Zonificación

Zonificación, en sentido amplo, indica a división dunha área xeográfica en sectores homoxéneos conforme a certos criterios, como por exemplo a capacidade produtiva, tipo de construcións permitidas, intensidade dunha ameaza, grao de risco... entre outros moitos.

Zonificación
Esquema de zonificación da cidade de Skopje, Macedonia do Norte. As diferentes áreas de zonificación urbana están representadas por cores diferentes.

Tipos de zonificación

Cómpre distinguir que se nos referimos a recursos naturais renovables, a zonificación, é a clasificación de usos que se realiza dentro das unidades territoriais nun distrito de manexo integrado dos mesmos, conforme a unha análise previa das súas aptitudes, características e calidades abióticas, bióticas e antrópicas.

Agora ben, son catro os tipos de zonificación dentro dun territorio:

  • Zonificación de cultivos: Determinación dos cultivos que deben establecerse en determinadas áreas.
  • Zonificación das chairas de inundación: Plano que define as zonas principais de áreas con inundacións potenciais, usualmente acompañado por recomendacións ou restricións tendentes a previr danos por inundacións.
  • Zonificación ecolóxica económica: A zonificación ecolóxica económica, tamén denominada zonificación ecolóxica, pode definirse como un proceso de sectorización dunha área complexa, en áreas relativamente homoxéneas, caracterizadas de acordo a factores físicos, biolóxicos e socioeconómicos e avaliados en canto ao seu potencial de uso sustentable e restricións ambientais. Vista así, a zonificación económica ecolóxica constitúe un instrumento para expor a ocupación racional dos espazos, redireccionando as actividades humanas non compatibles coa oferta ambiental do ámbito en cuestión. Os seus resultados poden utilizarse para diversos fins como: a planificación de áreas naturais protexidas, desenvolvemento dunha agricultura sustentable, determinación da aptitude das terras para determinados usos, desenvolvemento de plans de ordenamento territorial, etc.
  • Zonificación urbana: A zonificación urbana é a práctica de dividir unha cidade ou municipio en seccións reservadas para usos específicos, xa sexan residenciais, comerciais e industriais. A zonificación ten como propósito canalizar o crecemento e desenvolvemento ordenado dunha área. Zonificar é un poder de goberno. Non se compensa por restricións ou limitacións que a zonificación impoña sobre as propiedades.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía en inglés

  • Bassett, E.M. The master plan, with a discussion of the theory of community land planning legislation. Nova York: Russell Sage foundation, 1938.
  • Bassett, E. M. Zoning. Nova York: Russell Sage Foundation, 1940
  • Hirt, Sonia. Zoned in the USA: The Origins and Implications of American Land-Use Regulation (Cornell University Press, 2014) 245 pp. Vista en liña, (en inglés)
  • Stephani, Carl J. e Marilyn C. ZONING 101, originally published in 1993 by the National League of Cities, now available in a Third Edition, 2012.

Ligazóns externas

Tags:

Zonificación Tipos de zonificaciónZonificación NotasZonificación Véxase taménZonificación

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Fernando AlonsoCarlos III de EspañaXogos popularesFrancisco de GoyaGrupo Saraibas (Fonoteca 92)Mareas vivasCarlos NegroNúmero piLugoCangasOs posesivos galegosGalileo GalileiPaula ConsBautistaAna María Fernández MartínezMiguel de CervantesEntropía da informaciónFreixoAbraham CupeiroCoordenadas xeográficasPedro ChoscoCruceiroFederico García LorcaPazo de CastrelosProxyDicionarioBetanzosPaulino PereiroDavid MellaWikipediaAna PeleteiroActínidosCaldas de ReisCentral térmica das PontesWolfgang Amadeus MozartProvincia de LugoRamón Campos DuránRebbie JacksonStingMona LisaConsellería de Cultura e TurismoOllos de augaMiguel Anxo BastosEndomorfismoJosep BorrellSegunda guerra mundialJuan Manuel de PradaDiego Folgar ToimilPonte Barxas, Padrenda, PadrendaSergei EisensteinAltofalanteBloque Nacionalista GalegoElon MuskFabiola GarcíaAmorodoLista de concellos da CoruñaRianxoSainte-ChapelleMártires de CarralPadre CasaresÁcido lácticoPontevedraSantuario de Nosa Señora da PenedaFollaLamento da FrouseiraLista das aves de GaliciaBatallón LiterarioPampallínO mar na cultura popular galegaPrimeira división española de fútbolO sol do veránLewis Carroll🡆 More