Google Translate

Google Translate (en inglés, Tradutor Google) é un sistema de tradución automática gratuíto proporcionado por Google Inc, baseado en datos estatísticos para traducir textos, documentos e páxinas web a outros idiomas.

Google introduciu o seu propio software de tradución en 2007, antes utilizaba o tradutor SYSTRAN, que é utilizado por outros servizos de tradución, como Babel Fish, AOL e Yahoo.

Google Translate
Logo
Google Translate
Tipopáxina web e neural machine translation
Data de fundación28 de abril de 2008
Fundador(es)Google
Na rede
https://translate.google.com, https://translate.google.us, https://translate.google.co.uk, https://translate.google.ca, https://translate.google.co.jp e https://translate.google.co.kr
editar datos en Wikidata ]

Características e limitacións

Google Translate, ao igual que outras ferramentas de tradución automática, ten as súas limitacións. Aínda que poida axudar ao lector a comprender a esencia dun texto noutro idioma, non sempre ofrece traducións precisas. O rendemento de Google Translate mellora canto menor é a lonxitude do texto orixinal. Este efecto é particularmente evidente nas traducións do chinés ao inglés. O equipo de investigación de Google desenvolveu o seu propio sistema de tradución estatística, que actualmente inclúe un sistema de tradución de voz para persoas con algún tipo de acceso limitado á información en calquera lingua. Con Google Translate os textos escritos en grego, devanágari, cirílico e árabe son transcritos de forma automática aos equivalentes fonéticos do alfabeto latino.

A mediados de novembro de 2009, Google Translate pasou a ter un aspecto máis minimalista. O formulario de tradución cambiou de aparencia e posición e incorporouse unha función máis rápida que traduce automaticamente ao escribir cada palabra. A mediados de 2010 incorporouse a función de escoitar calquera palabra, frase ou texto en calquera lingua.

Integración co navegador

Existen barras de ferramentas para varios navegadores que permiten o acceso directo ao servizo de tradución, e unha serie de extensións de Firefox para servizos de Google, en particular para o tradutor de Google. Tamén hai dispoñibles varios Google Gadgets que empregan o tradutor de Google para permitiren integralo con iGoogle e outras páxinas web. Os gadgets interactúan co usuario e utilizan a API de Google para poder realizar traducións. En febreiro de 2010, o tradutor de Google integrouse no navegador estándar de Google Chrome.

Metodoloxía de tradución

Google Translate non aplica regras gramaticais porque os seus algoritmos están baseados en análises estatísticas. O Google Translate está baseado na chamada tradución automática estatística e, máis especialmente, na investigación de Franz-Josef Och, que gañou o concurso de DARPA en velocidade de tradución automática en 2003. A partir dun numeroso corpo de texto bilingüe (ou colección paralela) e dous corpos monolingües cada un, aplícanse modelos estatísticos destes datos para traducir entre as linguas. Para adquirir esa enorme cantidade de datos lingüísticos, Google usa os documentos das Nacións Unidas, que están dispoñibles nas seis linguas oficiais (árabe, chinés, inglés, francés, ruso e español). Deste modo Google Translate dispón de seis corpos de linguaxe de traducións de 20.000 millóns de palabras.

Erros de tradución e rarezas

Dado que Google Translate usa un método estatístico para traducir en lugar dunhas regras de gramática, o texto traducido ás veces pode resultar sen sentido e conter erros obvios, moitas veces intercambiando termos comúns por termos comúns similares pero non equivalentes noutra lingua.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Google Translate Características e limitaciónsGoogle Translate Integración co navegadorGoogle Translate Metodoloxía de traduciónGoogle Translate Erros de tradución e rarezasGoogle Translate Véxase taménGoogle Translate2007Babel FishEstatísticaGoogleLingua inglesaTradución automáticaYahoo!

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Fallout (serie)Día das Letras GalegasGoretti SanmartínAlejandro Pérez LugínXela AriasArandoO comparativo galegoGarbiñe MuguruzaEduardo PondalPablo VioqueVitoriaGran Buda de LeshanHesbuláPablo CasadoGatipedroLista das árbores de GaliciaFC Bayern MünchenDiego Rivas RegoEspazo Común GaleguistaVilalba, Vilalba, VilalbaCopa da CostaHenrique VIII de InglaterraMariana EspósitoRamón PiñeiroMeteoGaliciaLista de xentilicios de concellos galegosAllMovieEl Restaurador (Vigo)Campo Labrado, Naraío, San SadurniñoSelección de fútbol de GaliciaÁreas lingüísticas do galegoRepública Popular da ChinaDiego AnidoTalía (musa)María do Socorro Ortega RomeroCinema pornográficoSambesugaRamón CamposMoisés Rodríguez PérezEl LuísXXX edición dos Premios GoyaCreampieUGrândola, Vila MorenaMesopotamiaRemolachaTuiHong KongCarballoUxío NovoneyraBiscaiaRosalía de CastroInternetToledoParísPeliqueiroPancho VillaMiñato comúnOlympe de GougesVila de CrucesBreogánEduardo Blanco AmorOs posesivos galegosCopretérito de indicativoÑAermacchi MB-326Australian Broadcasting CorporationXunta de GaliciaAstérixTrasar de Carballo, Cartelos, CarballedoPatricia Argerey VilarHórreo galegoAndoni OrtuzarMarta DoviroPartidos politicos de España inscritos de 1976 a 1980Eleccións municipais na Estrada🡆 More