Galizionario: Edición en lingua galega do Wiktionary

O Galizionario, tamén denominado Galicionario, é a versión en galego do Wiktionary, un dicionario multilingüe de contido libre que forma parte dos proxectos da Fundación Wikimedia.

Galizionario: Denominación, Características, Fitos
Logo do Galizionario.

Denominación

Creado o 6 de maio de 2004, o nome Galizionario fíxose oficial o día 21 de decembro de 2004 mediante votación da comunidade. O 31 de decembro do mesmo ano pasou a chamarse Galizionario, incorporando o prefixo Gali- no seu nome como xa se viña facendo na Galipedia.

Características

O Galizionario recolle vocábulos en todas as linguas xunto coas súas traducións ao galego, sendo as entradas máis numerosas as que se refiren á definición de termos en lingua galega.

Presenta moitas características iguais a outras versións do Wiktionary:

  • Diferenciación de maiúsculas e minúsculas iniciais.
  • Estrutura das entradas como as dun dicionario.
  • Presentación fixa dos datos, fornecendo categoría gramatical, etimoloxía, pronuncia (ficheiro de son e transcrición fonolóxica), definición de cada unha das acepcións, traducións a varias linguas, observacións de uso, táboas de flexión (conxugación ou declinación), palabras relacionadas, fraseoloxía etc.
  • Organización en categorías das entradas segundo a súa lingua e categoría gramatical, o cal permite xerar automaticamente listaxes de palabras segundo estes parámetros.
  • Listaxes de traducións bilingües, como é o caso do Dicionario Galego-Aragonés e o Dicionario Aragonés-Galego que tamén está no Biquizionario, o Wiktionary en aragonés.
  • Remisións ó proxecto Wiki galego, a Galipedia, cando existe un artigo homónimo relacionado.
  • Remisións a outros proxectos de Wiktionary.

Tamén, como outros proxectos de Wiktionary, presenta un importante uso de modelos, pois as entradas están moi estruturadas e fixadas.

É importante tamén que contén tamén entradas de carácter toponímico, nalgunhas palabras presenta corpus fraseolóxicos, clasificación onomasiolóxica e mesmo categorización dos fenómenos de evolución fónica dende a suposta etimoloxía.

Fitos

Galizionario: Denominación, Características, Fitos 
Crecemento do número de entradas no Galizionario
Galizionario: Denominación, Características, Fitos 
Linguas máis traducidas no Galizionario

A comezos de 2005, a versión en galego do Wiktionary era o terceiro dicionario da Fundación Wiki con máis entradas de todos os existentes naquel momento. O 20 de agosto do 2015 (data na que ocupaba o posto 44) acadaba as 44.867 páxinas, que contiñan máis de 55.700 entradas en 357 linguas; delas, máis de 19.600 eran do galego, pero tamén contaba cunhas 8.220 do castelán, 5.032 do italiano, 3.664 do francés, 2.849 do inglés, 1.732 do portugués, e outros idiomas, tanto da nosa contorna, como o latín, o catalán, o vasco, ou o alemán, como outras linguas máis afastadas, como o cheyenne, o chinés ou o suahili. Esta cantidade de palabras convérteo nun dos máis grandes da escasa lexicografía galega de dicionarios en liña e dicionarios bilingües non dirixidos ó castelán.

Desde o 23 de febreiro de 2006, o sistema (en contraste coa Wiki) permite crear entradas tanto en minúsculas como en maiúsculas para facilitar o uso da grafía máis precisa en cada caso.

O Galizionario, do mesmo xeito que a Wikipedia, baséase no software wiki e publícase baixo a licenza GFDL.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Galizionario DenominaciónGalizionario CaracterísticasGalizionario FitosGalizionario NotasGalizionario Véxase taménGalizionarioContido libreDicionarioFundación WikimediaLingua galega

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Noia69 (sexo)Arco do Triunfo de ParísNubeiroManuel Gallego VilaExaculaciónZorzaAndrés IniestaLugoBidueiroBragaHistoria de CroaciaGaliciaMaría Xosé QueizánAlberto Núñez FeijóoMonte de VenusNoruegaEduardo Blanco AmorBatalla de CacheirasAmeixa (froito)WikiContactInfinitivo conxugadoCohesiónAntón Alonso RíosHistoria de ChipreVorticelaWikipediaBipartito galegoTereixa ConstenlaRefraneiro galego sobre o mes de maioFieito realLingua xavanesaAves de rapinaXabier FortesPremio de Poesía Johán CarballeiraLimaAndoriñaLuis García-ReyAs Carballas, Tabeirós, A EstradaLista de siglas e acrónimosJoaquín SabinaHistoria de LimaDua LipaOtto von BismarckManuel Veiga TaboadaJodie FosterPeer-to-peerSuízaAntón Riveiro CoelloJuan Jacobo Durán LorigaSalvador IllaMuralla de LugoMar MediterráneoTaylor SwiftPilar Bermejo BarreraEleccións municipais de 2015 en GaliciaQEDO Pino, O PinoNacionalismo galegoItä-Helsingin KiekkoAlfabeto galegoGalaicosCastiñeiroCascudaEuropaIteBaroso, Ambosores, OurolHTML5Xogo🡆 More