O budismo é unha das grandes filosofías e relixións orientais, considerada ás veces como unha relixión non teística.
O budismo engloba unha gran variedade de tradicións, crenzas e prácticas baseadas en gran medida nas ensinanzas atribuídas a Siddhartha Gautama, que é comunmente coñecido como Buda, que significa "o iluminado". De acordo coa tradición budista, Buda viviu e ensinou na parte oriental do subcontinente indio nalgún momento entre os séculos VI a.C. e IV a.C.. El é recoñecido polos budistas como un mestre esperto ou iluminado que compartiu as súas revelacións para axudar aos seres sensibles a poñer fin ao seu sufrimento a través da eliminación do desexo e a ignorancia por medio do coñecemento e a visión da orixinación dependente, coa meta final de acadar o estado sublime do nirvana. O budismo está fundado sobre as chamadas Tres Xoias : os budistas declaran tomar refuxio no Buda (o fundador do budismo), no Dharma (a doutrina do Buda) e na Saṅgha (a comunidade dos crentes).
Xeralmente son recoñecidas dúas grandes ramas do budismo: Theravada ("A Escola dos Anciáns") e Mahayana ("O Gran Vehículo"). O Theravada ten un seguimento extenso en Sri Lanka e Sueste asiático (Camboxa, Laos, Tailandia, Myanmar etc). O Mahayana encóntrase pola Asia oriental (a China, Corea, o Xapón, Vietnam, Singapur, Taiwán etc) e inclúe as tradicións de Terra Pura, zen, Budismo Nichiren, Budismo tibetano, Budismo Shingon, e Tiantai (Tendai). Nalgunhas clasificacións, o Vajrayana —practicado principalmente no Tíbet e Mongolia, e as partes adxacentes da China e Rusia— é recoñecido como unha terceira rama, mentres que outras o clasifican como unha parte do Mahayana.
O budismo desenvolveuse a partir das ensinanzas difundidas polo seu fundador Siddhartha Gautama, entre os séculos VI a.C. e IV a.C. no nordés da India.
Iniciou unha rápida expansión ata chegar a ser a relixión predominante na India no século III a.C. Nese século, o emperador indio Aśoka o fixo a relixión oficial do seu enorme imperio, mandando embaixadas de monxes budistas a todo o mundo coñecido daquela. Non foi ata o século VII cando iniciou o seu declive na súa terra de orixe, aínda que daquela xa se expandira a moitos territorios. No século XIII chegara a case a súa completa desaparición na India, mais se propagara con éxito pola maior parte do continente asiático.
दिसो दिसं यं तं कयिरा वेरीवा पन वेरिनम् ।
मिच्छापनिहितं चित्तं पापियो नं ततो करे ॥
Diso disaṃ yaṃ taṃ kayirā verī vā pana verinam,
Michāpanihitaṃ citaṃ pāpiyo naṃ taṃ kare.
Sexa o que sexa o dano que un inimigo faga a outro,
Un corazón mal dirixido fai un dano aínda maior.
Na orixe, o budismo non é unha filosofía, senón unha « lección de cousas » (Dharma), o ensino da realidade, unha exposición do feito do sufrimento e do cesamento do sufrimento. Vén a ser unha filosofía e dentro de certas escolas unha relixión; considerada hoxe como unha ciencia do espírito.
Inspirada polos ensinos do « Buda histórico », un xefe espiritual que viviu no sec. V A.C. O seu verdadeiro nome era Siddhārta Gautama da familia Śākya nado en Kapilavastido (Utar Pradesh), da raíña Māyā e do rei Śuddhodana, dentro dunha familia de kṣatriya (casta dos nobres-guerreiros).
A vida do Buda é rica en lendas. O mundo hinduísta, nesa época, tiña importantes disensións filosóficas e especulativas ; e deste momento cando o xainismo fixo a súa aparición. Por ser significante ao seo do seu medio sociocultural, o budismo impregnase de hinduísmo, do cal adoptou numerosos conceptos como o ciclo das reencarnacións, saṃsāra, ou aínda a lei de retribución dos méritos e faltas cometidas no ciclo, o karma. O Buda subliña que non hai nin un deus, nin mensaxeiro dun deus, e que o seu sistema de pensamento non ten orixe divina, senón que trata sobre a comprensión da natureza do espírito humano, o cal podería ser redescuberto por calquera persoa cos seus propios medios e pola experiencia; o budismo dos orixes nin tiña mesmo a creación do mundo polos deuses, a noción de alma, a redención ou a revelación.
Os tres velenos do espírito pódense denominar así :
Os velos do espírito comportan por exemplo :
O Buda estimaba que as causas do sufrimento humano proveñen da incapacidade de percibir correctamente a realidade. Esta ignorancia é unha emoción, un factor mental perturbador e as ilusións que ela provoca conducen á avidez dos homes, ao seu desexo de posuír vantaxes sobre os demais, ao apego ou ao odio ás persoas ou cousas.
Estas tres características son universais, e coñecidas unha vez desenvolvida a visión directa da realidade (vipassana). Por isto, fai falla seguir un adestramento no desenvolvemento da nosa vixilancia (satipatana). O ser humano non é, xa que logo, unha cousa en si, unha entidade indestrutible (a pesar da ilusión que temos diso), senón a composición impermanente dos cinco agregados que son a forma, as sensacións, as percepcións, as formacións mentais e a conciencia. Estes agregados (skandhas) son impermanentes xa que tamén eles están sometidos á « produción condicionada » (pratîtya-samutpasda), teoría segundo a cal todo ten unha causa e unha consecuencia. Para os budistas, o ego non e máis que vacuo (shûnyatas). Co Nibbana (en sánscrito Nirvana) escápase as características de sufrimento e de impermanencia.
Debido aos tres velenos por unha parte, e á produción condicionada por outra , os homes son ameazados con renacer no samsasra (o ciclo das renacementos). O plano da existencia dentro do cal renacerán dependerá do seu karma, é dicir, das súas accións. Este renacemento non fai pois máis que prolongar indefinidamente o sufrimento. Conforme ao non-ego, este non é nin o mesmo, nin outro quen renace (este non é, como noutras relixións, unha alma inmortal quen se « reencarna »). O Buda propón de se espertar deste pesadelo, de romper as nubes de confusión e ilusión e ser iluminado pola realidade. Así se romperán o sufrimento e mailo ciclo kármico. El definiu o cumio do seu ensino como « a liberación do sufrimento » ou nirvāṇa.
A vía para acadar esa liberación vén dada nas catro nobres verdades (catāri ariyasacāni), e o nobre sendeiro óctuplo (ariyāṭṭaṅxika magga).
O Nobre Camiño Óctuplo (en sánscrito āryāṣṭāṅgamārga e en pali ariyo aṭṭhaṅgiko maggo) -a cuarta das Nobres Verdades de Buda- é vía que leva á cesación do sufrimento (dukkha), e consiste nun conxunto de oito factores ou condicións interconectados, que cando se desenvolven xuntos, levan á dukkha. Estes oito factores son: a Visión Correcta (ou Entendemento Correcto), Intención Correcta (ou Pensamento Correcto), a Palabra Correcta, a Acción Correcta, o Sustento Correcto, a Obra Correcta, a Atención Correcta, e a Concentración Correcta. Tamén chamado O Camiño do Medio, xa que evita os dous extremos que son a busca do benestar dentro da dependencia do pracer dos sensos e a busca do benestar dentro da practica ascética e de mortificación.
O Buda, tendo experimentado estes dous extremos, descubriu por experiencia o nobre camiño que doa visión e coñecemento, que conduce á calma, à visión profunda, ao nirvāṇa.
O camiño comporta oito categorías reagrupadas en tres disciplinas :
1) a sabedoría (prainas):
2) a moralidade, ou a disciplina (shîla)
3) a meditación, ou a concentración (samasdhi)
A última etapa do camiño é a sabedoría, consiste nunha visión directa da realidade (vipassana) obtida por un adestramento intensivo ao desenvolvemento da nosa vixilancia, a nosa atención, a nosa presenza de espírito (satipatana). Non se trata dunha practica, dunha crenza ou dun esforzo, mais do esforzo mínimo e natural: levar a nosa atención sobre os fenómenos físicas e mentais desde que aparecen, mentres que duran e ata que cesan.
O nome de 'Camiño óctuplo' foi recollido como nome para o esquema da moderna teoría de partículas en Física.
Dentro do budismo, a ética baséase no feito de que as accións do corpo, da palabra e do espírito teñen consecuencias para nós-mesmos e para os que nos arrodean. Hai dúas clases de accións, as accións kusala (nome pali significando hábil, favorable, positivo) e accións akusala (inane, desfavorable, negativa).
Dentro do budismo, unha acción non é, polo tanto, nin boa nin mala nela mesma, senón que é favorable ou desfavorable segundo a motivación e mailo estado de espírito que a sosteñen.
A ética búdica invítanos polo tanto a tomar conciencia dos estados de espírito dentro dos que nos atopamos e a partir dos que nós actuamos, falamos ou pensamos.
Estes principios son declinados dentro dos cinco preceptos, quen non son regras de prohibicións, senón guías de comportamento ético cara aos que nós podemos progresar. Pódense ver como o modo de funcionamento natural dunha persoa esperta.
Os cinco preceptos preséntanse xeralmente baixo a súa forma negativa :
Teñen tamén unha forma positiva, moi útil, aquí na primeira persoa:
Para os Budismo theravada, o espertar é a comprensión perfecta e mais a realización das catro verdades. Porén, para os adeptos do Budismo mahayana, o espertar ten máis que ver coa sabedoría e a toma de conciencia da súa propia natureza de Buda. O espertar permite ao home entrar no nirvāṇa. O ciclo kármico é roto para sempre.
Segundo as estatísticas de Adherentes.com, as avaliacións do número de budistas oscilan entre 230 e 500 millóns, xeralmente arredor de 350 millóns.
Despois da morte do Buda, a Saṅgha dividiuse en múltiples correntes e escolas. O budismo estendeuse desde a rexión de Bengala e de Sri Lanka cara a Indochina e Indonesia, a onde chegou no século I a.C.. Cara ao noroeste, estendeuse por Caxemira e o leste de Persia até chegar á China no século I. Da China pasou a Corea (372) e de aquí ao Xapón no século VI. No Tíbet introduciuse durante o século VII. A partir do século IX o budismo foi retrocedendo a causa da expansión musulmá e polos movementos dos pobos das estepas da Asia Central.
Hai dúas ramas principais de budismo : o Hinayana ("Pequeno Vínculo" ou "Pequeno Grupo", termo ás veces pexorativo ; ver tamén Theravada) e o Mahayana ("Gran Grupo" ou "Gran Vínculo"). O Theravada, única rama do "Pequeno Vínculo" que ten sobrevivido, corresponde ao budismo das orixes. É o máis común en Camboxa, Sri Lanka, Myanmar, Tailandia e Indochina, mentres que o Mahayana, forma posterior e máis popular, esténdese pola China, o Xapón, Corea e o Tíbet. O zen e unha das subdivisións mais coñecidas do Mahayana. O budismo tibetano e o budismo Shingon no Xapón, son formas de budismo vaghrayana, recoñecidas tanto como un novo vínculo como subdivisións do Mahayana. O budismo tibetano atópase no Tíbet, Nepal, Bután, Mongolia e no estado ruso de Kalmikia.
De acordo coa maioría de estudos de demografía relixiosa, hai entre 200 e 600 millóns de budistas, con 350 a 550 millóns a estimación máis amplamente aceptada. Isto fai do budismo a cuarta relixión con máis fieis por detrás do cristianismo, o hinduísmo, e o islam. Debido á natureza altamente sincrética das crenzas relixiosas no Leste de Asia, con todo, algúns cren que a poboación budista supera o billón. De acordo cos demógrafos Todd M. Johnson e Brian J. Grim,
“ | A demografía do budismo pode ser considerada de dous xeitos: budismo esencial e o budismo máis amplo. O budismo esencial inclúe a maioría das escolas de pensamento budista: Theravada, Mahayana, e Tibetano. O concepto de budismo máis amplo inclúe a todos os budistas do budismo esencial, mais todos os chineses de relixións tradicionais e a maioría dos outros chineses. A cosmovisión budista e os rituais clave afectan ao conxunto da cultura chinesa, incluíndo a moitos chineses que din ser agnósticos ou ateos. Nesta "máis ampla" definición é axeitado falar dun billón de budistas. | ” |
As estimacións son incertas por varias razóns:
O budismo foi a terceira relixión organizada máis antiga do mundo, e a maior do mundo durante boa parte da historia. En 1951, era a maior relixión do mundo con 520 millóns de adeptos, en comparación co cristianismo con 500 millóns de adeptos.
Aínda que a práctica do budismo é reducida en Galiza, porén no lugar de Ventoselo (Beariz), no concello ourensán de San Amaro encóntrase o maior centro budista de Europa, creado por iniciativa do lama Gueshe Tenzing Tamding.
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Budismo |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Budismo, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.