Vgtrk

VGTRK ou, na súa forma completa, Vserossiiskaia gosudarstvennaia televizionnaia i radioveshchatelnaia kompaniia (ВГТРК ou Всероссийская государственная телевизионная и радиовещательная компания, en galego Compañía Estatal de Televisión e Radio Panrusa) é unha compañía estatal rusa de radiotelevisión organizada como empresa federal unitaria, dende 1998, con carácter comercial para exercer as funcións de produtor e distribuídor público de programas de radio e televisión.

Estableceuse por decreto do Presídium do Soviet Supremo de Rusia o 14 de xullo de 1990.

VGTRK
Vgtrk
Inicio das emisións 10 de decembro de 1990
Propiedade de Goberno federal ruso
País Rusia
Sede central Moscova

Na rede
http://vgtrk.com

Historia

Vgtrk 
Sede da GTRK Alania

O 21 de xuño de 1990 o Congreso dos Deputados do Pobo da RSFS de Rusia adoptou unha resolución sobre os medios de comunicación da república ordenándolle ao consello de ministros tomar as medidas necesarias para crear o Comité de Estado de Radio e a Televisión. O 14 de xullo de 1990 o Presídium do Soviet Supremo estableceu no seu canto a Compañía Estatal de Televisión e Radio Panrusa e designou como o seu primeiro presidente a Oleg Poptsov, antigo subdirector de Moskovskije Novosti.

As primeiras emisións foron o 10 de decembro de 1990 ao emitir Radio Rossii por algunhas horas ao día. O 13 de maio de 1991 comezou a emitir programas televisivos na primeira segunda canle, baixo o nome de RTR, durante seis horas ao día en tres bloques. O 16 de setembro de 1991 ocupou as frecuencias que deixara libre a segunda canle da Televisión Central Soviética ao deixar de emitir.

Servizos

Televisión

A VGTRK conta con catro canles nacionais principais, que emiten por satélite, cable e no primeiro múltiplex da televisión dixital, e que contan con canles adicionais que transmiten a programación con diferentes horas de atraso para asegurar a transmisión dos programas no horario axeitado nun estado con once fusos horarios.

Canles federais

Vgtrk 
Redactora e cámara realizando unha reportaxe para unha canle de televisón da VGTRK
  • Rossiia 1 é a canle de televisión insignia da compañía, emite principalmente información e mais entretemento. A canle principal transmite á parte europea de Rusia, 48 entidades constitutivas da Federación Rusa. Dende o 31 de decembro de 2018 hai outras 9 canles que transmiten a emisión con entre unha e nove horas de atraso sobre o horario de Moscova.
  • Rossiia K é unha canle que emite información cultural e programas educativos e musicais e que comezou as súas emisións o 1 de novembro de 1997. Conta con tres canles coa emisión en horario atrasado entre 2 e 7 horas.
  • Rossiia-24 é unha canle de información continua, con novas e reportaxes de Rusia e internacionais que comezou as súas emisións o 1 de xullo de 2006 e levou primeiro o nome de Vesti ata o 1 de xaneiro de 2010 cando o mudou para o actual.
  • Karusel é unha canle dedicada ao público infantil que se puxo en funcionamento o 27 de decembro de 2010 en colaboración coa canle Pervyi Kanal .
Vgtrk 
Furgoneta da VGTRK

Canles internacionais

  • RPR-Planeta é o servizo internacional da VGTRK que se dirixe principalmente á diáspora rusa e á poboación rusófona das antigas repúblicas da URSS. Implantouse o 1 de xullo de 2002 e a súa programación está composta principalmente por programas de Rossiia 1 e Rossiia K. A canle principal emite para Europa, e conta con outras tres: RPR-Planeta CIS, RPR-Planeta USA e RPR-Planeta Asia.
  • Karusel International é a versión internacional da canle Karusel, e que transmite para Europa, Estados Unidos, CIS e Asia.

Televisión dixital

Ademais de versións en alta definición das principais canles, a VGTRK baixo o nome de televisión dixital emite múltiples canles temáticas:

  • Cinéma, filmes clásicos internacionais.
  • Doktor, programas de medicina.
  • FAN, dedicado a filmes e series de animación.
  • Istoriia, con programas de historia.
  • Komediia, series e filmes de comedia rusos.
  • Mama, dedicado á vida familiar e á crianza de nenos.
  • Moia Planeta, dedicado a programas de viaxes e aventuras.
  • Mult, con debuxos animados rusos para os cativos.
  • Mult Muzika, con cancións e debuxos.
  • Nastoiashchee Strashoe Televidenie, filmes de terror e misterio.
  • Nauka, dedicado ao mundo da ciencia, tanto rusa como internacional.
  • Russkiia Bestseller, series rusas populares.
  • Russkiia Detektiv, filmes policíacos rusos.
  • Russkiia Roman, filmes románticos.
  • Sarafan, canle familiar dedicado á comedia e ao humor.
  • T24, dedicado aos homes, con especial énfase no mundo militar e das armas.
  • Zhivaia Planeta, dedicado á vida salvaxe.

Canles rexionais

  • Moskva 24 (Moscova)
  • Moskva Doverie (Moscova)
  • 360° (óblast de Moscova)
  • 360° Novosti (óblast de Moscova)
  • Zapad 24 (Distrito Federal do Noroeste)
  • Lotos 24 (óblast de Astrakán)
  • Pervyi Krymskii (Crimea)
  • Krym 24 (Crimea)
  • Volgograd 24 (óblast de Volgograd)
  • Alania 1 (Osetia do Norte)
  • Kavkaz 24 (Distrito Federal do Cáucaso Norte)
  • NNTV (óblast de Nizhnii Novgorod)
  • Nizhnii Novgorod 24 (óblast de Nizhnii Novgorod)
  • Vtoraia Sadovaia (óblast de Saratov)
  • Samara 24 (óblast de Samara)
  • Bashkortostan 24 (Bashkortostán)
  • Cheliabinsk 24 (óblast de Cheliabinsk)
  • Region Sibir 24 (óblast de Tiumen)
  • Krasnoiarsk 24 (krai de Krasnoiarsk)
  • Iakutiia 24 (Sakha)
  • Vosktok 24 (Distrito Federal do Extremo Oriente)

Radio

Emisoras federais

  • Radio Rossii, a principal emisora pública rusa de radio, cunha programación variada, de carácter xeral.
  • Radio Maiak, dedicada á información, ao entretemento e á música.
  • Vesti FM, emisora informativa.
  • Kultura, emisora cultural que polo de agora só se difunde en Moscova, na frecuencia 91.6 de FM

Emisoras rexionais

  • En Moscova e na súa rexión, en colaboración con Moskva Media contra con tres emsoras rexionais:
    • Moskva FM, programación informativa e de entretemento.
    • Capital FM, información e música en inglés.
    • Radio Moskv, programación informativa e musical.
  • Noutras rexións conta coas emisoras:
    • Heart FM (Barnaul)
    • Volvograd 23 FM (Volvograd)
    • Radio Khroshego Nastroeniia (Khabarovsk)
    • Alania FM (Osetia do Norte)

Cadeas territoriais dependentes

  • GTRK Kamchatka. Krai de Kamchatka.
  • GTRK Karachaevo-Cherkesiia. Karachay Cherkessia.
  • GTRK Kareliia. Carelia.
  • GTRK Kuzbass. Óblast de Kemerovo.
  • GTRK Komi Gor. República dos Komis.
  • GTRK Kostroma. [[Óblast de Kostroma.
  • GTRK Kuban. Krai de Krasnodar.
  • GTRK Krasnoiarsk. Krai de Krasnoiarsk.
  • GTRK Kurgan. Óblast de Kurgan.
  • GTRK Kursk. Óblast de Kursk.
  • GTRK Lipetsk. Óblast de Lipetsk.
  • GTRK Magadan. Óblast de Magadan.
  • GTRK Marii El. República dos Maris.
  • GTRK Mordoviia. Mordovia.
  • GTRK Murman. Óblast de Múrmansk.
  • GTRK Zapoliare. Nenetsia.
  • GTRK Nizhnii. Óblast de Nizhnii Novgorod.
  • GTRK Slaviia. Óblast de Novgorod.
  • GTRK Novosibirsk. Óblast de Novosibirsk.
  • GTRK Irtyzh. Óblast de Omsk.
  • GTRK Orenburg. Óblast de Orenburg.
  • GTRK Orel. Óblast de Orel.
  • GTRK Penza. Óblast de Penza.
  • GTRK Perm. Óblast de Perm.
  • GTRK OKA. Óblast de Riazan.
  • GTRK Samara. Óblast de Samara.
  • GTRK Sankt-Peterburg. Óblast de Leningrado.
  • GTRK Saratov. Óblast de Saratov.
  • GTRK Sakha. República de Sakha.
  • GTRK Sakhalin. Óblast de Sakhalin.
  • GTRK Sevastopol. Óblast de Sevastopol
  • GTRK Ural. Óblast de Servdlovsk.
  • GTRK Smolensk. Óblast de Smolesk.
  • GTRK Stavropole. Krai de Stravopol.
  • GTRK Norilsk. Krai de Krasnoiarsk.
  • GTRK Tavrida. Crimea.
  • GTRK Taimr. Krai de Krasnoiarsk.
  • GTRK Tambov. Óblast de Tambov.
  • GTRK Tatarstan. Tatarstán.
  • GTRK Tver. Óblast de Tver.
  • GTRK Tomsk. Óblast de Tomsk.
  • GTRK Tula. Óblast de Tula.
  • GTRK Tuva. Óblast de Tuva.
  • GTRK Region-Tiumen. Óblast de Tiumen.
  • GTRK Udmurtiia. Urdmurtia.
  • GTRK Iuzhnyi Ural. Óblast de Cheliablinsk.
  • GTRK Volga. Óblast de Ulianovsk.
  • GTRK Dalnevostochnaia. Krai de Khabarovski.
  • GTRK Khakasiia. Khakassia.
  • GTRK Iogoriia. Khanti-Mansi.
  • GTRK Bainakh. Chechenia.
  • GTRK Chita. Krai de Zabaikalski.
  • GTRK Chuvashiia. Chuvasia.
  • GTRK Chukotka. Chukotka.
  • GTRK Iamal. Iamalia-Nenets.
  • GTRK Iaroslaviia. Óblast de Iaroslav.

Notas

Tags:

Vgtrk HistoriaVgtrk ServizosVgtrk NotasVgtrkRadio (medio de comunicación)RusiaTelevisión

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

EucaliptoPeaky BlindersElvis PresleyPortugalJuan CaamañoRepública Popular da ChinaCadela de fradeVilalbaPO-213Erros e TánatosXavi HernándezOs vellos non deben de namorarseCristovo ColónListenbourgEmiratos Árabes UnidosPhil FodenWiiModaNacionalismo galegoMarçal MolinéAristótelesErecciónAna UllaBoyanka Kostova (grupo musical)Estatua de Che Guevara en OleirosApoloJavier CárdenasChe GuevaraAnxo Lorenzo SuárezGuillarei, TuiCatabois, Serantes, FerrolReal Club Celta de VigoLiña Verde (Chipre)Raíña LupaLeonardo da VinciJosé Antonio DonoBrad PittCarballoSantiago de CompostelaEverestHorteláGerardo Pardo de VeraFlora invasora de GaliciaOs PearesInside Llewyn DavisCerdeiraMarc-André ter StegenChandrexa de QueixaTilacoidePO-960ProsthecobacterUxía SenlleConfederación muiscaXosé Manuel PiñeiroSara Vila AlonsoSecretaría Xeral de Política LingüísticaBurroMetro-Goldwyn-MayerEduardo PondalFrancisco FrancoMañónMascatoFidel CastroBelén CachafeiroPúrpuraOU-404Juan Manuel LilloParroquias de GaliciaMegalitismo en GaliciaGuillermo SantoroXosé Lois FoxoMiguel HernándezBitcoinOU-933Lugares de Galicia🡆 More