Óliver Laxe Coro, nado en París o 11 de abril de 1982, é un actor, director e guionista de cinema galego.
En 2010 gañou o Premio Fipresci do Festival Internacional de Cine de Cannes polo seu filme Todos vós sodes capitáns, en 2016 gañou o Gran Premio da Semana da Crítica de Cannes polo seu traballo en Mimosas e, en 2019, foi distinguido co Premio de Xurado, na sección "Un Certain Regard" pola película O que arde.
(2020) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de abril de 1982 (42 anos) París, Francia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade Pompeu Fabra |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema , produtor de cinema , actor de cinema , guionista , actor |
Período de actividade | 2006 - |
Lingua | Lingua galega, lingua francesa e lingua castelá |
Participou en | |
Tabakalera | |
Tras Víctor Erice, é o segundo español que presentou as súas tres primeiras películas en Cannes.
Fillo de pais galegos, Óliver Laxe naceu en París en 1982. Cando tiña seis anos regresou con eles a Galicia, en 1988. Tras estudar na Coruña, onde cursou o bacharelato no IES Monelos, marchou a Barcelona, onde se graduaría en Comunicación Audiovisual na Universidade Pompeu Fabra.
A súa filmografía comeza en Londres, onde xunto a Enrique Aguilar rodou a curtametraxe E as chemineas decidiron escapar (2006). Logo trasladouse a Tánxer, onde rodou as curtametraxes Suena una trompeta, ahora veo otra cara (2007) e París #1, coas que obtivo varios premios en certames cinematográficos.
Alí creou o proxecto Dao Byed, un taller cinematográfico para os nenos pobres do Magreb. Desta experiencia, inspirada noutra similar de Lev Tolstoi con nenos labregos rusos, saíu a súa primeira longametraxe, Todos vós sodes capitáns (2009) coa que gañou o premio FIPRESCI no Festival Internacional de Cine de Cannes 2010 e o Premio de Honra Chano Piñeiro á mellor dirección revelación nos Premios Mestre Mateo 2010.
Rodou a longametraxe Mimosas. Estreouse no ano 2016 tamén no Festival de Cannes, onde conseguiu o Gran Premio da Semana da Crítica. Este filme tamén lle valeu o Mestre Mateo á mellor dirección.
Aparece como actor no seu filme Todos vós sodes capitáns, así como en Moussem les morts (Vincent Le Port e Jean-Baptiste Alazard, 2010).
En 2019, presentou no Festival de Cannes O que arde na sección "Un Certain Regard", sendo a primeira vez que se presenta unha película en galego nunha sección oficial. Gañou o Premio do Xurado. Neste caso, coma nos anteriores, Televisión Española rexeitou participar na película; en cambio si contou co apoio da TVG, de Agadic e da Deputación de Lugo.
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2010 | Premio Fipresci | Todos vós sodes capitáns | Gañador |
2016 | Gran Premio da Semana da Crítica | Mimosas | Gañador |
2019 | Premio do Xurado, sección "Un Certain Regard" | O que arde | Gañador |
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2008 | Mellor obra experimental | París # 1 | Nomeado |
2010 | Premio de Honra Chano Piñeiro | - | Gañador |
2016 | Mellor director | Mimosas | Gañador |
Mellor guión | Mimosas | Nomeado | |
2019 | Mellor director | O que arde | Gañador |
Mellor guión | O que arde | Nomeado |
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2019 | Mellor dirección | O que arde | Nomeado |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Óliver Laxe, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.