Euclides (en greco antigo: Εὐκλείδης / Eukleídês), ás veces chamado Euclides de Alexandría para distinguilo de Euclides de Megara, (floruit o 300 a.C.), foi un matemático grego, hoxe coñecido como o pai da xeometría.
exerceu en Alexandría (antigo Exipto) en tempos de Tolemeo I Sóter (323-283 a.C.) Foi o fundador da escola de matemáticas na cidade.
Pintura idealizada de Euclides | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (grc) Εὐκλείδης 325 a.C. valor descoñecido |
Morte | 265 a.C. valor descoñecido |
Datos persoais | |
Residencia | Alexandría, Antigo Exipto |
País de nacionalidade | grega |
Coñecido por | Xeometría euclidiana Os Elementos |
Actividade | |
Campo de traballo | Matemáticas |
Ocupación | matemático , escritor |
Período de tempo | Período helenístico |
Período de actividade | (Con vida en: A principios século III a. C. ) |
Alumnos | Dioclides Atheniensis |
Influencias | |
Lingua | Grego antigo |
Obra | |
Obras destacables
|
Creador da famosa xeometría euclidiana: o espazo euclidiano, inmutable, simétrico e xeométrico, metáfora do saber na antigüidade clásica, que se mantivo incólume no pensamento matemático medieval e renacentista, pois só nos tempos modernos puideron ser construídos modelos de xeometrías non-euclidianas. Parece ser que foi educado en Atenas e que frecuentou a Academia de Platón, en pleno florecemento da cultura helenística.
Convidado por Tolomeo I para compor o cadro de profesores da recentemente fundada Academia, que tornaría Alexandría ao centro do saber da época, tornouse o máis importante autor de matemáticas da Antigüidade grecorromana e talvez de todos os tempos, co seu monumental Stoichia (Os Elementos, 300 a.C.), no estilo dun libro de texto, unha obra en trece volumes, deles cinco sobre xeometría plana, tres sobre números, un sobre a teoría das proporcións, un sobre inconmensurábeis e os tres últimos sobre xeometría no espazo. Escrita en grego, a obra cubría toda a aritmética, a álxebra e a xeometría coñecidas ata entón no mundo grego, reunindo o traballo dos seus predecesores, como Hipócrates de Quíos e Eudoxio, e sistematizaba todo o coñecemento xeométrico dos antigos e intercalaba os teoremas xa coñecidos daquela coa demostración de moitos outros, que completaban lagoas e daban coherencia e encadeamento lóxico ao sistema por el creado. Despois da súa primeira edición foi copiado e recopiado innúmeras veces e traducido ao árabe en 774, e tornouse o máis influente texto científico de todos os tempos e un dos máis veces publicados ao longo da historia.
Despois da caída do Imperio Romano, os seus libros foron recuperados para a sociedade europea polos estudosos árabes da Península Ibérica. Escribiu aínda Óptica (295 a.C.), sobre a óptica da visión e sobre astroloxía, astronomía, música e mecánica, ademais doutros libros sobre matemáticas. Entre eles Lugares de superficie, Pseudaria e Porismas.
Algunhas das súas obras como Os elementos, Datos, outro libro de texto, unha especie de manual de táboas de uso interno na "Academia" e complemento dos seis primeiros volumes dos Elementos, División de figuras, sobre a división xeométrica de figuras planas, Fenomena (Os Fenómenos), sobre astronomía, e Óptica, sobre a visión, sobreviviron parcialmente e hoxe son, despois de A Esfera de Autólico, os máis antigos tratados científicos gregos existentes. Pola maneira de expor nos seus escritos dedúcese que foi un habilísimo profesor.
Ademais dos Elementos, sobreviviron polo menos cinco obras de Euclides até a actualidade. Seguen a mesma estrutura lóxica que os Elementos, con definicións e proposicións probadas.
Outras obras atribuídas a Euclides, pero que se perderon:
Varios tratados sobre mecánica foron atribuídos a Euclides por fontes árabes. Sobre o pesado e o lixeiro contén, en nove definicións e cinco proposicións, nocións aristotélicas de corpos en movemento e do concepto de gravidade específica. Sobre o equilibrio, que trata a teoría da panca de maneira semellante á euclidiana, contén unha definición, dous axiomas, e catro proposicións. Un terceiro fragmento, sobre os círculos descritos polas extremidades dunha panca en movemento, contén catro proposicións. Estas tres obras son complementarias entre si de tal xeito que se suxeriu que son os restos dun único tratado sobre mecánica escrito por Euclides.
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Euclides |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Euclides, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.