Eutanasia

A eutanasia (do grego: εὐθανασία; a boa morte: εὖ, eu; bo + θάνατος, thanatos; morte) é a práctica de terminar cunha vida de xeito intencionado para acabar coa dor ou co sufrimento.

Eutanasia
Legalidade da eutanasia no mundo.

Dependendo dos países, hai diferentes leis de eutanasia. Segundo o comité de ética médica da Cámara dos lords do Reino Unido, a eutanasia é "unha intervención deliberada levada a cabo coa intención expresa de acabar cunha vida para aliviar un sufrimento insoportable". Nos Países Baixos e en Bélxica, a eutanasia enténdese como "a terminación dunha vida por parte dun médico e por petición dun paciente". Porén, a lei neerlandesa non usa o termo 'eutanasia', senón que inclúe o concepto nunha definición máis ampla de "suicidio asistido e terminación dunha vida baixo petición".

A eutanasia pódese categorizar de varios xeitos, como voluntaria, non voluntaria e involuntaria:

  • A eutanasia voluntaria é legal nalgúns países.
  • A eutanasia non voluntaria (sen o consentimento do paciente) é ilegal en tódolos países.
  • A eutanasia involuntaria (sen pedir consentimento ou contra a vontade do paciente) tamén é ilegal en todos os países e considérase normalmente asasinato.

No ano 2006 a eutanasia converteuse no eido de investigación máis activo da bioética. Nalgúns países hai controversia pública sobre as cuestións morais, éticas e legais asociadas á eutanasia. A eutanasia pasiva (coñecida coloquialmente como "desenchufar") é legal baixo certas circunstancias en varios países. Porén, a activa, só é legal ou legal de facto en poucos países (por exemplo: no Canadá, Bélxica, Suíza e España), pero está limitada a circunstancias específicas e require a aprobación médica ou de conselleiros de saúde mental. Nalgúns países como Nixeria, Arabia Saudita ou Paquistán, o apoio á eutanasia activa e practicamente inexistente.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Eutanasia NotasEutanasia Véxase taménEutanasiaDorLingua gregaMorteSufrimento

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Rosario FloresA EstradaClara PonsatíFernando Castro ParedesIgnacio VarelaAriel RotManuel Gómez CantosAdolf HitlerHistoria de BulgariaJavier Fernández AbruñedoMiguel de CervantesAntonio PalaciosBeagleDavid MellaTaboadelaFerenc PuskásÓliver LaxeConstantino Nikolaevich de RusiaEstados Unidos de AméricaGalileo GalileiGumersindo Rico GonzálezLista de WikipediasCavalcade (filme de 1933)It's Complicated (filme)MartaAntón Avilés de TaramancosDe catro a catroLand Rober Tunai ShowRacing Club de FerrolLingua inglesaXosé González MartínezPadre CasaresVoyeurismoBoyanka Kostova (grupo musical)Irene FerrerasA Silva, Rodís, CercedaEsther F. CarrodeguasMeryl StreepShakiraMontenegro (apelido)AtarfeLugares do GroveLaura Prepon+CuñadosSharon StoneCopia por contactoHorteláXavier QueipoPilar PallarésSabela (cantante)Johann Sebastian BachClub Deportivo LugoBad GyalFermín Gutiérrez LadaMarcos PereiroLista de países por superficieWorld Wide WebPlay-offs da Naisten Liiga 2023-2024RMS TitanicTreoninaEntíns, OutesIndiaShanghaiNicholas HoultSanta CompañaPavel NedvědColocación do pronome átono en galegoAlcumePosición do canGame Boy Color🡆 More