como Comezar A Colaborar

Se es novo e aínda non sabes que podes facer na Wikipedia e, o que é máis importante, como facelo, nesta páxina atoparás diversas ligazóns moi útiles para iniciarte no coñecemento básico do funcionamento da Wiki Galego.

Es novo na Wikipedia? Non sabes nin como nin por onde comezar? Pois por aquí, por exemplo!
Atallo:
WP:CCC

Como descubrirás, non é necesario ser un grande experto en informática para editar aquí, abonda con coñecer pequenas cousas que coa práctica acaban por ser fáciles de reter e lembrar.

O primeiro que convén saber é que a Wikipedia é un wiki, o que significa que calquera pode editala e cambiar os seus contidos en calquera momento. O segundo, por ser un wiki, que é adecuado seguir unhas pautas básicas de edición para que o resultado sexa o mellor posible.

As seguintes dúas páxinas son verdadeiramente útiles para empezar a comprender todo isto. Bótalles unha ollada e logo volve aquí, que aínda hai máis!

Como xa liches antes, existen uns trucos para tratar o texto ao editares, a páxina que hai a continuación ofrece algúns consellos dos máis elementais, neste caso, para a redacción de bos contidos. Ademais, o seguilos é unha boa práctica en canto que se consegue unha maior unificación e homoxeneidade en todos os artigos.

Vaites! Non marches aínda, agarda un momento! Neste lugar hai cinco normas básicas que todos debemos coñecer e que constitúen os chamados cinco piares da Wikipedia. Por suposto que existen máis ca estas regras, pero non é preciso que as saibas de memoria, volveríaste tolo! No canto disto, é recomendable a seguinte lectura, suficiente por hoxe:


O bo que ten isto é que vas aprendendo aos poucos e sempre hai outra xente disposta a axudar. Por certo, se queres preguntar calquera cousa, se tes calquera dúbida e non sabes de o arranxar ti mesmo, deixa unha mensaxe na Taberna da Galipedia e axiña haberá alguén que cho poida solucionar.

Cómpre salientar que, como en todos os sitios, a Wikipedia desenvolveu unha xerga particular, e poida que algúns dos usuarios máis experimentados che falen con termos que non entendes. O glosario cos vocábulos máis comúns pode resolver a dúbida. Non obstante, pregunta se segues sen comprender, que ninguén traba aos novatos!

E finalmente, por fin, se xa te sentes con gana de comezar o choio, aquí tes unha morea de cousas pendentes agardando a seren resoltas:

  • O portal da comunidade ten propostas de colaboración e máis ligazóns. Proba a comezar algún dos artigos solicitados que alí aparecen. Se es un bo fotógrafo, podes axudar cargando algunhas imaxes solicitadas que se mostran tamén nesa páxina.
  • Tamén existen dúas listas con artigos que toda Wikipedia debería ter e que a Galipedia debería ter, onde hai algúns que non estaría mal crear, ampliar ou corrixir.
  • En temas de ampliación, os bosquexos están á espera de seren máis grandes, completos e mellores.
  • Ninguén é perfecto e todos cometemos erros de ortografía; as faltas ortográficas agóchanse ben e poden pasar desapercibidas á vista dalgúns: as túas achegas tamén poden ser gramaticais, proba a mellorar a redacción dos artigos.
  • Mágoa, as páxinas orfas non teñen ligazóns que apunten cara a elas e iso non é bo. É boa idea atopar páxinas relacionadas con elas e engadirlles ligazóns para que máis lectores as atopen. De igual xeito, as páxinas mortas non levan a ningunha outra, ponlles algunha ligazón a outros artigos da enciclopedia para facilitar o acceso.
  • Emprega as páxinas de conversa dos artigos para solicitar axuda se te atopas con que un artigo necesita unha revisión maior da que ti podes dar. Outro colaborador verá a nota nos cambios recentes e quizais el o poida mellorar nese aspecto.

As posibilidades son moitas, e cadaquén adoita especializarse na edición de páxinas en concreto ou nunha tarefa específica. Experimenta e descubre en que ámbito da Wikipedia te encontras máis cómodo e en que labor te divirtes máis. Lembra que o mellor é pasalo ben axudando ao espallamento da cultura en galego!


Frecha. Volver á páxina de axuda.

Tags:

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Toñi VicenteSabugueiroVertoMaruca do MediterráneoTamagos, Tamagos, VerínCruz de BorgoñaKeanu ReevesMiguel Ángel Zabalza BerazaBoqueixónAContactorWilliam ShakespearePep GuardiolaTorre de HérculesBenito MussoliniViveiroNintendo DSLuis EnriqueAlicia BorrásTameiga, MosVKBifidobacteriumArrobaSecundino FernándezPaporroiboRobin WilliamsLeninismoIndonesiaMaría ZambranoSanta CompañaAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoPablo Diego DiosOs demostrativos galegosLiceo BrigantinoBanco de Galicia (oceanografía)Celso Emilio FerreiroClasificación histórica da Primeira división española de fútbolLinguas indoeuropeasRevolución dos CaraveisManuel García SampayoLa escopeta nacionalSalma HayekOs PinosHeraldo GuardésFentoAsociación Galega de DeseñoOuvigo, Os Blancos, Os BlancosRuta da pentosa fosfatoBitcoinOs adverbios galegosRomán Rodríguez GonzálezNieuport NighthawkLista de aeroportos en ArmeniaProvincia de LugoConcelloDesoxitimidina monofosfatoLondrinaCity of Manchester StadiumFeces de Abaixo, Feces de Abaixo, VerínGuerra civil españolaEverestMártires de CarralA Picoña, Salceda de CaselasJesús Vázquez AlmuíñaLareiraHerbas de san XoánArañasPorto da LúaRaúl Santamaría GonzálezCircuíto Internacional de XangaiMasturbación coas mamas69 (sexo)Manifesto de AntealtaresAtentado de Hipercor🡆 More