyang quedan separados, o que de feito constitúe o punto de partida dunha nova cidade, a terceira no lugar, que co tempo chamarase Hankow.

A engalaxe de Hankow como porto no século XVI e principalmente no XVII veu a expensas do repregue de Hanyang, cuxos anteriores barrios portuarios, agora entupidos, trasladaron alá a súa actividade [3][Ligazón morta][4].

O século XVIII non fixo senón confirmar a Hankow coma base portuaria de referencia no interior da China; o que no XIX a converteu, tralas Guerras do Opio (coa súa destrución xunto á de Hanyang pola rebelión Taiping en 1850 ) e o Tratado de Tianjin (1860), nunha das obrigadas prazas de apertura ao tráfico internacional con concesións estranxeiras asentadas ao longo da ribeira do Yangtzé [5]. Iso converteuna nunha metrópole cosmopolita [6].

A chegada do ferrocarril a fins de século acelerou o crecemento coma nó comercial de transporte.[Cómpre referencia] Tamén se iniciou unha forte industrialización: así, na banda de Hanyang instaláronse un arsenal e unha aceiraría (primeiro fito do futuro siderúrxico da área).[Cómpre referencia]

Wuhan

En 1911 tivo lugar en Wuchang a revolta que remataría o milenario imperio chinés, o derrocamento da dinastía Qin e a proclamación da República da China. Nas décadas turbulentas que seguiron, a cidade foi elixida brevemente (1926) coma capital da nación por unha das faccións, para o que se decidiu en 1927 unir as tres cidades históricas nunha soa entidade administrativa.[Cómpre referencia]

Trala proclamación da República Popular, o primeiro plan quinquenal reforzou o carácter de centro da industria pesada da cidade, e decidiuse construír a primeira ponte sobre o Yangtzé (1957).[Cómpre referencia] Coma peche dun círculo histórico o trazado elixido foi o que unía os Outeiros da Serpe e da Tartaruga [7][Ligazón morta]. Unha segunda ponte entre Hankou e Wuchang foi tendida en 1995 [8]Arquivado 05 de maio de 2012 en Wayback Machine..

Pandemia por coronavirus de 2019-2020

Notas

Tags:

Wuhan HistoriaWuhan NotasWuhanChiang Kai-shekChinés simplificadoLingua chinesaPinyinRepública Popular da ChinaRío Yangtzé

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

House (serie de televisión)Rosario Porto OrtegaLonga noite de pedraHistoria da electricidadeArxentinaQEDWolfgang Amadeus MozartContactMela CasalMaría ReimóndezMaría Xesús LorenzanaMiguel de CervantesAP-9Diego CalvoDadaísmoDodecágonoPedro ChoscoLista de nomes femininos en galegoIES Sánchez CantónMasculino e feminino en galegoIlduara MenendizSainte-ChapelleO berroAitana OcañaAlejandro Millán MonMaría PitaGoogle MapsJosé Sanjurjo SacanellDe NinghuresHindemburg Melão Jr.Isaac Díaz PardoÁnxel CasalMorfoxéneseSevillaIllas CanariasQuercusChatGPTCisteínaGaliciaLleidaGaio (ave)Festa dos maiosCoordenadas xeográficasArceRafael NadalNormativa oficial do galegoShinovaIll NiñoOs ÁnxelesPornografíaReino de GaliciaCastro de Punta do BicoMarina CastañoGreciaAlaine AgirreNúmero piAna María Fernández MartínezNacho CastañoBillardaManolo EscobarLeninismoSonsoles EspinosaPanteón de Galegos IlustresXosé Luís BernalChanéThe RundownA CoruñaRaúl García EscuderoA EstradaGolda MeirBenjamin NetanyahuOs posesivos galegos🡆 More