A verificabilidade na Wikipedia significa que o lector teña a posibilidade de consultar fontes citadas que apoien directamente a información contida no artigo.
Esta páxina contén políticas e normas oficiais da Galipedia. Ten unha ampla aceptación entre os editores desta Wikipedia e considérase un estándar que todos os usuarios deben seguir. Agás para edicións pequenas, por favor, use a páxina de conversa para propoñer cambios nestas directrices. |
Esta páxina en resumo: Os demais teñen que ser capaces de comprobar que as cousas escritas non están inventadas. Isto significa que todas as citas e calquera material cuestionable debe atribuírse a algunha fonte fiable e publicada mediante unha cita. |
Toda a información presente na Wikipedia debe ser verificable, pero que algo sexa verificable non basta para incluílo na enciclopedia. Isto é, hai outras políticas que toman parte nos contidos que deben ir na Wikipedia e non deben considerarse separadamente.
Ten que ser posible atribuír a información da Wikipedia a fontes acreditadas que sexan as apropiadas segundo os contidos en cuestión. Con todo, na práctica é unicamente necesario achegar referencias para as citas textuais e para calquera información suxeita a ser cuestionable. As citas axeitadas garanten que o material non é un traballo orixinal e permiten aos lectores e editores comprobar o material fonte por si mesmos. As afirmacións que necesiten citas e non conten con ningunha poden ser eliminadas. Os materiais polémicos sen referenciar sobre persoas vivas deben retirarse de xeito inmediato.
As directrices sobre a verificabilidade, o punto de vista neutral e o feito de non ser unha fonte primaria conforman o núcleo das políticas de contido da Wiki Galego. As tres van xuntas e determinan os contidos que pode albergar o proxecto, de modo que os editores deben estar familiarizados cos puntos clave das tres. Ademais, os artigos deben cumprir coas esixencias dos dereitos de autoría.
O máis importante desta política |
---|
|
Axuda de edición |
---|
Antes de comezar |
Como editar unha páxina |
Creando un artigo |
Como crear unha páxina Como trocar o nome (1) (2) O libro de estilo Como citar as fontes (3) Como categorizar Como mellorar a ortografía Ligazóns interlingüísticas Como engadir imaxes (4) Non asine os textos (5) |
Clases de artigos |
Os espazos de nomes Listaxe de modelos Redireccionar unha páxina |
Usando MediaWiki |
Como facer táboas Etiquetas TeX Como facer modelos Palabras máxicas |
Máis axuda |
Os trebellos Onde colaborar Revisión ortográfica |
Recursos |
Recursos no dominio público |
Todas as citas textuais e calquera material cuestionable ou suxeito a ser cuestionable deben atribuírse a unha fonte acreditada mediante unha referencia. A nota ao pé debe identificar a fonte ao completo, así como o lugar dentro da fonte (a páxina, a sección ou calquera outra división segundo sexa axeitado) onde se atopa o material.
A obriga de prover fontes acreditadas recae sobre o editor que engade ou recupera o material, non sobre aqueles que desexan retiralo. Non obstante, ás veces, cómpre valorar o material e o conxunto do artigo e decidir se abonda con marcar a afirmación coa etiqueta {{Cómpre referencia}}. É posible que o artigo conteña moi poucas referencias e sexa pouco práctico marcar todos os casos un por un, neste caso pódese incluír o marcador {{Sen referencias}} ao comezo do artigo ou dunha sección, segundo cumpra.
Cando na Wikipedia se fala dunha "fonte", cómpre ter en mente tres cousas: a obra en si (un documento, artigo, xornal ou libro), o creador da obra (por exemplo, o escritor) e o editor da obra (por exemplo, Oxford University Press). As tres poden afectar á fiabilidade.
Os artigos deben basearse en fontes fiables, de terceiros e publicadas, cunha reputación para a comprobación dos feitos e a exactitude. As fontes deben ser materiais publicados (que estean dispoñibles para o público dalgún xeito); os materiais non publicados non se consideran fiables. As fontes deben apoiar directamente as afirmacións presentadas no artigo e deben ser apropiadas segundo o que se expoña. A idoneidade das fontes depende do contexto. En xeral, as mellores fontes contan cunha estrutura que permite comprobar ou analizar os feitos, os problemas legais, as probas e os argumentos. Os contidos relacionados con persoas vivas e coa medicina deben estar referenciados con especial coidado.
Cando se dispoña delas, cómpre ter en conta que as publicacións académicas e revisadas por expertos son as fontes máis fiables, como en temas históricos, médicos e científicos. Porén, non son as únicas. Tamén é posible empregar fontes non académicas, particularmente se apareceron en publicacións convencionais rigorosas. Outras fontes fiables inclúen os libros de texto de nivel universitario, libros publicados por casas editoriais, revistas e xornais respectados. Así mesmo, os recursos electrónicos son igualmente válidos, suxeitos aos mesmos criterios.
Moitos xornais e revistas albergan columnas nos seus sitios web aos que denominan blogs. Estes pódense aceptar como fonte se os escritores son profesionais, pero deben empregarse con precaución porque o blog pode non estar suxeito ao proceso de comprobación de feitos habitual da publicación. Ao citar unha peza de opinión, hai que atribuír as verbas ao escritor (por exemplo, "Xan Carballo escribiu...").
As fontes cuestionables son aquelas cunha mala reputación no control dos feitos, que carecen dunha supervisión editorial significativa ou que aparentemente incorren nun conflito de intereses. Entre estas fontes atópanse, entre outras, as páxinas web e publicacións que expresan puntos de vista amplamente considerados por outras fontes como extremistas ou promocionais, ademais daqueloutras que se basean principalmente en ruxerruxes e opinións persoais. Estas fontes cuestionables débense empregar unicamente como fontes para os contidos sobre elas mesmas, especialmente nos artigos que falan delas. Non son apropiadas para facer afirmacións sobre terceiros.
Calquera pode crear unha páxina web persoal ou pagar para que lle publiquen un libro, e reivindicar o feito de ser un experto nalgún campo do saber. Por este motivo, as fontes publicadas por un mesmo, como libros, patentes, boletíns de novas, páxinas web persoais, wikis abertos, blogs persoais, publicacións en foros da internet e outras, non se poden aceptar como fontes acreditadas. As fontes publicadas por un mesmo procedentes de expertos pódense considerar acreditadas cando están producidas por un experto establecido na materia do artigo e cuxo traballo no campo relevante está editado anteriormente en publicacións de terceiros. En ningún caso se pode botar man de fontes publicadas por un mesmo como fontes de terceiros sobre persoas vivas, mesmo se o autor é experto, investigador profesional recoñecido ou escritor.
As fontes cuestionables e publicadas por un mesmo pódense utilizar como fontes de información sobre elas mesmas, xeralmente nos artigos sobre elas mesmas ou as súas actividades, sen o requisito, no caso das fontes publicadas por un mesmo, de que estean elaboradas por expertos no campo, sempre e cando:
Esta política tamén se aplica a aquelas páxinas nas redes sociais como Twitter, Tumblr e Facebook.
Non se poden usar como fontes os demais artigos da Wikipedia ou de sitios web que teñan a Wikipedia como referencia, porque isto equivalería á autorreferencia. De xeito similar, non se poden utilizar fontes que presentan materiais orixinais da Wikipedia para apoiar o mesmo material na Wikipedia, xa que isto crearía unha referencia circular. Porén, citar a Wikipedia para apoiar unha declaración descritiva sobre a propia Wikipedia non é unha forma de referencia circular. No canto diso, é o uso da Wikipedia como fonte primaria e debe seguir a política relevante para o uso de fontes primarias.
A verificabilidade neste contexto significa que os demais deberían ser capaces de comprobar que unha fonte acreditada publicou o material presente nun artigo da Wiki Galego. Non obstante, o principio de verificabilidade non implica o fácil acceso á fonte: algunhas fontes en liña poden ser de pagamento, mentres que outras fontes impresas poden estar dispoñibles unicamente nalgunha biblioteca universitaria.
Dado que esta é a Wikipedia en galego, prefírense as fontes escritas en galego fronte ás que non o están, asumindo que existan fontes en galego de igual calidade e relevancia.
As traducións publicadas por fontes acreditadas prefírense sobre as feitas por wikipedistas; mais as traducións feitas por wikipedistas prefírense sobre as feitas por tradutores automáticos. Ao facer uso dun tradutor automático, os editores deben estar certos de que a tradución é exacta e a fonte axeitada.
Cómpre ter tino para evitar o plaxio e as infraccions dos dereitos de autoría ao utilizar as fontes. A mellor práctica é resumir o material da fonte coas súas propias palabras tanto como sexa posible; ao parafrasear unha fonte empregar unha cita en liña co texto; e facer calquera recoñecemento no propio texto cando sexa oportuno.
O material que viole os dereitos de autoría de calquera persoa non se debe citar. Ligar cara a sitios web que presenten obras protexidas por dereitos de autoría acéptase só e cando a páxina teña permiso para facelo. O feito de dirixir de xeito consciente a outras persoas ata unha fonte que viole estes dereitos pode considerarse unha infracción dos mesmos. Cando haxa motivo para crer que unha fonte incorre nunha violación dos dereitos de autoría, a mellor opción é absterse de citala como fonte.
Mesmo cando se cita información de fontes acreditadas, esta debe presentarse de acordo co punto de vista neutral. Todos os artigos deben cumprir a política de imparcialidade, o que significa que deben incluír todos os puntos de vista maioritarios e aqueloutros minoritarios que sexan relevantes. Cando haxa desacordos entre as fontes, pódense facer recoñecementos no texto: "Xan Carballo sostén tal, mentres que Pablo Castiñeira mantén non tal", seguidos dunha cita. As fontes por si mesmas non teñen por que ser neutrais; de feito, moitas fontes acreditadas non son imparciais. O traballo dos editores é presentar o que estas fontes acreditadas contan.
Por regra xeral, se non existe ningunha fonte acreditada de terceiros que fale dun tema, a Wikipedia non debe ter un artigo sobre iso.
A política da Wikipedia de non ofrecer traballos inéditos está amplamente relacionada con esta. Entre os seus requisitos están:
This article uses material from the Wikipedia Galego article Wiki:Verificabilidade, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.