Xapón: País insular situado no Extremo Oriente asiático

O Xapón (en xaponés: 日本 Nihon ou Nippon; oficialmente 日本国, Nihon-koku Ja-nippon_nihonkoku.ogg Nippon-koku, literalmente: "Estado do Xapón") é un país insular situado no Extremo Oriente asiático. Circundado polo leste polo océano Pacífico e polo oeste polo mar do Xapón, ao oeste está a China, Corea do Norte, Corea do Sur e Rusia, estendéndose dende o mar de Okhotsk ao norte, até o mar da China Oriental e Taiwán ao sur. Os caracteres que compoñen o nome do Xapón significan 'sol orixe', polo que o país é chamado ás veces a "Terra do Sol Nacente".

Modelo:Xeografía políticaXapón
日本 (ja) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

HimnoKimigayo Editar o valor em Wikidata

Símbolo oficialSasakia charonda (Bolboreta)
Faisão-verde (pt) Traducir (aves)
Sumo (deporte)
Chrysanthemum morifolium (flor)
Sakura (árbore) (flor) Editar o valor em Wikidata
AlcumeСтрана Восходящего Солнца, Terra del sol naixent, The Land of the Rising Sun, ארץ השמש העולה, Land der aufgehenden Sonne, 日出る国, Pays du Soleil levant e Країна Сонця, що сходить Editar o valor em Wikidata
Localización
Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política
Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política Editar o valor em Wikidata
 35°N 136°L / 35, 136136°L / 35, 136
CapitalToquio (1943–) Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación125.440.000 (2022) Editar o valor em Wikidata (331,88 hab./km²)
Lingua oficiallingua xaponesa Editar o valor em Wikidata
RelixiónXintoísmo, budismo e cristianismo Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie377.972,28 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porMar do Xapón, Océano Pacífico, Mar de Ojotsk, Mar da China Oriental e Mar de Filipinas Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoMonte Fuji (3.776 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoHachirōgata (pt) Traducir (−4 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación 3 de maio de 1947:  (Constituição do Japão (pt) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Día festivo
Organización política
Forma de gobernomonarquía constitucional (1947–sen valor) Editar o valor em Wikidata
• Emperador Editar o valor em WikidataNaruhito (2019–) Editar o valor em Wikidata
Órgano executivoGoverno do Japão (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Primeiro-Ministro (pt) Traducir Editar o valor em WikidataFumio Kishida (2021–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoKokkai , Editar o valor em Wikidata
Máxima autoridade xudicialSuprema Corte do Japão (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal5.005.536.736.792 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
MoedaIen Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.jp Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+81 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia119, 110 e 118 Editar o valor em Wikidata
Código de paísJP Editar o valor em Wikidata

Twitter: JapanGov Editar o valor em Wikidata

O país nipón é un arquipélago estratovolcánico composto por 6 852 illas. As catro maiores e principais illas son Honshu, Hokkaido, Kyūshū e Shikoku, que en conxunto constitúen aproximadamente o 97% da superficie terrestre nacional. O Xapón é ademais o décimo país máis poboado do mundo, con máis de 127 millóns de habitantes. Na súa capital Toquio residen máis de 9 millóns de persoas, sendo a sexta cidade con maior poboación do mundo, e a súa área metropolitana é a concentración urbana maior do mundo, con máis de 36 millóns de habitantes.

Investigacións arqueolóxicas indican que as illas estaban habitadas xa no Paleolítico superior, aínda que non hai ningunha referencia escrita que fale do Xapón até o século I. A historia do Xapón caracterízase pola influencia doutras rexións, principalmente a China e posteriormente a Europa occidental. Dende o século XII até o ano 1868 o Xapón foi gobernado por sucesivas ditaduras militares feudais (shogunatos) en nome do emperador. Este longo período de illamento no que estaba somerxido non terminou até o ano 1853 cando unha frota dos Estados Unidos exerceu a presión para forzar a apertura do país a Occidente. Logo de case dúas décadas de conflito interno e insurrección, o emperador Meiji foi restituído como xefe de Estado en 1868. Este proclamou o Imperio do Xapón e converteuse no símbolo divino da nación. A finais do século XIX e comezos do XX, unha serie de vitorias na primeira guerra sino-xaponesa, na guerra ruso-xaponesa e na primeira guerra mundial permitiron ampliar o territorio do Imperio durante un período de crecente militarismo. A segunda guerra sino-xaponesa de 1937 espallouse ata formar parte da segunda guerra mundial no 1941, rematando no 1945 tralo bombardeo atómico de Hiroshima e Nagasaki. Dende a adopción da Constitución revisada de 1947, o Xapón mantén unha monarquía constitucional unitaria, cun emperador (Tennō) e un parlamento democrático chamado Kokkai, no sistema coñecido como Dieta do Xapón.

Xapón é membro das Nacións Unidas, do G7, do G8 e do G20, e está considerado unha das principais potencias mundiais. No 2015 era o terceiro país do mundo por PIB nominal e o cuarto por PIB de paridade de poder adquisitivo, así como o cuarto maior exportador e importador mundial. Aínda que o Xapón renunciou oficialmente ao seu dereito a declarar a guerra, mantén unha forza militar moderna usada para funcións de autodefensa e mantemento da paz, cuns dos maiores orzamentos mundiais. É un país desenvolvido cun alto nivel de vida e un Índice de Desenvolvemento Humano alto, coa maior esperanza de vida e a terceira menor mortalidade infantil do mundo, na primeira posición en canto a número de premiados co Nobel de Asia. É o primeiro país no Global Competitiveness Report de 2015-2016 e o primeiro país asiático no Índice Global de Paz. Foi tamén o primeiro país de Asia anfitrión duns Xogos Olímpicos de verán e inverno.

Etimoloxía

O vocábulo Xapón (Nippon/Nihon 日本, significado literal: 'a orixe do sol'), deriva da pronuncia chinesa do nome. O carácter 日 é a evolución dun círculo cun punto central que representa ao sol, e 本 representa a raíz dunha árbore e tamén ten o significado de orixe. A expresión «País do Sol Nacente» ou «Terra do Sol Nacente» fai referencia a esta etimoloxía do nome en xaponés. Antes de que Nihon pasase a ser de uso oficial, Xapón era coñecido como Wa (?) ou Wakoku (倭国?).

O nome en xaponés, Nippon, é utilizado en selos e en eventos deportivos internacionais, mentres que Nihon é empregado máis comunmente dentro do Xapón. A versión occidental e galega, Xapón, provén do nome chinés. Na lingua malaia a palabra chinesa transformouse en Jepang e foi máis tarde adoptada polos mercadores portugueses do século XVI que foron os primeiros en introducir o nome en Europa.

Historia

Prehistoria e antigüidade

Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Ola do período Jōmon

Os primeiros rexistros culturais coñecidos de habitantes no arquipélago xaponés datan do ano 30 000 a. C. aproximadamente. Esta cultura primitiva foi seguida ao redor do ano 14 000 por unha cultura semi-sedentaria mesolítica-neolítica, incluíndo antepasados dos ainu e yamato contemporáneos, marcando o comezo do período Jōmon caracterizado por unha agricultura rudimentaria. Consérvanse exemplares de utensilios e recipientes de barro procedentes deste período que están entre os máis antigos do mundo. Ó redor do ano 300 a. C. o pobo Yayoi comezou a entrar nas illas xaponesas, mesturándose co pobo Jōmon. Este período Yayoi deu lugar á introdución de prácticas como a agricultura en mollado do arroz, un novo estilo de olaría, e metalurxia, procedentes da China e Corea.

O primeiro rexistro escrito no que aparece Xapón dáse na obra chinesa chamada o Libro de Han. Segundo outro texto histórico chinés, os Rexistros dos Tres Reinos, o reino máis poderoso no arquipélago xaponés durante o século III chamábase Yamatai, e estaba gobernado pola monarca Himiko. O budismo introduciuse por primeira vez no Xapón procedente de Baekje, Corea, e tivo a promoción do príncipe Shōtoku, aínda que o subsecuente desenvolvemento do budismo xaponés tivo a súa influencia principal na China. Malia a resistencia inicial, o budismo fomentouse dende a clase gobernante e gañou unha aceptación xeral no comezo do período Asuka (592-710). Trala morte do emperador Shōtoku no ano 622 e tras un período de guerras civís, o emperador Kōtoku deu inicio á reforma de Taika, na que se nacionalizou toda a terra do Xapón para distribuíla de forma equitativa entre os agricultores, e na que se ordenou unha compilación dun rexistro de vivendas como base para un novo sistema de recadación de impostos.

O período Nara (710-784) estivo marcado polo xurdimento dun estado xaponés centralizado, co seu centro na Corte Imperial de Heijō-kyō (Nara). Este período caracterízase pola aparición dunha literatura nacente así como polo desenvolvemento da arte e arquitectura de inspiración budista. Nesta época Xapón sufriu unha serie de desastres naturais, incluíndo incendios, secas, fame e varias enfermidades, como unha epidemia de varíola entre os anos 735 e 737, na que se estima que faleceu entre un cuarto e un terzo da poboación do país naquel tempo. No ano 784 o emperador Kanmu trasladou a capital dende Nara ata Nagaoka-kyō para posteriormente movela de novo a Heian-kyō (Quioto) no ano 794.

Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Edificio principal e pagode do templo Hōryū-ji, Patrimonio da Humanidade.

Isto marcou o comezo do período Heian (794-1185), no que xurdiu unha cultura xaponesa indíxena, destacada pola súa arte, olaría e prosa. A obra de Murasaki Shikibu 源氏物語 (Genji Monogatari?) e as letras do himno nacional do Xapón, o Kimigayo, foron escritas nesta época. Durante este período o poder da Corte Imperial foi en declive. A Corte centrouse en loitas de poder internas e nos intereses artísticos dos nobres, non prestando suficiente atención á administración e goberno fóra da capital. O budismo seguiu espallándose neste período principalmente a través de dúas seitas principais, a Tendai do monxe Saichō e a Shingon do monxe Kūkai. O budismo Terra Pura (Jōdo-shū, Jōdo Shinshū) acadou unha gran popularidade no final do século XI.

No ano 1156 xurdiu unha disputa sobre a sucesión ao trono na que os dous pretendentes rivais (o emperador Go-Shirakawa e o emperador Sutoku) contrataron os clans Taira e Minamoto procurando obter o trono pola forza. Durante a guerra que sucedeu, o clan Taira liderado por Taira no Kiyomori derrotou ao clan Minamoto. O resultado da guerra deu lugar a unha rivalidade entre ámbolos dous clans, que provocou a Rebelión Heiji no ano 1160. O clan Minamoto, liderado por Yoritomo, conseguiu a vitoria decisiva no ano 1185 na Batalla de Dan-no-ura, e Yoritomo e as súas forzas pasaron a ser os rexedores de facto do Xapón.

Era feudal

Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Samurais loitando nas invasións Mongois, obra de Takezaki Suenaga, 1293

A era feudal do Xapón caracterizouse polo xurdimento e dominación da clase gobernante de guerreiros, os samurai. En 1185 o samurai Minamoto no Yoritomo foi nomeado shogun polo emperador Go-Toba, establecendo a súa base en Kamakura. Trala súa morte, o clan Hōjō chegou ao poder coma rexentes dos shoguns. A escola de budismo zen introduciuse dende a China no período Kamakura (1185-1333) e tornouse popular entre a clase samurai. O shogunato Kamakura repeleu as invasións Mongois de Kublai Khan nos anos 1274 e 1281, pero foi eventualmente derrocado na Restauración Kenmu por parte do emperador Go-Daigo, quen posteriormente foi derrotado por Ashikaga Takauji no ano 1336.

Ashikaga Takauji estableceu o shogunato en Muromachi, Quioto, dando así comezo ao período Muromachi (1336-1573). O shogunato Ashikaga acadou o seu punto culminante na época de Ashikaga Yoshimitsu, e a cultura baseada no budismo zen seguiu prosperando. Isto deu paso á cultura Higashiyama, que continuou ata o século XVI. Por outra banda, o shogunato Ashikaga non conseguiu controlar os xefes de guerra feudais (daimyo), dando lugar a unha guerra civil (a guerra Ōnin) no ano 1467 que marcou o comezo do período Sengoku ('Estados en guerra').

Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Mapa das principais familias daimyo no 1570

Durante o século XVI, comerciantes e misioneiros xesuítas procedentes de Portugal chegaron ao Xapón por primeira vez, iniciando un intercambio comercial e cultural directo entre o Xapón e occidente. Isto permitiulle a Oda Nobunaga obter tecnoloxía e armas de fogo occidentais, que empregou para conquistar a moitos outros daimyos. A consolidación do seu poder deu comezo ao que se coñece como período Azuchi-Momoyama (15731603). Tralo seu asasinato no ano 1582, o seu sucesor Toyotomi Hideyoshi unificou a nación en 1590 e levou a cabo dúas invasións de Corea sen éxito nos anos 1592 e 1597.

Tokugawa Ieyasu actuou como rexente do fillo de Hideyoshi e usou a súa posición para gañar apoios políticos e militares. Na guerra que tivo lugar, conseguiu derrotar os clans rivais na Batalla de Sekigahara no ano 1600. Tokugawa Ieyasu foi nomeado shogun polo emperador Go-Yōzei en 1603, e estableceu o shogunato Tokugawa en Edo (Toquio). Este shogunato ditaminou medidas como o buke shohatto, un código de conduta para controlar os daimyo autónomos, e a política isolacionista sakoku ("país pechado") no 1639, que deron lugar a máis de 250 anos de tenue unidade política coñecidos como o período Edo (1603-1868). O estudo das ciencias occidentais, coñecido como rangaku, continuou a través do contacto co enclave holandés de Dejima en Nagasaki, e tamén comezou neste período o chamado kokugaku ("estudos nacionais"), o estudo do Xapón por parte dos xaponeses.

Época moderna

O 31 de marzo de 1854 o Comodoro Matthew C. Perry e as chamadas "Black Ships" da Armada dos Estados Unidos de América forzaron a apertura do Xapón cara ao mundo exterior por medio do Tratado de Kanagawa. Varios tratados posteriores con países occidentais no período Bakumatsu provocaron diversas crises políticas e económicas no país. A resignación do shogun deu lugar á Guerra Boshin e ao establecemento dun estado centralizado unificado baixo o emperador, coñecido co nome de Restauración Meiji.

Adoptando sistemas e institucións políticas, xudiciais e militares procedentes de occidente, introduciuse no país a Constitución Meiji e constituíuse a Dieta Imperial. A Restauración Meiji transformou o Imperio do Xapón nunha potencia mundial industrializada que comezou a procurar o conflito militar como medio de espallar a súa esfera de influencia. Tralas vitorias na primeira guerra sino-xaponesa (1894-1895) e na guerra ruso-xaponesa, Xapón gañou o control de Taiwán, Corea e a metade sur de Sakhalin. Neste tempo a poboación do Xapón medrou dende os 35 millóns de habitantes no ano 1873 ata os 70 millóns no ano 1935.

Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Nube de fume resultante do bombardeo atómico de Hiroshima

No comezo do século XX Xapón tivo un breve período de "democracia Taishō", ensombrecida polo cada vez maior expansionismo e militarización do país. A primeira guerra mundial permitiulle ao Xapón, como parte dos Aliados vitoriosos, ampliar a súa dominación territorial e a súa esfera de influencia.. Continuou a súa política expansionista ocupando Manchuria no ano 1931. Como resultado da condena internacional desta ocupación, Xapón abandonou a Liga de Nacións dous anos despois. En 1936 Xapón asinou o Pacto Anti-Comintern coa Alemaña Nazi, e o Pacto Tripartito de 1940 converteuno nunha das potencias do Eixe. En 1941 Xapón negociou o Pacto de Neutralidade soviético-xaponesa, que durou ata o ano 1945 coa invasión Soviética de Manchuria.

O Imperio do Xapón invadiu outras partes da China en 1937, precipitando a segunda guerra sino-xaponesa (1937-1945). O Exército Imperial Xaponés capturou a capital Nanjing e levou a cabo o masacre de Nanking. En 1940 comezou a súa invasión da Indochina Francesa, o que provocou que os Estados Unidos comezase un embargo de petróleo no Xapón. O 7-8 de decembro de 1941 as forzas xaponesas executaron un ataque sorpresa en Pearl Harbor, Malaya, Singapur e Hong Kong, declarando a guerra ós Estados Unidos e o Imperio Británico e involucrando así a ámbolos dous na guerra do Pacífico. Trala invasión soviética de Manchuria e os bombardeos atómicos de Hiroshima e Nagasaki en 1945, Xapón acordou unha rendición incondicional o 15 de agosto dese ano. A guerra supúxolle ao Xapón e ao resto dos países asiáticos millóns de vidas e a destrución de gran parte da súa industria e infraestrutura. Os Aliados, liderados polos Estados Unidos, repatriaron millóns de xaponeses dende colonias e campos militares de toda Asia, eliminando na súa maioría o dominio do Imperio Xaponés e restaurando a independencia dos territorios conquistados.

Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Distrito de Shibuya (Toquio) no 2015

En 1947 Xapón adoptou unha nova constitución que puxo énfase nas prácticas democráticas liberais. A ocupación aliada finalizou co Tratado de San Francisco no ano 1952 e o Xapón foi aceptado como membro das Nacións Unidas en 1956. O crecemento económico do país nos anos posteriores foi moi elevado, chegando a ser a segunda maior economía mundial. Este crecemento rematou a mediados dos anos 1990s cando Xapón sufriu unha gran recesión económica, da que o país comezou a dar sinais de recuperación coa chegada do século XXI. O 11 de marzo de 2011 Xapón sufriu o maior terremoto rexistrado na súa historia, que á súa vez provocou un tsunami que causou o accidente nuclear de Fukushima.

Goberno e política

Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Selo do Goberno do Xapón

Xapón é unha monarquía constitucional na que o poder do emperador é moi limitado. Como figura de estado representativa, a Constitución do Xapón defíneo como "o símbolo do Estado e da unidade do pobo". O poder executivo reside no primeiro ministro e nos restantes membros electos da Dieta, mentres que a soberanía queda establecida no propio pobo xaponés. Naruhito é o emperador do Xapón dende o 1 de maio do 2019, mentres que Naruhito é o seguinte na liña de sucesión ao Trono do Crisantemo.

O órgano lexislativo do Xapón é a Dieta Nacional, que se atopa en Chiyoda, Toquio. A Dieta é un corpo bicameral formado pola Cámara de Representantes con 480 asentos, escollidos mediante voto popular cada catro anos, e a Cámara de Conselleiros con 242 asentos, escollidos por medio de votación popular cada seis anos. Existe o sufraxio universal para os adultos maiores de 18 anos, e as votacións teñen lugar polo método de voto secreto. A Dieta estivo historicamente dominada polo Partido Demócrata e polo Partido Demócrata Liberal. Este último foi o partido máis votado dende o ano 1955, agás nun breve período entre 1993 e 1994 e dende 2009 ata 2012.

O primeiro ministro do Xapón é o xefe do goberno, nomeado polo emperador trala súa designación por parte da Dieta, e este é o encargado de designar os ministros do goberno. Trala vitoria do Partido Demócrata Liberal nas eleccións xerais do 2012, Shinzō Abe substituíu a Yoshihiko Noda como primeiro ministro o 26 de decembro de 2012. Malia que o emperador é quen nomea formalmente o primeiro ministro, a constitución do país require explicitamente que o emperador siga a designación da Dieta.

O sistema legal xaponés, historicamente influenciado polas leis chinesas, desenvolveuse de forma independente durante o período Edo, con textos como o Kujikata Osadamegaki. Porén, dende finais do século XIX o sistema xudicial baseouse en gran parte nas leis civís de Europa, particularmente nas de Alemaña. Como exemplo, no 1896 o goberno xaponés estableceu un código civil baseado nun bosquexo da Bürgerliches Gesetzbuch alemá, que permanece en efecto aínda que con modificacións trala segunda guerra mundial. A constitución require que o emperador promulgue a lexislación aprobada pola Dieta, sen darlle poder específico para opoñerse a ela. O sistema xudicial do Xapón está dividido en catro niveis básicos, sendo a Corte Suprema o nivel máis elevado, e o corpo principal da lei estatal xaponesa recibe o nome de "Seis Códigos".

Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Edificio da Dieta (国会議事堂 Kokkai-gijidō?) en Chiyoda, Toquio

Dereitos humanos

En materia de dereitos humanos, respecto á pertenza nos sete organismos da Carta Internacional de Dereitos Humanos, que inclúen o Comité de Dereitos Humanos (HRC), Xapón firmou ou ratificou:

Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  Xapón Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  Status dos principais instrumentos internacionais de dereitos humanos
CESCR CCPR CERD CED CEDAW CAT CRC MWC CRPD
CESCR CESCR-OP CCPR CCPR-OP1 CCPR-OP2-DP CEDAW CEDAW-OP CAT CAT-OP CRC CRC-OP-AC CRC-OP-SC CRPD CRPD-OP
Pertenza Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  Firmado e ratificado, Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  firmado pero non ratificado, Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  nin firmado nin ratificado, Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  sen información, Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  accedeu a firmar e ratificar o órgano en cuestión, pero tamén recoñece a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes.

Relacións internacionais e forzas armadas

Xapón é membro do G8, do APEC e do ASEAN, e participa no Cumio do Leste Asiático. O país asinou tamén un acordo de seguridade con Australia en marzo do 2007 e coa India en outubro do 2008. É o quinto doante mundial de axuda oficial ao desenvolvemento, con máis de oito mil millóns de euros achegados no 2014. Estado membro das Nacións Unidas dende 1956, Xapón serviu como membro non permanente do Consello de Seguridade durante un total de 20 anos. É un dos membros do G4 que procura ser membro permanente do Consello de Seguridade.

O país atópase no medio de diversas disputas territoriais cos seus veciños: con Rusia sobre as Illas Kuriles do Sur, con Corea do Sur sobre as Rochas Liancourt, coa China e Taiwán sobre as Illas Senkaku, e coa China sobre a zona económica exclusiva ao redor de Okinotorishima. Tamén se atopa en disputa con Corea do Norte debido aos seus secuestros de xaponeses e do seu programa nuclear.

Xapón mantén un dos orzamentos militares máis altos do mundo, malia que as súas forzas armadas, que reciben o nome de Forzas de Autodefensa do Xapón, están limitadas polo Artigo 9 da Constitución do Xapón, que obrigou ao país a renunciar ao seu dereito de realizar declaracións de guerra ou empregar as súas forzas armadas en disputas internacionais. O Ministerio de Defensa do país controla estas forzas, formadas principalmente polas Forzas Terrestres de Autodefensa do Xapón, as Forzas Marítimas de Autodefensa do Xapón e as Forzas Aéreas de Autodefensa do Xapón. No século XXI, Xapón participou en varias operacións de paz. O envío de tropas a Iraq no 2004 marcou o primeiro uso fóra do país das súas forzas armadas dende a segunda guerra mundial, e as súas forzas armadas navais participan regularmente en exercicios RIMPAC.

Divisións administrativas

Xapón divídese en 47 prefecturas 都道府県 (Todōfuken?), cada unha co seu propio gobernador, lexislatura e administración propias. Consisten en 43 prefecturas ( ken?) propias, dúas prefecturas urbanas ( fu?, Osaca e Quioto), un "circuíto" o "territorio" ( ?, Hokkaido) e unha "metrópole" ( to?, Toquio). Cada prefectura divídese en cidades, vilas e distritos rurais. A comezos do século XX o país iniciou un proceso de reorganización administrativa, fusionando varias das cidades e vilas entre si, para reducir o número de rexións administrativas inferiores e reducir gastos administrativos.

Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 

Xeografía

    Artigo principal: Xeografía do Xapón.
Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Mapa topográfico do Xapón

Xapón ten un total de 6 852 illas que se estenden pola costa do océano Pacífico de Asia, entre as latitudes 24° e 46°N e as lonxitudes 122° e 146°L. As illas principais son, de norte a sur, Hokkaido, Honshu, Shikoku e Kyūshū. As illas Ryukyu, incluíndo Okinawa, son unha cadea de illas ao sur de Kyūshū. O conxunto de illas do país coñécese como o arquipélago xaponés. Ó redor do 73% do país é terreo forestal, montañoso e pouco axeitado para o uso agrícola, industrial ou residencial. Como resultado as zonas habitables localízanse principalmente nas zonas costeiras e presentan unhas densidades de poboación moi altas, facendo do Xapón un dos países con maior densidade de poboación do mundo.

As illas do Xapón localízanse nunha zona volcánica do Cinto de lume do Pacífico. Son principalmente o resultado de grandes movementos oceánicos que tiveron lugar durante millóns de anos dende mediados do Silúrico ata o Plistoceno, como resultado da subdución da Placa de Filipinas baixo a Placa Amuria e a Placa de Okinawa no sur, e a subdución da Placa do Pacífico baixo a Placa Okhotsk no norte. O Xapón estaba orixinalmente unido á costa leste do continente Euroasiático, e a subdución destas placas desprazouno cara ao leste abrindo o mar do Xapón hai uns 15 millóns de anos.

Xapón ten 108 volcáns activos. Durante o século XX emerxeron varios novos volcáns, incluíndo o Shōwa-shinzan en Hokkaido e o Myōjin-shō nas Rochas Bayonnaise no Pacífico. Os sismos son habituais na zona, resultando con frecuencia en tsunamis. O Gran Terremoto de Kantō de 1923 provocou a morte de máis de 140 000 persoas, e o Terremoto de Sendai acadou unha magnitude de 9.0 o 11 de marzo do 2011, causando un gran tsunami. Pola súa localización dentro do chamado "Anel de Lume do Pacífico", Xapón é substancialmente propenso a este tipo de fenómenos naturais, sendo o país con maior risco de catástrofe natural do mundo segundo o World Risk Report de 2013.

Clima

Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Mapa da Clasificación climática de Köppen do Xapón.

O clima do Xapón é predominantemente temperado, pero presenta unha gran variación de norte a sur. As características xeográficas do país dividen o seu clima en seis zonas climáticas principais, as de Hokkaido, mar do Xapón, Rexión de Koshin, mar Interior de Seto, océano Pacífico e illas Ryukyu. Hokkaido é a zona que se atopa máis cara ao norte e presenta un clima continental húmido, con invernos longos e fríos e veráns temperados. Nesta zona as precipitacións non adoitan ser en grandes cantidades, pero é habitual a acumulación de neve no inverno.

Na zona climática do mar do Xapón, na costa oeste de Honshu, os ventos estacionais do noroeste provocan nevadas abundantes no inverno. No verán esta rexión ten temperaturas máis baixas que a zona do Pacífico, aínda que por veces poida ter temperaturas moi altas debido ao efecto Föhn. A Rexión de Koshin, no centro do país, ten un clima continental húmido típico, con grandes diferenzas de temperaturas entre o verán e o inverno e entre a noite e o día. As precipitacións aquí son lixeiras, con frecuentes nevadas no inverno. As montañas das rexións de Chūgoku e Shikoku protexen o mar Interior de Seto dos ventos, facendo que teña un clima moderado durante todo o ano.

A costa do Pacífico ten un clima subtropical húmido, con invernos temperados de nevadas ocasionais e veráns húmidos e calorosos debido aos ventos estacionais do sueste. As illas Ryukyu teñen un clima subtropical con invernos temperados e veráns calorosos. Nestas zonas as precipitacións adoitan ser abundantes, concentrándose principalmente na estación de chuvias.

A temperatura media do inverno no Xapón é de 5,1 °C e a temperatura media do verán está nos 25,2 °C. A temperatura máis alta rexistrada no país foi de 40,9 °C, o 16 de agosto de 2007. A estación principal de chuvias comeza en maio en Okinawa, e a fronte de chuvias trasládase gradualmente cara ao norte ata chegar a Hokkaido a finais de xullo. En gran parte de Honshu a estación de chuvias comeza antes de mediados de xuño e ten unha duración dunhas seis semanas. Os tifóns son habituais na zona a finais do verán e comezos do outono.

Biodiversidade

Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Macacos xaponeses no Parque Nacional Jōshin'etsu-kōgen, na Rexión de Chūbu.

Xapón ten nove ecorrexións forestais que reflicten o clima e xeografía das illas. Estas van dende bosques húmidos subtropicais de frondosas en Ryūkyū e as illas Bonin, pasando por bosques temperados de frondosas e mixtos nas rexións máis temperadas das illas principais ata os bosques temperados de coníferas nas porcións invernais máis frías das illas do norte. Xapón posúe máis de 90 000 especies de vida silvestre, incluíndo o oso pardo, o macaco xaponés, o can mapache, o roedor Apodemus speciosus e o urodelo Andrias japonicus. O país ten unha extensa rede de parques nacionais establecidos para protexer zonas de importancia de flora e fauna, así como 37 zonas húmidas Ramsar. Catro lugares do país están inscritos na lista de Patrimonio da Humanidade da UNESCO pola súa importancia natural. Estes lugares son as illas Bonin, Shirakami-Sanchi, o Parque Nacional Shiretoko e Yakushima.

Medio ambiente

Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Smog en Toquio no 2007.

Trala segunda guerra mundial Xapón experimentou un período de rápido crecemento económico no que o goberno restou importancia ás políticas ambientais en favor das corporacións industriais. Como resultado disto, a contaminación ambiental foi abundante durante as décadas de 1950 e 1960. En resposta da cada vez maior preocupación por este problema, o goberno do país introduciu varias leis de protección ambiental en 1970. A crise do petróleo de 1973 foi outro factor importante na procura de usos máis eficientes de enerxía no país debido á súa falta de recursos naturais. As leis de protección ambiental máis recentes inclúen medidas para reducir a contaminación atmosférica urbana, a mellora da xestión de residuos, a eutrofización da auga, a conservación da natureza, a redución dos efectos do cambio climático, o manexo de substancias químicas e a cooperación internacional para a conservación do medio ambiente.

En contraste con estas políticas, e malia os cada vez maiores investimentos en enerxías renovables no país, a data de xuño de 2015 máis de 40 centrais térmicas de carbón estaban en fase de planificación ou en construción no Xapón. Xapón encadrouse na 39ª posición do Índice de Desempeño Ambiental do 2016, índice que mide o compromiso dos países co sostemento medioambiental. Como asinante do Protocolo de Quioto e anfitrión da conferencia de 1997 na que se creou, o Xapón está baixo a obriga de reducir as súas emisións de dióxido de carbono e tomar outras medidas para reducir os efectos adversos do cambio climático.

Economía

Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Crecemento real do PIB no Xapón dende 1956 ata 2008

O crecemento da economía moderna do Xapón comezou no período Edo, e algúns elementos sobreviventes desta época son as rutas de transporte por terra e mar, así como instrumentos financeiros como os contratos de futuros, banca e seguros dos negociantes de arroz de Osaca. Durante o período Meiji, dende o ano 1868, Xapón expandiuse economicamente coa adopción da economía de mercado. Moitas das empresas actuais fundáronse nesa época, e o Xapón pasou a ser unha das nacións máis desenvolvidas de Asia. O período de crecemento económico xeral que tivo lugar dende os anos 1960 ata os anos 1980 foi denominado o "Milagre xaponés", cunha media de crecemento económico dun 7,5% nos anos 1960 e 1970, e dun 3,2% nos anos 1980 e comezos dos anos 1990.

Este crecemento freouse nos anos 1990 durante a denominada "Década perdida" debido aos efectos da burbulla financeira e inmobiliaria no Xapón e as políticas gobernamentais dirixidas a reducir os excesos especulativos dos mercados inmobiliarios e de valores. Os esforzos para revivir o crecemento económico non tiveron éxito e víronse prexudicados aínda máis polo efecto da burbulla de internet do 2000. A economía do país comezou a recuperarse a partir do ano 2005, cun crecemento do PIB dun 2,8%, por riba dos índices de crecemento dos Estados Unidos e da Unión Europea durante o mesmo período.

A agricultura xaponesa abrangue o 13% do seu territorio e o país é o segundo con maior volume de capturas de peixe cun 15% do total global, só por detrás da China, mentres que no conxunto da economía global do país, o sector de servizos representa uns tres cuartos do PIB total do país. A data de 2010, a forza de traballo do país nipón era duns 65,9 millóns de traballadores. Malia que Xapón ten unha taxa de desemprego baixa, dun 3,2%, ao redor duns 20 millóns de persoas, un 17% da poboación, atopábase baixo a liña de pobreza no ano 2007. A vivenda no país nipón é limitada debido á pouca dispoñibilidade de terreo nas áreas urbanas.

Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Taxa de cambio do Ien fronte ao Euro dende 1999

A moeda oficial do Xapón é o Ien (símbolo ¥ e código JPY). É a terceira divisa máis empregada no Mercado Internacional de Divisas tralo dólar estadounidense e o euro. No 2015 Xapón era a terceira maior potencia económica do mundo en termos de PIB nominal, só por detrás dos Estados Unidos e a China, e a cuarta potencia económica mundial en termos de PPA, tralos Estados Unidos, a China e a India. A data de 2014, a débeda pública do Xapón estaba estimada en máis do 200% do seu PIB anual, sendo a maior débeda pública de tódolos países do mundo. En agosto de 2011, a axencia de cualificación Moody's rebaixou a clasificación da débeda pública do Xapón dende o "Aa3" ata o "Aa2" debido ao nivel de déficit e débeda do país dende a recesión global de 2009, agravados tamén polos efectos do terremoto e tsunami de Sendai de 2011.

Xapón estaba no posto número 34 da lista do Ease of doing business index de 2015. O sistema capitalista xaponés presenta características con variacións distintivas: as empresas "keiretsu" teñen unha grande influencia, e o emprego de por vida xunto ós ascensos baseados na experiencia laboral son relativamente comúns no mundo laboral xaponés. As compañías xaponesas son coñecidas por empregar métodos de xestión como a "The Toyota Way", e o activismo dos accionistas é escaso. Posúe unha gran capacidade industrial, sendo fogar dalgunhas das maiores e máis tecnoloxicamente avanzadas produtoras de vehículos de motor, electrónica, ferramentas, aceiro e outros metais non ferrosos, barcos, substancias químicas, téxtiles e alimentos procesados. Algunhas das maiores empresas do Xapón son, entre outras, Toyota, Nintendo, NTT DoCoMo, Canon, Honda, Takeda Pharmaceutical, Sony, Panasonic, Toshiba, Sharp, Nippon Steel, Nippon Oil e Seven & I Holdings Co.. Xapón ten algúns dos maiores bancos do mundo, e a Bolsa de Toquio, coñecida polos índices Nikkei 225 e TOPIX, é a segunda maior do mundo en canto a capitalización de mercado. No 2006 326 empresas da lista Forbes Global 2000 tiñan a súa orixe no Xapón.

Exportacións e importacións

Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Principais destinos das exportacións do Xapón no 2005

No 2015 o total de exportacións do Xapón superou os 643 mil millóns de euros. A data de 2012 os principais mercados para as exportacións xaponesas eran a China (18,1%), os Estados Unidos (17,8%), Corea do Sur (7,7%), Tailandia (5,5%) e Hong Kong (5,1%). Estas exportacións consisten principalmente en equipamento, vehículos de motor, produtos de ferro e aceiro, semicondutores e pezas de automóbiles. O total de importacións acadado polo Xapón no 2015 chegou ós 667 mil millóns de euros. No 2012, as importacións do Xapón tiveron como principais mercados de orixe a China (21,3%), os Estados Unidos (8,8%), Australia (6,4%), Arabia Saudita (6,2%), os Emiratos Árabes Unidos (5,0%), Corea do Sur (4,6%) e Qatar (4,0%). Os principais produtos importados son maquinaria e equipamento industrial, combustibles fósiles, alimentos, químicos, téxtiles e materia prima para a industria. En termos de participación no mercado, os mercados domésticos do Xapón son os máis pechados de tódolos países pertencentes á OCDE. A comezos do século XXI baixo o goberno de Junichirō Koizumi, o país levou a cabo diversas reformas a prol da competitividade nos mercados, e os investimentos estranxeiros no país experimentaron un aumento notable.

Ciencia e tecnoloxía

Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Robot ASIMO de Honda no 2013

Xapón é un dos países líderes na investigación científica, particularmente nos campos da electrónica, automóbiles, maquinaria, enxeñaría sísmica, robótica, óptica, química, semicondutores e metalurxia. Cun total duns 700 000 investigadores, o país adica un orzamento para Investigación e desenvolvemento duns 130 mil millóns de dólares, o terceiro máis alto do mundo. Xapón é líder mundial na investigación fundamental, con 21 Premios Nobel nos campos da física, química e medicina, e tres gañadores da Medalla Fields. Xapón é o líder mundial na produción e uso de robots industriais, posuíndo a metade dos robots industriais do mundo no ano 2000, baixando ata un 20% (300 000 dun total de 1,3 millóns) a data de 2013.

A Axencia Xaponesa de Exploración Aeroespacial leva a cabo investigacións espaciais, planetarias e de aviación, así como o desenvolvemento de foguetes e satélites. Tamén participa na Estación Espacial Internacional, por medio do módulo Kibo que foi engadido á estación nos voos do Transbordador STS no ano 2008. Ademais do lanzamento dunha sonda espacial a Venus no 2010, a Akatsuki, os plans do Xapón para a exploración espacial inclúen o desenvolvemento e lanzamento da misión BepiColombo a Mercurio no 2018 e a construción dunha base lunar no 2030.

Enerxía

No 2013 o 45,7% da enerxía producida no Xapón procedeu do petróleo, o 24,2% do carbón, o 22,5% do gas natural, o 3,1% da enerxía hidroeléctrica. A produción de enerxía nuclear reduciuse case por completo en maio de 2012 parando case tódalas centrais nucleares do país, pasando dun 10,6% do total no 2010 ata un 0,4% no 2013, principalmente pola oposición pública resultante dos Accidentes nucleares de Fukushima I de marzo do 2011, malia que o goberno do país tentou convencer a opinión pública para volver a poñer en funcionamento algúns dos 50 reactores nucleares do país. Dous destes reactores, en Sendai, foron reiniciados o 11 de agosto e o 15 de outubro de 2015 Xapón carece de reservas de combustibles fósiles, polo que ten unha gran dependencia na importación de enerxía, polo que dende comezos do século XX tentou diversificar as súas fontes enerxéticas e manter niveis altos de eficiencia enerxética.

Transporte

Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Shinkansen E7 da compañía JR East

O sector do transporte no Xapón destaca pola súa eficiencia enerxética, xa que usa menos enerxía por persoa comparado con outros países desenvolvidos, principalmente grazas a unha gran porcentaxe de uso de ferrocarrís e as baixas distancias de viaxe. Por outra banda o transporte do país é un dos máis caros do mundo, principalmente debido aos altos impostos e peaxes e particularmente no transporte por estrada. No Xapón o sentido da circulación é polo lado esquerdo, e unha única rede de autoestradas de peaxe de alta velocidade establecida no 1957 conecta as principais cidades do país, con peaxes operadas por empresas privadas.

Dende a privatización do sistema ferroviario do país no ano 1987, existen ducias de empresas que compiten no mercado de transporte de pasaxeiros rexional e local. As principais destas compañías son varias do Japan Railways Group, Kintetsu Corporation, Seibu Railway e Keio Corporation. O país conta cunhas 250 liñas de trens Shinkansen de alta velocidade que conectan as principais cidades do país, trens que contan cunha reputación de gran puntualidade e seguridade. Chuo Shinkansen (中央新幹線?), unha liña de tren maglev en construción entre Toquio e Nagoya con plans de expansión ata Osaca, terá unha duración de viaxe estimada de 40 minutos entre Toquio e Nagoya e 67 minutos entre Toquio e Osaca, cunha velocidade máxima de 505 km/h.

Hai 175 aeroportos no Xapón, sendo o Aeroporto de Haneda o maior aeroporto doméstico e o segundo con máis tráfico de pasaxeiros de Asia. Os principais aeroportos internacionais son o Aeroporto Internacional de Narita, o Aeroporto Internacional de Kansai e o Aeroporto Internacional de Chūbu Centrair. No ano 2014 Xapón tiña o cuarto maior mercado aéreo de pasaxeiros do mundo, cun tráfico total de 110 544 000 pasaxeiros. O Porto de Nagoya é o maior porto marítimo e o de maior tráfico do país.

Demografía

    Artigo principal: Demografía do Xapón.
Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Pirámide de poboación do Xapón no 2010.
Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Evolución histórica e estimación da poboación total do Xapón.

A poboación do Xapón está estimada nuns 127 millóns de persoas, o 80% deles vivindo na illa Honshū. A sociedade xaponesa é culturalmente homoxénea, composta por un 98,5% de etnia xaponesa, con pequenas poboacións de estranxeiros. A poboación de orixe coreana, chinesa, filipina, brasileira (maioritariamente de ascendencia xaponesa), e peruana (de ascendencia xaponesa) conforman os poucos grupos étnicos minoritarios existentes no país. No ano 2003 había uns 134 700 occidentais non latinoamericanos e uns 345 500 expatriados latinoamericanos, dos que uns 274 700 eran brasileiros, formando a maior comunidade de estranxeiros no país.

O grupo nativo dominante é o pobo Yamato, mentres que os grupos minoritarios da rexión inclúen o pobo ainu e o pobo ryukyu, así como grupos sociais minoritarios como os burakumin. Tamén existen persoas con devanceiros mixtos incorporados ós Yamato, como por exemplo os procedentes das Illas Bonin. No 2014 os traballadores estranxeiros non nacionalizados ocupaban só o 1,5% da poboación total do país. O Xapón considérase un país etnicamente homoxéneo, e non hai unha estatística oficial do estado no que respecta á etnicidade, malia que existen estudos que describen o país como unha sociedade multi-étnica. Gran parte dos xaponeses ven o Xapón como unha sociedade monocultural, incluíndo representantes do goberno con diversas declaracións públicas neste respecto que recibiron críticas de membros das diversas minorías étnicas como os ainu.

Xapón ten a segunda maior esperanza de vida do mundo, acadando os 83,5 anos para os nados entre 2010 e 2015, e a terceira menor mortalidade infantil do mundo. A poboación xaponesa sofre dende finais do século XX e comezos do XXI un rápido envellecemento debido ao baby boom trala segunda guerra mundial sucedido por unha forte diminución na taxa de natalidade en anos posteriores. No 2012 aproximadamente o 24,1% da poboación tiña máis de 65 anos de idade, cunha proxección de que esta proporción chegue a case o 40% arredor do ano 2050.

Estes cambios na estrutura demográfica do país provocan unha serie de problemas sociais, particularmente un potencial declive na poboación traballadora e un aumento do custo dos beneficios sociais como o plan de pensións público. Ademais, os matrimonios e as persoas que non teñen fillos aumentaron considerablemente nos últimos anos. Segundo datos do 2011, a poboación do Xapón diminuíra por quinto ano consecutivo, baixando nunhas 204 000 persoas ata acadar os 126,24 millóns de habitantes. Este foi o maior declive de poboación do país dende o ano 1947, o primeiro no que se tomaron datos de poboación comparables. O terremoto e tsunami de Sendai de 2011 foi outro factor neste declive da poboación, causando unhas 16 000 mortes e 2 600 desaparicións a data de 2014. Outro dos problemas demográficos do país é o seu alto índice de suicidios, que no ano 2009 excederon os 30 000 por duodécimo ano consecutivo. O suicidio é a primeira causa de falecemento no país para persoas de menos de 30 anos de idade.

Diversas estimacións indican que a poboación do país vai diminuír ata un número de entre 95 e 100 millóns de habitantes cara ao ano 2050, polo que os investigadores e o goberno do país están a estudar posibles solucións a este problema. A inmigración e as axudas á natalidade adoitan suxerirse como posibles solucións para conseguir traballadores novos que poidan soportar economicamente a poboación cada vez máis avellentada do país. O Xapón acepta un número estable de 15 000 cidadáns por nacionalización (帰化 (naturalización?)) ao ano, pero segundo un informe de ACNUR no 2012 Xapón só aceptou 18 refuxiados dos máis de 2000 que solicitaron asilo no país.

Relixión

Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Templo Itsukushima preto de Hiroshima, Patrimonio da Humanidade.

O taoísmo e o confucianismo dende a China son as principais influencias das crenzas e costumes relixiosos xaponeses. O país ten liberdade relixiosa de acordo co Artigo 20 da súa constitución. Segundo diversas estimacións entre o 84% e o 96% da poboación xaponesa subscribe o budismo ou Shinto, incluíndo un gran número de seguidores dun sincretismo das dúas relixións. Estas estimacións están baseadas nas afiliacións individuais ós diversos templos, polo que outros estudos suxeriron que só o 30% da poboación se identifica realmente como pertencente a unha relixión. Segundo Edwin Reischauer e Marius Jansen, a finais do século XX entre o 70 e o 80% dos xaponeses non se consideraban crentes de ningunha relixión. Menos do 1% dos xaponeses son cristiáns, e outras relixións minoritarias inclúen o islamismo, o hinduísmo, o sikhismo e o xudaísmo xunto a numerosas novas relixións xurdidas no país dende mediados do século XIX. Malia todo, o nivel de participación en determinados eventos relixiosos é xeralmente alto, especialmente durante os diversos festivais xaponeses como o Hatsumōde ou o Aninovo Xaponés, e as rúas das cidades adoitan decorarse nas datas do Tanabata, Obon e polo Nadal.

Linguas

Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
A palabra Nihongo escrita en kanji.

Máis do 99% da poboación do Xapón fala xaponés como a súa primeira lingua. A lingua xaponesa é unha lingua aglutinante que se distingue por un sistema de honoríficos que reflicten a natureza xerárquica da sociedade xaponesa, con formas verbais e vocabulario particular que indican o status relativo do falante e do oínte. A escrita xaponesa emprega caracteres kanji e dous conxuntos de silabarios kana, así como o alfabeto latino e o sistema de numeración árabe.

Ademais do xaponés, na cadea de illas Ryukyu fálanse as linguas ryukyuanas, que inclúen a lingua amami, a lingua kunigami, a lingua de Okinawa, a lingua miyako, a lingua yaeyama e a lingua yonaguni, e forman parte da familia das linguas xapónicas. Malia os esforzos dos gobernos locais por aumentar o coñecemento sobre estas linguas tradicionais, poucos dos mozos xaponeses estudan estas linguas. A lingua ainu, que non ten relación probada co xaponés ou con calquera outra lingua, está en perigo de extinción, con tan só uns poucos falantes nativos restantes en Hokkaido.

Educación

As escolas de primaria, secundaria e as universidades foron introducidas no Xapón en 1872 como resultado da Restauración Meiji. Dende o ano 1947 a educación obrigatoria inclúe a educación primaria e a secundaria, que no seu conxunto duran un total de nove anos, dende os 6 ata os 15 anos de idade. Case tódolos mozos continúan a súa educación nun instituto sénior durante tres anos. Segundo o Ministerio de Educación do país, no 2005 ao redor do 75,9% dos graduados de instituto asistiron posteriormente a unha universidade, colexio maior, escola de negocios ou outras institucións educativas semellantes. As dúas universidades mellor valoradas do Xapón son a Universidade de Toquio e a Universidade de Quioto. O "Programa para a Avaliación de Estudantes Internacionais" coordinado pola OCDE valorou o conxunto do coñecemento xeral e capacidades dos estudantes xaponeses de 15 anos de idade como o sexto mellor do mundo.

Saúde

No Xapón o goberno nacional xunto ós locais fornecen un sistema de saúde. O pago de servizos médicos persoais ofrécese a través dun sistema de seguros de saúde universais que proporcionan unha relativa igualdade de acceso, con tarifas definidas por un comité gobernamental, e os cidadáns que non posúen un seguro por medio dun emprego poden participar nun programa nacional de seguros de saúde administrado polos gobernos locais. Dende o ano 1973 tódolos anciáns están cubertos por un sistema de seguros fornecido polo goberno, e tódolos pacientes poden escoller médicos e centros de saúde para os seus tratamentos médicos.

Crime e seguridade

Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Yakuza no festival Sanja Matsuri en Toquio.

A taxa de crime no Xapón atópase entre as máis baixas dos países desenvolvidos. No ano 2010 os corpos de seguridade do estado contaban cun persoal de máis de 290 000 membros nas forzas da Axencia Nacional de Policía e máis de 280 000 no corpo da Policía Prefectural, e no 2013 o país rexistrou unha diminución na súa taxa de criminalidade por undécimo ano consecutivo, acadando un mínimo histórico dende a metade do século XX. A posesión de armas está prohibida no país para o público xeral, os rifles de caza e espadas cerimoniais deben rexistrarse na policía e a manufactura e venda de armas está regulada por lei. A Yakuza é a mafia organizada orixinaria do país, cun total estimado de 58 000 membros no país no ano 2014, número que se foi reducindo dende a última década do século XX trala aprobación de diversas leis específicas promulgadas no país contra este tipo de organizacións.

Cultura

    Artigo principal: Cultura do Xapón.

A cultura xaponesa sufriu un gran desenvolvemento dende as súas orixes. A cultura contemporánea combina influencias de Asia, Europa e Norteamérica. As artes tradicionais xaponesas inclúen a artesanía de olaría e porcelana, dos quimonos, do lacado xaponés, das espadas xaponesas e dos bonecos tradicionais xaponeses, as actuacións de bunraku, kabuki, noh, danza e rakugo, e outras prácticas como a cerimonia do té xaponesa, o ikebana, as artes marciais xaponesas, a caligrafía xaponesa, origami, onsen, as gueixas e diversos xogos tradicionais. Xapón desenvolveu un sistema de protección e promoción das propiedades culturais tanxibles e intanxibles e dos Tesouros Nacionais do país.. Quince dos dezanove lugares inscritos como Patrimonio da Humanidade da UNESCO do país son pola súa importancia cultural.

Festivos do Xapón
Data Nome Tradución
1 de xaneiro 元日 (Ganjitsu?) Aninovo
Segundo luns de xaneiro 成人の日 (Seijin no Hi?) Día da maioría de idade
11 de febreiro 建国記念の日 (Kenkoku Kinen no Hi?) Día da Fundación Nacional
Sobre o 20 de marzo 春分の日 (Shunbun no Hi?) Día do equinoccio de primavera
29 de abril 昭和の日 (Shōwa no Hi?) Día de Shōwa
3 de maio 憲法記念日 (Kenpō Kinenbi?) Día da Constitución
4 de maio みどりの日 (Midori no Hi?) Día da vexetación
5 de maio こどもの日 (Kodomo no Hi?) Día dos nenos
Terceiro luns de xullo 海の日 (Umi no Hi?) Día dos océanos
11 de agosto 山の日 (Yama no Hi?) Día da montaña
Terceiro luns de setembro 敬老の日 (Keirō no Hi?) Día do respecto ós maiores
Sobre o 23 de setembro 秋分の日 (Shūbun no Hi?) Día do equinoccio de outono
Segundo luns de outubro 体育の日 (Taiiku no Hi?) Día da saúde e do deporte
3 de novembro 文化の日 (Bunka no Hi?) Día da cultura
23 de novembro 勤労感謝の日 (Kinrō Kansha no Hi?) Día do traballo
23 de decembro 天皇誕生日 (Tennō Tanjōbi?) Aniversario do emperador

Arte

Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Kinkaku-ji, parte dos Monumentos Históricos da Antiga Quioto

Os templos do Santuario de Ise están considerados como o prototipo da arquitectura xaponesa. Construídas na súa maioría con madeira, as casas tradicionais e moitos templos usan tatamis e portas corredías que separan as habitacións e os espazos interiores dos exteriores. A escultura xaponesa, principalmente en madeira, e a pintura xaponesa están entre as artes xaponesas máis antigas, con rexistros das primeiras pinturas figurativas que datan do 300 a. C. A historia da pintura xaponesa é un reflexo da síntese e competición entre a estética tradicional xaponesa e a adaptación de ideas importadas doutras culturas.

Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
A grande onda de Kanagawa, ukiyo-e de Hokusai

A interacción entre a arte xaponesa e a europea foi significativa durante a historia moderna. Como exemplo, os gravados ukiyo-e, que comezaron a exportarse no século XIX durante o movemento coñecido como Xaponismo, foron unha influencia importante no desenvolvemento da arte moderna occidental, particularmente no post-impresionismo. Algúns dos artistas de ukiyo-e máis famosos foron Hiroshige e Hokusai, quen acuñou o termo manga co que se coñece a banda deseñada xaponesa que se desenvolveu no século XX e acadou unha gran popularidade en todo o mundo. O cine de animación xaponés, coñecido como anime, tamén se fixo moi popular a finais do século XX, e os videoxogos xaponeses son uns dos máis populares dende a década de 1980.

Literatura

As primeiras obras literarias xaponesas son as crónicas Kojiki e Nihon Shoki e a antoloxía poética Man'yōshū, todas elas do século XVIII e escritas en caracteres chineses. A comezos do período Heian desenvolveuse o sistema de fonogramas coñecidos como kana (Hiragana e Katakana). A obra do século XX Taketori Monogatari (竹取物語?) está considerada a obra narrativa xaponesa máis antiga, mentres que un reconto da vida da corte no período Heian se dá na obra Makura no Sōshi (枕草子?) de Sei Shōnagon e a obra do século XI Genji Monogatari (源氏物語?) de Murasaki Shikibu adoita describirse como a primeira novela da historia.

Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Pergamiño ilustrado do século XII de Genji Monogatari

Durante o período Edo, os chōnin ('cidadáns') superaron á aristocracia samurai como produtores e consumidores de literatura no Xapón. A popularidade de obras de Saikaku é un exemplo deste cambio na lectura e autoría, mentres que Bashō reviviu a tradición poética do Kokinshū cos seus haiku) e escribiu o diario de viaxe poético Oku no Hosomichi (奥の細道?). A época Meiji viu un declive das formas literarias tradicionais debido á integración de influencias literarias occidentais. Natsume Sōseki e Mori Ōgai están considerados os primeiros novelistas modernos do Xapón, seguidos de Ryūnosuke Akutagawa, Jun'ichirō Tanizaki, Yukio Mishima e Haruki Murakami. O Xapón ten dous autores gañadores do Premio Nobel de Literatura, Yasunari Kawabata no 1968 e Kenzaburō Ōe no 1994.

Música

Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Grupo de kumi-daiko en Aichi

Xapón é o maior mercado para a música física do mundo, cun volume de vendas de 2000 millóns de dólares no ano 2014, e o segundo mercado global de música, cun valor total de vendas de 2600 millóns de dólares no 2014. Este mercado está dominado por artistas xaponeses, abarcando 37 dos 50 álbums e 49 dos 50 sinxelos máis vendidos no país durante o ano 2014. A música local é habitual nos múltiples locais de karaoke do país, nos que os propios selos discográficos teñen participación. A música xaponesa tradicional diferénciase da occidental en que adoita estar baseada en intervalos de respiración humana no lugar de usar unha notación matemática. A música folclórica xaponesa coñécese co nome de Min'yō, na que os cantantes adoitan ir acompañados de laúdes de tres cordas coñecidos como shamisen, así como de tambores taiko e dunha frauta de bambú chamada shakuhachi.

Gastronomía

A gastronomía xaponesa baséase na combinación de alimentos básicos, tipicamente arroz ou fideos, cunha sopa ou ramen e pratos de peixe, vexetais, tofu e outros alimentos semellantes, para engadir sabor ao alimento básico. A comezos da época moderna introducíronse novos ingredientes non empregados previamente, como por exemplo as carnes vermellas. A cociña xaponesa é coñecida pola súa énfase nos alimentos de temporada, na calidade dos ingredientes e na presentación. A gastronomía xaponesa tamén presenta un amplo conxunto de especialidades rexionais que se basean en receitas tradicionais e ingredientes locais. O peixe é un elemento común, servido en moitas ocasións cru en forma de sashimi ou suxi, e o marisco e vexetais adoitan fretirse cun lixeiro rebozado en forma de tempura. No 2010 a Guía Michelin outorgou a restaurantes do Xapón tantas estrelas Michelin coma ao resto de restaurantes do mundo xuntos.

Deporte

Xapón: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Combate de sumo no 2008 entre Asashōryū Akinori e Kotoshōgiku Kazuhiro.

Tradicionalmente o sumo está considerado o deporte nacional do Xapón, e as artes marciais como o judo, o karate e o kendo teñen tamén moitos practicantes e espectadores no país. Trala Restauración Meiji introducíronse moitos deportes occidentais no Xapón que comezaron a espallarse polo sistema educativo. Xapón foi o anfitrión dos Xogos Olímpicos de 1964 en Toquio, e por dúas veces dos Xogos Olímpicos de Inverno, os de 1972 en Sapporo e os de 1998 en Nagano. Toquio vai ser o anfitrión dos Xogos Olímpicos de 2020, o que o converterá na primeira cidade asiática en acoller uns Xogos Olímpicos en dúas ocasións. O Xapón é o país asiático con máis éxitos deportivos no rugby, e no 2019 vai ser o país anfitrión da Copa do Mundo de Rugby.

O béisbol tornouse no deporte máis popular no país dende mediados do século XX. A liga profesional do país, coñecida como Nippon Professional Baseball, estableceuse como tal no ano 1936. O fútbol acadou tamén unha gran popularidade no país dende o establecemento da J. League no ano 1992. O Xapón foi unha das sedes da Copa Intercontinental dende 1981 ata 2004 e foi anfitrioa do Mundial de Fútbol de 2002 xunto a Corea do Sur. A selección de fútbol do Xapón é un dos equipos asiáticos con máis logros deportivos neste deporte, con catro títulos da Copa Asiática na sección masculina e un título da Copa do Mundo de Fútbol no 2011 na súa sección feminina. O golf é outro dos deportes populares no país nipón, así como varias disciplinas de automobilismo como a serie Super GT e a Formula Nippon. Yuta Tabuse foi o primeiro xogador de baloncesto xaponés en xogar na NBA.

Notas

Todas as referencias en inglés agás cando se indique o contrario.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Tags:

Xapón EtimoloxíaXapón HistoriaXapón Goberno e políticaXapón Divisións administrativasXapón XeografíaXapón EconomíaXapón DemografíaXapón CulturaXapón NotasXapón Véxase taménXapón

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Julián MuñozEdurne PasabanCretáceo SuperiorLista de ríos de GaliciaFacebookXardaCosta do MarfilComunidade ValencianaDavid VillaTrofeo ZamoraPrimeira guerra mundialReino de GaliciaSingletonHolocaustoParlamento de GaliciaDineínaHard GZMartin Luther KingRosalía de CastroMadridSantillana del MarMieres, AsturiasRyan GoslingLingua casteláFernando HierroGuarda, PortugalBritanosFats DominoISBNXabier DeiveNúmeros EAmérica LatinaPadre CasaresBéjarReino UnidoHelicobacter pyloriAngkor WatFracción continua xeneralizadaRelación sexual humanaArtaiFonoteca 921989Gutzon BorglumSobreiraWikipediaComarca da UlloaWashington, D.C.BragaMalauiInfinity WardCeltas CortosMyanmarBud SpencerSantiago de CompostelaSiemens AGJosé Ortega y GassetColocación do pronome átono en galegoRianxoPaleolítico SuperiorFrancisco AsoreyIllas CanariasLareiraDécada de 1920Aymeric LaporteMucha e NuchaArriondasA-8Ácido alxínicoComadres das LetrasPadroádego de Protección da MullerBubelaCouto Mixto🡆 More