Gaslighting

O gaslighting é un tipo de abuso psicolóxico en que se fai que alguén cuestione a súa propia realidade.

Consiste en negar a realidade, dar por sucedido algo que nunca aconteceu ou presentar información falsa. O obxectivo é facer que a vítima dubide da súa memoria, da súa percepción ou mesmo da súa cordura. Pode consistir en negacións simples por parte da persoa abusadora ou mesmo na escenificación de situacións estrañas co fin de desorientar a vítima.

Orixe

Gaslighting 
Ingrid Bergman na película Gaslight (1944)

O termo provén da obra de teatro Gas Light, de 1938, escrita polo inglés Patrick Hamilton. Fixéronse dúas adaptacións cinematográficas en 1940 e 1944.

Un home tenta convencer a súa muller de que está tola. Para iso manipula pequenos obxectos da súa contorna e insiste constantemente en que está equivocada ou que padece lagoas mentais cada vez que ela menciona eses cambios. O termo alude ás lámpadas de gas que o marido usa no faiado mentres busca o tesouro escondido. A muller repara en que o resto das luces da casa perden intensidade sen ningunha causa lóxica, pois o marido faille crer que saíu.

Uso

O termo vénse usando coloquialmente desde a década de 1970 para describir os esforzos de manipular o sentido de realidade dunha persoa. Nun libro de 1980 sobre o abuso infantil, Florence Rush mencionou a adaptación de 1944 de George Cukor e escribiu que «mesmo hoxe, a palabra gaslight é usada para describir o intento de alguén de destruír a percepción da realidade doutra persoa». O termo foi popularizado no libro Gaslighting: How to Drive Your Enemies Crazy de Victor Santoro, publicado en 1994, que expón tácticas ostensibelmente legais para manipular a outras persoas.

Na política

O termo gaslighting tende a ter unha maior efectividade cando a persoa abusadora se atopa nunha posición de poder.

O termo tense usado para describir casos de personaxes, tanto na política coma en medios de comunicación. Velaquí algúns casos:

  • As relacións exteriores de Rusia teñen sido descritas con este termo. O exército ruso negaba continuamente as manobras en Crimea en 2017 e manipulaba no seu beneficio propio a desconfianza entre os partidos políticos.
  • Nos EUA adoitaba empregarse o termo no ámbito xornalístico para describir os movementos de Donald Trump durante a campaña electoral de 2016, e tamén durante a súa lexislatura.
  • Tamén se empregou para describir as técnicas de acoso psicolóxico empregadas na República Democrática Alemá nas décadas de 1970 e 1980. Eran parte da Zersetzung ("tortura psicolóxica") exercida pola Stasi (a policía secreta), unha política destinada a paralizar a capacidade da xente "hostil" (politicalmente incorrecta ou rebelde) de actuar para evitar encarcerala inxustificadamente, xa que iso implicaría unha condena a nivel internacional.

Na música

  • A banda estadounidense Steely Dan inclúe no seu álbum Two Against Nature (2000) unha canción titulada «Gaslighting Abbie». Os músicos Walter Becker e Donald Fagen recoñeceron inspirárense no filme Gaslight de 1944, protagonizado por Charles Boyer.
  • En 2010 o grupo español Sidecars lanzou a súa popular canción «Luz de gas», incluída no seu disco Cremalleras. Neste caso, o tema está relacionado maiormente co propio fenómeno e non tanto coas adaptacións cinematográficas.
  • Luís Eduardo Aute, no seu tema «Una de dos», fai alusión a este tipo de manipulación na frase «a ti no puedo hacerte luz de gas».
  • Tino Casal, na súa versión do tema «Eloise», orixinalmente cantado por Barry Ryan en 1968, describe a mortificación á que o somete Eloise: «con tanta actividad me mortificas sen piedad, y ya no puedo más, tímida luz de gas».

Notas

Tags:

Gaslighting OrixeGaslighting NotasGaslightingInformación

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Eleccións ao Parlamento do País Vasco de 2020Os EoasElena CandiaCalígulaMalena MieresArxemundoAna María Fernández Martínez22 de abrilCedeiraTom CruiseMarçal MolinéAllMovieSuso DíazRusiaTalía (musa)Rosalía de CastroAbertzaleGaliciaImperio RomanoHarry S. TrumanCambio climáticoGame BoyMariana EspósitoJosep CarrerasAlgaEnciclopediaAlgas verdesYouTubeSoloA InternacionalAlbert OehlenMemorias dun neno labregoLuka ModrićManuel MaríaXián (nome)David BeckhamEleccións ao Parlamento do País Vasco de 2024Financial TimesAlternativa dos VeciñosBoiroVento feridoRodalies de CatalunyaGrupo EroskiAliados da segunda guerra mundialArgimiro Marnotes FernándezLista de programas de Televisión EspañolaPilar Abella1 de agostoIgrexa de Santa María do AzougueDiego AnidoClub Deportivo ArenteiroSuízaMar da China OrientalAbraham CupeiroChimpínVilalba, Vilalba, VilalbaAnimaciónVitoria OgandoHorteláRichard WagnerMonforte de LemosMMexillónLista de nomes masculinos en galegoCanle (enxeñaría)ProsaK'inich Janaab' PakalArroazBloggerPartido Nacionalista Vasco🡆 More