Colombia: País de América do Sur

Colombia, oficialmente República de Colombia, é un país que se atopa no recuncho noroccidental de América do Sur, o que a fai posuidora de costas nos océanos Atlántico e Pacífico.

Na costa norte e noroeste está o mar Caribe, e ten fronteira continental con Venezuela ó leste, o Brasil ó sueste, o Perú e Ecuador ó sur, e Panamá e o océano Pacífico ó oeste. Limita vía marítima con Costa Rica ó oeste; Nicaragua, Porto Rico e Honduras, ó noroeste; a República Dominicana, Xamaica e Haití ó norte. É unha república constitucional e unitaria que abrangue trinta e dous departamentos.

Modelo:Xeografía políticaColombia
Imaxe

HimnoHimno Nacional de la República de Colombia Editar o valor em Wikidata

Lema«Libertad y Orden»
«Freedom and Order»
«Свобода и ред»
«Wolność i porządek»
«Liberdade e orde» Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aCristovo Colón Editar o valor em Wikidata
Localización
Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía Editar o valor em Wikidata
 4°00′N 73°15′O / 4, -73.2573°15′O / 4, -73.25
CapitalBogotá Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación49.065.615 (2017) Editar o valor em Wikidata (42,97 hab./km²)
Lingua oficiallingua castelá Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie1.141.748 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude223 m Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoPico Cristóbal Colón (5.775 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoOcéano Pacífico (0 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1810 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública Editar o valor em Wikidata
Órgano executivoGoberno de Colombia Editar o valor em Wikidata
• Presidente Editar o valor em WikidataGustavo Petro Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoCongresso da República da Colômbia (pt) Traducir , Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal318.511.813.577 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
MoedaPeso colombiano Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.co Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+57 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia123 Editar o valor em Wikidata
Código de paísCO Editar o valor em Wikidata

Páxina webgov.co Editar o valor em Wikidata

O territorio que hoxe é Colombia estivo habitado orixinariamente por pobos indíxenas como os muiscas, os quimbaya e os taironas. Os conquistadores españois chegaron en 1499 e comezaron un proceso de conquista e colonización que culminou na creación do Vicerreinado de Nova Granada, con capital en Bogotá. A independencia do país produciuse en 1819, pero no ano 1830 "Gran Colombia" colapsou coa secesión de Venezuela e Ecuador. Nos actuais Colombia e Panamá xurdiu a República de Nova Granada. A nova nación experimentou co federalismo como Confederación Granadina (1858), e como Estados Unidos de Colombia (1863), antes que se declarase a República de Colombia en 1886. A secesión de Panamá produciuse en 1903. Dende a década de 1960, o país sufriu un conflito armado asimétrico de baixa intesidade, que escalou na década de 1990, e que minguou dende o ano 2005.

Colombia é un país etnicamente diverso e a súa poboación descende dos habitantes indíxenas, dos colonizadores españois, dos africanos levados ó país como escravos e dos inmigrantes de Europa e Oriente Medio do século XX, o cal contribuíu a unha herdanza cultural diversa. Isto tamén está influído pola variada xeografía de Colombia, xa que as diferentes paisaxes do país resultaron no desenvolvemento de marcadas identidades rexionais. A meirande parte dos centros urbanos atópanse nas terras altas das montañas dos Andes, mais o territorio colombiano tamén abrangue selva amazónica, chairas tropicais e as costas Caribe e Pacífica.

Dende o punto de vista ecolóxico, Colombia está considerado un dos 17 países megadiversos, e entre eles, o máis biodiverso por quilómetro cadrado. Colombia é unha potencia intermedia e rexional coa cuarta meirande economía de América Latina, forma parte do grupo dos CIVETS como un dos mercados emerxentes e é un membro da OECD. Colombia ten unha economía diversificada con estabilidade macroeconómica e perspectivas de crecemento favorables a longo prazo.

Etimoloxía

Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
Colombia ou «terra de Cristovo Colón», nomeada dese xeito na honra do explorador.

A denominación de Colombia provén do nome do explorador do século XV Cristovo Colón (en italiano: Cristoforo Colombo, en latín: Christophorus Columbus). Foi adoptado o 15 de febreiro de 1819, durante o Congreso de Angostura, para chamar ó novo Estado que daquela abranguía os territorios da Nova Granada, Quito e a Capitanía Xeneral de Venezuela. O nome foi proposto por Simón Bolívar na Carta de Xamaica.

En 1830, coa secesión de Venezuela e Ecuador, pasou a chamarse a "República de Nova Granada". Despois da adopción do federalismo trala constitución de 1858, pasou a chamarse Confederación Granadina. A mesma, máis tarde adoptaría o nome de Estados Unidos de Colombia en 1863, os cales en 1886, se constituíron como a República de Colombia. Nun principio esta denominación foi protestada polos congresos de Ecuador e Venezuela por consideralo unha usurpación unilateral do patrimonio histórico común, pero a discusión foi superada axiña.

A orixe do nome tamén se cita nunha das estrofas do himno nacional, que reza deste xeito:

«Báñase en sangue de heroes a terra de Colón».
Rafael Núñez.

Historia

Época precolombiana

Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
Ciudad Perdida ou Teyuna é un antigo poboado indíxena e sitio arqueolóxico.
Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
Balsa muisca evidencia das cerimonias sagradas que deron orixe á lenda de El Dorado.
Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
Estatuas da cultura San Agustín.

O estudo dos primeiros poboadores do territorio da actual Colombia dividiuse en tres etapas da época precolombiana: o paleolítico (15 000-7000 a. C.), o período arcaico andino (7000 a 2000 a. C.), e o período formativo 2000 a. C. até o século XVI. Os primeiros seres humanos que chegaron ó territorio da actual Colombia datan de arredor de 10 mil e 15 mil anos. Os cazadores e recolectores nómades desta época empregaban aparellos líticos, ferramentas e armas feitas con pedra que datan de 10 450 a. C., atopados en El Abra, onde se comprobou que existían habitantes na sabana de Bogotá en 10 500 a. C. No século XV existían tres grandes familias que poboaban Colombia. A cultura Caribe atópase na costa do mar Caribe, a arauaca nos ríos Caquetá, Amazonas e Putumayo, e os muiscas na Serra Nevada de Santa Marta e o clima frío dos altiplanos do centro do país. Esta última foi a que tiña máis poboación e un significativo desenvolvemento na agricultura, o uso de calendario, os xeróglifos e os rituais relixiosos.

O cacicado foi a organización social que reinou antes da Era Cristiá. Caracterizábase pola súa orde social baseada nunha estratificación da sociedade, as tribos agrupábanse de xeito semellante a como o facía o señorío. Así, o cacique era o que tiña o máximo poder. Atopáronse evidencias desta época nas que salientan as prácticas funerarias, a evidencia de diversos oficios e símbolos de mando, adornos persoais, templos, estatuas, sistemas de rego e notables avances na agricultura como os socalcos, entre outros. As culturas San Agustín, Tumaco, Tierradentro, quimbaya, zenú, malagana, pastos, quillacingas, guanes e os pijaos, basearon a súa orde social no cacicado. Moitas destas xa desapareceran ou estaban a esmorecer á chegada dos españois. Culturas máis avanzadas na súa orde social xurdiron despois no formativo superior, cuxa organización superou á do cacicado, pois era semellante a federacións de aldeas; os seus maiores representantes foron culturas coma os taironas e os muiscas.

Conquista española

Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
Primeiro mapa da costa colombiana e venezolana, feito por Juan de la Cosa.

A primeira expedición que levantou a áncora cara ó que hoxe é Colombia foi emprendida por Alonso de Ojeda en 1499. Ojeda era un veterano da segunda viaxe de Cristovo Colón ás Américas. A viaxe foi motivada polo desexo dos Reis Católicos de comprobar a veracidade dos reportes de Colón sobre as grandes riquezas do "novo mundo", por mor da desconfianza que Colón e os seus partidarios inspiraran entre os monarcas. Nesta viaxe, Alonso de Ojeda foi acompañado por Juan de la Cosa e Americo Vespucio.

Bordeou África, pasou polas Illas Canarias até chegar ó que hoxe se coñece como Güiana e Venezuela, dende alí partiu cara a Trinidad e Tobago, e despois até a Guajira, para regresar para España cun modesto botín composto maioritariamente de indíxenas escravizados. Malia os modestos logros materiais desta expedición, foi a primeira ocasión na cal exploradores europeos divisaron e mapearon as costas continentais americanas, mais concretamente a costa venezolana e colombiana.

Na súa segunda viaxe, Ojeda fundou Santa Cruz en Bahía Honda, a primeira colonia europea en continente americano, que non chegou a prosperar.

Unha nova viaxe realizada por Rodrigo de Bastidas entre 1500 e 1501 partiu dende a Guajira até o golfo de Urabá. Durante este percorrido, de Bastidas descubriu a desembocadura do río Magdalena. Cristovo Colón, na súa última viaxe a América, puido ter chegado até cabo Tiburón, no Chocó.

En 1508, Ojeda foi nomeado gobernador de Nova Andalucía, reino que se supoñía tería de espallar debde o istmo do Darién até punta da costa atlántica de Colombia. Deste xeito, emprendeu unha terceira expedición partindo dende Santo Domingo con “dous vaixeis, dous bergantíns e trescentos homes” entre os que se atopaba o mozo Francisco Pizarro.

Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
No cabo da Vela produciuse a primeira viaxe de descubrimento do territorio da actual Colombia. Foi comandado por Alonso de Ojeda en 1499.

Desembarcou na baía da actual Cartaxena de Indias, onde leu o “requirimento” de sometemento ós indíxenas de Turbaco. As súas forzas foron decimadas polos indíxenas, polo cal tivo que seguir avanzando pola costa do reino que se supoñía debía gobernar. Intentou fundar outro asentamento no Golfo de Urabá, San Sebastián de Urabá, "pouco máis que un forte", o cal foi abandonado axiña por mor da inclemencia do terreo e a resistencia dos habitantes do lugar.

En 1510, Vasco Núñez de Balboa fundou Santa María la Antigua del Darién e en 1513, deu co océano Pacífico, coa axuda dos indíxenas, que guiaron o conquistador. O descubrimento do océano Pacífico foi informado a España, e tempo despois chegaron varios navíos para explorar a zona comandados por Pedro Arias Dávila, quen era tamén o gobernador da rexión comprendida entre o cabo da Vela e Panamá. 

Período colonial

En 1542, a rexión de Nova Granada, xunto con tódalas outras posesións españolas en América so Sur, converteuse en parte do Vicerreinado do Perú, coa súa capital en Lima. En 1547, Nova Granada converteuse na Capitanía Xeneral de Nova Granada dentro do vicerreinado. En 1549, creouse a Real Audiencia por decreto real e Nova Granda foi gobernada pola Real Audiencia de Santafé de Bogotá, que daquela abranguía as provincias de Santa Marta, Río de San Juan, Popayán, Güiana e Cartaxena. Porén, as decisións importante sobre a colonia eran tomadas no Consello de Indias.

Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
Ataque da Armada británica en Cartaxena de Indias. A batalla foi a meirande derrota do exército e da mariña británica durante a guerra da Orella de Jenkins, entre 1739 e 48.

No século XVI, os europeos comezaron a traer escravos dende África. España era a única potencial europea que non estabelecera factorías en África para mercar escravos e polo tanto o imperio español baseouse no sistema de "asiento", outorgando ós comerciantes (a maioría deles de Portugal, Francia, Inglaterra e o Imperio neerlandés) a licenza para o comercio de persoas escravizadas nos seus territorios de ultramar. Por outra banda, houbo persoas que defenderon os dereitos humanos e a liberdade dos pobos oprimidos. Os pobos indíxenas non podían ser escravizados porque legalmente eran súbditos da Coroa Española. Para protexer os pobos indíxenas, estabelecéronse diversas formas de regulación e propiedade da terra: resgardos, encomendas e facendas.

Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
Moitos líderes intelectuais do proceso de independencia participaron na Real Expedición Botánica do Novo Reino de Granada.

O Vicerreinado de Nova Granada foi creado en 1717, sendo temporalmente eliminado e despois reestabelecido en 1739. A súa capital foi Santa Fé de Bogotá. O Vicerreinado incluíu algunhas provincias do noroeste de América do Sur que anteriormente estiveran baixo a xurisdición dos Vicerreinados de Nova España ou o Perú e que se corresponde cos actuais Venezuela, Ecuador e Panamá. Deste xeito, Bogotá converteuse nun dos principais centros administrativos das posesións españolas no Novo Mundo, xunto con Lima e Cidade de México, aínda que estivo algo atrasada en comparanza con esas dúas cidades en aspectos económicos e loxísticas.

Logo de que Gran Bretaña declarase a guerra a España en 1739, Cartaxena converteuse axiña no obxectivo principal das forzas británicas, mais a vitoria española durante a guerra da Orella de Jenkins, unha guerra contra Gran Bretaña polo dominio económico do Caribe, asentou o dominio español do Caribe até a guerra dos Sete Anos.

No século XVIII, o sacerdote, botánico e matemático José Celestino Mutis foi delegado polo vicerrei Antonio Caballero y Góngora para dirixir un inventario da natureza de Nova Granada. Comezou no ano 1783, sendo coñecida como a Real Expedición Botánica do Novo Reino de Granada. Clasificou flora e fauna, e fundou o primeiro observatorio astronómico na cidade de Santa Fe de Bogotá. En xullo de 1801, o científico prusiano Alexander von Humboldt chegou a Santa Fe de Bogotá, onde se reuniu con Mutis. Ademais, figuras históricas do proceso de independencia de Nova Granada uníronse á expedición, como o astrónomo Francisco José de Caldas, o científico Francisco Antonio Zea, o zoólogo Jorge Tadeo Lozano e o pintor Salvador Rizo.

Independencia

Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
A batalla de Boyacá foi a batalla decisiva para asegurar o éxito da campaña de liberación de Nova Granada.

Dende os comezos dos períodos de conquista e colonización, houbo varios movementos rebeldes contra o goberno español, mais a maioría foron esmagados ou foron demasiado febles para mudar completamente a situación. O derradeiro destes movementos que buscou a independencia absoluta de España xurdiu arredor do ano 1810 e culminou na Declaración de Independencia de Colombia, ocorrida o 20 de xullo de 1810, o día no que hoxe se celebra o Día de Independencia da nación. Este movemento continuou coa independencia de Saint-Domingue (o Haití moderno) en 1804, o cal proporcionou certo apoio a un eventual líder desta rebelión: Simón Bolívar. Francisco de Paula Santander tamén tería un papel decisivo.

Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
A provincia do Socorro foi o lugar da xénese do proceso de independencia.

O movemento foi iniciado por Antonio Nariño, que se opoñía ó centralismo español e liderou a oposición contra o Vicerreinado. Cartaxena converteuse en independente en novembro de 1811. En 1811, proclamáronse as Provincias Unidas da Nova Granada, lideradas por Camilo Torres Tenorio. O xurdimento de dúas correntes ideolóxicas entre os patriotas (federalismo e centralismo) deu lugar a un período de inestabilidade. Pouco despois do remate das guerras napoleónicas, Fernando VII, acabado de restaurar no trono de España, decidiu de xeito inesperado enviar forzas militares para recuperar o control sobre o norte de América do Sur. O vicerreinado foi restaurado baixo o mando de Juan Sámano, cuxo réxime castigou aqueles que participaron nos movementos patrióticos, ignorando os matices políticos das xuntas de goberno. Isto provocou unha revelión renovada, que, xunto cunha España debilitada, fixo posible a rebelión que con éxito liderou Simón Bolívar, que proclamou finalmente a independencia en 1819. A resistencia a prol dos españois foi derrotada en 1822 no actual territorio de Colombia e en 1823 en Venezuela.

O territorio do Vicerreinado de Nova Granda converteuse na Repuública de Colombia, organizada como unha unión dos actuais territorios de Colombia, Panamá, Ecuador, Venezuela, partes de Güiana e o Brasil, e o norte do río Marañón. O congreso de Cúcuta en 1821 adoptou unha constitución para a nova república. Simón Bolívar converteuse no primeiro Presidente de Colombia, e Francisco de Paula Santander foi o vicepresidente. Porén, a nova república foi inestable e xurdiron tres países logo do colapso de Gran Colombia en 1830 (Nova Granada, Ecuador e Venezuela).

Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
Formación da actual Colombia dende a independencia do Vicerreinado de Nova Granada do Imperio Español.

Colombia foi o primeiro goberno constitucional de América do Sur, e os partidos Liberal e Conservador, fundados en 1848 e 1849 respectivamente, son dous dos partidos políticos máis antigos de América. A escravitude foi abolida no país en 1851.

As divisións políticas e territoriais internas produciron a disolución de Gran Colombia en 1830. O daquela chamado "Departamento de Cundinamarca" adoptou o nome de "Nova Granada", que mantivo até 1858 cando se converteu na Confederación Granadina. Despois dunha guerra civil de dous anos en 1863, creáronse os "Estados Unidos de Colombia", que duraron até 1886, cando o país finalmente se converteu na República de Colombia. As divisións internas mantivéronse entre as forzas políticas bipartidistas, nalgunhas ocasións provocando guerras civís moi sanguentas, sendo a máis salientable a guerra dos Mil Días (1899–1902).

Século XX

As intencións dos Estados Unidos de América de influír na área (especialmente na construción e control da Canle de Panamá) provocaron a separación do Departmento de Panamá en 1903 e o seu estabelecemento como nación. Os Estados Unidos pagáronlle a Colombia 25 000 000 de dólares en 1921, sete anos despois de rematar a canle, para compensar a participación do presidente Roosevelt na creación de Panamá, e Colombia recoñeceu a Panamá baixo os termos do Tratado Thomson-Urrutia. Colombia e o Perú infrontáronse nunha guerra por mor de desputas territorias na bacía do río Amazonas. A guerra rematou cun acordo de paz mediado pola Sociedade de Nacións. A Sociedade finalmente concedeu o territorio en disputa a Colombia en xuño de 1934.

Pouco despois, Colombia conseguiu certo grao de estabilidade política, que foi interrompida por un conflito sanguento que se produciu entre finais da década de 1940 e comezos da década de 1950, un período coñecido como La Violencia. A súa causa principal foron as tensión entre os dous principais partidos políticos, que estalou co asasinato do candidato presidencial liberal, Jorge Eliécer Gaitán, o 9 de abril de 1948. Os disturbios ocorridos en Bogotá, coñecidos como Bogotazo, espalláronse por todo o país provocando a morte de máis de 180 000 colombianos.

Colombia participou na guerra de Corea cando Laureano Gómez foi elixido presidente. Foi o único país de América Latina que se uniu á guerra cun papel militar directo como aliado dos Estados Unidos de América. Foi particularmente importante a resistencia das tropas colombianas en Old Baldy.

A violencia entre os dous principais partidos políticos minguou cando Gustavo Rojas depuxo o presidente de Colombia nun golpe de estado e negociou coas guerrillas, e tamén se pacificou o país baixo a xunto militar do xeneral Gabriel París.

Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
O Eixo da Paz e da Memoria, un monumento ás vítimas do conflito.

Despois de que Rojas fose deposto, o Partido Colombiano Conservador e o Partido Colombiano Liberal acordaron crear a Fronte Nacional, unha coalición que gobernaría o país conxuntamente. Segundo o acordo, a presidencia alternaríase entre conservadores e liberais cada 4 anos durante 16 anos; os dous partidos terían paridade en tódolos outros cargos electivos. A Fronte Nacional acabou coa "Violencia", e tentou instituír reformas sociais e económicas de grande alcance en cooperación coa Alianza para o Progreso. Malia o progreso en certos sectores, continuaron moitos problemas políticos e sociais, polo que se crearon formalmente grupos de guerrilla como as FARC, o ELN e o M-19 para loitar contra o aparto político e de goberno.

Dende a década de 1960, o país sufriu un conflito armado asimétrico de baixa intensidade entre as forzas do goberno, os grupos guerrilleiros de esquerda e grupos paramilitares de extrema dereita. O conflito escalou na década de 1990, principalmente nas áreas rurais illadas. Dende o comezo do conflito armado, activistas sociais loitaron para defender o respecto polos dereitos humanos, malia unha forte oposición. Diversas organizacións das guerrillas decidiron desmobilizarse logo das negociacións de paz en 1989–1994.

Os Estados Unidos de América involucráronse fortemente no conflito dende o seu comezo, cando a comezos da década de 1960, o Goberno dos Estados Unidos alentou ós militares colombianos a atacar milicias de esquerda na Colombia rural. Isto formou parte da loita estadounidense contra o comunismo. Mercenarios e corporacións multinacionais como Chiquita Brands International son algúns dos actores internacionais que contribuíron á violencia do conflito.

O 4 de xullo de 1991, promulgouse unha nova Constitución. Os cambios xerados pola nova constitución son considerados positivos pola sociedade colombiana.

Século XXI

Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
O expresidente Juan Manuel Santos asinando o acordo de paz.

A administración do presidente Álvaro Uribe (2002–10), adoptou unha política de seguridade democrática que incluíu unha campaña integrada de contraterrorismo e contrainsurxencia. O plan económico do goberno tamén promoveu a confianza nos investimentos. Como parte dun controvertido proceso de paz, as AUC (paramilitares de ultradereita) deixaron de funcionar como unha organización formal. En febreiro de 2008, manifestáronse millóns de colombianos en oposición ás FARC e outros grupos guerrilleiros.

Logo das negociacións de paz en Cuba, o goberno colombiano do Presidente Juan Manuel Santos e a guerrilla das FARC-EP anunciaron un acordo final e o remate do conflito. Porén, o referendo para ratificar o acordo non tivo éxito. Despoi diso, o goberno colombiano e as FARC asinaron un acordo de paz revisado en novembro de 2016, que foi aprobado polo Congreso colombiano. En 2016, o presidente Santos foi galardoado co Premio Nobel da Paz. O Goberno iniciou un proceso de atención e reparación integral ás vítimas do conflito. Colombia amosou un modesto progreso na súa loita por defender os dereitos humanos, segundo o expresado polo HRW. Foi creada unha Xurisdición Especial de Paz para investigar, clarificar, perseguir e castigar as violacións dos dereitos humanos e do dereito internacional humanitario que ocorreron durante o conflito armado e para satisfacer o dereito á xustiza das vítimas. Durante a súa visita a Colombia, Papa Francisco rendeu homenaxe ás vítimas do conflito.

As relacións entre Colombia e Venezuela foron inestables por mor das diferenzas ideolóxicas de ámbolos dous gobernos. Colombia ofreceu axuda humanitaria con comida e menciñas para mitigar a escaseza de subministracións en Venezuela. O Ministerio de Exteriores de Colombia declarou que tódolos esforzos para resolver a crise en Venezuela serían pacíficos. Colombia propuxo a idea dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel e un documento final foi adoptado polas Nacións Unidas.

Xeografía

    Artigo principal: Xeografía de Colombia.
    Véxase tamén: Xeoloxía de Colombia e Áreas protexidas de Colombia.
Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
Mapa físico do país.

A xeografía de Colombia caracterízase polas súas seis rexións naturais que teñen as súas propias características únicas, dende a rexión andina compartida con Ecuador e Venezuela, a rexión pacífica compartida con Panamá e Ecuador, a rexión caribeña compartida con Venezuela e Panamá, a Orinoquía compartida con Venezuela, a rexión amazónica compartida con Venezuela, o Brasil, o Perú e Ecuador até a rexión insular, que comprende illas tanto no océano Atlántico como no Pacífico.

Colombia limita polo noroeste con Panamá; polo leste con Venezuela e o Brasil; polo sur con Ecuador e o Perú; e ten as súas fronteiras marítimas estabelecidas a través de sete acordos no mar Caribe e tres no océano Pacífico. Atópase entre as latitudes 12°N e 4°S, e as lonxitudes 67° e 79°W.

Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
Mapa de Colombia segundo a clasificación climática de Köppen.

Forma parte do cinto de lume do Pacífico, unha rexión do mundo suxeita a terremotos e erupcións volcánicas, e no interior de Colombia, os Andes son o accidente xeográfico predominante. A maioría dos centros de poboación de Colombia atópanse nas terras altas do interior. Ademais do Macizo Colombiano (nos departamentos surorientais de Cauca e Nariño) está dividida en tres cordilleiras principais: a Cordilleira Occidental, que discorre pola costa do Pacífico e inclúe a cidade de Cali; a Cordilleira Central, que discorre entre os vales dos ríos Cauca e Magdalena e que inclúe as cidades de Medellín, Manizales, Pereira e Armenia; e a Cordilleira Oriental, que se estende cara ó nordeste até a península de La Guajira e inclúe a Bogotá, Bucaramanga e Cúcuta.

Os cumios da Cordilleira Occidental superan os 4 700 m, e os das Cordilleiras Central e Oriental superan os 5 000 m. A 2 600 m, Bogotá é a cidade que se atopa a maior altitude no mundo en comparación con outras cidades do seu tamaño.

Ó leste dos Andes atópase a sabana dos Llanos, parte da conca do Orinoco e, no sueste do país, a xungla da Amazonia. Xuntas, estas terras baixas comprenden a metade do territorio de Colombia, mais conteñen menos do 6% da poboación. A costa caribeña do norte é o fogar do 21,9% da poboación e a rexión onde se atopan as principais cidades portuarias, como Barranquilla e Cartaxena de Indias. Xeralmente son chairas de terras baixas pero tamén contén a Serra Nevada de Santa Marta, onde se atopan os máis altos picos do país (o Pico Cristóbal Colón e o Pico Simón Bolívar), así como o deserto de La Guajira. En contraste, a costa do Pacífico é descontinua e estreita, cunha mesta vexetación, respaldada pola Serranía de Baudó, e está escasamente poboada. O principal porto do pacífico é Buenaventura.

Os principais ríos de Colombia son o Magdalena, o Cauca, o Guaviare, o Atrato, o Meta, o Putumayo e o Caquetá. Colombia ten catro sistemas principais de drenaxe: a drenaxe do Pacífico, a drenaxe do Caribe, a conca do Orinoco e a conca do Amazonas. O Orinoco e o Amazonas marcan a fronteira de Colombia con Venezuela e o Perú respectivamente.

As áreas protexidas e o "Sistema de Parques Nacionais" abranguen unha área de 142 682,24 km² e representan o 12,77% do territorio de Colombia. Comparado cos seus países veciños, os índices de deforestación de Colombia son relativamente baixos. Colombia é o sexto país do mundo pola magnitude da subministración total de auga doce renovable, e aínda ten grandes reservas de auga doce.

Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
O clima de montaña é unha das características únicas dos Andes e outros relevos de grande altitude.

Clima

    Artigo principal: Clima de Colombia.

O clima de Colombia caracterízase por ser tropical, presentando variacións dentro das seis rexións naturais e dependendo da altitude, a temperatura, a humidade, o vento e chuvia. A diversidade de zonas climáticas en Colombia comprende os climas de selva tropical, de sabana, de estepa, de deserto e de montaña.

O clima de montaña é un dos trazos únicos dos Andes e outros relevos de grande altitude onde o clima está determinado pola elevación. Por debaixo dos 1000 m de altura atópase a zona de clima quente, onde a temperatura está por enriba dos 24 °C. Arredor do 82,5% da área total do país se atopa neste tipo de zona. A zona de clima temperado atópase entre os 1001 e os 2000 m, e caracterízase por manter temperaturas entre os 17 e os 24 °C. A zona de clima frío está presente entre os 2001 e os 3000 m e a temperatura varía entre os 12 e os 17 °C. A máis altura atópanse as condicións alpinas da zona boscosa e logo os pasteiros sen árbores do páramo. Por riba dos 4000 m, onde as temperaturas están baixo cero, o clima é glacial, unha zona de xeo e neve permanentes.

Biodiversidade

    Artigo principal: Biodiversidade de Colombia.
    Véxase tamén: Fauna de Colombia e Flora de Colombia.
Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
A flor nacional de Colombia é a orquídea endémica Cattleya trianae, que recibe o seu nome polo botánico e físico colombiano José Jerónimo Triana.

Colombia é un dos países megadiversos en canto a biodiversidade, sendo o primeiro país do mundo en número de especies de aves. En canto á flora, o país ten entre 40 000 e 45 000 especie de plantas, o equivalente ó 10 oou 20% de tódalas especies do mundo, o cal é aínda máis destacado se se ten en conta que Colombia é considerado un país de tamaño intermedio. Colombia é o segundo país máis biodiverso do mundo, só por detrás do Brasil, que é unhas sete veces meirande.

Colombia é o país do mundo que máis se caracteriza pola súa biodiversidade, coa taxa máis alta de especies por unidade de área en todo o mundo e co maior número de endemismos (especies que non se atopan de xeito natural en ningún outro país). Arredor dun 10% das especies animais da Terra viven en Colombia, incluíndo máis de 1 900 especies de aves, máis que en Europa e América do Norte xuntos. Colombia ten o 10% de tódalas especies de mamíferos do mundo, o 14% das especies de anfibios e o 18% das aves do mundo.

Colombia conta cunhas 2 000 especies de peixes mariños e é o segundo país máis diverso en peixes de auga doce. Colombia é o país do mundo con maior número de bolboretas endémicas, o primeiro país en especies de orquídea e ten arredor de 7 000 especies de coleópteros. Colombia é o segundo país en número de anfibios e é o terceiro país máis diverso en réptiles e palmeiras. Conta con preto de 1 900 especies de moluscos e, segundo as estimacións, ten arredor de 300 000 especies of invertebrados. En Colombia hai 32 biomas territoriais e 314 tipos de ecosistemas.

Goberno e política

    Artigo principal: Goberno de Colombia.
    Véxase tamén: Constitución de Colombia.

Colombia é un Estado Social de Dereito, unha república onde o poder executivo domina a estrutura de goberno. O presidente, elixido xunto co vicepresidente por voto popular durante catro anos, funciona tanto como xefe de estado como a testa do goberno.

O parlamento bicameral de Colombia é o Congreso que está constituído polo Senado, de 102 escanos, elixidos en circunscrición nacional, e pola Cámara de Representantes, de 166 escanos, elixidos en representación proporcional á poboación de cada departamento e do Distrito Capital, 5 deles son elixidos por sectores minoritarios (indíxenas, afrocolombianos, minorías políticas e colombianos no exterior). Os membros de ambas as cámaras son elixidos por voto popular por períodos de catro anos. O sistema xudicial colombiano experimentou reformas significativas na década dos noventa.

Vexa tamén: Lista de presidentes de Colombia

Divisións administrativas

Colombia divídese político-administrativamente en 32 departamentos e 1 distrito capital(*) que depende administrativamente do departamento de Cundinamarca:

Partidos políticos

Partido Liberal, Partido Conservador, (Moir) Movemento Obreiro Independente e Revolucionario, Partido Socialista dos Traballadores, Fronte pola Defensa do Folclore Andino Colombiano (PDFAC), Polo Democrático Independente e Alternativo(PDI), Convergencia Cidadana, Novo Liberalismo Ardilista, Nova Forza Democrática,(FILA)Fronte de Esquerda Liberal Autentico,(FLIP) Fronte de Liberalismo Independente de Piedecuesta, Cambio Radical.

Economía

Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
PIB de Colombia por sector no ano 2017.

Historicamente unha economía agrícola, Colombia urbanizouse rapidamente no século XX, no final do cal só o 15,8% dos traballadores do país estaban empregados na agricultura, xerando só o 6,6% do PIB; o 19,6% dos traballadores estaban empregados na industria e un 64,6% en servizos, sendo responsables do 33,4% e do 59,9% do PIB respectivamente. A produción económica do país está dominada pola súa forte demanda doméstica. O gasto en consumo dos fogares é o maior compoñente do PIB.

A economía de mercado de Colombia medrou de xeito estable no final do século XX, co seu Produto Interior Bruto (PIB) medrando unha media de máis do 4% por ano entre 1970 e 1998. O país sufriu unha recesión en 1999 (o primeiro ano completo de crecemento negativo dende a Gran Depresión), e a recuperación económica foi longa e chea de atrancos. Porén, nos últimos anos o crecemento foi moi importante, chegando ó 6,9% en 2007, un dos índices de crecemento económico máis altos de América Latina. De acordo con estimacións do Fondo Monetario Internacional, en 2012 o produto interior bruto de Colombia era de $500 billóns de dólares (o 28º do mundo e terceiro de América do Sur).

O gasto público total representa o 27,9% da economía doméstica. A débeda externa representa o 39,9% do produto interior bruto. Un forte clima fiscal foi reafirmado por unha alza nas cualificacións crediticias dos bonos. A inflación anual pechou no 2017 cun 4,09% YoY (fronte o 5,75% YoY en 2016). A taxa de desemprego no ano 2017 era do 9,4%, aínda que a informalidade é o maior problema que afronta o mercado laboral (os ingresos dos traballadores formais medraron un 24,8% en 5 anos, mentres que os ingresos laborais dos traballadores informais aumentaron só un 9%). Colombia ten unha zona de libre comercio (FTZ), a Zona Franca do Pacífico, que se atopa en Valle del Cauca, unha das zonas máis atractivas para o investimento estranxeiro.

O sector financeiro medrou favorablemente debido á boa liquidez na economía, ó crecemento do crédito e ó bo rendemento da economía colombiana. A Bolsa de Valores de Colombia a través do MILA ofrece un mercado rexional ó comercio de accións. Colombia é agora unha das tres economías cunha puntuación perfecta no índice de fortaleza dos dereitos legais, segundo o Banco Mundial.

Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
A Bolsa de Valores de Colombia forma parte do Mercado Integrado Latinoamericano.

A produción de electricidade en Colombia provén maioritariamente de fontes de enerxía renovable. O 69,93% é obtido a partir de xeración hidroeléctrica. O compromiso de Colombia coa enerxía renovable recoñeceuse no Índice Global de Economía Verde (GGEI) de 2014, que se encontraba entre as 10 mellores nacións do mundo en canto a sectores de eficiencia ecolóxica.

Colombia é rica en recursos naturais, e as súas principais exportacións inclúen combustibles minerais, petróleo, produtos de destilación, froita e outros produtos agrícolas, azucre e confitaría, alimentos, plásticos, pedras preciosas, metais, madeira, produtos químicos, fármacos, vehículos, produtos e equipamentos electrónicos, perfumaría e cosmética, maquinaria, artigos manufacturados, téxtiles e teas, roupa e calzado, vidro e cristalaría, mobles, edificios prefabricados, produtos militares, material para o fogar e a oficina, equipamento de construción e software, entre outros. Os principais socios comerciais son os Estados Unidos, a China, a Unión Europea e algúns países de América Latina.

As exportacións non tradicionais impulsaron o crecemento das vendas estranxeiras colombianas, así como a diversificación dos destinos de exportación grazas a novos tratados de libre comercio.

En 2017, o Departamento Administrativo Nacional de Estatística (DANE) reportou que o 26,9% da poboación estaba vivindo por debaixo do limiar da pobreza, dos cales o 7,4% se atopaban en "pobreza extrema". A taxa de pobreza multidimensional alcanza ó 17,0% da poboación. O Goberno estivo desenvolvendo un proceso de inclusión financeira entre a poboación máis vulnerable do país.

O recente crecemento económico provocou un aumento considerable de novos millonarios, así como novos emprendedores, é dicir, colombianos cun patrimonio neto de máis de 1 billón de dólares.

A achega do turismo ó PIB foi de 5 880,3bn de dólares (o 2,0% do PIB total) en 2016. O turismo xerou 556 135 empregos (o 2,5% do total de empregados) en 2016. Os turistas estranxeiros creceron dende os 0,6 millóns en 2007 até os 4 millóns en 2017.

Ciencia e tecnoloxía

    Artigo principal: Ciencia e tecnoloxía en Colombia.
Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
COLCIENCIAS é unha axencia do Goberno Colombiano que apoia a investigación fundamental e aplicada.

Colombia ten máis de 3 950 grupos de investigación en ciencia e tecnoloxía. iNNpulsa, un organismo do goberno que promove o emprendemento e a innovación no país, achega subvencións a novas empresas, ademais doutros servizos que ofrecen institucións como Apps.co. Xurdiron numerosos espazos de traballo conxunto para servir como comunidades para novas empresas grandes e pequenas. Organizacións como a Corporación para a Investigación Biolóxica (CIB), que apoia á mocidade interesada no traballo científico, foron creadas con éxito en Colombia. O Centro International para a Agricultura Tropical con sede en Colombia investiga o reto crecente do quecemento global e a seguridade alimentaria.

En Colombia, téñense realizado importantes avances relacionados coa medicina, como o primeiro marcapasos externo con eléctrodos internos, inventado polo enxeñeiro electrónico Jorge Reynolds Pombo, unha invención de grande importancia para aqueles que sofren de insuficiencia cardíaca. Tamén foron ideadas en Colombia as técnicas de microqueratoma e queratomileusis, que forman a base fundamental do que hoxe se coñece como LASIK (unha das máis importantes técnicas para a corrección da visión) e a válvula de Hakim para o tratamento da hidrocefalia, entre outras. Colombia comezou a innovar na tecnoloxía militar para o seu propio exército e para outros exércitos do mundo, especialmente no deseño e creación de protección balística, hardware militar, robots militares, bombas, simuladores e radares.

Algúns científicos líderes colombianos son Joseph M. Tohme, investigador recoñecido polo seu traballo na diversidade xenética da comida, Manuel Elkin Patarroyo que é coñecido polo seu traballo no desenvolvemento dunha vacina sintética contra a malaria, Francisco Lopera que descubriu a "mutación paisa" ou un tipo de doenza de Alzhéimer de inicio precoz, Rodolfo Llinás, coñecido polo seu estudo das propiedades intrínsecas das neuronas e a teoría dunha síndrome que cambiou o xeito de entender o cerebro, Jairo Quiroga Puello recoñecido polos seus estudos na caracterización de substacias sintéticas que poden ser usadas para loitar contra fungos, neoplasias, tuberculose e mesmo algunhas clases de virus, e Ángela Restrepo, que estabeleceu unha diagnose e un tratamento para combater os efectos dunha doenza causada polo Paracoccidioides brasiliensis.

Infraestruturas

    Artigo principal: Transporte en Colombia.
Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
Porto de Cartaxena de Indias.

O transporte en Colombia está regulado polas funcións do Ministerio de Transporte e entidades como o Instituto Nacional de Vías (INVÍAS) responsable das estradas do país, o Aerocivil, responsable da aviación civil e dos aeroportos, a Axencia Nacional de Infraestrutura, a cargo das concesións a través de colaboracións público-privadas, para o deseño, construción, mantemento, operación e administración das infraestruturas de transporte, o Directorio Marítimo Xeral (Dimar) que ten a responsabilidade da coordinación do tráfico marítimo xunto coa Mariña Colombiana, entre outros, e baixo a supervisión da Superintendencia de Portos e Transporte. A rede de estradas en Colombia ten unha lonxitude de 215 000 km, dos cales 23 000 están pavimentados. O transporte ferroviario en Colombia está adicado case completamente a mercancías e a rede ferroviaria ten unha lonxitude de 1 700 km. Colombia ten 3 960 quilómetros de gasodutos, 4 900 quilómetros de oleodutos e 2 990 quilómetros de tubaxes de produtos refinados.

O obxectivo de Colombia é construír 7 000 km de estradas no período de 2016 e 2020 e reducir o tempo das viaxes un 30% e o custo de transporte un 20%. Un programa de concesión de autoestradas abrnaguerá 40 proxectos, e forma parte dun grande obxectivo estratéxico de investir case 50 billóns de dólares en infrastruturas de transporte, incluíndo novas vías férreas, facer navegable de novo o río Magdalena, mellorar as infraestruturas dos portos, así como a expansión do aeroporto de Bogotá.

Demografía

Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
Densidade de poboación de Colombia en 2007.
Poboación
Ano Millóns
1950 12,3
2000 40,4
2016 48,7

Cunha poboación estimada de 49 millóns de persoas en 2017, Colombia é o terceiro país máis poboado de América Latina, despois do Brasil e de México. A comezos do século XX, a poboación de Colombia era de preto de 4 millóns de persoas. Dende comezos da década de 1970, Colombia experimentou dencensos constantes nas súas taxas de fertilidade, mortalidade e de crecemento da poboación. A taxa de crecemento da poboación no ano 2016 estimouse en 0,9%. A taxa de fertilidade era de 1,9 nacementos por muller no ano 2015. Arredor do 26,8% da poboación ten 15 anos ou menos, o 65,7% está entre os 15 e os 64 anos e o 7,4% ten máis de 65 anos. A proporción de persoas maiores no total da poboación medrou de xeito substancial. Espérase que Colombia chegue ós 50,2 millóns de persoas en 2020 e a 55,3 millóns no ano 2050.

A poboación concéntrase nas terras altas andinas e ó longo da costa caribeña, aínda que a densidade de poboación é maior nas rexións andinas. Os nove departamentos de terras baixas supoñen o 54% da área de Colombia mais só teñen o 6% da poboación. Tradicionalmente unha sociedade rural, o movemento cara a áreas urbanas foi moi importante a mediados do século XX, e Colombia é un dos países máis urbanizados de América Latina. A poboación urbana incrementou dende o 31% do total en 1938 a case o 60% en 1973, e no ano 2014 chegou ó 76%. A poboación de Bogotá pasou de 300 000 habitantes en 1938 a máis 8 millóns no ano 2017. En total, no ano 2015 setenta e dúas cidades teñen poboacións de máis de 100 000 habitantes. No ano 2012, Colombia tiña a meirande poboación de persoas desprazadas internamente, estimada en 4,9 millóns.

A esperanza de vida era de 74,8 anos en 2015 e a mortalidade infantil era de 13,1 por mil en 2016. En 2015, o 94,58% dos adultos e o 98,66% dos mozos estaban alfabetizados e o goberno inviste o 4,49% do seu PIB en educación.

Colombia clasifícase no terceiro posto do Happy Planet Index.

Linguas

Máis do 99,2% dos colombianos fala castelán. Ademais, no país tamén se falan 65 linguas indíxenas, dúas linguas crioulas, a lingua romaní e lingua de sinais colombiana. O inglés ten status oficial no arquipélago de San Andrés, Providencia e Santa Catalina.

Incluíndo o castelán, a base de datos Ethnologue nomea 101 linguas en Colombia. O número específico de linguas faladas varía lixeiramente xa que algúns autores consideran linguas diferentes o que outros consideran variedades ou dialectos da mesma lingua. As mellores estimacións numeran en 71 linguas as faladas no país, a maioría delas pertencentes ás familias lingüísticas chibcha, tucana, bora–witoto, guahibana, arauaca, caribe, barbacoana e salibana. Estímase que o número de falantes de linguas indíxenas rolda os 850 000.

Grupos étnicos

Diversidade étnica
Porcentaxe
Mestizo
  
49%
Branco
  
37%
Afrocolombiano (incluíndo mulato)
  
10.6%
Indíxenas
  
3.4%
Xitano
  
0.01%

Colombia é diversa etnicamente, xa que a súa poboación descende principalmente dos pobos indíxenas orixinais, dos colonizadores españois, e dos africanos levados ó país como escravos. Ademais a emigración europea e do Oriente Medio durante o século XX contribuíu á diversa herdanza cultural colombiana. A distribución demográfica reflicte un patrón que está influído polo seu pasado colonial. Os brancos tenden a concentrarse principalmente nos centros urbanos, como Bogotá, Medellín ou Cali. As poboacións das principais cidades tamén inclúen unha importante poboación de mestizos. Os campesiños mestizos das áreas rurais tamén viven nas terras altas andinas, onde os conquistares españois se mesturaron con mulleres indíxenas. Os mestizos inclúen a artesáns e pequenos comerciantes que xogaron un importante papel na expansión urbana das últimas décadas.

Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
A poboación con ascendencia africana en Colombia concéntrase nas zonas costeiras.
Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
A poboación indíxena de Colombia por concello no ano 2005.

O censo de 2005 amosou que a "poboación non étnica", conformada por brancos e mestizos (aqueles de ascendencia europea e indíxena), constitúen o 86% da poboación do país. O 10,6% é de ascendencia africana. Os pobos indíxenas representan o 3,4% da poboación. O 0,01% da poboación é xitana. Unha estimación extraoficial considera que o 49% da poboación colombiana é mestiza e que arredor do 36% é branca, principalmente de ascendencia española, aínda que tamén hai unha importante poboación de ascendencia do Oriente Medio; nalgúns sectores da sociedade hai unha cantidade considerable de persoas con ascendencia italiana e alemá.

Moitos dos pobos indíxenas experimentaron unha redución da poboación durante o goberno español e outros foron absorvidos dentro da poboación mestiza, mais os pobos actuais representan máis de oitenta culturas diferentes. As reservas (ou resgardos) estabelecidos para os pobos indíxenas ocupan unha área de 305 716,4 km² (ou o 27% da área total do país) e están habitadas por algo máis de 800 000 persoas. Algúns dos pobos máis importantes en poboación son os wayuu, os paez, os pastos, os emberá e os zenú. Os departamentos de La Guajira, Cauca, Nariño, Córdoba e Sucre teñen as maiores poboacións indíxenas.

A Organización Nacional Indíxena de Colombia (ONIC), fundada no primeiro Congreso Nacional Indíxena en 1982, é unha organización que representa ás comunidades indíxenas de Colombia. En 1991, Colombia asinou e ratificou a actual lei internacional no relativos ós pobos indíxenas, a Convención 169 da OIT sobre pobos indíxenas e tribais.

Os africanos foron levados a Colombia como escravos, principalmente ás terras baixas costeiras, dende comezos do século XVI até o século XIX. As maiores comunidades afrocolombianas atópanse nas costas do Caribe e do Pacífico. A poboación do departamento de Chocó, que se atopa no recuncho norte da costa pacífica colombiana, é de ascendencia africana nun 80%. Os británicos e os xamaicanos migraron cara ás illas de San Andrés e Providencia. Un bo número de europeos e norteamericanos migraron ó país no final do século XIX e comezos do XX, incluíndo xente da antiga Unión Soviética durante e despois da segunda guerra mundial.

Moitas comunidades inmigrantes se asentaron na costa do Caribe, en especial orixinarios de Oriente Medio. Barranquilla (a meirande cidade do Caribe colombiano) e outras cidades caribeñas teñen grandes poboacións de libaneses, palestinos e outros árabes. Tamén hai importantes comunidades de chineses, xaponeses, xitanos e xudeus. Existe unha gran migración de venezolanos por mor da situación política e económica de Venezuela.

Relixión

Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
O Santuario de Las Lajas no departamento de Nariño, ao sur.

O Departamento Administrativo Nacional de Estatística (DANE) non amosa estatística da relixión, e os informes exactos son difíciles de obter. Porén, baseados en diversos estudos e enquisas, arredor dun 90% da poboación é cristiá, a maioría dos cales (70,9%–79%) son católicos, existindo unha significativa minoría (16,7%) de protestantes (a maioría evanxélicos). Arredor do 4,7% da poboación é atea ou agnósticos, mentres que o 3,5% declara crer en Deus mais non seguir unha relixión específica. O 1,8% dos colombianos é testemuña de Xehová e adventista e menos do 1% é membro doutras relixións, como o islam, o xudaísmo, o budismo, o mormonismo, o hinduísmo, as relixións indíxenas, hare krishna, o movemento rastafari, a Igrexa ortodoxa e movementos espirituais. As persoas restantes non responderon ou declararon non saber. Ademais das devanditas estatísticas, o 35,9% dos colombianos declarou que non practica a súa fe de xeito activo.

Aínda que Colombia é un país católico segundo as cifras de bautismos, a constitución de 1991 garante a liberdade de relixión e tódalas fes e igrexas relixiosas son igualmente libres segundo a lei.

Maiores cidades

Colombia é un país altamente urbanizado. As meirandes cidades do país son Bogotá, cun estimado de 8 millós de habitantes, Medellín, cun estimado de 2,5 millóns de habitantes, Cali, cun estimado de 2,4 millóns de habitantes, e Barranquilla, cun estimado de 1,2 millóns de habitantes. Cartaxena de Indias tamén salienta en número de habitantes e a cidade de Bucaramanga é relevante en termos de poboación metropolitana.

Principais cidades de Colombia

Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
Bogotá
Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
Medellín
Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
Cali

Cidade Departamento Poboación Cidade Departamento Poboación

Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
Barranquilla
Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
Cartaxena
Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
Cúcuta

1 Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía  Bogotá Cundinamarca 8 264  029   11 Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía  Villavicencio Meta 503 414
2 Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía  Medellín Antioquia 2 522 081   12 Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía  Santa Marta Magdalena 499 219
3 Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía  Cali Valle del Cauca 2 434 110   13 Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía  Bello Antioquia 485 970
4 Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía  Barranquilla Atlántico 1 232 226   14 Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía  Valledupar Cesar 423 593
5 Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía  Cartaxena de Indias Bolívar 1 006 323   15 Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía  Pereira Risaralda 406 348
6 Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía  Soledad Atlántico 682 910   16 Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía  Buenaventura Valle del Cauca 398 527
7 Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía  Cúcuta Norte de Santander 652 320   17 Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía  Pasto Nariño 386 598
8 Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía  Soacha Cundinamarca 550 054   18 Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía  Manizales Caldas 373 862
9 Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía  Ibagué Tolima 543 564   19 Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía  Montería Córdoba 362 917
10 Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía  Bucaramanga Santander 522 439   20 Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía  Neiva Huila 329 462
Proxección 2019 - DANE


Cultura

    Artigo principal: Cultura de Colombia.

Colombia atópase na confluencia entre América Latina e o resto do continente americano, e como tal é o fogar dun gran número de influencias culturais. A cultura indíxena, a española e outras como a europea, a africana, a estadounidense, a caribeña e a árabe, así como outras influencias culturais latinoamericanas, están presentes na cultura moderna de Colombia. A migración urbana, a industrialización, a globalización e outros cambios políticos, sociais e económicos tamén provocaron cambios culturais no país.

Moitos símbolos nacionais, tanto os obxectos como os temas, xurdiron das diversas tradicións culturais de Colombia e apuntan a representar o que Colombia e o pobo colombiano teñen en común. As expresións culturais en Colombia son promovidas polo goberno a través do Ministerio de Cultura.

Literatura

    Artigo principal: Literatura de Colombia.
Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
O Nobel de literatura Gabriel García Márquez.
Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
Jorge Isaacs foi un dos grandes expoñentes da literatura en lingua castelá do século XIX.

A literatura de Colombia data da época precolombiana, sendo un notable exemplo do período o poema épico coñecido como a Lenda de Yurupary (en nheengatu: Juruparí). Nos tempos da colonia española, salientan os escritores Juan de Castellanos (Elegías de varones ilustres de Indias), Hernando Domínguez Camargo e o seu poema épica a San Ignacio de Loyola, Pedro Simón, Juan Rodríguez Freyle (El Carnero), Lucas Fernández de Piedrahita, e a monxa Francisca Josefa de Castillo, representante do misticismo.

A literatura logo da independencia está vencellada ó romanticismo de autores como Antonio Nariño, José Fernández Madrid, Camilo Torres Tenorio e Francisco Antonio Zea. Na segunda metade do século XIX e comezos do XX fíxose popular o xénero literario do costumismo; grandes escritores deste período foron Tomás Carrasquilla, Jorge Isaacs e Rafael Pombo (este último escribiu notables obras de literatura infantil). Neste período, autores como José Asunción Silva, José Eustasio Rivera, León de Greiff, Porfirio Barba-Jacob e José María Vargas Vila desenvolveron o movemento modernista. En 1872, Colombia estabeleceu a Academia Colombiana da Lingua, a primeira academia da lingua castelá en América. O poeta Candelario Obeso escribiu Cantos Populares de mi Tierra (1877), o primeiro libro de poesía dun autor afrocolombiano.

Entre 1939 e 1940, foron publicados sete libros de poesía baixo o nome Piedra y cielo na cidade de Bogotá, os cales impactaron de modo significativo no país e que foron editados por Jorge Rojas. Na seguinte década, Gonzalo Arango fundou o movemento do "nadaísmo" en resposta á violencia da época; foi influído polo nihilismo, o existencialismo, e o pensamento doutro grande escritor colombiano, Fernando González Ochoa. Durante o boom latinoamericano, xurdiron moitos escritores de éxito, liderados polo Nobel de Literatura Gabriel García Márquez e a súa principal obra, Cien años de soledad, Eduardo Caballero Calderón, Manuel Mejía Vallejo e Álvaro Mutis, un escritor que foi galardoado co Premio Miguel de Cervantes e o Premio Príncipe de Asturias das Letras. Outros autores contemporánoes salientables son Fernando Vallejo, William Ospina (Premio Rómulo Gallegos) e Germán Castro Caycedo.

Artes visuais

    Artigo principal: Arte de Colombia.
Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
Obra do pintor e escultor Fernando Botero.

A arte de Colombia ten unha historia de máis de 3 000 anos de historia. Os artistas colombianos capturaron o cambiante contexto político e cultural usando unha gran variedade de estilos e formatos. Existen evidencias arqueolóxicas de cerámica que foron producidas en Colombia máis cedo que en ningunha outra parte de América, que data do ano -3 000.

Os exemplos máis antigos de artesanía de ouro foron atribuídos ó pobo tumaco da costa do Pacífico e datan do ano -325. Entre os anos -200 e 800, a cultura San Agustín, mestres da cantaría, entrou no seu "período clásico". Erixiron centros cerimoniais, sarcófagos e grandes monólitos que representaban formas antropomórficas e zoomórficas de rocha.

A arte colombiana seguiu as tendencias de cada época, polo que durante os séculos XVI ó XVIII, o catolicismo español tivo unha grande influencia na arte colombiana, e o popular estilo barroco foi substituído polo rococó cando os borbóns ascenderon á Coroa Española. Mais recentemente, os artistas colombianos Pedro Nel Gómez e Santiago Martínez Delgado comezaron o Movemento Mural Colombiano na década de 1940, con características do neoclasicismo e do Art déco.

Colombia: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
Lanceiros do Pantano de Vargas, obra de Rodrigo Arenas Betancourt.

Dende a década de 1950, a arte colombiana comezou a desenvolver o seu propio punto de vista, reinventando elementos tradicionais baixo os conceptos do século XX. Exemplos disto son os retratos de Ignacio Gómez Jaramillo, que amosou o que a arte colombiana podía facer coas novas técnicas aplicadas en temas típicos colombianos. Carlos Correa, coa súa paradigmática "Naturaleza muerta en silencio" (natureza morta en silencio), mestura abstracción e cubismo. Alejandro Obregón é a miúdo considerado o pai da pintura moderna colombiana e un dos artistas máis influentes deste período debido á súa orixinalidade, e as súas pinturas combinan paisaxes simbólicas e o uso expresionista dos animais, (especialmente o cóndor andino). Fernando Botero, Omar Rayo, Enrique Grau, Édgar Negret, David Manzur, Rodrigo Arenas Betancourt, Oscar Murillo, Doris Salcedo e Oscar Muñoz son algúns dos artistas colombianos de sona internacional.

A escultura colombiana entre os século XVI e XVIII estivo maioritariamente adicada a representacións relixiosas de arte eclesiástica, fortemente influenciada polas escolas españolas de escultura sagrada. Durante o primeiro período da República Colombiana, os artistas nacionais centráronse na produción de retratos escultóricos de políticos e figuras públicas, seguindo a tendencia neoclásica. Durante o século XX, a escultura colombiana comezou a desenvolver un traballo audaz e innovador co obxectivo de acadar unha mellor comprensión da sensibilidade nacional.

A fotografía colombiana estivo marcada pola chegada do daguerrotipo. Jean-Baptiste Louis Gros foi quen introduciu o proceso de daguerrotipo a Colombia en 1841. A biblioteca púlica Piloto ten os meirandes arquivos de negativos de América Laina, contendo 1,7 millóns de fotografías antigas que cobren a historia de Colombia dende 1848 até 2005.

A prensa colombiana promoveu o traballo de humorista gráfico. Nas décadas recentes, os fanzines, Internet e editoriais independentes tiveron un papel fundamental no crecemento da banda deseñada en Colombia.

Gastronomía

Deporte

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Colombia EtimoloxíaColombia HistoriaColombia XeografíaColombia Goberno e políticaColombia EconomíaColombia DemografíaColombia CulturaColombia DeporteColombia NotasColombia Véxase taménColombia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

ParísBariOlympe de GougesLista de ríos de GaliciaSantiago de CompostelaAnder CanteroConvento de Santa Clara de Santiago de CompostelaGaliciaPosición do misioneiroUniversidade de VigoRosalía de CastroLaxeJosé Calvo SoteloPanamáTomiñoOs demostrativos galegosFútbol3/24Vento feridoLuísa VillaltaDolores VillarinoGumersindo Rico GonzálezAlexandre BóvedaGrupo EroskiDeportivo da CoruñaPaís Vasco (rexión histórica)Friedrich NietzscheXestaNordés (vento)Lista de xentilicios de concellos galegosVitoria OgandoSpice GirlsGarbiñe MuguruzaAlternativa dos VeciñosRelación sexual humanaErros e TánatosTimor LesteMiñato comúnLugares do SaviñaoJosé Antonio MonagoSelección de fútbol de GaliciaA memoria da choivaOvidio RodeiroMosLugares de PantónCill GhallagáinCentro público integradoChantreMadonnaFingeringEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Abraham CupeiroLeymaNavarraInfanciaMar AmareloEstoniaCinema pornográficoBurela, BurelaXurxo de CapadociaCulleredoCroaciaDavid PerdomoEscáncerFelaciónThe BeatlesMesopotamiaEl 33Rafael NadalXabier DíazAustraliaNormativa oficial do galego🡆 More