Kenya: País do África oriental

Kenya oficialmente República de Kenya, é un país da África oriental e membro fundador da Comunidade Africana Oriental (CAO).

A súa capital e meirande cidade é Nairobi. O territorio de Kenya atópase no ecuador e superponse ó Rift de África Oriental cubrindo un extenso e diverso terreo que abrangue dende o lago Vitoria até o lago Turkana (antigamente chamado lago Rudolph) e cara ao sueste co océano Índico. Ten fronteira con Tanzania polo sur, con Uganda polo oeste, co Sudán do Sur polo noroeste, con Etiopía polo norte e con Somalia polo nordés. Kenya abrangue 581 309 km², e no 2014 tiña unha poboación aproximada de 45 millóns de persoas.

Modelo:Xeografía políticaKenya
Jamhuri ya Kenya (sw)
Republic of Kenya (en) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

HimnoEe Mungu Nguvu Yetu Editar o valor em Wikidata

Lema«Harambee (pt) Traducir» Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aMonte Kenya Editar o valor em Wikidata
Localización
Kenya: Etimoloxía, Historia, Xeografía Editar o valor em Wikidata
 0°06′N 38°00′L / 0.1, 3838°00′L / 0.1, 38
CapitalNairobi Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación48.468.138 (2017) Editar o valor em Wikidata (83,38 hab./km²)
Lingua oficialLingua suahili
lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie581.309 km² Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoMonte Kenya (5.199 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoOcéano Índico (0 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1963 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Órgano executivoGovernment of Kenya (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• President of Kenya (en) Traducir Editar o valor em WikidataWilliam Ruto (2022–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoParlamento do Quénia (pt) Traducir , Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal109.703.659.313 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
MoedaXilin kenyano Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.ke Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+254 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia112 e 999 Editar o valor em Wikidata
Código de paísKE Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webpresident.go.ke Editar o valor em Wikidata

Kenya ten un clima cálido, húmido e tropical na liña costeira do océano Índico. O clima é máis frío nas sabanas arredor da capital, Nairobi, e especialmente preto do monte Kenya, que ten neve de forma permanente no seu cumio. Máis no interior, na provincia de Nyanza, hai un clima quente e seco que se converte en húmido arredor do Lago Vitoria, o meirande lago tropical de auga doce do mundo. O lago dá paso ás zonas montañosas temperadas e boscosas da veciña rexión occidental. As rexións do nordés na fronteira con Somalia e Etiopía son áreas áridas e semiáridas case desérticas. Kenya é tradicionalmente famoso polos seus safaris, o clima e a xeografía diversos e polas súas grandes reservas e parques nacionais, como Parque Nacional de Tsavo Leste e Oeste, o Maasai Mara, o lago Nakuru e o Parque Nacional de Aberdare. Kenya ten varios lugares Patrimonio da Humanidade como a cidade de Lamu e varias praias famosas como Diani, Bamburi e Kilifi, onde se celebran cada ano competicións internacionais de vela.

A rexión dos Grandes Lagos Africanos, da cal forma parte Kenya, foi habitada polo ser humano dende o Paleolítico inferior. Arredor do primeiro milenio da nosa era, a expansión bantú chegou até a zona dende África Occidental e Central. As fronteiras do estado moderno comprenden a encrucillada das áreas níxer-congo, nilo-saharianas e afroasiáticas do continente, representando a maioría de grupos etnolingüísticos que hai en África. As poboacións bantú e nilóticos constitúen xuntas arredor do 97% dos habitantes do país. A presenza árabe e europea en Mombasa data de comezos da Idade Moderna, e a exploración europea do interior de África comezou no século XIX. O Imperio Británico estabeleceu o protectorado da África Oriental Británica en 1895, que en 1920 deu paso á Colonia de Kenya. Kenya obtivo a independencia en decembro de 1963. Segundo o referendo de agosto de 2010 e a adopción dunha nova constitución, Kenya está dividida en 47 condados semi-autónomos gobernados por gobernadores electos.

A capital, Nairobi, é o centro rexional do comercio. A economía de Kenya é a maior de África Oriental e Central. A agricultura é a principal actividade económica, e o país exporta tradicionalmente té e café, e máis recentemente, flores frescas cara a Europa. O sector terciario tamén é un importante aspecto da súa economía.

Etimoloxía

A palabra Kenya procede do nome kamba para o Monte Kenya, Kiinyaa. As prehistóricas erupcións volcánicas do Monte Kenya (hoxe extinto) puideron ser a orixe da súa asociación cunha divindade e co mito da creación entre grupos étnicos kikuyu, que son os habitantes nativos da área agrícola arredor do Monte Kenya.

No século XIX, o explorador alemán Johann Ludwig Krapf estivo co pobo kamba cando viu por vez primeira o monte. Cando preguntou polo nome da montaña, respondéronlle "Kĩ-Nyaa" ou "Kĩĩma- Kĩĩnyaa" probablemente porque a visión da rocha negra coroada de branco pola neve lles lembraba ás plumas dun avestruz. Os agikuyu, que habitan á beira do monte Kenya, Kĩrĩma Kĩrĩnyaga en Kikuyu, que é bastante semellante ó nome kamba.

Ludwig Krapf rexistrou os dous nomes, Kenia e Kegnia (considerado como unha corrupción da versión kamba). Malia a controversia sobre o significado da palabra Kenya, está amplamente aceptado que foi o nome da montaña o que lle deu o nome ó país.

Historia

Xeografía

    Artigo principal: Xeografía de Kenya.

Kenya atópase situada no leste de África, nas costas do Índico. Limita ao norte con Sudán e Etiopía, ao nordeste con Somalia, ao oeste con Uganda, ao sur con Tanzania e ao leste co océano Índico.

A superficie total de Kenya é de 582.650 km², e conta con 536 km de costa no océano Índico. O clima varía do tropical na zona costeira ao árido no interior.

O Monte Kenya, que dá nome ao país, encóntrase no centro do territorio, ao norte de Nairobi, é o cume máis alto do estado e o segundo de África, tralo Kilimanjaro. Este último está tamén parcialmente en Kenya, mais a súa cima máis elevada emprázase na súa totalidade o territorio de Tanzania.

Economía

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas


Kenya: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Tags:

Kenya EtimoloxíaKenya HistoriaKenya XeografíaKenya EconomíaKenya NotasKenya Véxase taménKenyaComunidade Africana OrientalEcuador terrestreEtiopíaLago TurkanaLago VitoriaNairobiOcéano ÍndicoSomaliaSudán do SurTanzaniaUgandaÁfrica oriental

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

ChayanneIsabel Díaz AyusoOs Castros, A CoruñaJosé Manuel LageMichael DouglasTorre de HérculesCopa Mundial de Clubs da FIFADineínaFútbolHototogisuBetanzosRyan GoslingÉdith PiafP versus NPUnión SoviéticaMáximo Ramos1950Dani CarvajalMichael JacksonAtentados do 11 de marzo de 2004 en MadridColombiaAna RomaníDaniel Vega PérezWindsurfLes XXSistema nervioso centralAccidente de ChernóbilLandeteValladolidTraxe galegoFrancisco SampedroÁlex FidalgoChen Shui-bianEconomía de GaliciaReal OviedoAngelina JolieÑMoucho comúnEthel VázquezManuel Sanjurjo ManteigaTamara CanosaJorge C. AlonsoEmma WatsonSydney SweeneyÁngel Martínez PérezProvincia de LugoInhalantesRosa ParksProvincia de PalenciaColocación do pronome átono en galegoRianxoA Coruña2003Carrizo (paxaro)Sitio webAlacantPortadaTopless1951Posición do canNacionalismo galegoSalgueiro2024BicarbonatoGastronomía de GaliciaMiguel TelladoPuenteDragon BallAlbaceteCataluña🡆 More