Otan: Asociación militar internacional

A Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) (en inglés North Atlantic Treaty Organization, NATO e en francés Organisation du traité de l'Atlantique nord, OTAN), tamén denominada Alianza do Atlántico, Alianza do Atlántico Norte ou Alianza Atlántica, é unha alianza militar intergobernamental creada o 4 de abril de 1949 da que forman parte países de Europa e América. As súas funcións cambiaron dende a súa fundación: naceu como organización defensiva para conter ós países comunistas de Europa do leste, que se agruparon no chamado Pacto de Varsovia, e tras a caída do Muro de Berlín facilitouse a entrada a ditos países no tratado, de xeito que hoxe inclúe a maioría deles. No ano 1999 variouse o tratado para permitir outras misións diferentes da pura defensa. España que xa era membro da OTAN dende 1982 confirmou a súa permaneza no referendo do 1986, estatuto que logo ampliou ata a participación actual.

Modelo:Xeografía políticaOTAN
Imaxe
(2021)

Lema«Animus in consulendo liber (pt) Traducir» Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aTratado do Atlântico Norte (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Otan: Historia, Operacións militares, Países participantes Editar o valor em Wikidata
 50°52′46″N 4°25′34″L / 50.87931, 4.426114°25′34″L / 50.87931, 4.42611
Poboación
Lingua oficiallingua inglesa
lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
FundadorPaul-Henri Spaak, Lester Bowles Pearson, Gustav Rasmussen (pt) Traducir, Robert Schuman, Bjarni Benediktsson (pt) Traducir, Carlo Sforza, Joseph Bech (pt) Traducir, Dirk Stikker, Halvard Lange (pt) Traducir, José Caeiro da Mata (pt) Traducir, Ernest Bevin (pt) Traducir e Dean Gooderham Acheson (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Creación4 de abril de 1949 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Membro de
Identificador descritivo
Dominio de primeiro nivel.nato (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webnato.int Editar o valor em Wikidata
Facebook: NATO Twitter: NATO Instagram: nato LinkedIn: nato Youtube: UCHlEaKbepQ_S9iIoZPKVQew Flickr: 53299569@N03 Editar o valor em Wikidata

Actualmente o seu obxectivo principal é salvagarda-la soberanía e liberdade dos países membros por medios tanto políticos como militares. No ámbito da defensa, o Tratado establece que unha agresión a un país membro ou grupo de países membros será considerada como unha agresión a tódolos asinantes. Outro obxectivo é potencia-la comunicación con países non membros para estende-la estabilidade alén das fronteiras da OTAN.

O órgano de decisións máis importante da OTAN é o Consello Norte-atlántico que xunta a representantes dos 29 países anualmente.

Historia

O tratado de Dunkerque foi asinado o 4 de marzo de 1947 por Francia e o Reino Unido durante a posguerra da segunda guerra mundial e tras o inicio da guerra fría, como un Tratado de Alianza e Asistencia Mutua no caso de posibles ataques por parte de Alemaña ou da Unión Soviética. En marzo de 1948, esta alianza foi ampliada no Tratado de Bruxelas para incluír os países do Benelux, formando a Organización do Tratado de Bruxelas, comunmente coñecida como Western Union (Unión Occidental). As conversacións para unha alianza militar máis ampla, que podería incluír América do Norte, tamén comezaron ese mes nos Estados Unidos, onde a súa política exterior baixo a Doutrina Truman promoveu a solidariedade internacional contra as accións que consideraban como agresións comunistas, como o golpe de estado de febreiro de 1948 en Checoslovaquia. Estas conversacións resultaron na sinatura do Tratado do Atlántico Norte o 4 de abril de 1949 polos estados membros da Unión Occidental máis os Estados Unidos, Canadá, Portugal, Italia, Noruega, Dinamarca e Islandia. O apoio popular ao Tratado non foi unánime, e así en Islandia producíronse disturbios en marzo de 1949. O diplomático canadense Lester B. Pearson foi un autor clave e redactor do tratado.

Otan: Historia, Operacións militares, Países participantes 
Alemaña Occidental uniuse á OTAN en 1955, o que levou á formación do rival Pacto de Varsovia durante a guerra fría.

O Tratado do Atlántico Norte estivo en gran parte latente ata a Guerra de Corea (1950-1954) feito que dou iniciou o establecemento da OTAN para implementala cunha estrutura militar integrada. Isto incluíu a formación do Cuartel Xeral das Potencias Aliadas de Europa (Supreme Headquarters Allied Powers Europe, SHAPE) en 1951, que adoptou moitas das estruturas e plans militares da Western Union., incluíndo os seus acordos sobre a estandarización de equipos e sobre o estacionamento de forzas militares estranxeiras nos países europeos. En 1952 estableceuse o cargo de Secretario Xeral da OTAN cargo que ocuparia o xeneral británico Hastings Lionel Ismay (1952-1957) como xefe civil da organización. Ese ano tamén levouse a cabo o primeiro gran exercicio militar da OTAN, o Exercicio Mainbrace, e a adhesión de Grecia e Turquía á organización. Tras as Conferencias de Londres e París, permitiuse á Alemaña Occidental rearmarse militarmente, e a ingresar na OTAN en maio de 1955, o que foi, á súa vez, un factor importante na creación do Pacto de Varsovia, dominado polos soviéticos, que delimitou os dous bandos enfrontados da guerra fría.

A construción do Muro de Berlín en 1961 marcou un momento álxido nas tensións da guerra fría, cando 400.000 soldados estadounidenses destinados en Europa. As dúbidas sobre a solidez da relación entre os estados europeos e os Estados Unidos con altibaixos, xunto coas dúbidas sobre a credibilidade da defensa da OTAN fronte a unha posible invasión soviética, levaron ao desenvolvemento de armas nucleares por parte de Francia e á retirada desta da estrutura militar da OTAN en 1966. En 1982, a España recentemente democrática incorporouse á alianza.

As revolucións de 1989 en Europa conduciron a unha reevaluación estratéxica do propósito, da natureza, das tarefas e do enfoque da OTAN no continente. En outubro de 1990, a Alemaña do Leste pasou a formar parte da República Federal de Alemaña e polo tanto tamén da alianza. En novembro de 1990, a alianza asinou en París coa Unión Soviética o Tratado das Forzas Armadas Convencionais en Europa (CFE). O tratado obrigaba reducións militares específicas en todo o continente, que continuaron tras o colapso do Pacto de Varsovia en febreiro de 1991 e a disolución da Unión Soviética en decembro, que eliminou aos principais adversarios de facto da OTAN. Isto deu paso a unha redución do gasto e do equipamento militar en Europa. O tratado CFE permitiu aos asinantes retirar 52.000 pezas de armamento convencional nos seguintes dezaseis anos, e permitiu que o gasto militar dos membros europeos da OTAN diminuíse nun 28 por cento entre 1990 e 2015. En 1990 varios líderes occidentais deron garantías a Mikhail Gorbachev de que a OTAN non se expandiría máis ao leste, como revelaron os memorandos de conversacións privadas. Con todo, o texto final do tratado sobre o acordo final con respecto a Alemaña, asinado ese mesmo ano, non facía ningunha mención á cuestión da expansión cara ao leste.

Otan: Historia, Operacións militares, Países participantes 
A Caída do muro de Berlín en 1989 marcou un punto de inflexión no papel da OTAN en Europa, e esta sección do muro está agora exposta fóra da sede da OTAN.

Na década de 1990, a organización estendeu as súas actividades a situacións políticas e humanitarias que antes non eran preocupacións da OTAN. Durante a disolución de Iugoslavia, a organización realizou as súas primeiras intervencións militares en Bosnia de 1992 a 1995 e máis tarde no 1999 no bombardeo de Iugoslavia. Estes conflitos motivaron unha importante reestruturación militar posterior á guerra fría. A estrutura militar da OTAN foi recortada e reorganizada, con novas forzas, como o Corpo de Reacción Rápida do Cuartel Xeral do Comando Aliado en Europa.

Politicamente, a organización buscou mellores relacións cos novos estados autónomos da Europa Central e Oriental, e creáronse foros diplomáticos para a cooperación rexional entre a OTAN e os seus veciños durante este período de posguerra fría, incluíndo a Asociación para a Paz e a iniciativa Diálogo Mediterráneo en 1994, o Consello de Asociación Euroatlántica en 1997 e o Consello Conxunto Permanente OTAN-Rusia en 1998. No cume de Washington de 1999, Hungría, Polonia e a República Checa adheríronse oficialmente á OTAN, e a organización tamén publicou novas directrices para a adhesión, cun sistema individualizado para a "ampliación da OTAN". Estes plans regularon a incorporación de novos membros da alianza: Bulgaria, Estonia, Letonia, Lituania, Romanía, Eslovaquia e Eslovenia en 2004, Albania e Croacia en 2009, Montenegro en 2017 e Macedonia do Norte en 2020. A elección do presidente francés Nicolas Sarkozy en 2007 levou a unha importante reforma da posición militar de Francia, que culminou co regreso á súa condición de membro de pleno dereito o 4 de abril de 2009, e que tamén incluíu a reincorporación de Francia á estrutura do mando militar da OTAN, mantendo un elemento disuasorio nuclear independente.

O artigo 5 do Tratado do Atlántico Norte, esixe aos estados membros que acudan en auxilio de calquera estado membro suxeito a un ataque armado, e foi invocada por primeira e única vez ata o momento despois dos ataques do 11 de setembro., despois do cal se despregaron tropas en Afganistán baixo a Forza Internacional de Asistencia para a Seguridade (International Security Assistance Force, ISAF) dirixida pola OTAN. A organización exerceu unha serie de funcións adicionais desde entón, incluíndo o envío de adestradores militares a Iraq, a asistencia nas operacións de loita contra a piratería, e en 2011 impoñendo unha zona de exclusión aérea sobre Libia de acordo coa Resolución 1973 do Consello de Seguridade da ONU.

A anexión de Crimea por parte de Rusia levou a unha forte condena por parte de todos os membros da OTAN, e foi unha das sete veces que foi invocado o artigo 4, que pide consultas entre os membros da OTAN. En ocasións anteriores, foi invocado durante a guerra de Iraq e a guerra civil siria. No cume de Gales de 2014, os líderes dos estados membros da OTAN comprometéronse formalmente por primeira vez a gastar o equivalente de polo menos o dous por cento do seu produto interior bruto en defensa para 2024 feito que antes era só unha pauta informal. No cume de Varsovia de 2016, os países da OTAN acordaron a creación da presenza avanzada mellorada da OTAN, que despregou catro grupos de combate multinacionais do tamaño dun batallón en Estonia, Letonia, Lituania e Polonia. Antes e durante a invasión rusa de Ucraína en 2022, varios países da OTAN enviaron tropas terrestres, buques de guerra e avións de combate para reforzar o flanco oriental da alianza, e varios países volveron invocar o artigo 4. En marzo de 2022, os líderes da OTAN reuníronse en Bruxelas nun cumio extraordinario no que tamén participaron os líderes do Grupo dos Sete e da Unión Europea. Os estados membros da OTAN acordaron establecer catro grupos de batalla adicionais en Bulgaria, Hungría, Romanía e Eslovaquia, e elementos da Forza de Resposta da OTAN foron activados por primeira vez na historia da OTAN.

En xuño de 2022, a OTAN despregou 40.000 soldados ao longo do seu flanco oriental de 2.500 quilómetros de lonxitude para disuadir a agresión rusa. Máis da metade deste número despregouse en Bulgaria, Romanía, Hungría, Eslovaquia e Polonia, cinco países que reúnen unha considerable forza combinada ex-OTAN de 259.000 efectivos. Para complementar á Forza Aérea de Bulgaria, España enviou Eurofighter Typhoons, os Países Baixos enviaron oito avións de ataque F-35, e tamén chegaron avións de ataque franceses e estadounidenses adicionais.

A OTAN goza de apoio público nos seus estados membros.

Operacións militares

Primeiras operacións

A OTAN non levou a cabo ningunha operación militar durante a guerra fría. Tras o final da guerra fría, as primeiras operacións, Anchor Guard en 1990 e Ace Guard en 1991, foron impulsadas pola invasión iraquí de Kuwait. Enviáronse avións de alerta temperá para cubrir o sueste de Turquía e, posteriormente, despregouse na zona unha forza de reacción rápida.

Intervención en Bosnia e Herzegovina

Otan: Historia, Operacións militares, Países participantes 
Avións da OTAN que participan en bombardeos aéreos durante a Operación Forza Deliberada despois do masacre de Srebrenica

A guerra de Bosnia comezou en 1992, como consecuencia da disolución de Iugoslavia. A deterioración da situación levou á Resolución 816 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas, do 9 de outubro de 1992, pola que se ordenaba unha zona de exclusión aérea sobre o centro de Bosnia-Herzegovina, que a OTAN comezou a aplicar o 12 de abril de 1993 coa Operación Deny Flight. Desde xuño do 1993 ata outubro de 1996, a Operación Sharp Guard engadiu a aplicación marítima do embargo de armas e as sancións económicas contra a República Federativa de Iugoslavia. O 28 de febreiro de 1994, a OTAN emprendeu a súa primeira acción bélica co derribo de catro avións serbobosnios que violaban a zona de exclusión aérea.

Os días 10 e 11 de abril de 1994, a Forza de Protección das Nacións Unidas solicitou ataques aéreos para protexer a zona segura de Goražde, o que deu como resultado no bombardeo dun posto de mando militar serbobosnio preto de Goražde por dous avións estadounidenses F-16 que actuaban baixo a dirección da OTAN. En represalia, os serbios tomaron como reféns a 150 membros do persoal da ONU o 14 de abril. O 16 de abril un Sea Harrier británico foi derrubado sobre Goražde polas forzas serbias.

En agosto de 1995, comezou unha campaña de bombardeos da OTAN de dúas semanas de duración, Operación Forza Deliberada, contra o Exército da República Srpska, tras a Xenocidio de Srebrenica. Outros ataques aéreos da OTAN contribuíron a poñer fin ás guerras iugoslavas, o que deu lugar ao acordo de Dayton en novembro de 1995. Como parte deste acordo, a OTAN despregou unha forza de mantemento da paz baixo mandato da ONU, no marco da Operación Endeavor Conxunto, denominada IFOR. Case 60.000 soldados da OTAN uníronse a forzas de países non pertencentes á OTAN nesta misión de mantemento da paz. Esta misión deu paso á SFOR, máis pequena, que comezou con 32.000 efectivos inicialmente e funcionou desde decembro do 1996 ata decembro de 2004, cando as operacións pasaron á Forza Althea da Unión Europea. Seguindo o exemplo dos seus Estados membros, a OTAN comezou a conceder unha medalla de servizo, a Medalla OTAN, para estas operacións.

Intervención de Kosovo

Otan: Historia, Operacións militares, Países participantes 
Soldados alemáns da KFOR patrullando no sur de Kosovo en 1999
Otan: Historia, Operacións militares, Países participantes 
KFOR- patrullas de Carabinieri da MSU fronte á ponte de Ibar en Mitrovica, Kosovo, 2019

Nun esforzo por deter a represión liderada por Slobodan Milošević (Serbia) contra os separatistas do UCK e os civís albaneses en Kosovo, o Consello de Seguridade das Nacións Unidas aprobou a Resolución 1199 o 23 de setembro de 1998 para esixir un alto o fogo. As negociacións baixo o mandato do enviado especial estadounidense Richard Holbrooke fracasaron o 23 de marzo de 1999, e el entregou o asunto á OTAN, que iniciou unha campaña de bombardeos que duraron 78 días. A operación Forza Aliada tiña como obxectivo as posibilidades militares do que era entón a República Federal de Iugoslavia. Durante a crise, a OTAN tamén despregou unha das súas forzas de reacción internacional, a ACE Mobile Force (Land) en Albania como a Forza de Albania (AFOR), para entregar axuda humanitaria aos refuxiados de Kosovo.

A campaña foi criticada pola súa falta de lexitimidade e por as súas vítimas civís, incluído o bombardeo da embaixada chinesa en Belgrado. Milošević aceptou finalmente, o 3 de xuño de 1999, os termos dun plan de paz internacional poñendo fin á guerra de Kosovo. O 11 de xuño, Milošević aceptou ademais a resolución 1244 da ONU, baixo cuxo mandato a OTAN axudou a establecer a KFOR de mantemento da paz. Case un millón de refuxiados fuxiran de Kosovo, e parte do mandato da KFOR consistía en protexer as misións humanitarias, ademais de disuadir da violencia. En agosto-setembro de 2001, a alianza tamén organizou a Operation Essential Harvest, unha misión para desarmar ás milicias de etnia albanesa na República de Macedonia. A partir de 2023, uns 4.500 soldados da KFOR, que representan a 27 países, seguen operando na zona.

Estados Unidos, o Reino Unido e a maioría dos demais países da OTAN opuxéronse a que o Consello de Seguridade da ONU aprobase os ataques militares da OTAN, como a acción contra Serbia en 1999, mentres que Francia e algúns outros afirmaron que a alianza necesitaba a aprobación da ONU. A parte estadounidense e británica alegou que isto socavaría a autoridade da alianza, e sinalou que Rusia e China exercerían os seus vetos no Consello de Seguridade para bloquear o ataque a Iugoslavia, e poderían facer o mesmo en futuros conflitos nos que fose necesaria a intervención da OTAN, anulando así toda a potencia e o propósito da organización. Recoñecendo a contorna militar posterior á guerra fría, a OTAN adoptou o Concepto Estratéxico da Alianza durante o cumio de Washington en abril de 1999, que facía fincapé na prevención de conflitos e a xestión de crises.

Guerra en Afganistán

Otan: Historia, Operacións militares, Países participantes 
Os atentados do 11 de setembro en Estados Unidos fixeron que a OTAN invocase por primeira vez o seu artigo de defensa colectiva.

. Os atentados do 11 de setembro de 2001 nos Estados Unidos fixeron que a OTAN invocase o Artigo 5 da Carta da OTAN por primeira vez na historia da organización. O artigo establece que un ataque contra calquera membro considerarase un ataque contra todos. A invocación foi confirmada o 4 de outubro de 2001, cando a OTAN determinou que os ataques eran efectivamente admisibles en virtude dos termos do Tratado do Atlántico Norte. As oito accións oficiais emprendidas pola OTAN en resposta aos atentados incluíron a Operación Eagle Assist e a Operación Active Endeavour, unha operación naval no mar Mediterráneo destinada a impedir o movemento de terroristas ou armas de destrución masiva, e a mellorar a seguridade da navegación en xeral, que comezou o 4 de outubro de 2001.

Países participantes

Mapa de afiliacións da OTAN en Europa Mapa de asociacións da OTAN no mundo
Otan: Historia, Operacións militares, Países participantes  Otan: Historia, Operacións militares, Países participantes 

Membros

Otan: Historia, Operacións militares, Países participantes 
Expansión da OTAN dende a súa fundación.
Otan: Historia, Operacións militares, Países participantes 
Expansión da OTAN en Europa.

A continuación amósase unha listaxe dos estados membros co seu ano de ingreso na OTAN:

Consello da OTAN

Listaxe de Secretarios Xerais da OTAN
# Nome País Período
1 Hastings Lionel Ismay Otan: Historia, Operacións militares, Países participantes  Reino Unido 4 de abril de 1952 – 16 de maio de 1957
2 Paul-Henri Spaak Otan: Historia, Operacións militares, Países participantes  Bélxica 16 de maio de 1957 – 21 de abril de 1961
3 Dirk Stikker Otan: Historia, Operacións militares, Países participantes  Países Baixos 21 de abril de 1961 – 1 de agosto de 1964
4 Manlio Brosio Otan: Historia, Operacións militares, Países participantes  Italia 1 de agosto de 1964 – 1 de outubro de 1971
5 Joseph Luns Otan: Historia, Operacións militares, Países participantes  Países Baixos 1 de outubro de 1971 – 25 de xuño de 1984
6 Peter Carington Otan: Historia, Operacións militares, Países participantes  Reino Unido 25 de xuño de 1984 – 1 de xullo de 1988
7 Manfred Wörner Otan: Historia, Operacións militares, Países participantes  RFA 1 de xullo de 1988 – 13 de agosto de 1994
Sergio Balanzino Otan: Historia, Operacións militares, Países participantes  Italia 13 de agosto de 1994 – 17 de outubro de 1994
8 Willy Claes Otan: Historia, Operacións militares, Países participantes  Bélxica 17 de outubro de 1994 – 20 de outubro de 1995
Sergio Balanzino Otan: Historia, Operacións militares, Países participantes  Italia 20 de outubro de 1995 – 5 de decembro de 1995
9 Javier Solana Otan: Historia, Operacións militares, Países participantes  España 5 de decembro de 1995 – 6 de outubro de 1999
10 George Robertson Otan: Historia, Operacións militares, Países participantes  Reino Unido 14 de outubro de 1999 – 17 de decembro de 2003
Alessandro Minuto-Rizzo Otan: Historia, Operacións militares, Países participantes  Italia 17 de decembro de 2003 – 1 de xaneiro de 2004
11 Jaap de Hoop Scheffer Otan: Historia, Operacións militares, Países participantes  Países Baixos 1 de xaneiro de 2004 – 1 de agosto de 2009
12 Anders Fogh Rasmussen Otan: Historia, Operacións militares, Países participantes  Dinamarca 1 de agosto de 2009 – 30 de setembro de 2014
13 Jens Stoltenberg Otan: Historia, Operacións militares, Países participantes  Noruega 1 de outubro de 2014 — no cargo
Listaxe de Secretarios Xerais Delegados da OTAN
# Nome País Período
1 Jonkheer van Vredenburch Otan: Historia, Operacións militares, Países participantes  Países Baixos 1952–1956
2 Baron Adolph Bentinck Otan: Historia, Operacións militares, Países participantes  Países Baixos 1956–1958
3 Alberico Casardi Otan: Historia, Operacións militares, Países participantes  Italia 1958–1962
4 Guido Colonna di Paliano Otan: Historia, Operacións militares, Países participantes  Italia 1962–1964
5 James A. Roberts Otan: Historia, Operacións militares, Países participantes  Canadá 1964–1968
6 Osman Olcay Otan: Historia, Operacións militares, Países participantes  Turquía 1969–1971
7 Paolo Pansa Cedronio Otan: Historia, Operacións militares, Países participantes  Italia 1971–1978
8 Rinaldo Petrignani Otan: Historia, Operacións militares, Países participantes  Italia 1978–1981
9 Eric da Rin Otan: Historia, Operacións militares, Países participantes  Italia 1981–1985
10 Marcello Guidi Otan: Historia, Operacións militares, Países participantes  Italia 1985–1989
11 Amedeo de Franchis Otan: Historia, Operacións militares, Países participantes  Italia 1989–1994
12 Sergio Balanzino Otan: Historia, Operacións militares, Países participantes  Italia 1994–2001
13 Alessandro Minuto Rizzo Otan: Historia, Operacións militares, Países participantes  Italia 2001–2007
14 Claudio Bisogniero Otan: Historia, Operacións militares, Países participantes  Italia 2007–2012
15 Alexander Vershbow Otan: Historia, Operacións militares, Países participantes  Estados Unidos 2012– no cargo
Función de Secretario Xeral

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Otan HistoriaOtan Operacións militaresOtan Países participantesOtan Consello da OTANOtan NotasOtan Véxase taménOtan

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

NoiaIdade MediaAbrilJosé Antonio ArdanzaHernán CortésMemorias dun neno labregoThe ArtistNacionalismo galegoFrancisco Fernández del RiegoRomaMiguel HernándezIlustrísimaWalls (álbum de Louis Tomlinson)OliveiraÁureoShōgunP'ró que der e vierLista de títulos con versión en galego nas plataformas de streamingLagarto arnalBorja VereaMichael JacksonLuís SeoaneExaculaciónAlmudena ChacónBeatriz MatoEva GreenVillablinoToledoBidueiroMigración das avesGuepardoGalaicosOvidio RodeiroAgatha ChristieSéculos EscurosBuceta25 de abrilEuskal Herria BilduÁlex FidalgoLois PereiroCouto MixtoTamara CanosaAbeleiraGheadaMártires de CarralJosé López CamposPilar AbellaRoisPilatesPaulino PereiroLista de palabras galegas de orixe celtaRamón CabanillasSalgueiro MaiaÁnxel CasalXabier DíazXogo da chaveMaría do Socorro Ortega RomeroLuís Pérez BarralRosalía de CastroGuerras púnicasIrmandiñosAves de rapinaPaulino PedretTanxugueirasFieito realItaliaO Pereiro de AguiarEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Jorge Sanz MirandaCarballo comúnLista de WikipediasRabirrubio tizón🡆 More