Lingua Castelá: Lingua romance do grupo ibérico, orixinaria de Castela

O castelán ou español é unha lingua romance do grupo ibérico, orixinaria de Castela.

É falada en toda España, e boa parte de América do Sur, América Central e América do Norte como lingua materna por uns 340 millóns de persoas e por 450 como segunda lingua (estimacións de 2004). É a segunda lingua do mundo en número de falantes, despois do mandarín e a segunda lingua máis estudada no mundo, despois do inglés.

Castelán
Español / Castellano
Pronuncia:[kaste'ʎano]
Outros nomes:Español
Falado en: Arxentina, Belize, Bolivia, Chile, Colombia, Costa Rica, Cuba, Ecuador, España, os Estados Unidos, Guatemala, a Guinea Ecuatorial, Honduras, México, Nicaragua, O Salvador, Panamá, Paraguai, o Perú, Porto Rico, a República Dominicana, o Uruguai, Venezuela e Xibraltar.

Minorías: Andorra, o Canadá, Filipinas, Marrocos e Sáhara Occidental
Total de falantes: 333 millóns (primeira lingua) 92 millóns (segunda lingua)
Posición: 2
Familia: Indoeuropea
 Itálica
  Románica
   Italo-occidental
    Occidental
     Galoibérica
      Iberorrománica
       Ibero-occidental
        Castelán
Escrita: Alfabeto latino
Estatuto oficial
Lingua oficial de: España, a Arxentina, Bolivia, Chile, Colombia, Costa Rica, Cuba, Ecuador, O Salvador, Guatemala, Guinea Ecuatorial, Honduras, México, Nicaragua, Panamá, Paraguai, o Perú, Porto Rico, a República Dominicana, Unión Europea, o Uruguai e Venezuela.
Regulado por: Asociación de Academias da Lingua Española
Códigos de lingua
ISO 639-1: es
ISO 639-2: spa
ISO 639-3: spa
SIL: SPN
Mapa
Lingua Castelá: Nomes, Historia, Variantes e lingua estándar
Status
Lingua Castelá: Nomes, Historia, Variantes e lingua estándar

O castelán está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO

Nomes

Esta lingua derivada do latín ten dous nomes, español e castelán. Este último é o preferido dentro do territorio de España debido á presenza doutras linguas cooficiais ou non (galego, catalán, éuscaro, asturiano, occitano...) e a que historicamente é o primeiro nome desta lingua ao xurdir no territorio do condado de Castela; o primeiro é o máis utilizado no contexto internacional. O contexto de uso da palabra inflúe na escolla dunha forma ou outra, pois cando se usa en contraste con outra lingua cooficial adoita usarse castelán, mentres que en contextos internacionais é habitual usar español (esta tendencia vese máis esaxerada aínda nas traducións equivalentes en linguas de fóra da península).

Historia

Lingua Castelá: Nomes, Historia, Variantes e lingua estándar 
Mapa cronolóxico que amosa a evolución territorial das linguas do suroeste de Europa entre as que aparece o castelán.
Lingua Castelá: Nomes, Historia, Variantes e lingua estándar 
Unha páxina do Cantar de Mio Cid.

A historia da lingua castelá ten a súa orixe no latín vulgar da zona central do norte de Hispania, derivado do latín que se expandira polo Imperio romano. Trala caída deste no século V, a influencia do latín culto foi diminuíndo paulatinamente, e o latín falado desa época foi a orixe das variedades romances hispánicas.

No século VIII, trala invasión musulmá da Península Ibérica, formáronse dúas zonas ben diferenciadas: en Al-Ándalus os dialectos romances deron pé ao mozárabe, que convivía coas linguas da minoría estranxeira-invasora alóctona (árabe e bérber). Mentres, na zona en que se formaban os reinos cristiáns desde pouco despois do inicio da dominación musulmá, comezou unha evolución diverxente, na que xurdiron varias modalidades romances dun continuum intercomprensible: a catalá, a navarro-aragonesa, a castelán, a asturleonesa e a galaico-portuguesa. O dialéctico románico castelán naceu no condado de Castela (entre o sur de Cantabria e o norte da actual provincia de Burgos) con influencia vasca e visigótica.

Os textos conservados máis antigos con trazos e palabras que se poden considerar precursoras do castelán son os documentos escritos en latín coñecidos como Cartularios de Valpuesta, conservados na igrexa de Santa María de Valpuesta. Estas copias de documentos son de diversas épocas, sendo os máis antigos do século IX. As Glosas Emilianenses de finais do século X ou comezos do XI, conservadas no Mosteiro de Yuso (San Millán de la Cogolla) foron consideradas por Ramón Menéndez Pidal como a testemuña máis antiga da lingua castelán, mais posteriormente demostrouse que as formas escritas neses documentos corresponden ao romance navarro-aragonés.

Un momento decisivo no afianzamento do castelán tivo lugar durante o reinado de Afonso X o Sabio (1252-1284). Por aquel entón os cantares de xesta acadaran popularidade porque estaban escritos no romance vulgar, mais as obras cultas e literarias producidas na Corte eran redactadas en latín, única lingua culta da Europa cristiá nesa época. Por isto, resultou unha verdadeira revolución cultural que o rei Afonso X decidise dirixir un bo número de obras de elevada cultura redactadas en romance castelán, un idioma até entón desairado polas persoas letradas por consideralo demasiado prosaico. Isto deu pé ao recoñecemento oficial do castelán.

O castelán estendeuse cara ao sur pola Península Ibérica durante a Baixa Idade Media segundo avanzaba a expansión do reino de Castela na chamada Reconquista. A incorporación á Coroa de Castela dos reinos de León e Galicia con Fernando III e a introdución dunha dinastía castelá no Reino de Aragón con Fernando I e despois a unión de ambos os dous reinos co matrimonio dos Reis Católicos e as súas políticas centristas aumentaron a difusión do castelán polo resto da península.

Lingua Castelá: Nomes, Historia, Variantes e lingua estándar 
Antonio de Nebrija, autor da Gramática, a primeira gramática publicada en imprenta dunha lingua europea moderna.

En 1492 o sevillano Antonio de Nebrija publicou en Salamanca A Grammatica, primeiro tratado de gramática da lingua castelá e primeiro publicado «en molde» dunha lingua europea moderna.. O primeiro libro impreso en castelán aparecera cara a 1472.

A comezos do século XVI xa comezara o proceso de reaxuste das consoantes sibilantes, que significou a redución do sistema fonémico ao pasar, pola perda do trazo de sonoridade, de seis consoantes sibilantes a dúas ou tres segundo a variedade.

A colonización española en América durante o século XVI levou a lingua castelá por boa parte do continente, tomando préstamos que enriqueceron o seu vocabulario de idiomas nativos como o náhuatl ou o quechua, linguas sobre as que tamén tivo un notable impacto.

En España, desde a época dos Borbóns, tivo lugar unha política centralista de unificación lingüística e conseguinte minorización do resto de linguas vernáculas en favor do castelán. Durante os séculos XVII e XVIII apareceron publicacións periódicas públicas e privadas en castelán. Gazeta foi a primeira, e apareceu en Madrid en 1661 da man de Julián Paredes. Despois apareceron outras en vilas como Salamanca, León, Granada, Sevilla ou Zaragoza. Coa difusión da escolarización en América na segunda metade do século XVIII o castelán pasou a ser a lingua normal no ensino en detrimento das linguas indíxenas.

Distribución xeográfica

O castelán é a lingua oficial de España (xunto co catalán, o galego e o éuscaro nas zonas en que estes se falan), en dezanove países de América e en Guinea Ecuatorial. Amais, ten certo grao de oficialidade nos Estados Unidos de América, Filipinas e o Sáhara Occidental. Ten falantes repartidos polos cinco continentes:

América

Lingua Castelá: Nomes, Historia, Variantes e lingua estándar 
Porcentaxe de castelanfalantes nos estados americanos cuxa lingua oficial non é o castelán.
     Lingua Castelá: Nomes, Historia, Variantes e lingua estándar  50 %      Lingua Castelá: Nomes, Historia, Variantes e lingua estándar  20 %      Lingua Castelá: Nomes, Historia, Variantes e lingua estándar  5 %
     Lingua Castelá: Nomes, Historia, Variantes e lingua estándar  30 %      Lingua Castelá: Nomes, Historia, Variantes e lingua estándar  10 %      Lingua Castelá: Nomes, Historia, Variantes e lingua estándar  2 %

Supón arredor do 90 % do total de falantes de castelán no mundo, uns 400 millóns de persoas.. Distribúese polos países de Hispanoamérica, algúns estados dos Estados Unidos, algunhas provincias do Canadá e os estados do sur do Brasil.

Hispanoamérica
Buenos Aires, capital da Arxentina, o país castelanfalante máis extenso do mundo.
Cidade de México, a cidade coa maior concentración de castelanfalantes do mundo.

A gran maioría dos castelanfalantes, uns 375 millóns de persoas, viven en Hispanoamérica. México é o país co maior número de falantes (case unha cuarta parte do total de castelanfalantes do mundo), aínda que non é a única lingua oficial do estado, xa que desde 2003 México recoñece como idiomas tamén oficiais as linguas indíxenas.

É unha das linguas oficiais da Arxentina, Bolivia, Colombia, Costa Rica, Cuba, Ecuador, O Salvador, Guatemala, Honduras, Nicaragua, Panamá, Paraguai (cooficial co guaraní), o Perú (cooficial co quechua, aimará e demais linguas nativas onde predominen), República Dominicana e Venezuela. Non ten recoñecemento de lingua oficial noutros países americanos onde é lingua falada e maioritaria, como en Chile, Porto Rico e o Uruguai. En Porto Rico, segundo os sucesivos plebiscitos do status político do país, que se sumaban ao establecido pola Constitución de 1952, estableceuse que «es la garantía permanente de ciudadanía estadounidense, nuestros dos idiomas, himnos y banderas».

O castelán en países onde non é oficial
Lingua Castelá: Nomes, Historia, Variantes e lingua estándar 
Distribución dos castelanfalantes nos Estados Unidos segundo o censo de 2010.

Os falantes adoitan ser emigrantes de Hispanoamérica ou os seus descendentes, así como estudantes da lingua, onde acostuma ser a lingua máis estudada despois das oficiais.

Estados Unidos é o segundo país con máis castelanfalantes no mundo. O castelán ten unha longa historia nos Estados Unidos, con moitos topónimos nesa lingua desde a época da colonización española. A súa presenza viuse fortalecida pola inmigración procedente do resto de América. O español concéntrase especialmente en cidades cosmopolitas como Nova York, Os Ánxeles, Chicago, Miami, Houston, San Antonio, Denver, Baltimore e Seattle. O castelán, ademais, é a lingua estranxeira máis ensinada no país.

Hai un avance progresivo do bilingüismo, sobre todo nos estados de California, Novo México e Texas, nos que existen programas oficiais bilingües de castelán para residentes hispanos. En California moitas actividades de goberno, documentos e servizos están dispoñibles neste idioma. A sección 1632 do Código Civil de California recoñece o castelán como a lingua da comunidade hispana, polo que a lei Dymally-Alatorre institúe un bilingüismo inglés-castelán, sen a exclusión necesaria doutras linguas. No estado de Novo México o castelán é utilizado mesmo na administración estatal, aínda que ese estado non ten ningunha lingua oficial establecida na constitución. O castelán neomexicano remóntase aos tempos da colonización española no século XVI e conserva numerosos arcaísmos. A Comisión de Dereitos Civís dos Estados Unidos recoñeceu que en 1912 "os neomexicanos tiveron éxito á hora de protexer a súa herdanza, incluíndo provisións na súa constitución que fan do castelán unha lingua oficial, igual có inglés". En Texas o goberno a través da sección 2054.116 do Código Gobernamental estipula que as axencias estatais deben proporcionar información en castelán nas súas páxinas web. Outros estados da Unión recoñecen tamén oficialmente o castelán.

No Brasil o castelán foi historicamente importante por mor da da inmigración e pola proximidade e o comercio crecente cos seus veciños hispanoamericanos, sendo membro de Mercosur. En 2005 o Congreso Nacional do Brasil aprobou un decreto que ofrece o castelán como primeira lingua estranxeira de ensino en colexios e institutos. En moitas cidades fronteirizas do Brasil, así como en cidades fronteirizas hispanoamericanas, fálase unha lingua mixta coñecida como portuñol

No Canadá a poboación inmigrante de fala hispana constitúe o 1,3 % da poboación, e case outro tanto o fala como segunda lingua. Aproximadamente a metade concéntrase en Toronto.

En Belize, antiga colonia británica, o castelán non ten recoñecemento oficial, se ben a maioría da poboación sabe falalo, principalmente os descendentes hispanos que habitaron a rexión desde o século XVII. Na illa caribeña de Aruba é falado por gran cantidade de persoas. Pola contra, nas veciñas Curaçao e Bonaire é falado por unha minoría. Debido á proximidade de Venezuela, nas tres illas hai medios de comunicación en castelán, principalmente canles de televisión, por mor dos vínculos comerciais e a importancia do turismo castelanfalante. Nos últimos anos introduciuse o ensino básica obrigatorio do castelán nas escolas, aínda que sen carácter oficial (as linguas oficiais de Aruba, Bonaire e Curaçao son o holandés e o papiamento, unha mestura de castelán e afroportugués).

En Haití a lingua oficial é o francés, se ben o crioulo haitiano é amplamente falado. Preto da fronteira coa veciña República Dominicana, o castelán básico é comprendido e falado coloquialmente.

Nas Illas Virxes Estadounidenses recoñécese oficialmente que o castelán é a lingua nativa dunha gran parte da poboación. En Trinidad e Tobago ten un status especial e é de aprendizaxe obrigatoria nas escolas públicas. En Xamaica está oficialmente recoñecida unha mestura de castelán e arauaco falada polos taínos.

Europa

Lingua Castelá: Nomes, Historia, Variantes e lingua estándar 
Coñecemento do castelán na UE (nivel A2 do MCER) segundo o eurobarómetro 2006.      País nativo      Máis do 9 %      Entre o 4 % e 8,99 %      Entre o 1 % e 3,99 %      Menos do 1 %

O castelán é a lingua oficial de España. É falado tamén en Xibraltar e Andorra (onde é oficial a lingua catalá. Ademais é usado en pequenas comunidades doutros países europeos como o Reino Unido, Francia, Alemaña ou Suíza, onde é a lingua materna do 1,7 % da poboación. O castelán é unha das linguas oficiais da Unión Europea. Máis de 22 millóns de persoas europeas maiores de 15 anos falan castelán fóra de España na UE, incluídas as que o aprenderon como lingua estranxeira. En total hai uns 70 millóns de falantes de castelán en Europa.

Asia

En Filipinas, antiga colonia española, o castelán foi oficial entre 1571 e 1987, se ben desde 1973 fora perdendo moito peso representativo a nivel oficial. A proclamación presidencial/155 de 15 de marzo de 1973 aínda en vigor, declara o castelán como lingua oficial de Filipinas para todos aqueles documentos da época colonial non traducidos á lingua nacional. Trala guerra hispano-estadounidense Filipinas pasou a ser colonia dos Estados Unidos a partir de 1899. Desde entón, debido á intervención estadounidense, as autoridades seguiron unha política de deshispanización do país e imposición do inglés. Despois da guerra filipino-estadounidense, reduciuse a burguesía urbana castelanfalante, e trala segunda guerra mundial en 1945, practicamente aniquilouse os restos da burguesía española tralo bombardeo de Intramuros en Manila. Calcúlase que en 1907 aproximadamente un 70 % da poboación filipina era quen de falar castelán, se ben só o 10 % como lingua materna. En 1950 pasou a ser o 6 %, e na actualidade é menos do 0,5 %. Tamén sobreviven linguas crioulas de base castelá, como o chavacano ou o zamboangueño.

En Israel existe unha importante comunidade sefardí duns 100.000 falantes de xudeoespañol.

África

Lingua Castelá: Nomes, Historia, Variantes e lingua estándar 
Lingua castelá en África.

Nas illas Canarias hai máis de dous millóns de falantes. Tamén se fala nas cidades de Ceuta e Melilla (143.000 persoas). Fóra destes territorios de soberanía española, a lingua castelá é falada noutras rexións.

O castelán é a lingua oficial de Guinea Ecuatorial. A gran maioría dos ecuatoguineanos fala castelán, aínda que sempre como segunda lingua, sendo as linguas maternas máis estendidas diversas linguas bantús. A cidade gabonesa de Cocobeach ten status biestatal mediante un acordo común con Guinea Ecuatorial, polo que alí tamén é cooficial o castelán, se ben a súa presenza é testemuñal.

No Sáhara Occidental, o ministro saharauí para América Latina, Hash Ahmed, declarou en nome da República Árabe Saharauí Democrática que o seu país é "simultaneamente unha nación africana e árabe que ten o privilexio de ser a única castelanfalante debido á herdanza cultural da colonización española. O idioma castelán é o idioma de ensino obrigatorio por ser xunto ao árabe idioma oficial".

En Tinduf (Alxeria) hai uns 200.000 refuxiados saharauís que poden ler e escribir o castelán, e miles deles recibiron educación universitaria ofrecida por Cuba, México, Venezuela e España.

En Marrocos o castelán é moi popular como segunda lingua. É falado principalmente nas zonas do antigo Protectorado Español de Marrocos: Rif, Ifni e Tarfaya.

Amais, é falado polas comunidades ecuatoguineanas fuxidas durante as ditaduras de Francisco Macías Nguema e Teodoro Obiang cara a países como Gabón, Camerún, Nixeria ou Benín. Tamén no Sudán do Sur hai unha importante minoría, a elite intelectual e profesional, formada en Cuba.

Oceanía

O castelán é lingua oficial na illa de Pascua, en Polinesia. Tamén é oficial a lingua chamorra, unha variante austronesia falada na illa de Guam, que foi colonia española xunto con tres das illas Marianas do Norte (Saipan, Tinian e Rota) e os Estados Federados de Micronesia.

En Australia e Nova Zelandia hai unha comunidade de nativos castelanfalantes emigrados dunhas 133.000 persoas.

En Hawai, o 2,1 % da poboación é castelanfalante nativa. Segundo o censo dos Estados Unidos, en 2010 había 120.842 hispanos.

Antártida

Na Antártida, existen só dúas localidades civís, e as dúas teñen o castelán como lingua oficial. O asentamento arxentino de Fortín Sargento Cabral ten 66 habitantes, mentres que a localidade chilena de Villa Las Estrellas ten 130 habitantes.

Estimación do total de falantes por país

Lingua Castelá: Nomes, Historia, Variantes e lingua estándar 
Países por número de falantes:      Máis de 100 millóns     Máis de 50 millóns     Máis de 20 millóns     Máis de 10 millóns     Máis de 5 millóns     Máis de 1 millón

A seguinte táboa foi elaborado basicamente a partir do estudo El valor económico del español, pero utilizando datos estatísticos máis actualizados, pois o estudo foi elaborado en base a datos censuais de poboación entre 2000 e 2005. O resultado foi dun total de case 440 millóns de castelanfalantes, os cales uns 400 millóns teñen dominio nativo e uns 40 con competencia limitada. En 2012 o Instituto Cervantes fixo unha actualización dos datos, cun total de 495 millóns de falantes, 425 con dominio nativo e o resto con competencia limitada, incluídos 18 millóns de estudantes de castelán, segundo estimacións censuais feitas entre 2010 e 2012.

  • Nas filas con cor máis escuro de fondo, figuran os países con castelán como lingua oficial. A estimación dos falantes nativos (como primeira e segunda lingua en países co castelán oficial), calculouse en función das porcentaxes do estudo da "demografía de lengua española".
  • Nas filas con cor branca de fondo figuran os países que non teñen o castelán como lingua oficial, nos que se fala castelán como lingua materna polos hispanos que alí emigraron e polos falantes de castelán como lingua estranxeira.
Por orde alfabética Por número de falantes
  1. Alemaña (410.000)
  2. Andorra (40.000)
  3. Arxentina (41 248 000)
  4. Aruba (105.000)
  5. Australia (150.000)
  6. Belize (130.000)
  7. Bolivia (7 010 000)
  8. Brasil (19 700 000)
  9. Canadá (272.000)
  10. Colombia (45 600 000)
  11. Corea do Sur (90.000)
  12. Costa Rica (4 220 000)
  13. Cuba (11 285 000)
  14. Curaçao (112.450)
  15. O Salvador (6 859 000)
  16. Ecuador (10 946 000)
  17. España (46 000 000)
  18. Estados Unidos de América (41 000 000)
  19. Filipinas (2 900 000)
  20. Francia (2 100 000)
  21. Guatemala (8 163 000)
  22. Guinea Ecuatorial (447.000)
  23. Güiana (198.000)
  24. Haití (1 650 000)
  25. Honduras (7 267 000)
  26. Israel (160.000)
  27. Italia (455.000)
  28. Xapón (500.000)
  29. Marrocos (960.706)
  30. México (106 255 000)
  31. Nicaragua (5 503 000)
  32. Nova Zelandia (26.100)
  33. Países Baixos (17.600)
  34. Panamá (3 108 000)
  35. Paraguai (4 737 000)
  36. Perú (26 152 265)
  37. Portugal (1 750 000)
  38. Porto Rico (4 017 000)
  39. Reino Unido (900.000)
  40. República Dominicana (8 850 000)
  41. Rusia (1 200 000)
  42. Sáhara Occidental (34.000)
  43. Suecia (39.700)
  44. Suíza (172.000)
  45. Trinidad e Tobago (32.200)
  46. Turquía (29.500)
  47. Uruguai (3 442 000)
  48. Venezuela (26 021 000)
  49. Chile (15 795 000)
  50. China (250.000)
  1. México (106 255 000)
  2. España (45 000 000)
  3. Colombia (44 400 000)
  4. Arxentina (41 248 000)
  5. Estados Unidos de América (41 000 000)
  6. Perú (26 152 265)
  7. Venezuela (26 021 000)
  8. Brasil (19 700 000)
  9. Chile (15 795 000)
  10. Cuba (11 285 000)
  11. Ecuador (10 946 000)
  12. República Dominicana (8 850 000)
  13. Guatemala (8 163 000)
  14. Honduras (7 267 000)
  15. Bolivia (7 010 000)
  16. O Salvador (6 859 000)
  17. Nicaragua (5 503 000)
  18. Paraguai (4 737 000)
  19. Costa Rica (4 220 000)
  20. Porto Rico (4 017 000)
  21. Uruguai (3 442 000)
  22. Panamá (3 108 000)
  23. Filipinas (2 900 000)
  24. Francia (2 100 000)
  25. Portugal (1 750 000)
  26. Haití (1 650 000)
  27. Rusia (1 200 000)
  28. Marrocos (960.706)
  29. Reino Unido (900.000)
  30. Xapón (500.000)
  31. Italia (455.000)
  32. Guinea Ecuatorial (447.000)
  33. Alemaña (410.000)
  34. Sáhara Occidental (34.000)
  35. Canadá (272.000)
  36. China (250.000)
  37. Güiana (198.000)
  38. Suíza (172.000)
  39. Israel (160.000)
  40. Australia (150.000)
  41. Belize (130.000)
  42. Curaçao (112.450)
  43. Aruba (105.000)
  44. Corea do Sur (90.000)
  45. Andorra (40.000)
  46. Suecia (39.700)
  47. Trinidad e Tobago (32.200)
  48. Turquía (29.500)
  49. Nova Zelandia (26.100)
  50. Países Baixos (17.600)

Variantes e lingua estándar

Debido á grande extensión dos territorios nos que é falada, a lingua castelá conta cunha importante variedade dialectal. Así e todo, as diferenzas entre dialectos non son tan grandes como para prexudicar gravemente á intercomprensión. A Real Academia Española é a encargada de establece-la forma estándar do castelán. Tradicionalmente, baseouse na fala peninsular para facelo; nos últimos anos, levou a cabo un importante labor para incluír tódalas variedades americanas dentro do seu dicionario e a súa gramática.

Os pronomes persoais de segunda persoa son un dos principais elementos de diferenciación entre dialectos. Na maioría da España peninsular, emprégase para o singular e vosotros para o plural, reservando as formas usted e ustedes para o trato formal. En toda América Latina, existe unha única forma de plural na segunda persoa (ustedes); na Arxentina, Uruguai e Paraguai, utilízase vos para a segunda persoa singular (este uso aparece tamén en moitos outros países latinoamericanos, pero non se atopa tan estendido a tódolos niveis sociais coma neses tres).

Existen tamén diferenzas fonéticas (coma o seseo) e léxicas.

Trazos caracterizadores respecto doutras linguas románicas

Táboa de vocabulario

Esta táboa presenta unha comparativa do castelán con outras linguas romances.

Latín vulgar Francés Italiano Castelán Occitano
(Linguadociano)
Catalán
(Central)
Galego Romanés
clave(m) clef chiave llave clau clau chave cheie
nocte(m) nuit notte noche nuèit/nuèch nit noite noapte
cantare chanter cantare cantar cantar cantar cantar a cânta
capra(m) chèvre capra cabra cabra cabra cabra capră
lingua(m) langue lingua lengua lenga llengua lingua limbă
platea(m) place piazza plaza plaça plaça praza piaţă
ponte(m) pont ponte puente pònt pont ponte pod
ecclesia(m) église chiesa iglesia glèisa església igrexa ---
hospitale(m) hôpital ospedale hospital espital hospital hospital spital
caseu(m) | formaticu(m) fromage formaggio queso formatge formatge queixo ---

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

Ligazóns externas

Tags:

Lingua Castelá NomesLingua Castelá HistoriaLingua Castelá Variantes e lingua estándarLingua Castelá Trazos caracterizadores respecto doutras linguas románicasLingua Castelá Táboa de vocabularioLingua Castelá NotasLingua Castelá Véxase taménLingua Castelá

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Manuel AntonioComarca da UlloaChayannePNavarraDécada de 1920Leopoldo García DuránCurtisPosicións sexuaisAVECSS1976Pena TrevincaAvilésCharlie HunnamSexo analContactDani AlvesPatricia García GonzálezAlgoritmoLuís Pérez BarralMaría VázquezAndrea MaceirasRío EoCatherine Zeta-JonesMicciónTrofeo ZamoraLingua irlandesaJuan Sarmiento PatiñoOrquestra e Coro de Lalín / Coral Polifónica de Melide / Coro de Cámara Ars Musicae (Fonoteca 92)HectágonoAs Pontes de García RodríguezFederación Galega de FútbolCamilo BrandínAbraham PérezCírculo de Belas Artes de Madrid1942MediaWikiRamón Otero PedrayoBruce WillisCastro de Santa TregaO imperio do solÉxtase (droga)BritanosMyanmarRusiaPanteón de RomaIchthyaetusToplessComunidade autónomaNicolás MaduroPartido Comunista dos Traballadores de EspañaÁngel María VillarSonsoles EspinosaJuan TouzónCameron DiazIchthyaetus leucophthalmusGuerra civil españolaPonte dos SantosFundación WikimediaLingua neerlandesaPrimeira guerra mundialA CoruñaSydney SweeneyPorto, PortugalA-6PegaSantanderRaquel AtanesEleccións municipais en RamirásAbrilAllarizAlemañaBetanzos🡆 More