Caiac

O caiac é unha embarcación de orixe esquimó fabricada tradicionalmente con pel de foca e cunha abertura na cuberta que se axusta ao corpo da persoa que a tripula.

Caiac
Caiac unipersonal

Deporte

Caiac 
Caiacs no glaciar Upsala. Parque Nacional Los Glaciares (Arxentina).

En deporte é unha variedade de canoa deportiva que se utiliza nos cursos fluviais de gran velocidade e que só ten descuberta a parte onde van os remeiros.

De un a catro tripulantes, na súa orixe era dun só tripulante, e usábase polos esquimós para pescar e cazar. O tripulante ou padexeiro acomódase sentado e orientado en dirección ao avance, a diferenza das embarcacións de remo, e propulsa a embarcación mediante unha pa de dupla folla ou culler que no necesita de apoio sobre o casco.

É unha embarcación longa (eslora) e estreita (manga). Nos seus deseños tradicionais era de cuberta pechada, só aberta na "bañeira" onde se sitúan os padexeiros. Existen na actualidade tantos deseños e variantes como usos potenciais, pero en xeral pode considerarse unha embarcación pequena en relación con outras, en ocasións de deseño extraordinariamente hidrodinámico e noutros casos de deseño compacto e manobrábel.

Dadas as súas características poden usarse caiacs en augas tranquilas (ríos, encoros, lagos ou piscinas), augas bravas (ríos de montaña ou canais de augas bravas) e no mar (incluso en mar aberto). Tal variedade de usos tradúcese nunha gran cantidade de modelos: de pista e descenso de ríos, de augas bravas, de caiac extremo, de rodeo, caiacs de surf, caiac de mar, de caiac-polo e de recreo, entre outras.

Tamén se denomina así unha regata de velocidade na que se emprega este tipo de embarcación.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Caiac DeporteCaiac NotasCaiac Véxase taménCaiacEsquimóFoca

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

MosWolfgang Amadeus MozartNoelia Rey1950BilbaoGuerra civil españolaAlfonso Daniel Rodríguez Castelao26 de marzoPalas de ReiMuhammad AliForcareiPeter Paul RubensHans KüngLingua irlandesaAlénBogotáViveiroMichael DouglasInés de CastroPatronato de Protección da MullerBatmanBenito SotoMaría MeraLaxeNayib BukeleSobreira25 de agostoA Veiga, AsturiasEmma BoninoRastroMario CaneiroPonte de RandeA Pobra do BrollónAllarizShakiraMar CantábricoO BierzoBrahim DíazDaniel BasteiroLista de episodios de SerramouraConor McGregorQandeel BalochComadres das LetrasUNESCOToni AcostaShinovaXeorxiaPili PampínVoxXavier Estévez FerreiroCanle (enxeñaría)Rafael NadalEdward SnowdenPatriarcado latino de XerusalénTemplo expiatorio da Sagrada Familia1917HispaniaTorre de HérculesCadros de Leonardo da VinciHolocaustoA-6CantabriaEdurne PasabanGino BramieriCatherine Zeta-JonesSanxenxo1942CicerónMercurio (planeta)Xosé Ramón Fernández-OxeaTraxe galego1975OviedoLingua galegaPartido PopularReino de Asturias🡆 More