Lingua Malaia: Lingua austronesia

O malaio é unha lingua ou macrolingua (conxunto de linguas) oral e escrita empregada principalmente no sueste asiático, coñecido localmente como bahasa melayu.

Malaio
Bahasa Melayu
Outros nomes:Indonesio
Falado en: Indonesia, Malaisia, Brunei, Singapur, Tailandia, Timor Leste, Illa de Nadal, Illas Cocos (de iure)
Total de falantes: 77 millóns (2007)
Total: máis de 215 millóns (xunto co Indonesio e outras variantes)
Posición: 14
Familia: Austronesia

 Malaio-Polinesia
  Malaio-Polinesia Nuclear
   Malaio-sumbawano
    Malaisienses

     Malaio
Escrita: Latina
Árabe
Tailandesa
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Lingua Malaia: Aspectos históricos, sociais e culturais, Descrición lingüística, Sistema de escritura Indonesia
Lingua Malaia: Aspectos históricos, sociais e culturais, Descrición lingüística, Sistema de escritura Malaisia
Lingua Malaia: Aspectos históricos, sociais e culturais, Descrición lingüística, Sistema de escritura Brunei
Lingua Malaia: Aspectos históricos, sociais e culturais, Descrición lingüística, Sistema de escritura Singapur
Illas Cocos Illas Cocos (de iure)
Regulado por: Dewan Bahasa dan Pustaka
Majlis Bahasa Brunei–Indonesia–Malaysia
Códigos de lingua
ISO 639-1: ms
ISO 639-2: may (B)msa (T)
ISO 639-3: varios:
zsm — Malaio estándar
ind — Indonesio
lrt — Malaio larantuka
kxd — Malaio de Brunei
meo — Malaio Kedah
zmi — Malaio negeri sembilan
dup — Duano
jak — Jakun
orn — Orang Kanaq
ors — Orang Seletar
tmw — Temuan
Mapa
Lingua Malaia: Aspectos históricos, sociais e culturais, Descrición lingüística, Sistema de escritura
Status
Lingua Malaia: Aspectos históricos, sociais e culturais, Descrición lingüística, Sistema de escritura
O malaio está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO

Aspectos históricos, sociais e culturais

Distribución xeográfica e denominacións

É unha lingua austronesia falada polos malaios, nativos da península Malaia. É a lingua oficial de Malaisia, de Brunei e unha do catro linguas oficiais de Singapur. Tamén se utiliza como lingua de traballo en Timor Leste. Considérase a mesma lingua co indonesio, coñecido localmente como bahasa indonesia, a lingua oficial de Indonesia.

En Malaisia, a lingua coñécese como Bahasa Melayu ou Bahasa Malasia, que significa "lingua malaia". O último termo, introducido na lei de lingua nacional de 1967, era o máis común até os anos 1990, cando a maioría dos académicos e os oficiais do goberno retomaron o uso do nome na versión malaia da constitución federal. Ao independizarse, Indonesia adoptou como lingua nacional unha forma de malaio que se denominou bahasa indonesia..

En Singapur e Brunei coñécese simplemente como malaio ou bahasa melayu. Con todo, moitos dialectos malaios non son mutuamente intelixibles entre si, por exemplo, a pronuncia do kelantanese é difícil inclusive para algúns malaios, mentres que o indonesio tende a ter algunhas palabras únicas que son descoñecidas para os falantes malaios. A lingua falada en Peranakan consideraríase como o único patois malaio. O uso desta lingua está a decaer, especialmente cara ao exterior, aínda que segue sendo de uso xeral en Malaisia.

Uso

O alcance do uso do malaio nestes países varía en función de diferenzas históricas e culturais. O Bahasa Malaysia converteuse na única lingua oficial de Malaisia en 1968, aínda que o inglés é amplamente utilizado, especialmente entre as minorías chinesa e hindú e debido á súa importancia como lingua internacional para os negocios. A situación en Brunei é similar. O Bahasa Indonesia converteuse nunha exitosa lingua franca para as espalladas illas e grupos étnicos do país, grazas tamén a que a lingua colonial, o neerlandés, xa non se fala.

O grao ao cal utilizan ao malaio nestes países varía dependendo de circunstancias históricas e culturais. Bahasa Melayu é a lingua nacional en Malaisia, e converteuse na lingua oficial única en Malaisia do oeste en 1968, e en Malaisia do leste gradualmente a partir de 1974. O inglés continúa, con todo, sendo amplamente utilizado en campos profesionais e comerciais e nas cortes superiores. A situación en Brunei é semellante á de Malaisia. En Singapur, o malaio foi historicamente a lingua franca entre a xente de diversas razas e nacionalidades. Aínda que substituído nese caso en gran parte polo inglés, o malaio aínda conserva o estatuto da lingua nacional e o himno nacional, Majulah Singapura, está enteiramente en malaio. A maioría dos residentes das tres provincias máis situadas máis ao sur de Tailandia, unha rexión que, para a maior parte, adoitaba ser parte dun sultanato malaio antigo chamado Pattani, falan un dialecto de malaio, que é similar ao malaio de Kelantan, aínda que a lingua non ten ningún tipo recoñecemento oficial. Debido a contacto anterior coas Filipinas, as palabras malaias - tales como hati do dalam (condolencia), luwalhati (gloria), hari do tengah (mediodía), sedap (delicioso) - desenvolvéronse e integraron no tagalo e outros idiomas filipinos. Pola contra, o indonesio fixo con éxito a lingua franca para as súas illas dispares e os grupos étnicos. En Timor Leste, gobernado como provincia de Indonesia de 1976 a 1999, o indonesio fálase e recoñécese cumpridamente baixo a súa constitución como lingua de traballo.

Descrición lingüística

Clasificación e idiomas relacionados

O malaio é un membro da familia de linguas austronesias, que inclúe idiomas do sueste asiático e de illas do Pacífico occidental, cun número máis pequeno en Asia continental. O malgaxe, é unha excepción, xa que se fala na parte occidental do océano Índico, sendo o idioma oficial en Madagascar. Os parentes máis próximos inclúen o xavanés, o achinés, o chamorro, o hawaiano, o samoano, o maorí, o tahitiano, o tongoleño ou o tuveleño; aínda que as linguas non son mutuamente inintelexibles teñen moitas cousas en común. Moitas raíces consérvanse sen alteracións do pasado común, o austronieso. Hai moitos cognados atopados nas palabras de parentesco, saúde, partes do corpo e animais que hai en toda a área. Nos números, as diferenzas son bastante notables.

Diferenzas entre o malaio e o indonesio

As diferenzas entre o malaio e o indonesio son comparables ás existentes entre o inglés do Reino Unido e o dos Estados Unidos. Ambos son mutuamente intelixibles, aínda con certas diferenzas en ortografía e vocabulario.

Préstamos

O malaio tomou moitos termos do árabe (en especial, termos relixiosos), sánscrito, portugués, neerlandés, algúns dialectos chineses e, máis recentemente, do inglés (en especial, termos científicos e tecnolóxicos). Algúns exemplos son:

  • bahasa - idioma (do sánscrito)
  • bomba - brigada de bombeiros (da portugués bomba)
  • buku - libro (do book' inglés)
  • dunia - mundo (do árabe dunya)
  • gereja - igrexa (do portugués igreja)
  • gratis - gratis (do portugués) Esta palabra é indonesia.
  • keju - queixo (do portugués queijo)
  • komputer - ordenador (do inglés computer)
  • limau - limón (do portugués limão)
  • mentega - manteiga (do portugués manteiga)
  • roti - pan (do sánscrito)
  • sharia - Lei islámica (do árabe)
  • sistem - sistema (do inglés)
  • sains - ciencia (do inglés science)
  • wanita - muller (do nome propio español e portugués Juanita)

A palabra de orixe malaia máis coñecida en galego é "orangután" (de orang hutan, "home da selva").

Expresións simples en malaio

  • Selamat datang - Benvido
  • Terima kasih - Grazas
  • Selamat pagi (dende o amencer até as 11.00) - Bos días
  • Selamat tengahari (dende as 11am até as 13.00) - Bo mediodía
  • Selamat petang (dende as 13.00 até o anoitecer) - Boas tardes
  • Selamat malam (dende o ocaso en diante) - Boas noites
  • Jumpa lagi - Até a vista
  • Apa khabar? - Como está?
  • Baik - Ben

Sistema de escritura

O alfabeto máis amplamente estendido para a escritura do malaio é o latino, aínda que en ámbitos relixiosos musulmáns utilízase tamén o Jawi, unha adaptación do alifato árabe para o malaio. En Brunei os dous alfabetos son oficiais. Actualmente, en Malaisia están a emprenderse esforzos para preservar a escritura jawi e restablecer o seu uso entre os malaios. Os estudantes que se examinan de lingua malaia en Malaisia teñen a opción de contestar as preguntas usando a escritura jawi.

Historicamente, escribiuse a lingua malaia usando varios tipos de escritura. Antes da introdución da escritura árabe na rexión, escribíase usando a escritura Pallava, Kawi e Rencong. O antigo malaio escribíase usando a escritura Pallava e Kawi, como evidencian varias pedras con inscripcionesen na rexión . A partir da era do reino Pasai e a través da idade de ouro do Sultanato de Malaca, o Jawi substituíu, gradualmente, estas escrituras como a escritura de uso máis xeral da rexión. Durante o período da colonización occidental, o portugués, o holandés e os ingleses introduciron a escritura latina, e o seu uso difundiuse amplamente até hoxe.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Yohanni Johns: Bahasa Indonesia - Introduction to Indonesian Language and Culture. Periplus, Londres 1987, 1990. ISBN 0-945971-56-7
  • Frank D. Wickl: Dás Klassifikatorensystem der Bahasa Indonesia. Abera, Hamburg 1996. ISBN 3-934376-02-9

Ligazóns externas

Tags:

Lingua Malaia Aspectos históricos, sociais e culturaisLingua Malaia Descrición lingüísticaLingua Malaia Sistema de escrituraLingua Malaia NotasLingua Malaia Véxase taménLingua MalaiaSueste asiático

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

A Illa, EntrimoRosalía de CastroO divino saineteXironaErupción volcánica de La Palma de 2021Gabriel García MárquezNova YorkOcéano ÍndicoBayer LeverkusenLana Del ReyEva Iglesias MiguénsSarriaMexacánPhil FodenFauna de GaliciaXavi HernándezBoqueixónBLuísa VillaltaDiego SimeoneJosé López CamposDavid BeckhamEstadio Santiago BernabéuArgimiro Marnotes FernándezOU-603O incerto señor Don HamletLeonardo DiCaprioIndonesiaXabarín ClubOU-402MoinanteCarbohidratoOU-413Marcos PereiroLedicia CostasNova narrativa galegaWayback MachineDani CarvajalManchester City F.C.AlcumeDibencil cetonaDescomposición de matricesBenigno Andrade GarcíaReal Academia GalegaA PontenovaOU-637YouTubeLeBron JamesPaíses BaixosJennifer AnistonBelén CachafeiroSara García AlonsoLista de palabras galegas de orixe celtaCarlos BauteHenrique RabuñalGatipedroMarçal MolinéFozMaría CanosaRamón Otero PedrayoRodrigo de LunaEscáncerAdolf HitlerDía das Letras GalegasLorenzo LamasAnder IturraspeCristina Fernández DavilaQuenllaJosé Antonio Ponte FarIsraelInterferencia lingüísticaAbu ZabiÁ lus do candilQueimada🡆 More