Umberto Eco

Umberto Eco, nado en Alessandria (Piemonte) o 5 de xaneiro de 1932 e finado en Roma o 19 de febreiro de 2016, foi un profesor universitario e autor italiano de numerosos ensaios sobre semiótica, estética medieval, comunicación de masas, lingüística e filosofía, aínda que entre o grande público é coñecido especialmente polas súas novelas.

Infotaula de personaUmberto Eco
Umberto Eco
(1984) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de xaneiro de 1932 Editar o valor em Wikidata
Alessandria (Reino de Italia) Editar o valor em Wikidata
Morte19 de febreiro de 2016 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Milán (Italia) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de páncreas Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
ResidenciaAlessandria
Milán
Urbino Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeItalia (1946–2016)
Reino de Italia (1932–1946) Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Turín - filosofía (–1954) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía medieval, Cultura de masas, Open text (en) Traducir, semioloxía, linguística estrutural (pt) Traducir, literatura de non ficción, novela histórica, lingüística, semiótica, Italian literature (en) Traducir e crítica literaria Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Boloña Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofo , escritor , semiótico (pt) Traducir , crítico literario , medievalista , especialista en literatura , profesor universitario , guionista , novelista , tradutor , ensaísta , pedagogo , historiador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1956 Editar o valor em Wikidata - 2012 Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Boloña
Collège de France (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoNovela, ensaio
AlumnosMarco Belpoliti e Christos Thivaios (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioDedalus Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana, lingua francesa e lingua latina Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeRenate Ramge (en) Traducir (1962–) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Umberto Eco

Páxina webumbertoeco.it Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0248767 Allocine: 76428 Allmovie: p292685
Dialnet: 20854 Last fm: Umberto+Eco Musicbrainz: b7050d34-937c-4aa4-9291-66ed4d9c0f0e Discogs: 518283 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Doutorouse en 1954 pola Universidade de Turín cunha tese sobre Santo Tomé de Aquino e a escolástica medieval. Traballou como profesor nas universidades de Turín, Florencia e Milán. Foi titular da cátedra de Semiótica e director da Escola superior de Humanidades da Universidade de Boloña; é secretario da Asociación Internacional de Semiótica, que cofundou en 1969. Interesouse polas vangardas (A obra aberta; Opera Aperta, 1962), a cultura popular contemporánea (Apocalípticos e integrados; Apocalittici e integrati, 1964), a semiótica (A estrutura ausente; La struttura assente, 1968, Tratado de semiótica xeral; Trattato di semiotica generale, 1975 - texto fundamental), a teoría de recepción (Lector in fabula, 1979) ou Os limites da interpretación (I limiti dell'interpretazione, 1990). No Tratado presenta a súa famosa definición de que o signo é "todo aquilo que pode ser usado para mentir".

A súa primeira novela, O nome da rosa (1980), resultou un éxito de vendas e crítica a nivel mundial a pesar do seu contido denso en referencias e discusións eruditas. Nesta novela posmodernista, na que se mesturan o xénero policíaco, o histórico e o filosófico, un monxe investiga unha serie de asasinatos relacionados coa biblioteca dun mosteiro que se converte no centro de herexías e controversias relixiosas medievais. Foi levada ao cine en 1986 por Jean-Jacques Annaud. Na súa segunda novela, O Péndulo de Foucault (Il pendolo di Foucault, 1988), uns editores deciden inventar unha macro-conspiración, construída a partir de teorías conspirativas clásicas, co resultado imprevisto de que se ven atrapados polo que crían que era só ficción. En Baudolino (2000) mestura todos os mitos posíbeis do medievo tardío nunha procura que vai máis alá do mundo coñecido. A misteriosa chama da raíña Loana (La misteriosa fiamma della regina Loana, 2005) é o bildungsroman dun rapaz italiano durante o fascismo narrado cando, maior xa, tenta recuperar a memoria da súa identidade tras un accidente que só lle permite lembrarse do que leu.

Notas

Véxase tamén

Tags:

19 de febreiro193220165 de xaneiroAlessandriaComunicación de masasEstéticaFilosofíaItaliaLingüísticaPiemonteRomaSemiótica

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

ListenbourgFranciaTom CruiseGrândola, Vila MorenaVilar de Infesta, RedondelaLista dos mamíferos de GaliciaSegunda GaliciaWilliam ShakespeareDeportivo da CoruñaEl Eco de Pontevedra (1869)BélxicaÑCarlos MoyáVerzaDiego AnidoLugares de TaboadaJude BellinghamSerés, Serés, CastroverdeMondariz-BalnearioSingular e plural en galegoLuísa VillaltaGárgola (arquitectura)WikiA memoria da choivaEspañaMaría Antonieta de AustriaPapuxasErros e TánatosÁlex FidalgoJohann Sebastian BachPotasioJosé Antonio MonagoPosición do canNoelia ReyIasir ArafatDavid BeckhamNordés (vento)WikiquoteXosé Manuel PiñeiroWolfgang Amadeus MozartAs leis de CelavellaAustraliaMonte do GaliñeiroMúsica tradicional galegaXosé Lois Maceda VilariñoOs outros feirantesO Alto de Covelo, Covelo, Viana do BoloVeneciaSéchu SendeXosé Neira VilasBariCastro de Punta do BicoAbrilLingua galegaMartín SarmientoVigoSergio RamosXurxo de CapadociaSegunda guerra mundialLucie IdloutMexacánAdiviñaAlmudena ChacónCarlo AncelottiAires da miña terraRafael NadalMéxicoImmanuel Kant24 de abrilLalínLingua castelá🡆 More