Lingua Chechena

O checheno é unha lingua caucásica do norte e unha das dúas linguas oficiais da Chechenia.

Os falantes desta lingua son capaces de se entender, en certa forma, cos falantes da lingua inguxa. O checheno ten varios dialectos. Calcúlase o número de falantes en torno de 1,3 millóns. O checheno escribíase co alfabeto árabe ata os anos 20. Anteriormente ao século XX, o árabe utilizábase para a maior parte das comunicacións na Chechenia, utilizando o checheno principalmente como lingua falada. O árabe perdeu popularidade e o ruso converteuse na lingua escrita coa chegada da Unión Soviética. A maioría dos falantes do checheno falan tamén fluentemente ruso. O alfabeto latino comezou a usarse para escribir o checheno en mediados dos anos 20 no canto do árabe. En 1938, foi adoptado o alfabeto cirílico. Coa declaración da República de Chechenia en 1992, a maioría dos falantes do checheno volveron a utilizar o alfabeto latino.

Checheno
Нохчийн/ Noxçiyn
Falado en: Rusia Rusia, Xeorxia Xeorxia
Rexións: Asia
Total de falantes: 1,3 millóns
Familia: Linguas caucásicas nororientais
 Checheno
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Lingua Chechena Chechenia
Regulado por: sen regulación oficial
Códigos de lingua
ISO 639-1: ce
ISO 639-2: che
ISO 639-3: che
SIL: CXC
Mapa
Lingua Chechena
Status
Lingua Chechena
O checheno está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO

Linguas derivadas

Os dialectos do checheno son o checheno das terras baixas (base da súa lingua literaria) e, segundo as formas adxectivais presentes en fontes rusas, o cheberlojskij, sharojskij, shatojsko-itumkalinskij, galanchzhojskij, akkinskij (a forma utilizada polos chechenos na área de Khasavyurt, en Daguestán, aos que se coñecen tamén como chechenos aukhov) e o dialecto montañés, dividido en dous subdialetos, o khildikharoiskij e majstinskij, modalidades propias dos chechenos que emigraron a Xeorxia oriental entre o século XVII e finais do XIX (mentres que en fontes xeorxianas estes chechenos procedentes das montañas, veciños das tribos do norte de Xeorxía Khevsur, Pshav e Tush, aparecen como "kist"). Así, os xeorxianos mencionan un dialecto kist', mentres a Enciclopedía Xeorxiana (soviética) mantén que os chechenos con residencia na Xeorxía oriental utilizan en contextos familiares un dialecto que é unha mestura de kist'-xeorxiano.

Gramática

Uslar foi o primeiro en levar a cabo un estudo erudito do checheno: a súa gramática, a segunda en orde dentro da súa serie de sete monogramas, apareceu en 1888. Jakovlev, pola súa banda, publicou en 1941 un extenso estudo sobre a sintaxe, mais a análise morfolóxica que realizou por separado, aínda que completada en 1939, non se publicou ata 1959.

O xogo de consoantes é máis simple en checheno que nas linguas caucásicas veciñas; non hai labialización, só unha lateral e as exectivas redúcense a seis. En total hai 34 consoantes, algunhas representando posicións alófonas e algúns sons exclusivos para empréstitos. As vogais son cinco basicamente: i, e, a, o, u, aínda que esta serie amplíase grandemente por palatalización, labialización, e nasalización. O acento tónico vai na primeira raíz da sílaba. Non hai xénero, tendo os nomes clase, número e caso. Os marcadores para formar o plural son -š e -y, como kor 'fiestra', plural kor.a.š; belxalo 'operário', plural belxaloy; nana 'nai', plural nanoy.

A numeración do 1 ao 10 é a seguinte: ši', qo', di', pxi', yalx, worh, barh, iss, itt; 20 tqa, 30 tqeitt, 40 šöztqa, 100 b'e. a conxugación do verbo é por clase gramatical sen referencia á persoa, distinguíndose modo, aspecto, tempo e número.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

Tags:

Lingua Chechena Linguas derivadasLingua Chechena GramáticaLingua Chechena NotasLingua Chechena Véxase taménLingua Chechena192019381992Alfabeto cirílicoAlfabeto latinoAlfabeto árabeChecheniaDialectoLingua inguxaLingua rusaLingua árabeSéculo XXUnión Soviética

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Á lus do candilExército Guerrilheiro do Povo Galego CeiveMasturbación coas mamasCarbohidratoSalvador Puig AntichConstitución española de 1812Belén CachafeiroInside Llewyn DavisReal Academia GalegaHannah ArendtOs biosbardosXavi HernándezFeces de Abaixo, Feces de Abaixo, VerínPortugalJosé González VázquezTrabanca Sardiñeira, O Carril, Vilagarcía de ArousaArenicola marinaTamara CanosaFrancisco FrancoÁlex FidalgoJosé Darse SobrinoJoan CrawfordAmesSalman RushdieEscudo de GaliciaContactorMondarizMaría do Socorro Ortega RomeroSarriaAbel CaballeroMuiñeiraA CoruñaCelso Emilio FerreiroLa escopeta nacionalHorteláLiga de Campións da UEFARoko (actriz)Nordés (vento)Bloque Nacionalista GalegoPaulo Carlos LópezCanle (enxeñaría)PO-206Ignacio CastroLista das canles de YouTube máis subscritasBrad PittGaliciaGonzalo Rodríguez MourulloGrupo NósFelipe Senén LópezCohesiónMarta DarribaAlgodónLingua galegaXoán Vicente ViqueiraLady GagaLareiraPaporroibo realKevin De BruyneLista de nomes masculinos en galegoAlbert EinsteinSuízaConcelloCamilo Díaz BaliñoRobin WilliamsGheadaAlberto Núñez FeijóoEnrique LísterClasificación histórica da Primeira división española de fútbolNeymarFesta dos maiosLista das aves de GaliciaRafael Nadal🡆 More