Xenebreiro: Especie de planta

O xenebreiro ou cimbro (Juniperus communis L.) é unha árbore ou arbusto dioico da familia das cupresáceas.

Características

Xenebreiro: Características, Subespecies, Usos 
Ilustración de Juniperus communis.

Dependendo da subespecie ten un porte moi variable, desde un arbusto mediano até superar os 10 metros.

Ten un tronco con moitas pólas e copa espesa. As follas son lineais, verdes, ríxidas, punzantes, cunha única banda de estomas branca na cara exterior (polo envés e polas marxes é verde) e insírense verticiladas de tres en tres. As flores femininas dispóñense en conos axilares, en forma de escama, de cor parda vermella. As flores masculinas, de cor amarela, teñen entre 2 e 3 mm de longo e caen pouco despois de esparexer o pole entre marzo e abril.

Por froitos ten gálbulos con forma de bagas elipsoidais ou esféricas de cinco a sete milímetros de diámetro, de cor negra purpúrea cando están maduras e cunha lene cor azulada como consecuencia dunha substancia cerosa, con tres sementes case ovaladas, pero angulosas nos seus extremos. A madeira, que tamén se coñece simplemente polo nome da planta, xenebreiro, é avermellada, forte e recendente.

Subespecies

  • Juniperus communis subsp. communis. Normalmente un arbusto ou pequena árbore, cun porte estreito e piramidal. Os verticilos están separados por entrenós xeralmente de maior tamaño cás follas. Atópase en lugares temperados, a baixa ou media altitude, moitas veces en bosques doutras especies, sobre todo caducifolias. É a subespecie de Juniperus communis máis espallada por Europa.
  • Juniperus communis subsp. alpina (Suter) Čelak (=Juniperus communis subsp. nana Syme, Juniperus alpina Gray, Juniperus sibirica Burgsd.). Chamada xenebreiro rastreiro, é un arbusto rastreiro que non chega a un metro e cuxas pólas fican a rente do chan. As follas miden de 5 a 15 mm, están curvadas cara ó ápice e reviradas cara a dentro agochando a cara. Os entrenós adoitan ser máis pequenos cás follas. Os gálbulos miden de 6 a 10 mm. É unha planta de zonas alpinas e subalpinas en climas temperados atopada tamén en áreas subárticas. En Galiza áchase nas maiores alturas (os Ancares, Pena Trevinca).
  • Juniperus communis subsp. hemisphaerica (J.Presl & C.Presl) Nyman (=Juniperus depressa Steven) é un arbusto de 3 ou 4 metros, aínda que tamén pode ter un porte deitado.

Usos

O xenebreiro é frecuentemente utilizado na horticultura como planta ornamental, xa que é demasiado pequeno para ser aproveitado como madeireiro. Porén, en Escandinavia a súa madeira emprégase na fabricación de caixas para produtos lácteos, como a manteiga, o queixo e tamén para facer cabos de coitelos.

As súas bagas teñen propiedades adstrinxentes mais son demasiado agres para consumilas crúas, polo que se venden secas para preparar mollos e recheos cos que adubar carnes. Adóitanse cascar antes de utilizalas para así liberar o aroma.

Tamén é frecuente usalas para aromatizar a xenebra. De feito, a denominación da propia árbore en francés, genévrier, foi a que deu lugar ó nome máis coñecido internacionalmente da bebida, gin, a través dun apócope da palabra francesa pero pronunciada á inglesa (o nome inglés da planta é juniper, que en ningún modo soaría "gin").

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

Ligazóns externas

Tags:

Xenebreiro CaracterísticasXenebreiro SubespeciesXenebreiro UsosXenebreiro Véxase taménXenebreiroArbustoCarl von LinnéCupressaceaeDioicoÁrbore

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Rosendo SalvadoGran Premio da China de 2024Valentín González FormosoRulaPlay-offs da Naisten Liiga 2023-2024Lista de xentilicios de concellos galegosRelación sexual humanaInglourious BasterdsVicente RiscoHistoria de AlbaniaFelipe Senén LópezLucía LapiedraLei Paz-AndradeGatoJennifer AnistonCarlo AncelottiRía da CoruñaHTML5Tupolev Tu-22MLusofoníaArnaldo OtegiLola ÍndigoBidueiro+CuñadosXosé González MartínezMariano BarbacidWikiquoteImanol IdiakezDe NinghuresChus PatoPedro ChoscoPíntega comúnCampo da Leña (A Coruña)Maribel VerdúRacing Club de FerrolLuís Pérez BarralJuan PardoCélula pancreática acinarMiguel Pampín RúaPremios da Crítica GaliciaEugenia TenenbaumLuis AragonésPalmaMosteiro de Santa María de OseiraParque da Natureza do Río BarosaVoo 587 de American AirlinesXavier QueipoPonte NafonsoMarina CastañoPedro RieloDaniel de la TorreRosario FloresDavid MellaAmerican Psycho (filme)RibadeoJavier Ozores LosadaLeninClaudio GiráldezRSSCoordenadas xeográficasA MezquitaJosé MondeloRaúl Santamaría GonzálezDióxido de xofreShakiraSabela (cantante)Canal de SuezPep GuardiolaSharon StoneTaylor SwiftSecundino FernándezNoelia ReyLucía Veiga🡆 More