Lingua Xeorxiana: Lingua caucásica, oficial en Xeorxia

O xeorxiano (ქართული Kartuli) é a lingua oficial de Xeorxia, unha república do Cáucaso.

O xeorxiano é a lingua materna duns catro millóns de xeorxianos, aproximadamente o 70% da poboación do país, e outros dous millóns de persoas no estranxeiro (principalmente Turquía e Rusia, con comunidades máis pequenas en Irán, Acerbaixán, Grecia etc.). É a principal lingua escrita para todos os grupos étnicos xeorxianos, incluso para os falantes das outras linguas caucásicas do sur (svanuri, mingreliano e laz).

Xeorxiano
ქართული
Pronuncia:Kartuli
Falado en: Xeorxia, Grecia, Irán, Acerbaixán, Turquía, Rusia
Rexións: Europa, Asia
Total de falantes: 6,3 millóns
Posición: Vexa [1]
Familia: Linguas kartvelianas
 Xeorxiano
Escrita: Alfabetos xeorxianos
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Xeorxia
Regulado por: sen regulación oficial
Códigos de lingua
ISO 639-1: ka
ISO 639-2: geo (B)kat (T)
ISO 639-3: kat
SIL: GEO
Mapa
Lingua Xeorxiana: Clasificación, Dialectos, Historia da lingua
Status
Lingua Xeorxiana: Clasificación, Dialectos, Historia da lingua
O xeorxiano está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO

Clasificación

O xeorxiano é a máis falada entre as linguas caucásicas do sur, familia que tamén inclúe svanuri e mingreliano (faladas principalmente ao noroeste de Xeorxia) e laz (falada ao longo da costa do Mar Negro de Turquía, desde Rize ata a fronteira con Xeorxia.

Dialectos

Entre os principais dialectos do xeorxiano están: Imeretiano, Racha-Lechkhumiano, Guriano, Adxarano, Imerkheviano (en Turquía), Kartliano, Kakhetiano, Inxilo (en Acerbaixán), Tush, Khevsur, Mokheviano, Pshaviano, Fereidano (tamén en Irán), Mtiuletiano e Meskhetiano.

Historia da lingua

Crese que o xeorxiano se diferenciou do mingreliano e do laz no III milenio antes da nosa era. En base ao grao da mudanza, algúns lingüistas, tales como G. Klimov, T. Gamkrelidze e G. Machavariani expuxeron a posibilidade de que o comezo do cambio ocorrera no II milenio a.d.C ou máis cedo, diferenciando o svanuri das outras linguas. As linguas mingreliana e laz diferenciáronse do xeorxiano aproximadamente un milenio máis tarde.

O xeorxiano ten unha prolífica tradición literaria. O texto escrito máis antigo en xeorxiano que aínda se conserva é o "Martirio do Santo Shushaniki, da Raíña" (C'amebax c'midisa Shushanik'isi, dedoplisa) escrito por Iakob Tsurtaveli, datado no século V.

Alfabeto

O alfabeto moderno ten 33 letras. Nun principio tiña máis, pero algunhas delas ficaron obsoletas.

Historia do alfabeto

A forma máis antiga do alfabeto xeorxiano, o alfabeto Asomtavruli ("capital"), foi creado o -412 a.d.C por curas xeorxianos do culto de Matra ( Mithra de Persia). O alfabeto Asomtavruli sufriu reformas no ano -284 adC feitas polo rei Pharnavaz I de Iberia.

O alfabeto Asomtavruli, tamén coñecido como Mrgvlovani ("redondeado"). Aínda hoxe consérvanse mostras deste alfabeto en inscricións monumentais, tales como as que se atopan na igrexa xeorxiana de Bolnisi Sioni preto de Tbilisi (dos séculos IV ou V). Incluso se atoparon mostras máis antigas, que datan do século III adC ao século III dC, en Armaztsikhe (preto de Mtskheta) e Nekresi (na rexión de Kakheti ao leste de Xeorxia), en 1940 e desde 1995 ata o 2003 expedicións científicas realizadas por Simon Janashia (1900-1947) e Levan Chilashvili [2]. As inscricións do Armaztsikhe foron estudadas por Pavle Ingorokva.

Os alfabetos Nuskhuri ("minúscula") ou Kutkhovani ("cuadriculado") apareceron nun comezo no século IX. Asomtavruli e Nusxuri, coñecidos como Khutsuri (ხუცური, ou "escritura eclesiástica"), foron usados para escribir manuscritos relixiosos, utilizando o Asomtavruli para escribir as maiúsculas.

O alfabeto moderno, chamado Mxedruli (მხედრული, "secular" ou "escritura militar"), apareceu por primeira vez no século XI. Utilizábase con fins non relixiosos ata o século XVIII, que foi cando substituíu por completo ao Khutsuri. Os lingüistas considérano como fonémico.

Fonoloxía

Consoantes

  Bilabial Dental Palatal Velar Consoante Postvelar1 Uvular Glotal
Oclusiva p b
ფ ბ პ
t d
თ დ ტ
k g
ქ გ კ

Fricativa v
s z
ს ზ
ʃ ʒ
შ ჟ
ɣ̠
ხ ღ
h
Africada   ʦ ʣ ʦʼ
ც ძ წ
ʧ ʤ ʧʼ
ჩ ჯ ჭ
Nasal m
n
         
Líquida l, r
ლ, რ

ა /a/ pronúnciase igual que nas palabras: mar, pai etc.

ბ /b/ bourar

გ /g/ Galiza,guia etc.

დ /d/ dedo, maduro etc.

ე /e/ español, meta etc.

ვ /v/ pronunciase como "v" na palabra inglesa "voice", é distinta do "b".

ზ /z/ pronunciase como "z" na palabra inglesa "zoo", distinta do "z" galego.

თ/t'/ pronunciase como "t" na palabra inglesa "toy", distinta do "t" galego, é máis lene.

ი /i/ inglés, dito etc.

კ /k/ kilo, coite etc.

ლ /l/ lea, pelo, é un pouco máis forte que o "l" galego.

მ /m/ mamá, amor etc.

ნ /n/ nulo etc.

Vogais

ɪ   ʊ
ɛ   ɔ
  a  

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Pavle Ingorokva. Inscricións antigas en xeorxiano.- Boletín de ENIMK, vol. X, Tbilisi, 1941, pp. 411–427 (en xeorxiano)
  • Zaza Aleksidze. Epistoleta Tsigni, Tbilisi, 1968, 150 pp (en xeorxiano).
  • Korneli Danelia, Zurab Sarjveladze. Cuestións sobre a paleografía do xeorxiano, Tbilisi, 1997, 150 pp (en xeorxiano, sumario en inglés).
  • Elene Machavariani. Grafía do alfabeto xeorxiano, Tbilisi, 1982, 107 pp (en xeorxiano, sumario en francés).

Ligazóns externas

Tags:

Lingua Xeorxiana ClasificaciónLingua Xeorxiana DialectosLingua Xeorxiana Historia da linguaLingua Xeorxiana AlfabetoLingua Xeorxiana FonoloxíaLingua Xeorxiana NotasLingua Xeorxiana Véxase taménLingua XeorxianaAcerbaixánCáucasoGreciaIránLingua lazLingua mingrelianaLingua oficialLingua svanuriPobo xeorxianoRusiaTurquíaXeorxia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Instinto básicoPedro RieloXabarín ClubArteixoBanquete de ConxoWayback MachineOllos de augaBorder CollieJavier Ozores PedrosaMeryl StreepSapoconcho común+CuñadosAdolf HitlerLista de nomes femininos en galegoJosé Manuel Rodríguez PuenteReal Unión ClubRonaldinhoPartido GalegoEl FaryDonicelaMariola (xogo)Ester ExpósitoDavid BustamanteArteixo, Arteixo, ArteixoTeorema de LucasRiotortoGarbiñe MuguruzaFrancisco FrancoFundación WikimediaLista de voces dos animaisContactRicardo PortelaTruman CapoteInvasións bárbarasEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de CompostelaCanle (comunicación)CelanovaWikiRakel WinchesterPonte das PíasEspañaPaul GauguinRicardo III de InglaterraAtaque EscampeProxyWikipediaA BañaHorteláC (linguaxe de programación)Javier ReyPosición do misioneiroClub Baloncesto BreogánIt's Complicated (filme)CantanteRexurdimentoMondoñedoNomes da folla do piñeiro en GaliciaViggo MortensenFederico García LorcaEleccións municipais de 2015 en GaliciaAntón Avilés de TaramancosCarballoZendayaMSNJosé Manuel López VarelaPremios da Crítica GaliciaXosé Ramón GayosoRosario Porto OrtegaPrimeira división española de fútbolLingua vietnamitaLand Rober Tunai ShowKakiniitA Illa de ArousaCarrizo (paxaro)Diego Anido🡆 More