Arqueoloxía: Estudo da actividade humana no pasado

A arqueoloxía é a ciencia que estuda as artes, monumentos e obxectos da antigüidade, especialmente a través dos seus restos.

O nome ven do grego ἀρχαιολογία (transliteración: archaios), "vello" ou "antigo", e logos, "ciencia", "saber".

Arqueoloxía: Estudo da actividade humana no pasado
Escavación arqueolóxica en Atapuerca.

A arqueoloxía é unha disciplina dedicada ó estudo de culturas humanas pasadas. A maioría dos primeiros arqueólogos, que aplicaron a orixe da súa disciplina ós estudos dos anticuarios, definiron a arqueoloxía como o "estudo sistemático dos restos materiais da vida humana xa desaparecida"; outros arqueólogos fixeron énfase en aspectos psicolóxico-condutistas e definiron a arqueoloxía como "a reconstrución da vida dos pobos antigos".

Nalgúns países a arqueoloxía ten sido considerada sempre como unha disciplina pertencente á antropoloxía; mentres que esta se centraba no estudo das culturas humanas, a arqueoloxía dedicábase ó estudo das manifestacións materiais destas. Deste xeito, en tanto que as antigas xeracións de arqueólogos estudaban un antigo instrumento de cerámica como un elemento cronolóxico que axudaría a poñerlle unha data á cultura que era obxecto de estudo, ou sinxelamente como un obxecto cun certo valor estético, os antropólogos verían o mesmo obxecto como un instrumento que lles serviría para comprender o pensamento, os valores e a cultura de quen o fabricou.

A investigación arqueolóxica estivo relacionada fundamentalmente á idade de pedra e á antigüidade; non obstante, durante as últimas décadas a metodoloxía arqueolóxica aplicouse a etapas máis recentes, como a Idade Media ou ó período industrial. Os arqueólogos dedican ocasionalmente a súa atención a materiais actuais, investigan residuos urbanos, o que se coñece como arqueoloxía industrial.

Sendo a un tempo tanto humanística como científica, a arqueoloxía é unha disciplina académica realmente interdisciplinar. Entre as técnicas analíticas empregadas destacan aquelas que buscan datar os restos do pasado, como a datación por Carbono-14 ou a datación por termoluminiscencia.

Véxase tamén

Outros artigos


Arqueoloxía: Estudo da actividade humana no pasado 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Tags:

ArteCienciaIdade AntigaLingua gregaMonumento

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

VerzaReal Club Celta de VigoThe Lady in the VanOriginFinancial TimesAsturiasGabriel García MárquezRaposo comúnIria MisaCalígulaPortadaMarta RoucoVigoGerardo Criado GuizánDía da TerraAnxo CasalderreyPaulino PereiroAmieiroRonaldinhoOs PinosWolfgang Amadeus MozartNikolai GogolLista de presidentes dos Estados Unidos de AméricaPilar RojoAs leis de CelavellaAlternativa dos VeciñosLa Voz de GaliciaLa Libertad (Betanzos)Labios (xenitais)1994Avespa asiáticaLucas VázquezVox populiSarriaAlexandre BóvedaCill GhallagáinImperio RomanoTom Jones (cantante)CristianismoA memoria da choivaBombardeo atómico de Hiroshima e NagasakiAntonio LombaSegunda guerra mundialCarlos III de EspañaEstatuto de autonomía de Galicia de 1936GheadaPosicións sexuaisProsaAna SeijasArgimiro Marnotes FernándezPonteareasTristán UlloaMarta DoviroBelén do Campo PiñeiroSanta CombaCoordenadas xeográficasDodoSambesugaBubelaAdolf HitlerAnimaisMeigaRoko (actriz)Relación transitivaDe NinghuresHomer SimpsonXabier P. DoCampoAndoni OrtuzarPortugalDereito de autoríaQuerela das mulleresChipre🡆 More