Aldea

Unha aldea ou lugar é unha división xeográfica correspondente a unha unidade de poboación.

As aldeas integran a parroquia e estas o concello, e están constituídas polos barrios ou lugares.

Aldea
Aldea de Santa Mariña na parroquia de Graba, concello de Silleda.
Aldea
Aldea do Cancelo, na parroquia de Baredo, no concello de Baiona.
As casas aldeáns, espalladas, forman un grupo natural de poucos habitantes, chamado "lugar". (...) Os "lugares", espallados, compoñen un agrupamento que se chama "parroquia". Esta entidade é o antigo clan dos celtas.

Presenza en Galicia

Demograficamente, Galicia caracterízase pola súa alta taxa de dispersión demográfica, o que, xunto a un elevado número de poboacións, fai que un 50% das entidades de poboación de España se atopen en Galicia, ocupando só o 5,8% da superficie total. Así, calcúlase que en Galicia existen un millón de topónimos e microtopónimos a maioría destes ligados a aldeas e lugares espallados por toda a xeografía do país. Outros expertos elevan este número ata uns tres millóns, é dicir, Galicia conta con máis topónimos que habitantes.

Nas últimas décadas Galicia vén sufrindo unha sangría de poboación rural que marcha cara ás cidades, quedando a miúdo as aldeas do rural baleiras. Segundo o Instituto Galego de Estatística (IGE), no ano 2007 o país tiña 1.261 lugares abandonados (sen un só habitante censado); no ano 2006 eran 1.183; en 2000 apenas superaban o millar. Ademais hai uns 1.700 lugares que só contan con un a tres veciños.

  • A aldea Dio-la dea.
  • A aldea empobrece, embilece e embrutece.
  • A peneira de María a tola anda a aldea toda.
  • Comprar a ricos na vila e vender a probes na aldea non é pra ter a casa chea.
  • Mozo de vila, regalo de aldea, Dios che llos de a quen os desea.
  • O da aldea, pola cidá non pasea.
  • Padriño de voda e alcalde de aldea, quen queira ser que o sea.
  • Parente na aldea, pra quen o desea.
  • Paxaro na aldea e reloj na poboación é unha equivocación.
  • Por mal que che va, vive na cidá. A aldea Dio-la dea.
  • Vale máis can da vila que rico da aldea.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Aldea Presenza en GaliciaAldea Refraneiro popularAldea NotasAldea Véxase taménAldeaBarrioMunicipioParroquia civil

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Manuel TurizoAndoriñaCastro de Punta do BicoPilar Bermejo BarreraCabo VerdeContactorJesús Gil y GilA fiestra valdeiraFernando AlonsoIrene FerrerasDavid PerdomoGheadaEpíforaLuís Pérez BarralTristán UlloaAntepretéritoProtocolo de transferencia de arquivosSusana FortesSalgueiro MaiaOtelo Saraiva de CarvalhoJorge Sanz MirandaParadigmas dos verbos irregulares galegosOs pronomes persoais galegosAlberto PomboAvesLista de siglas e acrónimosAbrilMomia de ManchesterCaso Asunta BasterraXosé Luís BernalEva MejutoMeteoGaliciaCreampieTerraMaría a BalteiraEstadio Municipal de RiazorO Pereiro de AguiarMiro VillarZorzaMar MediterráneoOtto von BismarckAWStatsGalaicosÍñigo AlfonsoCristiano RonaldoHistoria de GaliciaVacaLuis ZaheraEslovaquiaThe ArtistMedalla da Folga de FameCatedral de MilánLista de paísesPremios Follas Novas do Libro GalegoHoliIrmandades da FalaVerbos galegos ser, estar e irXosé Fortes633Padre CasaresEnciclopediaHLA-DPPink FloydCamilo Díaz BaliñoIndependentismo galegoAlmudena ChacónRaquel AtanesFernando AramburuMallorcaMiñocaMicenas🡆 More